martes, 19 de agosto de 2014

GALLETAS CROCANTES

    GALLETAS CRUJIENTES


    Ás veces teño algún problema co blog.  Non é un problema moi gordo, nin sequera se lle pode chamar así, pero teño dificultades para poñerlle nome ás receitas.  E é que xa levo feito moitos tipos de galletas e a estas chameinas así porque son desa maneira:  crocantes.

    Van dedicadas a todas as "Marías" e a aquelas que, aínda que non se chaman Marías, tamén celebren o seu santo en agosto.


  • 100 g de pebidas de chocolate
  • 50 g de noces peladas e picadas
  • 125 g de manteiga branda
  • 60 g de azucre glass
  • 60 g de azucre moreno
  • 50 ml de leite
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 160 g de fariña
  • 1 culleradiña de canela en po

    Temos que sacar a manteiga con tempo da neveira para que abrande.  Despois batémola xunto co leite, o azucre glass e o azucre moreno.  Facémolo cun batedor de varas.



    Engadimos despois a fariña peneirada xunto co bicarbonato e a canela.  Volvemos bater e incorporamos despois as noces picadas e as pebidas de chocolate.


    Cunha culler repartimos montes de masa no papel vexetal.  Temos que deixalos ben separados porque despois medran.  Enfornamos durante 15 ou 20 minutos a 180º ata que estean douradas.  Sacámolas e deixámolas arrefriar antes de comelas.






    A veces tengo algún problema con el blog.  No es un problema muy gordo, ni siquiera se le puede llamar así, pero tengo dificultades para ponerle nombre a las recetas.  Y es que ya he hecho muchos tipos de galletas y a estas las llamé así porque son de esa manera:  crujientes.

    Van dedicadas a todas las "Marías" y a aquellas que, aunque non se llamen Marías, también celebren su santo en agosto.


  • 100 g de pepitas de chocolate
  • 50 g de nueces peladas y picadas
  • 125 g de mantequilla blanda
  • 60 g de azúcar glass
  • 60 g de azúcar moreno
  • 50 ml de leche
  • 1/2 cucharadita de bicarbonato
  • 160 g de harina
  • 1 cucharadita de canela en polvo

    Tenemos que sacar la mantequilla con tiempo de la nevera para que ablande.  Después la batimos junto con la leche, el azúcar glass y el azúcar moreno.  Lo hacemos con una batidora de varillas.



    Añadimos después la harina tamizada junto con el bicarbonato y la canela.  Volvemos a batir e incorporamos después las nueces picadas y las pepitas de chocolate.
    

    Con una cuchara repartimos montones de masa en el papel vegetal.  Tenemos que dejarlos bien separados porque después crecen.  Horneamos durante 15 o 20 mintos a 180º hasta que estén doradas.  Las sacamos y dejamos enfriar antes de comerlas.



    

lunes, 18 de agosto de 2014

XEADO DE LIMÓN (sen ovo)

    HELADO DE LIMÓN (sin huevo)


    Está rematando o verán.  Que verán? diremos os galegos porque case non o gozamos.  Case foron máis os días nubrados que os soleados.

    Antes de que remate o verán definitivamente teño que redactar esta receita.  A principios do mes do xullo comprei no Lidl un novo cacharriño:  unha pequena máquina para facer xeados caseiros e así aproveitar un pouco a froita (e forzar a tomar froita tamén).  Probei con varios xeados, pero o que ganou por aclamación familiar foi o de limón.  A miña idea inicial era facelo e gardalo nun "tuper" no conxelador, visto que os xeados saen máis cremosos nesta máquina que os que se fan sen ela.  Ao final acabei facendo polos como outros anos, pero hai que ter en conta que quedan moito máis cremosos e lles costa un pouquiño máis saír do molde, pero non por iso van quedar sen comer.

  • 150 ml de leite semidesnatada
  • 200 ml de nata líquida
  • 80 gr de azucre
  • 2 culleradas de mel
  • 2 limóns


    Nun cazo poñemos a ferver o leite xunto co azucre e a peladura dun limón.  Cando ferva apagamos o lume e deixamos que repouse 10 minutos, para despois coar e deixar arrefriar.  Mentres exprememos os dous limóns e engadimos o zume á mestura anterior ademais das dúas culleradas de mel  e a nata sen montar.  Batemos e deixamos 3 ou 4 horas na neveira.  Despois levámola á máquina de xeados e deixámola funcionar 30 ou 40 minutos. 

