jueves, 22 de agosto de 2013

SUIZOS (SEN OVO)


    SUIZOS (SIN HUEVO)


    Xa estou aquí, outra vez, de volta.  Estiven uns días de vacacións en Neiras, esa aldea de Lugo na que está o forno da foto; ese forno que leva cocido tantos roscóns, empanadas, pan,...

    A verdade é que se queredes pasar uns días de descanso en paz e tranquilidade, en contacto coa natureza a miña recomendación é que vaiades a Neiras.  A cuestión é que despois non teredes ganas de volver á rutina diaria tan segura como esgotadora.

    Direivos tamén que non aproveitei o forno de Neiras para esta receita.  As vacacións foron case totais e cociñei o mínimo.  Tamén sería unha pena acender o forno só para estes suízos.  Tería que facer como mínimo cinco veces a cantidade desta receita para aproveitalo.




    Despois de experimentar con varias masas direivos que é máis fácil eliminar os ovos neste tipo de masas que levan fermento de panadería que nas outras do tipo dos biscoitos ás que hai que botarlles fermento químico.  Na receita de hoxe podedes engadir un ou dous ovos e rectificar a cantidade de fariña que será unha pouca máis.  Tamén podedes vernizar con ovo e a cor será moi distinta.


  • 150 ml de leite
  • 100 gr de azucre
  • 50 gr de manteiga
  • 25 gr de fermento fresco de panadería ou 7 gr de fermento seco de panadería
  • 500 gr de fariña (mellor de forza)
  • Un chisco de sal
  • 5 gotas de esencia de anís
  • Azucre para adornar
  • Leite para vernizar

    Como sempre debemos ter a precaución de sacar a manteiga da neveira con antelación para que amoleza a temperatura ambiente.  De non facelo, sempre podemos botala no leite da receita e quentala un chisco no microondas.  Engadimos o azucre, o sal e a esencia de anís e batemos todo.  Incorporamos a fariña e o fermento e amasamos procurando que a masa non quede dura. 

 Deixamos que levede e despois formamos pequenos bolos alargados (12 con esta masa).  Para facelos estiro un pouco a masa e despois a envolvo como se se tratara dun brazo de xitano tal e como expliquei na receita das medias noites.  

    Cun coitelo ben afiado dámoslles un corte lonxitudinal  e deixamos que leveden os boliños ata que dobren ou tripliquen o seu volume.  É o momento de acender o forno a 180 º e de vernizar con leite os suízos ao mesmo tempo que mesturamos azucre cun pouquiño de auga e poñelo no corte.  Metemos no forno e vixiamos pois nus 10 ou 15 minutos poden estar feitos.  O ideal é telos preparados para o almorzo que deste xeito será máis que redondo.

  A opción é deixar os bolos levedando na neveira pola noite e sacalos pola mañá para que temperen e metelos no forno.  E o xa dito:  Bo almorzo!!!!
    



    Ya estoy aquí, otra vez, de vuelta.  Estuve unos días de vacaciones en Neiras, esa aldea de Lugo en la que está el horno de la foto; ese horno que ha cocido tantos roscones, empanadas, pan,...

    La verdad es que si queréis pasar unos días de descanso en paz y tranquilidad, en contacto con la naturaleza mi recomendación es que vayáis a Neiras.  La cuestión es que después no tendréis ganas de volver a  la rutina diaria tan segura como agotadora.

   Os diré también que no aproveché el horno de Neiras para esta receta.  Las vacaciones fueron casi totales y cociné lo mínimo.  También sería una pena encender el horno sólo para estos suizos.  Tendría que hacer como mínimo cinco veces la cantidad de esta receta para aprovecharlo.



