Mostrando entradas con la etiqueta tortas/tartas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tortas/tartas. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de abril de 2016

TORTA DE MAZÁ E DOCE DE CIDRA

    TARTA DE MANZANA Y CABELLO DE ÁNGEL


    Cando imos de compras a unha pequena tenda de barrio podemos atopar un cartel que diga:  "Volvo deseguida", "Saín 5 minutos" ou "Estou tomando un café".  Claro que os cinco minutos son relativos e ao mellor convértense en 20 ou 30.

    Eu debería ter colgado o cartel:

"Estou facendo doce de cidra,
espero volver axiña."

    E o "axiña" converteuse en días ou meses porque a cantidade de cabazas que levo cocidas é impresionante, e aínda me queda unha para rematar!  Se abrides o meu conxelador seguro que atopades unha boa cantidade de botes deste doce; claro que agora teño que usalo, facelo só foi o primeiro paso.

    E unha das primeiras receitas foi unha torta:  unha torta sinxela e rápida; case diría que se come tan rápido como se fai.

  • Unha base de masa brisa ou quebrada
  • Un bote de doce de cidra
  • 2 ou 3 mazás
  • 2 culleradas de azucre moreno
  • 25 gr de manteiga
  • Marmelada para vernizar



    Pódese facer a masa na casa, pero mercala resultoume máis cómodo e rápido.  Estirámola e estendemos o doce de cidra sen chegar ao borde (deixamos uns dous centímetros).  Pelamos as mazás e cortámolas en gallos que estenderemos encima do doce de cidra.  Polvoriñamos con azucre moreno e incorporamos a manteiga en anacos pequenos.




    Metémola no forno quente a 200º uns 40 minutos ata que estea dourada (pero non queimada).  Retirámola e vernizámola con marmelada ( de pexego, melocotón, amorodo,...)




    O doce de cidra tamén se pode comprar no supermercado; non temos que quedar sen torta se non temos cabazas ou ganas de facelo.



     E aquí outra forma de presentar a mazá da torta:  colocándoa en forma de flor.



   
    Si vamos de compras a una pequeña tienda de barrio podemos encontrar un cartel que diga:  "Vuelvo enseguida", " Salí 5 minutos" o "Estoy tomando un café".  Claro que los cinco minutos son relativos y a lo mejor se convierten en 20 0 30.

    Yo debería haber colgado el cartel:


"Estoy haciendo cabello de ángel,
no volveré muy tarde."

    Y la espera puede durar días o meses porque la cantidad de calabazas cocidas es impresionante, ¡y me queda todavía una para acabar!  Al abrir mi congelador nos encontramos una buena cantidad de botes de este dulce; y ahora tengo que usarlol, hacerlo fue solamente el primer paso.

     Y una de las primeras recetas fue una tarta:  una tarta sencilla y rápida; casi diría que se come tan rápido como se hace.

  • Una base de masa brisa o quebrada
  • Un bote de cabello de ángel
  • 2 ou 3 manzanas
  • 2 cucharadas de azúcar moreno
  • 25 gr de mantequilla
  • Mermelada para barnizar

    Podemos hacer la masa en casa, pero comprarla fue más cómodo y rápido.  La estiramos y extendemos el cabello de ángel sin llegar al borde (dejamos unos dos centímetros).  Pelamos las manzanas y las cortamos en gajos que extenderemos encima del cabello de ángel.  Espolvoreamos con azúcar moreno e incorporamos la mantequilla en trozos pequeños.



   
    La metemos en el horno caliente a 200º unos 40 minutos hasta que esté dorada (pero no quemada).  La retiramos y barnizamos con mermelada (de pexego, melocotón, fresa, ...)




    El cabello de ángel también se puede comprar en el supermercado;  no tenemos que dejar de hacer la tarta si no tenemos calabazas o ganas de hacerlo.



    Y aquí otra forma de presentar la manzana de la tarta:  colocándola en forma de flor.




   

viernes, 30 de octubre de 2015

TORTA CROCANTE DE MAZÁ

    TARTA CRUJIENTE DE MANZANA


    A semana pasada o meu marido estivo de aniversario.  Como todos, ten as súas preferencias en canto á comida, pero as sobremesas gústanlle especialmente e, se pode escoller, quédase con aquelas que leven mazá:  son as súas preferidas.  Non fai falta dicir que teño experimentado con varias, pero sempre hai unha nova para probar ou unha combinación de varias.  Neste caso as fotos non lle fan xustiza ao prato.  Visto nas fotos parece algo horrendo, pero cando o probamos resulta ser algo moi apetitoso.  Xa sei que eu son parcial, pero asegúrovos que me gusta máis cociñar que comer e que as sobremesas para min sempre son empalagosas, pero esta case a teño que esconder ou quedaría ben medida na báscula.  Tede en conta que entre as miñas virtudes non figura a de ser boa fotógrafa:  cando se repartiron as grazas, esa non me correspondeu a min.