    Xa temos o xeado preparado e listo para tomar, gardar no conxelador ou facer polos.



Fonte:  Cocinerando



    Está acabando el verano.  ¿Qué verano?  diremos los gallegos porque casi no lo disfrutamos.  Casi hubo más días nublados que soleados.
   
    Antes de que acabe el verano definitivamente tengo que redactar esta receta.  A principios del mes de julio compré en el Lidl un nuevo cacharrito:  una pequeña máquina para hacer helados caseros y así aprovechar un poco la fruta (y forzar a tomar fruta también).  Probé con varios helados, pero el que ganó por aclamación familiar fue el helado de limón.  Mi idea inicial era hacerlo y guardarlo en un "tuper" en el congelador, visto que los helados salen más cremosos en esta máquina que los que se hacen sin ella.  Al final acabé haciendo polos como otros años, pero hay que tener en cuenta que quedan mucho más cremosos y les cuesta un poco más salir del molde, pero no por eso van a quedar sin comer.

  • 150 ml de leche semidesnatada
  • 200 ml de nata líquida
  • 80 gr de azúcar
  • 2 cucharadas de miel
  • 2 limones


    En un cazo ponemos a hervir la leche junto con el azúcar y la ralladura de un limón.  Cuando hierva apagamos el fuego y dejamos que repose 10 minutos, para después colar y dejar enfriar.  Mientras exprimimos los dos limones y añadimos el zumo a la mezcla anterior además de las dos cucharadas de miel y la nata sin montar.  Batimos y dejamos 3 o 4 horas en la nevera.  Después la llevamos a la máquina de helados y la dejamos funcionar 30 o 40 minutos.

    Ya tenemos el helado preparado y listo para tomar, guardar en el congelador o hacer polos.
    


Fuente:  Cocinerando
    

viernes, 8 de agosto de 2014

TORTA DE NATA (sen ovo)

    TORTA DE NATA (sin huevo)

        En Vigo, en determinadas pastelerías, é moi famosa a torta de nata.

    Non é que a miña sexa igual a esa tan famosa, pero para nos serve e, por encima, está feita sen ovo.  Iso si, precisa un pouco de paciencia.



Para o fermento:

  • 20 gr de fermento fresco de panadería
  • 100 ml de auga morna
  • 50 gr de fariña
  • 1 cullerada de azucre

Para a masa:

  • 40 gr de copos de puré de patacas
  • 70 ml de leite
  • 40 ml de aceite
  • 50 gr de manteiga branda
  • 100 gr de azucre
  • 30 ml de viño branco
  • 400 a 450 gr de fariña

Para a cobertura:

  • 400 ml de nata líquida
  • 5 culleradas de azucre
 
    O primeiro que temos que facer é sacar a manteiga de neveira e deixala a temperatura ambiente para que amoleza.

    Na auga morna desfacemos os 20 gr de fermento, engadimos a cullerada de azucre e a fariña.  Axudándonos dunha culler de madeira mesturamos todo.  Quedará unha masa bastante líquida.  Deixámola repousar 1/2 hora.

    Pasado este tempo veremos que medra e que está formando burbullas.  É o momento de engadir o resto dos ingredientes e empezar a amasar.  O mellor é ir engadindo a fariña pouco a pouco ata que quede unha masa suave que non se pegue ás mans.

    Deixamos que levede unha hora e media máis ou menos.  Despois estiramos a masa.  Tede en conta que con esta cantidade de masa sairán dúas tortas redondas ou ben, como fixen eu, unha rectangular do tamaño da fonte da empanada do forno.


    Poñemos a masa na fonte do forno con papel vexetal na base e deixamos que volva levedar.  Facémoslle os buracos cos dedos e metemos no forno quente a 170º de 15 a 25 minutos dependendo do forno.  No momento en que empece a coller color sacámola.

    Mentres levedaba a masa preparei a cobertura.  Hai que poñer a nata ao lume e deixar que ferva 5 minutos.  Retirámola e engadimos o azucre removendo ata que se disolva.

