Mostrando entradas con la etiqueta castañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castañas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de diciembre de 2013

GALLETAS DE CASTAÑAS

    GALLETAS DE CASTAÑAS

    Di o refraneiro popular,  sempre moi sabio, que "por Santa Lucía mingua a noite e medra o día".  Así que a partir de agora podemos esperar un pouquiño máis de luz solar na medida que avancen os días.  Sabemos tamén que o nome de Lucía está relacionado coa luz e coa vista xa que a pesar de ser torturada sacándolle os ollos a tradición di que seguiu vendo.


    E todo isto para contarvos que teño unha filla que se chama Lucía e que hoxe está de santo.  Para darlle un pequeno gusto fíxenlle estas galletas de castañas.  No era a primeira vez que as cociñaba e seguro que non será a última xa que lle gustan bastante (a ela e os demais membros familiares).

    Xa fai uns meses que fixen a crema de castañas e a conxelei para ter reservas para a torta de castañas.  Pero apetecíame facer algunha outra cousa cando atopei unas galletas no blog "cousas de milia" e decidín probar.  Como sempre, modifiquei a receita eliminando o ovo e tampouco engadín as sementes de anís porque a miña crema leva vainilla e me parecía que os dous serían demasiados aromas.  As cantidades son as seguintes:


  • 200 gr de fariña
  • 200 gr de crema de castañas
  • 50 gr de fariña de millo (maicena)
  • 100 gr de azucre 
  • 60 gr de manteiga
  • 1 culleradiña de fermento químico
  • 50 ml de leite


    Nun recipiente apto para microondas botei o leite e a manteiga e quentei todo medio minuto.  Facemos un volcán coas fariñas, o azucre e o fermento.  Engadimos o leite coa manteiga e a crema de castañas.  Amasamos e deixamos repousar a masa un pouco na neveira (unha media hora).  Despois toca a parte que máis lle gusta á miña outra filla:  formar boliñas, aplastalas e colocalas na fonte do forno.  Cociñamos cando o forno estea quente a 170º-180º durante 25 minutos.  Podedes gardalas nunha caixa metálica despois de que arrefríen enriba dunha rexa.  Se queredes que duren é mellor escondelas.

    Déixovos as fotos cun pano de cociña que me regalaron especialmente para a ocasión.  Grazas a Sara do blog "las creaciones de MARySA"


    Dice el refranero popular, siempre muy sabio, que " por Santa Lucía mengua la noche y crece el día".  Así que a partir de ahora podemos esperar un poquito más de luz solar en la medida que avancen los días.  Sabemos también que el nombre de Lucía está relacionado con la luz y con la vista ya que a pesar de ser torturada sacándole los ojos la tradición dice que siguió viendo.


    Y todo esto para contaros que tengo una hija que se llama Lucía y que hoy está de santo.  Para darle un pequeño gusto le hice  estas galletas de castañas.  No era la primera vez que las cocinaba y seguro que no será la última ya que le gustan bastante (a ella y a los demás miembros familiares)


    Ya hace unos meses que hice la crema de castañas y la congelé para tener reservas para la tarta de castañas.  Pero me apetecía hacer alguna otra cosa cuando encontré unas galletas en el blog "cousas de milia" y decidí probar.  Como siempre, modifiqué la receta eliminando el huevo y tampoco añadí las semillas de anís porque mi crema lleva vainilla y me parecía que los dos serían demasiados aromas.  Las cantidades son las siguientes:


  • 200 gr de harina
  • 200 gr de crema de castañas
  • 50 gr de harina de maíz (maicena)
  • 100 gr de azúcar 
  • 60 gr de mantequilla
  • 1 cucharadita de levadura química
  • 50 ml de leche


    En un recipiente apto para microondas eché la leche y la mantequilla y calenté todo medio minuto.  Hacemos un volcán con las harinas, el azúcar y la levadura.  Añadimos la leche con la mantequilla y la crema de castañas.  Amasamos y dejamos reposar le masa un poco en la nevera (una media hora).  Después toca la parte que más le gusta a mi otra hija:  formar bolitas, aplastarlas y colocarlas en la fuente del horno.  Cocinamos cuando el horno esté caliente a 170º-180º durante 25 minutos.  Las podéis guardar en una caja metálica después de que enfríen encima de una rejilla.  Si queréis que duren es mejor esconderlas.