  Tede en conta tamén que é unha sobremesa moi contundente:  un pequeno anaco e imos servidos para todo o día.  Imos cos ingredientes:


  • 1 lámina de masa quebrada ou brisa
  • 400 gr de mazás
  • 60 gr de noces
  • 50 gr de orellóns
  • 60 gr azucre moreno
  • 60 gr azucre branco
  • 100 gr de manteiga
  • 50 gr de fariña
  • 1 culleradiña de canela

    En primeiro lugar trituramos as noces.  Despois mesturámolos co azucre branco e a fariña.  Engadimos a manteiga, sen esquecer sacala con tempo da neveira para que estea branda, e amasamos cos dedos:  quedará algo semellante a unhas migas.

    Poñemos a masa nun molde preparado para ir ao forno.  No meu caso empreguei un molde dos que se poden abrir.  Pelamos as mazás e cortámolas en láminas finas.  Poñémolas enriba da masa.  Polvoriñámolas co azucre moreno e coa canela.

    Axudándome dunha picadora, cortei os orellóns e repartinos sobre as mazás.  Despois engadimos a masa en migas.  Para min este foi o paso máis difícil.  Non é doado incorporar a masa e estirar.  Ao final fun poñendo montonciños pequenos ata que cubrín a mazá.  E sen máis, toca enfornar.  Eu tiña o forno quente a 180º e estivo uns 40 minutos.  O tempo vai depender do forno, pero cando estea tostada, sacámola.

    Cando arrefría a parte superior queda dura e crocante, mentres que debaixo a mazá terá soltado o seu zume e formado un xarope no que atopamos anacos de mazá enriba da masa quebrada.  Tedes que probala:  non ten desperdicio.

    Iso si, non vos fiedes da foto.  Hai cada fotógrafa....





    La semana pasada mi marido cumplió años.  Como todos, tiene sus preferencias culinarias, pero los postres le gustan especialmente y, si puede escoger, se queda con aquellos que lleven manzana:  son sus preferidos.  No hace falta decir que ya experimenté con varios, pero siempre hay una nueva receta para probar o una combinación de varias.  En este caso las fotos no le hacen justicia al plato.  Visto en las fotos parece algo horrendo, pero cuando lo probamos resulta ser algo muy apetitoso.  Ya sé que soy parcial, pero os aseguro que me gusta más cocinar que comer y que los postres para mi siempre son empalagosos, pero este casi lo tengo que esconder o se notaría en la báscula.  Tened en cuenta que entre mis virtudes non figura la de ser buena fotógrafa:  cuando se repartieron las gracias, esa a mi no me correspondió.


     A tener en cuenta también la contundencia del postre:  un trozo pequeño y vamos servidos para todo el día.  Vamos con los ingredientes:

  • 1 lámina de masa quebrada ou brisa
  • 400 gr de manzanas
  • 60 gr de nueces
  • 50 gr de orejones de albaricoque
  • 60 gr azúcar moreno
  • 60 gr azúcar blanco
  • 100 gr de mantequilla
  • 50 gr de harina
  • 1 cucharadita de canela

    En primer lugar trituramos las nueces.  Después las mezclamos con el azúcar blanco y la harina.  Añadimos la mantequilla, sin olvidar sacarla con tiempo de la nevera para que esté blanda, y amasamos con los dedos:  quedará algo semejante a unas migas.

     Ponemos la masa en un molde preparado para ir al horno.  En mi caso empleé un molde de los que se pueden abrir.  Pelamos las manzanas y las cortamos en láminas finas.  Las ponemos encima de la masa.  Las espolvoreamos con azúcar moreno y con la canela.

    Ayudándome de una picadora, corté los orejones y los repartí sobre las manzanas.  Después añadimos la masa en migas.  Para mi este fue el paso más difícil.  No es fácil incorporar la masa y estirar.  Al final fui poniendo montoncitos pequeños hasta que cubrí la manzana.  Y sin más, toca hornear.  Yo ya tenía el horno caliente a 180º y estuvo unos 40 minutos.  Según sea nuestro horno necesitará más o menos tiempo, pero cuando esté tostada es el momento de sacarla.