    Ao sacar a torta do forno bañámola coa nata cocida.  Podemos pinchar cun escarvadentes nos buracos feitos cos dedos para que a torta absorba a nata.

    Deixamos que arrefríe e comémola.  Non a metades na neveira, mellor tapala ou metela nun tuper.  Bo proveito.

    Se queredes facer a receita con ovo tede en conta que podedes substituír os 70 ml de leite por 3 ovos. 




    En Vigo, en determinadas pastelerías, es muy famosa la torta de nata.
        
    No es que la mía sea igual a esa tan famosa, pero para nosotros sirve y, por encima, está hecha sin huevo.  Eso sí, necesita un poco de paciencia.

    


Para el fermento:

  • 20 gr de levadura fresca de panadería
  • 100 ml de agua templada
  • 50 gr de harina
  • 1 cucharada de azúcar

Para la masa:

  • 40 gr de copos de puré de patatas
  • 70 ml de leche
  • 40 ml de aceite
  • 50 gr de mantequilla blanda
  • 100 gr de azúcar
  • 30 ml de vino blanco
  • 400 a 450 gr de harina

Para la cobertura:

  • 400 ml de nata líquida
  • 5 cucharadas de azúcar
 
    Lo primero que tenemos que hacer es sacar la mantequilla de la nevera y dejarla a temperatura ambiente para que ablande.
    
    En agua templada deshacemos los 20 gr de levadura, añadimos la cucharada de azúcar y la harina.  Ayudándonos de una cuchara de madera mezclamos todo.  Quedará una masa bastante líquida.  La dejamos reposar 1/2 hora.
    
    Pasado este tiempo veremos que crece y que está formando burbujas.  Es el momento de añadir el resto de los ingredientes y empezar a amasar.  Lo mejor es ir añadiendo la harina poco a poco hasta que quede una masa suave que no se pegue a las manos.

   Dejamos que leude una hora y media más o menos.  Después estiramos la masa.  Tened en cuenta que con esta cantidad de masa saldrán dos tortas redondas o bien, como hice yo, una rectangular del tamaño de la fuente de la empanada del horno.
    

    Ponemos la masa en la fuente del horno con papel vegetal en la base y dejamos que vuelva a levar.  Le hacemos los agujeros con los dedos y metemos en el horno caliente a 170º de 15 a 25 minutos dependiendo del horno.  En el momento en que empiece a coger color la sacamos.

    Mientras leudaba la masa preparé la cobertura.  Hay que poner la nata al fuego y dejar que hierva 5 minutos.  La retiramos y añadimos el azúcar removiendo hasta que se disuelva.
   
    Al sacar la torta del horno la bañamos con la nata cocida.  Podemos pinchar con un palillo en los agujeros hechos con los dedos para que la torta absorba la nata.
    
    Dejamos que enfríe y la comemos.  No la metáis en la nevera, mejor tapadla o metedla en un tuper.  Buen provecho.

    Si queréis hacer la receta con huevo tened en cuenta que podéis sustituir los 70 ml de leche por 3 huevos.



     

BUDIN DE ZUMO DE MORAS

    BUDIN DE ZUMO DE MORAS


    Facíame falta unha sobremesa especial para unha persoa intolerante ao glute e á lactosa.  Se ademais xuntamos a alerxia ao ovo da miña filla improvisar algo non era precisamente doado.



    E foi algo precisamente "improvisado" que tiven que rectificar sobre a marcha.

    Empreguei a cantidade de xelatina que poño na receita e o budin non callaba ou polo menos era o que me parecía a min.  Ao mellor deixeime levar pola impaciencia e rectifiquei con ágar-ágar.  Pode ser que non o precisara, quen o sabe?  Espero ter máis paciencia a próxima vez.

  • 400 ml de auga
  • 100 ml de zume de moras
  • 50 gr de azucre
  • 1 limón grande
  • 5 follas de xelatina neutra
  • 1 iogur natural sen lactosa
  • 1 sobre de ágar-ágar



    Sacamos un pouco de codia do limón e engadímoslla á auga que poñemos a ferver.  Deixamos que cociñe uns 10 minutos e retirámola do lume.