    Os dejo las fotos con un paño de cocina que me regalaron especialmente para la ocasión.  Gracias a Sara del Blog "las creaciones de MARySA.
    

miércoles, 21 de noviembre de 2012

TORTA MOUSSE DE CASTAÑAS

    TARTA MOUSSE DE CASTAÑAS

    Non é primeira vez que fago torta de castañas, pero todas as anteriores me resultaron demasiado pesadas aínda que boas de sabor.  De repente atopei unha torta nun blog que me pareceu moi interesante e me propuxen adaptala ás miñas necesidades.  Se queredes ver a miña fonte de inspiración podedes consultala aquí.
    Despois de probala varias veces decidinme a poñer a receita.  Na entrada anterior xa vos falei da crema de castañas, ingrediente imprescindible para esta torta.  Confésovos que xa teño suficiente crema feita para varias tortas e que, de seguro, farei unha polo Nadal.  É un pouco laboriosa pero o resultado foi delicioso.  Alguén que a probou opinou:  "unha das mellores cousas que tes feito".



Ingredientes:
Para a base:
  • 200 gr de galletas tostadas (das do almorzo)
  • 100 gr de margarina.
Para a mousse:
  • 300 gr de crema de castañas
  • 500 ml + 100 ml de nata
  • 100 ml de leite
  • 50 gr de chocolate relado
  • 6 follas de xelatina neutra
Para a cobertura:
  • 80 ml de nata
  • 120 gr de azucre
  • 100 ml de auga
  • 40 gr de cacao
  • 3 follas de xelatina
Para adornar:
  • Crema de castañas, castañas en xarope, castañas cocidas,... Un pouco a gusto de cada un.
    O primeiro paso consiste en elaborar a base da torta.  Trituramos as galletas ata convertelas en po e derretemos a margarina.  Xuntamos todo ata facer unha pasta que estenderemos no fondo dun molde desmoldable e metemos na neveira mentres preparamos a mousse.
    Para a mousse empezamos quentando o leite e desfacendo nel a crema de castañas coa axuda dunha culler de madeira.  Por outro lado hidratamos as follas de xelatina e poñemos a quentar 100 ml de nata.  Xusto antes de empezar a ferver desfacemos nela as follas de xelatina.  Deixamos que arrefríe un pouco e engadímoslla á crema de castañas removendo outra vez coa culler de madeira.  Aproveitamos para engadir o chocolate relado e seguir removendo. 
    Por outra banda, batemos os 500 ml de nata e engadimos na mestura anterior con movementos envolventes de abaixo cara arriba ata que conseguimos unha textura uniforme.  Incorporámola no molde coa base de galletas e metemos na neveira durante unhas horas (mellor se é toda a noite).
    Agora tócanos facer a cobertura.  Nun cazo poñemos a nata, a auga e o azucre.  Quentamos e no momento de ferver engadimos o cacao.  Despois de incorporalo ben, retiramos do lume e engadimos as follas de xelatina previamente hidratadas.  Cando tempere un pouco engadímola sobre a mousse e volvemos meter na neveira.
    Un pouco máis tarde xa poderemos decorala cunhas castañas en xarope, cunhas castañas cocidas ou ben podemos meter un pouco de crema de castañas nunha manga pasteleira e decorala ao noso gusto.  Bo proveito.



    No es la primera vez que hago tarta de castañas, pero todas las anteriores me resultaron demasiado pesadas aunque de buen sabor.  De repente encontré una tarta en un blog que me pareció muy interesante y me propuse adaptarla a mis necesidades.  Si queréis ver mi fuente de inspiración podéis consultarla aquí. 

    Después de probarla varias veces me decidí a poner la receta.  En la entrada anterior ya os hablé de la crema de castañas, ingrediente imprescindible para esta tarta.  Os confieso que ya tengo suficiente crema hecha para varias tartas y que, seguramente, haré una por Navidad.  Es un poco laboriosa pero el resultado fue delicioso.  Alguien que la probó opinó:  "una de las mejores cosas que has hecho".
   
Ingredientes:
Para la base:
  • 200 gr de galletas tostadas (de las del desayuno)
  • 100 gr de margarina.
Para la mousse:
  • 300 gr de crema de castañas
  • 500 ml + 100 ml de nata
  • 100 ml de leche
  • 50 gr de chocolate rallado
  • 6 hojas de gelatina neutra
Para la cobertura:
  • 80 ml de nata
  • 120 gr de azúcar
  • 100 ml de agua
  • 40 gr de cacao
  • 3 hojas de gelatina
Para adornar:
  • Crema de castañas, castañas en almíbar, castañas cocidas,... Un poco a gusto de cada uno.

    El primer paso consiste en elaborar la base de la tarta.  Trituramos las galletas hasta convertirlas en polvo y derretimos la margarina.  Juntamos todo hasta hacer una pasta que extenderemos en el fondo de un molde desmoldable y lo metemos en la nevera mientras preparamos la mousse.