    Cuando enfría, la parte superior queda dura y crujiente, mientras que debajo la manzana habrá soltado su zumo y formado un almíbar en el que encontramos trocitos de manzana encima de la masa quebrada.  Tenéis que probarla:  no tiene desperdicio.

   Eso sí, no os fiéis de la foto.  Hay cada fotógrafa...



    


miércoles, 10 de diciembre de 2014

TORTA DE MIRABELES EN XAROPE

    TARTA DE MIRABELES EN ALMÍBAR


    Despois do envasado de mirabeles no verán, cada vez que abro o armario, vánseme os ollos e o pensamento:  creo que quedarían moi ben nunha torta, nunha torta moi especial.

    Ademais, o outro día no supermercado atopei unha masa crebada apta para a alerxia da miña filla.  Así que imos á cociña:



    Desenvolvemos a masa crebada e axustámola ao molde.  A miña era redonda.  Estireina un pouco e púxema nun  "pirex".  Deixei por debaixo da masa o papel vexetal no que viña empaquetada.  Tamén sería apropiado un molde redondo dos que se abren e se lles saca o aro.  Cun garfo pinchei a masa para que non subira e metina no forno a 180º uns 15 minutos.

    Mentres preparei a crema pasteleira como xa indiquei nesta receita.

    Sacamos a masa do forno e engadimos a crema pasteleira despois de temperar un pouco.  Incorporamos os mirabeles despois de escorrelos.  Eu non lles saquei o óso así que hai que ter coidado ao comer a torta.

    Volvín meter a torta no forno uns 15 minutos ou ata que os bordes da torta estean dourados.  

    Reducimos o xarope dos mirabeles e utilizámolo para vernizar a torta ao sacala do forno.



    Después de envasar los mirabeles en el verano, cada vez que abro el armario, se me van los ojos y el pensamiento:  creo que quedarían muy bien en una tarta, en una tarta muy especial.

    Además, el otro día en el supermercado encontré una masa quebrada apta para la alergia de mi hija.  Así que vamos a la cocina:
    
  • 1 lámina de masa quebrada
  • Crema pastelera
  • 1 bote de mirabeles en almíbar


    Desenvolvemos la masa quebrada y la ajustamos al molde.  La mía era redonda.  La estiré un poco y la puse en un "pirex".  Dejé por debajo de la masa el papel vegetal en el que venía empaquetada.  También sería apropiado un molde redondo de los que se abren y se les saca el aro.  Con un tenedor pinché la masa para que no subiera y la metí en el horno a 180º unos 15 minutos.

    Mientras preparé la crema pastelera como ya indiqué en esta receta.

    Sacamos la masa del horno y añadimos la crema pastelera después de templar un poco.  Incorporamos los mirabeles después de escurrirlos.  Yo no les saqué el hueso así que hay que tener cuidado al comer la tarta.

    Volví a meter la tarta en el horno unos 15 minutos o hasta que los bordes de la tarta estén dorados.

    Reducimos el almíbar de los mirabeles y lo utilizamos para barnizar la tarta al sacarla del horno. 


domingo, 4 de mayo de 2014

TORTA DE MAZÁ E FOLLADO

    TARTA DE MANZANA Y HOJALDRE


    Hai un refrán que di "Nunca chove a gusto de todos" e nas cousas da comida tamén se cumpre:  non sempre o que se cociña lle gusta a todos os comensais.

    Na miña casa teño un entusiasta da mazá ao que lle gustan todas as sobremesas feitas con esa froita e, sen embargo, teño tamén a quen as mazás só lle gustan crúas.


    Hoxe tocoume contentar ao primeiro e fixen esta torta que non ten traballo nin ciencia e que é moi doada de facer.


  • 1 lámina de masa de follado
  • 2 mazás
  • Azucre
  • Manteiga
  • Marmelada


    Cun garfo pinchamos o follado deixando un "marco" arredor.  Cortamos a mazá en gallos e colocámola enriba da zona pinchada co garfo.  Poñemos uns anaquiños de manteiga e polvoriñamos con azucre.




    Metemola no forno a 180º durante unha media hora.  Esperamos a que estea dourada.  Cando a saquemos vernizamos con marmelada.  Eu empreguei marmelada de figo, pero pode ser calquera outra que nos guste.



    Hay un refrán que dice "Nunca llueve a gusto de todos" y en las cosas de comer también se cumple:  lo que cocinamos no le gusta simpre a todos los comensales.