    Antes teremos a precaución de poñer a amolecer as follas de xelatina nunha cunca con auga  e engadirémoslla, escorrida, á auga que retiramos despois de sacarlle a codia de limón.  Incorporamos tamén o azucre, o zume de limón, e o zume de moras.

    Cando tempere engadimos o iogur natural.  Neste paso axudeime dun batedor para mesturar ben o iogur co líquido.

    Botamos a mestura en flaneras individuais e metémolas na neveira.

    Cando pasaron tres horas e continuaban en estado líquido, volvín a ferver a mestura.  Antes separei un pouco de líquido no que disolvín o sobre de ágar-ágar.  Ao ferver incorporeino e deixei que cocera un par de minutos.  Despois si que callaron, quizais demasiado xa que custou sacalos das flaneras.  Este foi o resultado:





    Me hacía falta un postre especial para una persona intolerante al gluten y  a la lactosa.  Si además juntamos la alergia al huevo de mi hija, improvisar algo no era precisamente fácil.



    Y fue algo precisamente "improvisado" que tuve que rectificar sobre la marcha.
    
    Empleé la cantidad de gelatina que pongo en la receta y el budin no cuajaba o por lo menos era lo que me parecía a mi.  A lo mejor me dejé llevar por la impaciencia y rectifiqué  con ágar-ágar.  Puede ser que non lo necesitara, ¿quién sabe?  Espero tener más paciencia la próxima vez.

  • 400 ml de agua
  • 100 ml de zumo de moras
  • 50 gr de azúcar
  • 1 limón grande
  • 5 hojas de gelatina neutra
  • 1 yogur natural sin lactosa
  • 1 sobre de ágar-ágar

    Sacamos un poco de corteza del limón y se la añadimos al agua que ponemos a hervir.  Dejamos que cocine unos 10 minutos y la retiramos del fuego.
    
    Antes tendremos la precaución de poner a ablandar las hojas de gelatina en una taza con agua y se la añadiremos, escurrida, al agua que retiramos después de sacarle la corteza de limón.  Incorporamos también el azúcar, el zumo de limón y el zumo de moras.

    Cuando temple añadimos el yogur natural.  En este paso me ayudé de una batidora para mezclar bien el yogur con el líquido.

    Echamos la mezcla en flaneras individuales y las metemos en la nevera.
    
    Cuando habían pasado tres horas y continuaba en estado líquido, volví a hervir la mezcla.  Antes separé un poco de líquido en el que disolví el sobre de ágar-ágar.  Al hervir lo incorporé y dejé que cociera un par de minutos.  Después sí que cuajaron, quizás demasiado ya que costó sacarlos de las flaneras.  Este fue el resultado:




   
    

jueves, 7 de agosto de 2014

SALSA DE PEMENTA

    SALSA DE PIMIENTA


    Un dos pratos que preparamos nestes días de festa foi o "xamón asado" seguindo a receita que tedes aquí.


    Un familiar propúxome facer unha salsa de pementa para a carne ademais da salsa coa que presento o xamón habitualmente.  Esta última consiste unicamente en recoller os líquidos que quedan co xamón despois do asado.

    A salsa de pementa é un pouco máis elaborada.  Poño as cantidades básicas, pero eu tiven que multiplicalas por ser bastante a cantidade de xamón.

  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 cullerada de pementa negra en gran
  • 200 ml de nata para cociñar
  • Un pouco de xamón asado
  • 50 ml de salsa do propio xamón
  • 1 culleradiña de café de pementa branca


    Nun cazo puxen a derreter a manteiga.  Cando empezaba a ferver engadín a carne asada picada en anacos.  Non a pesei, pero, para que vos deades unha idea de cantidade, podemos dicir que eran uns dous dedos de filete de 1/2 cm de grosor.  Despois de 5 minutos retirei a carne cunha escumadeira e reserveina.

    Na mesma manteiga botei unha cullerada de pementa en gran.  Pasados uns 5 minutos engadín a nata líquida e unha culleradiña de café de pementa branca.

    Á carne reservada engadímoslle a salsa e batémola.  Despois incorporámola á salsa anterior.

    Deixamos que ferva e, se é preciso, engadimos máis pementa dependendo do noso gusto.