    Para la mousse empezamos calentando la leche y deshaciendo en ella la crema de castañas con la ayuda de una cuchara de madera.  Por otro lado hidratamos las hojas de gelatina y ponemos a calentar 100 ml de nata.  Justo antes de romper a hervir deshacemos en ella las hojas de gelatina.  Dejamos que enfríe  un  poco e se la añadimos a la crema de castañas removiendo otra vez con la cuchara de madera.  Aprovechamos para añadir el chocolate rallado y seguimos removiendo.   

    Por otro lado, batimos los 500 ml de nata y la añadimos en la mezcla anterior con movimientos envolventes de abajo hacia arriba hasta que conseguimos una textura uniforme.  La incorporamos en el molde con la base de galleta y la metemos en la nevera durante unas horas (mejor toda la noche).

    Ahora nos toca hacer la cobertura.  En un cazo ponemos la nata, el agua y el azúcar.  Calentamos y en el momento de hervir añadimos el cacao.  Después de incorporarlo bien, retiramos del fuego y mezclamos las hojas de gelatina previamente hidratadas.  Cuando temple un poco la incorporamos sobre la mousse y volvemos a meter en la nevera.


   
    Un poco más tarde ya podremos decorarla con unas castañas en almíbar, con castañas cocidas o bien podemos meter un poco de crema de castañas en una manga pastelera y decorar la tarta a nuestro gusto.  Buen provecho.

   

miércoles, 14 de noviembre de 2012

CREMA DE CASTAÑAS


    CREMA DE CASTAÑAS
    E isto para que serve?  Cómese? E como o tomamos?  Se falamos de crema de castañas estes son uns poucos dos moitos interrogantes que me formulan.  Non fago a crema de castañas para comer a culleradas aínda que se vos apetece... non habería problema.  Pero a miña finalidade é outra:  unha torta de castañas.
    Facer crema de castañas e torta de castañas no mesmo día pode deixarnos esgotados e sen ganas de volver a cociñar nunha semana.  Por iso é mellor facer as cousas por separado, con tempo, sen presas e con moito cariño que así seguro que mellora o sabor.  Esta receita é laboriosa e require paciencia.  Non desesperedes e escollede unha tarde fría ou chuviosa desas nas que apetece quedar na casa aínda que sexa para cociñar.  Imos cos ingredientes:
  • Castañas (imos necesitar 400 gr para a crema así que é mellor poñer máis)
  • Sal
  • Fiúncho
  • Nébeda
  • 400 ml de leite
  • 180 gr. de azucre
  • 2 gotas de esencia de vainilla ( ou outro aroma que vos guste)





    En primeiro lugar toca sentarse e quitarlle a pel externa ás castañas; aquí xa se vai bastante tempo.  Despois poñémolas a cocer en auga con sal, nébeda e fiúncho.  Despois de ferver deixámolas uns 20 minutos.  Apagamos o lume, retiramos e empezamos a pelar a segunda pel.  É mellor ir sacándoas da auga pouco a pouco para que nos sexa máis doado quitarlles a pel.

    Agora que xa fixemos o traballo gordo, pesamos 400 gr. de castañas que poñemos a cocer xunto co leite, o azucre e a vainilla.  Despois de ferver durante uns 20 minutos trituramos todo e obteremos a crema de castañas.  Podemos conservala na neveira unhas dúas semanas en botes pechados.  Eu probei a conxelala e espero que se conserve ben.  Xa vos contarei.

    Gardade esta receita que pronto porei a torta de castañas.
    ¿Y esto para qué sirve?¿Se come?¿Y cómo lo tomamos?  Si hablamos de crema de castañas estas son algunas de las preguntas que me plantean.  No hago crema de castañas para comer a cucharadas aunque si os apetece... no hay problema.  Pero mi finalidad es otra:  una tarta de castañas.
     Hacer crema de castañas y tarta de castañas en el mismo día puede dejarnos agotados y sin ganas de volver a cocinar en una semana.  Por eso es mejor hacer las cosas por separado, con tiempo, sin prisas y con mucho cariño que así seguro que mejora el sabor.  Esta receta es laboriosa y requiere paciencia.  No desesperéis y escoged una tarde fría o lluviosa de esas en las que apetece quedar en casa aunque sea para cocinar.  Vamos con los ingredientes:

   
  • Castañas (vamos a necesitar 400 gr para la crema así que es mejor poner más)
  • Sal
  • Hinojo
  • Nébeda
  • 400 ml de leche
  • 180 gr. de azúcar
  • 2 gotas de esencia de vainilla ( o otro aroma que os guste)
   


    En primer lugar toca sentarse y quitarle la piel externa a las castañas; aquí ya se va bastante tiempo.  Después las ponemos a cocer en agua con sal, nébeda e hinojo.  Después de hervir las dejamos unos 20 minutos.  Apagamos el fuego, retiramos y empezamos a pelar la segunda piel.  Es mejor ir sacándolas del agua poco a poco para que sea más fácil quitarles la piel.