    En mi casa tengo un entusiasta de la manzana al que le gustan todos los postres hechos con esa fruta y, sin embargo, tengo también a quien las manzanas sólo le gustan crudas.




    Hoy me tocó contentar al primero y por eso hice esta tarta que no tiene trabajo ni ciencia y que es muy fácil de hacer.
    
  • 1 lámina de masa de hojaldre
  • 2 manzanas
  • Azúcar
  • Mantequilla
  • Mermelada


    Con un tenedor pinchamos el hojaldre dejando un "marco" alrededor.  Cortamos la manzana en gajos y la colocamos encima de la zona pinchada con el tenedor.  Ponemos unos trocitos de mantequilla y espolvoreamos con azúcar.

    

    La metemos en el horno a 180º durante una media hora.  Esperamos a que esté dorada.  Al sacarla la  pincelamos con mermelada.  Yo le puse mermelada de higo, pero puede ser cualquier otra que nos guste.




    


viernes, 2 de mayo de 2014

TORTA DE FRESAS

    TARTA DE FRESAS


    Déronse dúas circunstancias para que eu me decidira a facer esta torta.  En primeiro lugar tiña bastantes fresas na neveira e corrían perigo de pasarse e en segundo lugar estragouse o batedor e había que buscar unha receita na que non me fixera falta.


    Así que aquí estamos cos nosos ingredientes e as nosas limitacións:

    Para a masa:

  • 200 gr de fariña peneirada
  • 1 sobre de fermento en po "El tigre" (dos que veñen separados en dous papeliños)
  • 100 gr de azucre
  • Un chisco de sal
  • 100 gr de manteiga derretida
  • Auga morna.
    
    Para a crema:

  • 30 gr de Maicena
  • Auga
  • 250 ml de leite
  • Unhas gotas de esencia de vainilla
  • Un chisco de canela
  • Un anaco de pel de limón
  • 4 culleradas de azucre
    
    Para decorar:

  • Fresas
  • Azucre
  • Auga
  • Maicena
    
    Peneiramos a fariña co fermento e engadimos o azucre e sal.  Derretemos a manteiga e amasamos formando unhas "fungallas".  Engadimos moi pouco a pouco a auga morna ata que a masa teña consistencia.  Forramos un molde e metémola no forno a 190º durante 10-15 minutos nos que vai collendo unha cor dourada.  Sacámola aínda que estea branda pois ao arrefriar ponse máis dura.

    Cando arrefría facemos a crema do recheo.

    Poñemos nunha pota a maicena e botamos auga, a suficiente para desfacer a fariña.  Engadimos o leite e o resto dos ingredientes ao mesmo tempo que poñemos a pota no lume sen deixar de remover ata que espese.  Botámola despois na base da torta.

    Mentres arrefría, lavamos as fresas, polvoriñámolas con azucre e, cando a crema xa está fría, poñémolas na torta.  Para vernizar e darlle ese aspecto brillante,  disolvemos un chisco de maicena en auga, engadimos azucre e poñemos a ferver.  Cun pincel vernizamos a nosa torta.


    Metémola na neveira e preparámonos para comela.




Fonte:  Directo al paladar   

    Hubo dos circunstancias para que me decidiera a hacer esta tarta.  En primer lugar tenía bastantes fresas en la nevera que estaban a punto de pasarse y en segundo lugar se me estropeó la batidora y tenía que buscar una receta en la que no me hiciera falta.



    Así que aquí estamos con nuestros ingredientes y con nuestras limitaciones.

    Para la masa:

  • 200 gr de harina tamizada
  • 1 sobre de levadura en polvo "El tigre" (de los que vienen separados en dos papelitos)
  • 100 gr de azúcar
  • Una pizca de sal
  • 100 gr de mantequilla derretida
  • Agua templada.
    
    Para la crema:

  • 30 gr de Maicena
  • Agua
  • 250 ml de leche
  • Unas gotas de esencia de vainilla
  • Una pizca de canela
  • Un trozo de piel de limón
  • 4 cucharadas de azúcar
    
    Para decorar:

  • Fresas
  • Azúcar
  • Agua
  • Maicena
    
    Tamizamos la harina con la levadura y añadimos el azúcar y la sal.  Derretimos la mantequilla y amasamos formando unas "migas".  Añadimos muy poco a poco el agua templada hasta que la masa tenga consistencia.  Forramos un molde  la metemos en el horno a 190º durante 10-15 minutos en los que va cogiendo un color dorado.  La sacamos aunque esté blanda pues al enfriar endurece.