    Uno de los platos que preparamos en estos día de fiesta fue el "jamón asado" siguiendo la receta que tenéis aquí.


    Un familiar me propuso hacer una salsa de pimienta para la carne además de la salsa con la que presento el jamón habitualmente.  Ésta última consiste únicamente en recoger los líquidos que quedan con el jamón después del asado.

    La salsa de pimienta es un poco más elaborada.  Pongo las cantidades básicas, pero yo tuve que multiplicarlas por ser bastante la cantidad de jamón.

  • 1 cucharada de mantequilla
  • 1 cucharada de pimienta negra en grano
  • 200 ml de nata para cocinar
  • Un poco de jamón asado
  • 50 ml de salsa del propio jamón
  • 1 cucharadita de café de pimienta blanca

    En un cazo puse a derretir la mantequilla.  Cuando empezaba a hervir añadí la carne asada picada en trozos.  No la pesé, pero, para que os deis una idea de cantidad, podemos decir que eran unos dos dedos de filete de 1/2 cm de grosor.  Después de 5 minutos retiré la carne con una espumadera y la reservé.
    
    En la misma mantequilla eché una cucharada de pimienta en grano.  Pasados unos 5 minutos añadí la nata líquida y una cucharadita de café de pimienta blanca.

   A la carne reservada le añadí la salsa y la batí.  Después la incorporamos a la salsa anterior.

   Dejamos que hierva y, si es necesario, añadimos más pimienta dependiendo de nuestro gusto.


    

miércoles, 6 de agosto de 2014

APERITIVOS CON TORTAS DE TRIGO OU MILLO

    APERITIVOS CON TORTITAS DE TRIGO O MAÍZ


    Para abrir boca e enganar un pouco o estómago ata a hora da comida.

    Son moi fáciles de facer, pero temos que preparalas unhas horas antes da comida para que collan consistencia.



  • 1 paquete de tortas de trigo (8)
  • 2 tarrinas de queixo de untar
  • Marmelada de pementos
  • Cebola caramelizada
  • 1 lata de atún (220 gr)

    Unha das tarrinas de queixo mestúrase co atún (escorrido) axudándonos dun garfo.

    Estendemos as tortas sobre film transparente e procedemos ao recheo.

    Sobre 3 tortas estendemos a mestura de atún con queixo de untar.




    Sobre outras tres untadas con queixo puxemos a cebola caramelizada.




    E sobre as últimas dúas untamos marmelada de pementos sobre unha capa de queixo de untar.




    Envolvémolas e cerrámolas co film transparente.  Deixámolas na neveira dúas ou tres horas.




    Pasado ese tempo, sacámolas e corteinas en 5 partes.


    Teño unha curmá intolerante ao glute e á lactosa.  Para ela empreguei tortas de millo e queixo de untar sen lactosa.  As tortas de millo temos que quentalas na tixola e untalas rapidamente pois enseguida deixan de ser flexibles.



    Presentamos os aperitivos cun escarvadentes.  Bo proveito.




Fonte :  Divina cocina




    Para abrir boca y engañar un poco al estómago hasta la hora de la comida.

    Son muy fáciles de hacer, pero tenemos que prepararlos unas horas antes de la comida para que cojan consistencia.



  • 1 paquete de tortitas de trigo (8)
  • 2 tarrinas de queso de untar
  • Mermelada de pimientos
  • Cebolla caramelizada
  • 1 lata de atún (220 gr)

    Una de las tarrinas de queso se mezcla con el atún (escurrido) ayudándonos de un tenedor.
    
    Extendemos las tortitas sobre film transparente y procedemos al relleno.

    Sobre 3 tortitas extendemos la mezcla de atún con queso de untar.



   Sobre otras tres untadas con queso pusimos la cebolla caramelizada.




    Y sobre las dos últimas untamos mermelada de pimientos sobre una capa de queso de untar.




    Las envolvemos y cerramos con film transparente.  Las dejamos en la nevera dos o tres horas.




  Pasado ese tiempo, las sacamos y cortamos en 5 partes.


    Tengo una prima intolerante al gluten y a la lactosa.  Para ella empleé tortitas de maíz y queso de untar sin lactosa.  Las tortitas de maíz tenemos que calentarlas en la sartén y untarlas rapidamente pues enseguida dejan de ser flexibles.

