sábado, 11 de abril de 2015

FILLOAS RECHEAS DE XAMÓN YORK E CHAMPIÑÓNS

    FILLOAS RELLENAS DE JAMÓN YORK Y CHAMPIÑONES

    Os que xa temos unha certa idade (esa que queda no medio de "moita" e "pouca") sabemos que a vida nunca é igual.  As veces atopamos pequenas pedras nas que tropezamos, outras un regato que saltamos e outras un inmenso océano, pero sempre hai unha pequena illa ou un pequeno remanso que nos permite descansar, botar a mirada atrás, coller folgos e volver empezar coa loita.

    E todo isto porque, cando xa estaba cansada e pensaba que era o momento de parar e aparcar un pouco os "hábitos", aparece esa "illa" que me regala uns "hábitos" novos e penso que teño que continuar.

    Fóra da filosofía, estaredes de acordo con que o meu novo uniforme de cociñeira é moi orixinal e é todo un espectáculo verme cociñar con el.  Dese momento non vou poñer foto ou pasaríamos a ter varios ataques de risa.



    Para agradecer este agasallo imos coa receita.  Tiña un pouco de xamón york na neveira que quería aproveitar antes de que se estragara e decidín facer filloas recheas.  Non é moi orixinal; se buscades na rede hai moitas.  Se acaso o que aporta a miña versión é a ausencia de ovo, como sabedes que é habitual na miña cociña.

Para as filloas:

  • 250 ml de leite
  • 300 ml de auga
  • 3 culleradas de margarina
  • Un chisco de sal
  • Unha culleradiña de fermento químico
  • 250 g de fariña


Para o recheo: (10 filloas pequenas)



  • Xamón york (100 g aproximadamente)
  • 1 lata de champiñóns (185 g)
  • 2 culleradas de fariña
  • 1 cullerada de margarina
  • 600 ml de leite
  • Un chisco de noz moscada
  • Un chisco de pementa



    Para facer as filloas podedes consultar aquí a miña receita.

    Para o recheo teremos que facer primeiro unha bechamel.  Nunha tixola derretemos a margarina, engadimos a fariña e mesturámola ben.  Incorporamos pouco a pouco a fariña sen deixar de remover ata que espese.  Polvoriñamos a noz moscada e a pementa.



    É o momento de incorporar o xamón york e os champiñóns ámbolos dous cortados en anacos.  Deixamos arrefriar un pouco e enchemos as filloas poñendo un par de culleradas de recheo en cada unha.  Se as facemos con antelación podemos quentalas un pouco no forno antes de poñelas na mesa.
    Con estas cantidades enchín unhas 10 filloas máis ben pequenas.

    Só me queda dar as grazas á persoa que me fixo este agasallo tan especial.  Foi un pracer compartir un anaco de "camiño" e moitas experiencias...




    Los que ya tenemos cierta edad (esa que queda en el medio de "mucha" y "poca") sabemos que la vida nunca es igual.  A veces encontramos pequeña piedras en las que tropezamos, otras un regato que saltamos y otras un inmenso océano, pero siempre hay una pequeña isla o un pequeño remanso que nos permite descansar, echar la vista atrás, coger fuerzas y volver a empezar con la lucha.

    Y todo esto porque, cuando ya estaba cansada y pensaba que era el momento de parar y aparcar un poco los "hábitos", aparece esa "isla" que me regala unos "hábitos" nuevos y pienso que tengo que continuar.

    Fuera de la filosofía, estaréis de acuerdo con que mi nuevo uniforme de cocinera es muy original y es todo un espectáculo verme cocinar con el.  De ese momento no voy a poner foto o tendríamos varios ataques de risa.



    Para agradecer este regalo vamos con la receta.  Tenía un poco de jamón york en la nevera que quería aprovechar antes de que se estropeara y decidí hacer filloas rellenas.  No es muy original; si buscáis en la red hay muchas.  Si acaso lo que aporta mi versión es la ausencia de huevo, como sabéis que es habitual en mi cocina.