    Cuando enfría hacemos la crema del relleno.


    Ponemos en una tartera la maicena y echamos agua, la suficiente para deshacer la harina.  Añadimos leche y el resto de los ingredientes al mismo tiempo que ponemos la tartera al fuego sin dejar de remover hasta que espese.  La echamos después en la base de la tarta.


   Mientras enfría, lavamos las fresas, espolvoreamos con azúcar y, cuando la crema ya está fría, las ponemos en la tarta.  Para barnizar y darle ese aspecto brillante, disolvemos un poco de maicena en agua, añadimos azúcar y ponemos a hervir.  Con un pincel barnizamos nuestra tarta.
     
    La metemos en la nevera y nos preparamos para comerla.

    

Fuente:  Directo al paladar

miércoles, 16 de abril de 2014

PASTEL DE MORAS

    PASTEL DE MORAS
    
    Regaláronme o libro "Repostería sin huevos ni leche"-Ilka Saager/Sonja Carlsson.  Ed. Everest.  Estou aprendendo un montón de cousas:  tipos de fariña de trigo que nin sabía que existían e outros ingredientes ata agora descoñecidos para min.


    Sempre hai algo que me chama a atención.  Neste caso foi unha torta á que lle din tantas voltas e na que pensei tanto que ao final non é como no libro, pero teño unha opción máis "sen ovo".  Os ingredientes que empreguei son os seguintes:
  • 1 iogur natural ( o meu era grego)
  • 4 culleradas de aceite de xirasol
  • 2 culleradiñas de azucre vainillado
  • 250 gr de fariña de trigo con fermento incorporado (a dos biscoitos)
  • 50 gr de fariña de améndoa
  • 300 gr de moras
  • 2 culleradas de auga
  • 1 cullerada ben chea de maicena.

    En primeiro lugar fixen a masa:  un iogur natural ao que lle engadín o aceite, 50 gr de azucre moreno, azucre vainillado, a fariña de trigo e a fariña de améndoa.  Amasei ben e cubrín un papel de forno que xa tiña cortado de acordo coa forma do meu molde (un redondo).

    Puxen a masa no molde tendo coidado de que os bordes queden altos:  a masa despois medra e o recheo tende a saírse.


    Para o recheo mesturei 75 gr de azucre moreno coas moras máis tres culleradas de auga e a cullerada de maicena e despois estireino sobre o fondo da masa.  Meter no forno quente a 180º durante 30 ou 40 minutos.

    Xa sei que non é tempo de moras, pero teño unha boa reserva no conxelador.  Hai un refrán que di:  "o que garda sempre ten".  Cando collades moras no verán-outono reservade unhas poucas para facer este pastel. 





    Me regalaron el libro "Repostería sin huevos ni leche"-Ilka Saager/Sonja Carlsson.  Ed. Everest.  Estoy aprendiendo un montón de cosas:  tipos de harina de trigo que ni sabía que existían y otros ingredientes hasta ahora descocidos para mi. 


    Siempre hay algo que me llama la atención.  En este caso fue una tarta a la que le di tantas vueltas y en la que pensé tanto que al final no es como aparece en el libro, pero tengo una opción más "sin huevo".  Los ingredientes son los siguientes:

  • 1 yogur natural ( el mío era griego)
  • 4 cucharadas de aceite de girasol
  • 2 cucharaditas de azúcar vainillado
  • 250 gr de harina de trigo con levadura incorporada (la de los bizcochos)
  • 50 gr de harina de almendras.
  • 300 gr de moras
  • 2 cucharadas de agua
  • 1 cucharada bien llena de maicena.
    En primer lugar hice la masa:  un yogur natural al que le añadí el aceite, 50 gr de azúcar moreno, azúcar vainillado, la harina de trigo y la harina de almendras.  Amasé bien y cubrí un papel de horno que ya tenía cortado de acuerdo con la forma de mi molde (uno redondo).

    Puse la masa en el molde teniendo cuidado de que los bordes queden altos:  la masa después crece y el relleno tiende a salirse.


    Para el relleno mezclé 75 gr de azúcar moreno con las moras además de tres cucharadas de agua y la cucharada de maicena y después lo estiré sobre el fondo de la masa.  Meter en el horno caliente a 180º durante 30 o 40 minutos.