      Después de experimentar con varias masas os diré que es más fácil eliminar los huevos en este tipo de masas que llevan levadura de panadería que en las otras del tipo de las de los bizcochos a las que hay que echarles levadura química.  En la receta de hoy podéis añadir uno o dos huevos y rectificar la cantidad de harina que será una poca más.  También podéis barnizar con huevo y el color será distinto.
  • 150 ml de leche
  • 100 gr de azúcar
  • 50 gr de mantequilla
  • 25 gr de levadura de panadería o 7 gr de levadura seca de panadería
  • 500 gr de harina (mejor de fuerza)
  • Una pizca de sal
  • 5 gotas de esencia de anís
  • Azúcar para adornar
  • Leche para barnizar

    Como siempre debemos tener la precaución de sacar la mantequilla de la nevera con antelación para que ablande a temperatura ambiente.  Si no lo hacemos, siempre podemos echarla en la leche de la receta y calentarla un poco en el microondas.  Añadimos el azúcar, la sal y la esencia de anís y batimos todo.  Incorporamos la harina y la levadura y amasamos procurando que la masa no quede dura.

    Dejamos que leude y después formamos pequeños bollos alargados (12 con esta masa).  Para hacerlos estiro un poco la masa y después la envuelvo como si se tratara de un brazo de gitano tal y como expliqué en la receta de las medias noches.
    
    Con un cuchillo bien afilado les damos un corte longitudinal y dejamos que leuden los bollitos hasta que doblen o tripliquen su volumen.  Es el momento de encender el horno a 180º y de barnizar con leche los suizos al mismo tiempo que mezclamos azúcar con un poco de agua y lo ponemos en el corte.  Metemos en el horno y vigilamos pues en unos 10 o 15 minutos pueden estar hechos.  Lo ideal es tenerlos preparados para el desayuno que así será redondo.

    La opción es dejar los bollo leudando en la nevera por la noche y sacarlos por la mañana para que templen y meterlos en el horno.  Y lo dicho:  ¡¡¡Buen desayuno!!!
     

domingo, 11 de agosto de 2013

TORTA DE MORAS E CHOCOLATE (II)

    TARTA DE MORAS Y CHOCOLATE (II)


    Xa fai case un ano que fixen unha torta co mesmo nome que a de hoxe.  A diferenza está nas moras.  Daquela as moras da torta eran silvestres, das que podemos atopar polos camiños cheos de silvas, das que a todos nos gustaba coller cando eramos nenos.  As de hoxe son moras de moreira, da árbore, das que collemos e nos poñemos todos pintados, das que máis nos vale levar luvas sen non queremos quedar "morados" no sentido máis normal da palabra.



    Tiña moitas ganas de facer unha torta con esas moras.  En Neiras, no barrio dos Guntís, hai unha moreira e todos os veráns cando eramos nenos colliámolas e quedabamos coa cara pintada.  Esa moreira, sen ser propiedade dos Neixentos, está bastante ligada á súa historia:  dela caeu un dos meus tíos e esnafrouse quedándolle o nariz chato para o resto da súa vida.

    Agora é o meu pai o que ten unha moreira e aproveitei as súas moras para facer esta torta que non ten máis sentido (nin menos) que celebrar a súa volta a casa despois de dous meses de hospitalización.

    A receita podedes atopala aquí e non tedes máis que cambiar unhas moras por outras.  Espero que vos guste tanto como a nos.




                              

    Ya hace casi un año que hice una tarta con el mismo nombre que la de hoy.  La diferencia está en las moras.  En aquella las moras eran silvestres, de las que podemos encontrar por los caminos llenos de silvas, de las que a todos nos gustaba coger cuando éramos niños.  Las de hoy son moras de morera, del árbol, de las que cogemos y nos ponemos todos pintados, de las que más nos vale llevar guantes si no queremos quedar "morados" en el sentido más normal de la palabra.



    Tenía muchas ganas de hacer una tarta con ese tipo de moras.  En Neiras, en el barrio de Guntís, hay una morera y todos los veranos cuando éramos niños las cogíamos y quedábamos con la cara pintada.  Esa morera, sin ser propiedad de los Neixentos, está bastante ligada a su historia:  de ella se cayó uno de mis tíos y rompió la nariz quedándole chata para el resto de su vida.
    
    Ahora es mi padre el que tiene una morera y aproveché sus moras para hacer esta tarta que no tiene más sentido (ni menos) que celebrar su regreso a casa después de dos meses de hospitalización.
   
    La receta la podéis encontrar aquí.  Simplemente hay que cambiar un tipo de moras por otras.  Espero que os guste tanto como a nosotros.

