sábado, 16 de mayo de 2015

EMPANADILLAS DE ESPINACAS E QUEIXO

    EMPANADILLAS DE ESPINACAS Y QUESO


    Se vos gustan as empanadillas ao mellor tedes o mesmo dilema que teño eu:  prefiro facelas ao forno antes que fritas, pero non acabo de atopar unha masa que me convenza.  Xa probei con masa comprada, coa que fago para a pizza e con algunha outra.  Nesta receita volvín experimentar e o resultado foi bastante bo.  As empanadillas quedaron crocantes e non se saíu o recheo.  O único inconveniente reside na cantidade de aceite que leva a masa, pero compensei ao facelas no forno e sen vernizar.


   Tamén o recheo era máis lixeiro, pois sigo co intento de facer comer máis verduras a todos os da casa.  Intento, intento,...

110 ml de viño branco
110 ml de aceite de oliva
350 gr de fariña, aproximadamente
Un chisco de sal
1 allo porro
150 gr de espinacas (usei conxeladas)
Tacos de queixo

    Preparamos a masa mesturando a auga, o aceite e o sal xunto coa fariña que engadimos pouco a pouco.  Amasamos e deixamos repousar un chisco mentres preparamos o recheo.

    Cociñamos o allo porro ben picado nun pouco de aceite de oliva.  Cando xa está brando engadimos as espinacas, que xa teremos desconxeladas.  Non engadín sal xa que o queixo incorpora unha pouca.  De todas formas vai depender dos nosos gustos.


    Estendemos a masa e vamos cortando círculos.  Eu axudeime dunha cunca.  Poñemos unha cullerada de recheo no centro xunto cun taco pequeno de queixo.  Selamos a masa axudándonos dun garfo e poñemos as empanadillas nunha fonte de forno cuberta de papel vexetal.

    Cociñámolas a 200 º durante uns 15 minutos ou ata que collan un color dourado.  Eu non as vernicei porque xa levaban aceite suficiente na masa.  Se podedes usar ovo seguro que quedarán máis bonitas.
    




    Si os gustan las empanadillas es posible que tengáis el mismo dilema que yo:  prefiero hacerlas al horno antes que fritas, pero no acabo  de encontrar una masa que me convenza.  Ya probé con masa comprada, con la que hago para la pizza y con alguna otra.  En esta receta volví a experimentar y el resultado fue bastante bueno.  El único inconveniente reside en la cantidad de aceite que lleva la masa, pero lo compensé haciéndolas en el horno y sin barnizar.

    También era más ligero el relleno, pues sigo con el intento de hacer comer más verduras a todos los de mi casa.  Intento, intento,...
  
110 ml de vino blanco
110 ml de aceite de oliva
350 gr de harina, aproximadamente
Una pizca de sal
1 puerro
150 gr de espinacas (usé congeladas)
Tacos de queso

    Preparamos la masa mezclando el agua, el aceite y la sal junto con la harina que añadimos poco a poco.  Amasamos y dejamos reposar un poco mientras preparamos el relleno.
   
    Cocinamos el puerro bien picado en un poco de aceite de oliva.  Cuando ya está blando añadimos las espinacas, que ya tendremos descongeladas.  No añadí sal ya que el queso incorpora una poca.  De todas formas va a depender de nuestros gustos.
    

    Extendemos la masa y vamos cortando círculos.  Yo utilicé una taza.  Ponemos una cucharada de relleno en el centro junto con un taco pequeño de queso.  Sellamos la masa ayudándonos de un tenedor y ponemos las empanadillas en una fuente de horno cubierta de papel vegetal.
    

    Las cocinamos a 200 º durante unos 15 minutos o hasta que se doren.  Yo no las barnicé porque ya llevaban aceite suficiente en la masa.    Si podéis usar huevo seguro que quedarán más bonitas.