    Ya sé que no es tiempo de moras, pero tengo una buena reserva en el congelador.  Hai un refrán que dice:  "el que guarda siempre tiene".  Cuando cojáis moras en el verano-otoño reservad unas pocas para hacer este pastel.


domingo, 11 de agosto de 2013

TORTA DE MORAS E CHOCOLATE (II)

    TARTA DE MORAS Y CHOCOLATE (II)


    Xa fai case un ano que fixen unha torta co mesmo nome que a de hoxe.  A diferenza está nas moras.  Daquela as moras da torta eran silvestres, das que podemos atopar polos camiños cheos de silvas, das que a todos nos gustaba coller cando eramos nenos.  As de hoxe son moras de moreira, da árbore, das que collemos e nos poñemos todos pintados, das que máis nos vale levar luvas sen non queremos quedar "morados" no sentido máis normal da palabra.



    Tiña moitas ganas de facer unha torta con esas moras.  En Neiras, no barrio dos Guntís, hai unha moreira e todos os veráns cando eramos nenos colliámolas e quedabamos coa cara pintada.  Esa moreira, sen ser propiedade dos Neixentos, está bastante ligada á súa historia:  dela caeu un dos meus tíos e esnafrouse quedándolle o nariz chato para o resto da súa vida.

    Agora é o meu pai o que ten unha moreira e aproveitei as súas moras para facer esta torta que non ten máis sentido (nin menos) que celebrar a súa volta a casa despois de dous meses de hospitalización.

    A receita podedes atopala aquí e non tedes máis que cambiar unhas moras por outras.  Espero que vos guste tanto como a nos.




                              

    Ya hace casi un año que hice una tarta con el mismo nombre que la de hoy.  La diferencia está en las moras.  En aquella las moras eran silvestres, de las que podemos encontrar por los caminos llenos de silvas, de las que a todos nos gustaba coger cuando éramos niños.  Las de hoy son moras de morera, del árbol, de las que cogemos y nos ponemos todos pintados, de las que más nos vale llevar guantes si no queremos quedar "morados" en el sentido más normal de la palabra.



    Tenía muchas ganas de hacer una tarta con ese tipo de moras.  En Neiras, en el barrio de Guntís, hay una morera y todos los veranos cuando éramos niños las cogíamos y quedábamos con la cara pintada.  Esa morera, sin ser propiedad de los Neixentos, está bastante ligada a su historia:  de ella se cayó uno de mis tíos y rompió la nariz quedándole chata para el resto de su vida.
    
    Ahora es mi padre el que tiene una morera y aproveché sus moras para hacer esta tarta que no tiene más sentido (ni menos) que celebrar su regreso a casa después de dos meses de hospitalización.
   
    La receta la podéis encontrar aquí.  Simplemente hay que cambiar un tipo de moras por otras.  Espero que os guste tanto como a nosotros.

  

viernes, 10 de mayo de 2013

TORTA DE FILLOAS


    TARTA DE FILLOAS

    Esta foi a sobremesa que preparei para celebrar o día da nai.  Xa sei que vou cun pouco de retraso, pero... por que non pode ser hoxe o día da nai?  Despois de todo cada día que pasamos cos seres que queremos, as nosas nais neste caso, deberían ser unha festa de agradecemento.  As nais sempre nos acompañan e sempre que pensamos nelas alí están para axudarnos e aconsellarnos.  E cando non están adiviñamos cal sería a súa resposta de ter que resolver os nosos contratempos diarios.

    Esta receita atopeina nun blog chamado 'La cocina de la lechuza' e encargueime de facerlle as adaptacións precisas para a miña casa.  Tiña as miñas dúbidas sobre a súa consistencia.  Pódovos asegurar que queda moi consistente e ademais un anaco pequeno é suficiente para saciar os desexos de doce.
    Precisamos entón:
    Para as filloas

  • 250 ml de leite
  • 300 ml de auga
  • 3 culleradas de margarina
  • Un chisco de sal
  • Unha culleradiña de fermento químico
  • 250 gr de fariña

    Para o recheo:

  • 500 ml de nata líquida
  • 500 gr de fresas
  • 250 gr de queixo de untar
  • 50 ml de leite
  • 6 follas de xelatina
  • 8 culleradas de azucre
    Empezaremos facendo as filloas.  Derretemos a manteiga e despois engadimos o resto dos ingredientes e batemos.  Deixamos repousar a masa.

    Cando a tixola xa está quente untámola cun pouco de margarina para facer a primeira filloa.  Despois xa non será necesario para facer o resto das filloas.  Botamos un cullerón de preparado de filloas e movemos a tixola para estendelo.  Cando se despega polos bordes é o momento de darlle a volta e deixar que se faga polo outro lado.  Unha vez feitas, reservámolas.