  

sábado, 3 de agosto de 2013

XEADO DE CHOCOLATE



    HELADO DE CHOCOLATE


    Hoxe traio un preparado de xeado máis cremoso que os anteriores e adecuado para servir en copas ou vasos e non para facer polos.
    Estiven investigando moito:  se botarlles nata ou iogur, se montar a nata ou non, se engadir azucre invertido ou normal, como conxelar, que recipiente utilizar,  xeadeira, si ou non?...  A verdade é que hai moitas maneiras e eu experimentei facendo un pouco unha mestura delas.  De feito o resultado pareceume satisfactorio e na miña casa gustou, aínda que as veces teño dúbidas sobre o que non gusta na miña se falamos de sobremesas.
    Recoméndovos ler a páxina de Sara sobre xeados.  Ela fainos con xeadeira, pero os seus consellos son moi interesantes.  A receita deste xeado está máis o menos sacada da súa páxina.  Xa sabedes que cada cociñeiro vai adaptando a receita ás súas necesidades.

  • 150 gr de chocolate ( eu empreguei chocolate con leite)
  • 1 cullerada de cacao en po
  • 15 gr de manteiga
  • 1 cullerada de azucre
  • 200 ml de nata para montar
  • 100 ml de leite semidesnatado


    En primeiro lugar derretemos a manteiga (mellor a baño maría) e engadimos as pastillas de chocolate para derreter tamén.  Cando estea preparado retiramos do lume e engadimos o resto dos ingredientes e  batemos.  Todo este proceso fíxeno nunha ola de aceiro, das que todos temos para  cociñar.  Parece ser que nun recipiente metálico os xeados conxelan mellor. 

    Metín este preparado na neveira durante 2 horas e despois leveino ao conxelador.  Pasada unha hora dinlle unhas voltas coa culler de madeira e repartino en copas ou vasiños.

    Cando o vaiamos tomar é importante deixalo uns minutos fóra do conxelador e recuperará a textura cremosa.

    Esta receita vai dedicada aos neixentos que hoxe están celebrando a festa de Neiras e, por extensión, a todos os habitantes da aldea que hoxe serán moitos máis que calquera día do ano.  Sobre todo, que non chova!!!



    Hoy traigo un preparado de helado más cremoso que los anteriores y adecuado para servir en copas o vasos y no para hacer polos.

   Estuve investigando mucho:  si echarles nata o yogur, si montar la nata o no, si añadir azúcar invertido o normal, cómo congelar, qué recipiente utilizar,  heladeras ¿si o no?...  La verdad es que hay muchas maneras y yo experimenté haciendo un poco una mezcla de  ellas.  De hecho el resultado me pareció satisfactorio y en mi casa gustó, aunque a veces tengo dudas sobre lo que no gusta en la mía si hablamos de postres.
   
    Os recomiendo leer la página de Sara sobre helados.  Ella los hace con heladera, pero sus consejos son muy interesantes.  La receta de este helado está más o menos sacada de su página.  Ya sabéis que cada cocinero va adaptando la receta a sus necesidades.
    
150 gr de chocolate (yo usé chocolate con leche)
1 cucharada de cacao en polvo
15 gr de mantequilla
1 cucharada de azúcar
200 ml de nata para montar
100 ml de leche semidesnatada

    En primer lugar derretimos la mantequilla (mejor a baño maría) y añadimos las pastillas de chocolate para derretir también.  Cuando esté preparado retiramos del fuego y añadimos el resto de los ingredientes y batimos.  Todo este proceso lo hice en una tartera de acero, de las que todos tenemos para cocinar.  Parece ser que en un recipiente metálico los helados congelan mejor.
      
    Metí este preparado en la nevera durante 2 horas y después lo llevé al congelador.  Pasada una hora le di unas vueltas con la cuchara de madera y lo repartí en copas o vasitos.
    
    Cuando lo vayamos a tomar es importante dejarlo unos minutos fuera del congelador y recuperará la textura cremosa.

    Esta receta va dedicada a los neixentos que hoy están celebrando la fiesta de Neiras y, por extensión, a todos los habitantes de la aldea que hoy serán muchos más que cualquier día del año.  Sobre todo,¡¡¡ que no llueva!!!