    Ahora que ya hicimos el trabajo gordo, pesamos 400 gr de castañas que ponemos a cocer junto con la leche, el azúcar y la vainilla.  Después de hervir durante unos 20 minutos trituramos todo y obtendremos la crema de castañas.  Podemos conservarla en la nevera unas dos semanas en botes cerrados.  Yo probé a congelarla y espero que se conserve bien.  Ya os contaré.



    Guardad esta receta que pronto pondré la tarta de castañas.
   

jueves, 8 de diciembre de 2011

CASTAÑAS EN XAROPE

    CASTAÑAS EN ALMÍBAR

    Este ano recollín bastantes castañas e decidín experimentar a ver que saía.  Por suposto poño agora a receita porque xa comprobei que o resultado é bo.  De todos modos esta é unha receita para tardes moi chuviosas de outono que non nos permiten saír da casa podendo dedicarlle todo o noso tempo.  Tamén os ingredientes son un pouco especiais:  a nébeda é unha herba aromática da familia da menta ( tamén chamada menta dos gatos) que podemos atopar polos camiños rurais de Galicia( non sei se se pode atopar noutros lugares).  O mesmo pasa co fiúncho(anís) que aquí se pode atopar con facilidade.  Os ingredientes son:

·         1 kg de castañas ( ou unhas poucas máis polas que van romper)
·         Unha  de nébeda
·         Unha rama de fiúncho
·         Sal
·         Auga para cocer as castañas
·         800 g de azucre
·         ½ litro de auga para o xarope

    Empezaremos quitando a pel exterior da castaña, metémolas nunha pota e cubrímolas con auga fría.  Engadimos a nébeda, o fiúncho e o sal.  Cando empecen a ferver esperamos 10 minutos e retiramos do lume.  Aquí empeza o traballo pesado.  Hai que sacar a pel interior da castaña tendo coidado de non rompela, por iso aconsello cocer máis dun quilo.  Metémolas nos botes de cristal e facemos o xarope.  Para este último temos que botar o azucre na auga e poñelo ao lume.  Cando empeza a ferver, xa está disolto o azucre e a cor é transparente, enchemos os botes das castañas, pechámolos e poñémolos nunha pota con auga para esterilizalos ao baño “maría”(10-15 minutos despois de ferver).  É importante que os botes estean esterilizados previamente.  Para elo eu lávoos no lavalouzas e despois póñoos no microondas durante dous minutos.  As tapas férvoas durante cinco minutos.  Como vedes é unha receita laboriosa pero vale a pena.  

 


    Este año recogí bastantes castañas y decidí experimentar a ver qué salía. Por supuesto pongo ahora la receta porque ya comprobé que el resultado es bueno.  De todos modos esta es una receta para tardes muy lluviosas de otoño que no nos permiten salir de casa pudiendo dedicarle todo nuestro tiempo.  También los ingredientes son un poco especiales: la nébeda es una hierba aromática de la familia de la menta (también llamada menta de los gatos) que podemos encontrar por los caminos rurales de Galicia (no sé si se puede encontrar en otros lugares).  Lo mismo pasa con el “fiúncho” (anís) que aquí se puede encontrar con facilidad.  Los ingredientes son:
·       1 kg de castañas (o unas pocas más por las que se van a romper)
·       Una rama de nébeda
·       Una rama de “fiúncho”
·       Sal
·       Agua para cocer las castañas
·       800 g de azúcar
·       ½ litro de agua para el almíbar.
    Empezaremos quitando la piel exterior de la castaña, las metemos en una pota y las cubrimos con agua fría.  Añadimos la nébeda, el “fiúncho” y la sal.  Cuando empiecen a hervir esperamos 10 minutos y retiramos del fuego.  Aquí empieza el trabajo pesado.  Hay que sacar la piel interior de la castaña teniendo cuidado de no romperla, por eso aconsejo cocer más de un kilo.  Las metemos en los bores de cristal y hacemos el almíbar.  Para éste último tenemos que echar el azúcar en el agua y ponerlo al fuego.  Cuando empieza a hervir, ya está disuelto el azúcar y el color es transparente, llenamos los botes de la castaña, los cerramos y los ponemos en una pota con agua para esterilizarlos al baño “maría”(10-15 minutos después de hervir).  Es importante que los botes estén esterilizados previamente.  Para ello yo los lavo en el lavavajillas y después los pongo en el microondas durante dos minutos.  Las tapas las hiervo durante cinco minutos.  Como veis es una receta laboriosa pero vale la pena.