    Para o recheo da torta, batemos a nata co azucre e despois engadimos o queixo de untar.  Hidratamos a xelatina e despois diluímola no leite quente.  Cando arrefríe un pouco, botámola na mestura anterior e removemos cunha culler de madeira coidando que non se baixe a nata.  Engadimos tamén as fresas picadas, deixando 3 ou 4 para adornar a torta.

    Para montala empreguei un molde desmontable poñendo un film plástico sobresaíndo polos bordes.  Empezamos poñendo unha filloa e seguindo cun pouco de recheo.  Imos alternando filloas e recheo rematando cunha filloa.  Cubrimos con film que sobresaía e apertamos un pouco para que quede compacta sen bolsas de aire.  Metemos na neveira e deixamos varias horas.

    Antes de servir, desmoldamos, dámoslle a volta e adornamos coas fresas reservadas.  Espero que vos guste.



    Este fue el postre que preparé para celebrar el día de la madre.  Ya sé que voy con un poco de retraso, pero... ¿por qué no puede ser hoy el día de la madre?  Después de todo cada día que pasamos con aquellos que queremos, nuestras madres en este caso, debería ser una fiesta de agradecimiento.  Las madres siempre nos acompañan y siempre que pensamos en ellas allí están para ayudarnos y aconsejarnos.  Y cuando no están adivinamos cuál sería su respuesta si tuvieran que resolver nuestros contratiempos diarios.



    Esta receta la encontré en un blog llamado 'La cocina de la lechuza' y me encargué de hacerle las adaptaciones necesarias para mi casa.  Tenía dudas sobre su consistencia.  Os puedo asegurar que queda muy consistente y además un trozo pequeño es suficiente para saciar los deseos de dulce.

    Necesitamos:
     Para las filloas

  • 250 ml de leche
  • 300 ml de agua
  • 3 cucharadas de margarina
  • Una pizca de sal
  • Una chucharadita de levadura química
  • 250 gr de harina
     Para el relleno:
  • 500 ml de nata líquida
  • 500 gr de fresas
  • 250 gr de queso de untar
  • 50 ml de leche
  • 6 hojas de gelatina
  • 8 cucharadas de azúcar

    Empezaremos haciendo las filloas.  Derretimos la mantequilla y después añadimos el resto de los ingredientes y batimos.  Dejamos reposar la masa. 

    Cuando la sartén ya está caliente la untamos con un poco de margarina para hacer la primera filloa.  Después ya no será necesario para hacer el resto de las filloas.  Echamos un cucharón de preparado de filloas y movemos la sartén para extenderlo.  Cuando se despega por los bordes es el momento de darle la vuelta y dejar que se haga por el otro lado.  Una vez hechas las reservamos.




    Para el relleno de la torta, batimos la nata con el azúcar y después añadimos el queso de untar.  Hidratamos la gelatina y después la diluimos en la leche caliente.  Cuándo enfríe un poco, la echamos en la mezcla anterior y removemos con una cuchara de madera cuidando que no se baje la nata.  Añadimos también las fresas picadas, dejando 3 o 4 para adornar la tarta.

    Para montarla empleé un molde desmontable poniendo un film plástico sobresaliendo por los bordes.  Empezamos poniendo una filloa y seguimos con un poco de relleno.  Vamos alternado filloas y relleno acabando con una filloa.  Cubrimos con el film transparente que sobresalía y apretamos un poco para que quede compacta sin bolsas de aire.  Metemos en la nevera y dejamos varias horas.

    Antes de servir, desmoldamos, le damos la vuelta y adornamos con las fresas reservadas.  Espero que os guste.



   





miércoles, 21 de noviembre de 2012

TORTA MOUSSE DE CASTAÑAS

    TARTA MOUSSE DE CASTAÑAS

    Non é primeira vez que fago torta de castañas, pero todas as anteriores me resultaron demasiado pesadas aínda que boas de sabor.  De repente atopei unha torta nun blog que me pareceu moi interesante e me propuxen adaptala ás miñas necesidades.  Se queredes ver a miña fonte de inspiración podedes consultala aquí.
    Despois de probala varias veces decidinme a poñer a receita.  Na entrada anterior xa vos falei da crema de castañas, ingrediente imprescindible para esta torta.  Confésovos que xa teño suficiente crema feita para varias tortas e que, de seguro, farei unha polo Nadal.  É un pouco laboriosa pero o resultado foi delicioso.  Alguén que a probou opinou:  "unha das mellores cousas que tes feito".