Para las filloas:

  • 250 ml de leche
  • 300 ml de agua
  • 3 cucharadas de margarina
  • Una pizca de sal
  • Una cucharadita de levadura química
  • 250 g de harina


Para el relleno: (10 filloas pequeñas)



  • Jamón york (100 g aproximadamente)
  • 1 lata de champiñones (185 g)
  • 2 cucharadas de harina
  • 1 cucharada de margarina
  • 600 ml de leche
  • Una pizca de nuez moscada
  • Una pizca de pimienta


    Para hacer las filloas podéis consultar aquí mi receta.



    Para el relleno tendremos que hacer primero una bechamel.  En una sartén derretimos la margarina, añadimos la harina y la mezclamos bien.  Incorporamos poco a poco la harina sin de dejar de remover hasta que espese.  Espolvoreamos la nuez moscada y la pimienta.




    Es el momento de incorpora el jamón york y los champiñones, ambos cortados en trocitos.  Dejamos enfriar un poco y rellenamos las filloas poniendo un par de cucharadas de relleno en cada una.  Si las hacemos con antelación podemos calentarlas un poco en el horno antes de servir.

    Con estas cantidades rellené unas 10 filloas más bien pequeñas.

    
    Sólo me quedar dar las gracias a la persona que me hizo este regalo tan especial.  Fue un placer compartir un trozo de "caminoy muchas experiencias...

   


domingo, 5 de abril de 2015

QUICHE (FALSO) DE ESPINACAS E ATÚN

    QUICHE (FALSO) DE ESPINACAS Y ATÚN


    Seguro que coma min, e coma gran parte das nais do mundo, queredes que os vosos fillos coman verduras.  E moitas veces, por máis que o intentemos parece que é realmente unha misión imposible.

    Así, aínda que o obxectivo non foi acadado, o prato é saboroso e aos que non somos tan novos gustounos moito.

    Por que "falso quiché"? Pois porque unha das características das quichés é a de levar ovos, cousa da que a miña carece.  Aínda así segue sendo apetecible.

  • 1 lámina de masa quebrada ou brisa
  • 300 gr de espinacas
  • 3 dentes de allo
  • 1 cullerada de fariña
  • Un chisco de sal
  • 200 ml de nata para cociñar
  • 1 lata de 220 g de atún
  • 2 culleradas de aceite de oliva


    Forramos un molde circular coa masa, pinchamos a base cun garfo e metémola no forno a 180º durante 15 minutos.

    Mentres quentamos o aceite e douramos os dentes de allo.  Retirámolos e incorporamos as espinacas.  No meu caso eran conxeladas e tiven que deixar que desconxelaran.  Podemos empregalas frescas tamén.  


    As espinacas cocíñanse enseguida.  Incorporamos a fariña, mesturamos ben e engadimos a nata.  Cando empeza a espesar engadimos o atún escorrido e esmigallado.  Rectificamos o sal e retiramos do lume.

    Poñemos as espinacas co atún sobre a base e metemos no forno uns quince minutos máis.  Bo proveito.


    Seguro que como yo, y como gran parte de las madres del mundo, queréis que vuestros hijos coman verduras.  Y muchas veces, por más que lo intentemos parece que es realmente una misión imposible.

    Así, aunque el objetivo no fue alcanzado, el plato es sabroso y a lo que no somos tan jóvenes nos gustó mucho.
  
    ¿Por qué "falso quiché"?  Pues porque una de las características de las quiché es la de llevar huevos, cosa de la que la mía carece.  Aún así sigue siendo apetecible.

  • 1 lámina de masa quebrada o brisa
  • 300 gr de espinacas
  • 3 dientes de ajo
  • 1 cucharada de harina
  • Una pizca de sal
  • 200 ml de nata para cocinar
  • 1 lata de 220 gr de atún
  • 2 cucharadas de aceite de oliva


    Forramos un molde circular con la masa, pinchamos la base con un tenedor y la metemos en el horno a 180º durante 15 minutos.
    
    Mientras calentamos el aceite y doramos los dientes de ajo.  Los retiramos e incorporamos las espinacas.  En mi caso eran congeladas y tuve que dejarlas descongelar.  También podemos emplearlas frescas.


    Las espinacas se cocinan enseguida.  Incorporamos la harina, mezclamos bien y añadimos la nata.  Cuando empieza a espesar añadimos el atún escurrido y desmigado.  Rectificamos la sal y retiramos del fuego.

    Ponemos las espinacas con el atún sobre la base y metemos en el horno unos quince minutos más.  Buen provecho.