    

    Presentamos los aperitivos con un palillo.  Buen provecho.
    

Fuente:  Divina cocina

martes, 5 de agosto de 2014

CABACIÑAS RECHEAS

    CALABACINES RELLENOS


    Mes de agosto e festa de Neiras.  Isto significa moito para os Neixentos, pero non vos equivoquedes; tamén toca organizar, comprar e cociñar, cociñar e cociñar.  E é que os Neixentos somos de bo dente.


    O primeiro reto:  facer algo con estas supercabaciñas que ten a miña madriña na horta.  Con semellante tamaño unha é suficiente para 4 persoas.

  • 3 cabaciñas
  • 1 cebola grande ou 2 normais
  • 2 cenorias
  • 1 pemento verde
  • 2 dentes de allo
  • 2 tomates
  • 1 rama de pirixel
  • 150 gr. de gambas
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva


    Lavamos e secamos as cabaciñas que despois escaldamos (enteiras) en auga fervendo durante 1 minuto.


    Retirámolos e sacámoslles as puntas.  Despois abrímolos á metade ao longo e ao ancho quedando divididos en catro partes.  Cunha culler sacámoslles parte da polpa interior tendo coidado de que quede un oco pechado que podamos encher e que non permita verter o recheo.  A polpa de cabaciña que sacamos reservámola e cortámola en anacos pequenos para engadila ao recheo.  Eu non puiden aproveitar moita polpa xa que as cabaciñas estaban cumpridos e formando as pebidas.


    Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e engadimos a cebola picada moi fina xunto cun pouco de sal.  Cando empeza a estar branda e transparente incorporamos as cenorias, o pemento, o allo, o pirixel e a polpa de cabaciña ben picados.  Despois duns dez minutos botamos o tomate ben picado tamén.  Por último incorporamos as gambas, salpimentamos e retiramos.


    Enchemos as cabaciñas e quentamos o forno.  Como estamos en Neiras aproveitamos o forno da cociña de ferro.  Marcaba 200º.  Metémolos uns 20 minutos.  E despois comémolos.


Fonte:  "Cocina fácil"


    Mes de agosto y fiesta de Neiras.  Esto significa mucho para los Neixentos, pero no os equivoquéis; también toca organizar, comprar y cocinar, cocinar y cocinar.  Y es que los Neixentos tenemos un buen apetito.


    El primer reto:  hacer algo con estos supercalabacines que tiene mi madrina en la huerta.  Con semejante tamaño uno es suficiente para 4 personas.

    
  • 3 calabacines
  • 1 cebolla grande o 2 normales
  • 2 zanahorias
  • 1 pimiento verde
  • 2 dientes de ajo
  • 2 tomates
  • 1 rama de peregil
  • 150 gr. de gambas
  • Sal
  • Pimienta
  • Aceite de oliva


    Lavamos y secamos los calabacines que después escaldamos (enteros) en agua hirviendo durante 1 minuto.
    

    Los retiramos y les sacamos las puntas.  Después los abrimos a la mitad a lo largo y a lo ancho quedando divididos en cuatro partes.  Con una cuchara les sacamos parte de la pulpa interior teniendo cuidado de que quede un hueco cerrado para poder llenarlo y que no permita verter el relleno.  La pulpa de calabacín que sacamos la reservamos y cortamos en trozos pequeños para añadirla al relleno.  Yo no pude aprovechar mucha pulpa ya que los calabacines estaban formando las pepitas.


    En una sartén ponemos un poco de aceite de oliva y añadimos la cebolla picada muy fina y un poco de sal.  Cuando empieza a estar blanda y transparente incorporamos las zanahorias, el pimiento, el ajo, el perejil y la pulpa de calabacín bien picados.  Después de unos diez minutos echamos el tomate bien picado también.  Por último incorporamos las gambas, salpimentamos y retiramos.


    Llenamos los calabacines y calentamos el horno.  Como estamos en Neiras aprovechamos el horno de la cocina de hierro.  Marcaba 200º.  Los metimos unos 20 minutos.  Y después los comimos.


Fuente:  "Cocina fácil"