Ingredientes:
Para a base:
  • 200 gr de galletas tostadas (das do almorzo)
  • 100 gr de margarina.
Para a mousse:
  • 300 gr de crema de castañas
  • 500 ml + 100 ml de nata
  • 100 ml de leite
  • 50 gr de chocolate relado
  • 6 follas de xelatina neutra
Para a cobertura:
  • 80 ml de nata
  • 120 gr de azucre
  • 100 ml de auga
  • 40 gr de cacao
  • 3 follas de xelatina
Para adornar:
  • Crema de castañas, castañas en xarope, castañas cocidas,... Un pouco a gusto de cada un.
    O primeiro paso consiste en elaborar a base da torta.  Trituramos as galletas ata convertelas en po e derretemos a margarina.  Xuntamos todo ata facer unha pasta que estenderemos no fondo dun molde desmoldable e metemos na neveira mentres preparamos a mousse.
    Para a mousse empezamos quentando o leite e desfacendo nel a crema de castañas coa axuda dunha culler de madeira.  Por outro lado hidratamos as follas de xelatina e poñemos a quentar 100 ml de nata.  Xusto antes de empezar a ferver desfacemos nela as follas de xelatina.  Deixamos que arrefríe un pouco e engadímoslla á crema de castañas removendo outra vez coa culler de madeira.  Aproveitamos para engadir o chocolate relado e seguir removendo. 
    Por outra banda, batemos os 500 ml de nata e engadimos na mestura anterior con movementos envolventes de abaixo cara arriba ata que conseguimos unha textura uniforme.  Incorporámola no molde coa base de galletas e metemos na neveira durante unhas horas (mellor se é toda a noite).
    Agora tócanos facer a cobertura.  Nun cazo poñemos a nata, a auga e o azucre.  Quentamos e no momento de ferver engadimos o cacao.  Despois de incorporalo ben, retiramos do lume e engadimos as follas de xelatina previamente hidratadas.  Cando tempere un pouco engadímola sobre a mousse e volvemos meter na neveira.
    Un pouco máis tarde xa poderemos decorala cunhas castañas en xarope, cunhas castañas cocidas ou ben podemos meter un pouco de crema de castañas nunha manga pasteleira e decorala ao noso gusto.  Bo proveito.



    No es la primera vez que hago tarta de castañas, pero todas las anteriores me resultaron demasiado pesadas aunque de buen sabor.  De repente encontré una tarta en un blog que me pareció muy interesante y me propuse adaptarla a mis necesidades.  Si queréis ver mi fuente de inspiración podéis consultarla aquí. 

    Después de probarla varias veces me decidí a poner la receta.  En la entrada anterior ya os hablé de la crema de castañas, ingrediente imprescindible para esta tarta.  Os confieso que ya tengo suficiente crema hecha para varias tartas y que, seguramente, haré una por Navidad.  Es un poco laboriosa pero el resultado fue delicioso.  Alguien que la probó opinó:  "una de las mejores cosas que has hecho".
   
Ingredientes:
Para la base:
  • 200 gr de galletas tostadas (de las del desayuno)
  • 100 gr de margarina.
Para la mousse:
  • 300 gr de crema de castañas
  • 500 ml + 100 ml de nata
  • 100 ml de leche
  • 50 gr de chocolate rallado
  • 6 hojas de gelatina neutra
Para la cobertura:
  • 80 ml de nata
  • 120 gr de azúcar
  • 100 ml de agua
  • 40 gr de cacao
  • 3 hojas de gelatina
Para adornar:
  • Crema de castañas, castañas en almíbar, castañas cocidas,... Un poco a gusto de cada uno.

    El primer paso consiste en elaborar la base de la tarta.  Trituramos las galletas hasta convertirlas en polvo y derretimos la margarina.  Juntamos todo hasta hacer una pasta que extenderemos en el fondo de un molde desmoldable y lo metemos en la nevera mientras preparamos la mousse.

    Para la mousse empezamos calentando la leche y deshaciendo en ella la crema de castañas con la ayuda de una cuchara de madera.  Por otro lado hidratamos las hojas de gelatina y ponemos a calentar 100 ml de nata.  Justo antes de romper a hervir deshacemos en ella las hojas de gelatina.  Dejamos que enfríe  un  poco e se la añadimos a la crema de castañas removiendo otra vez con la cuchara de madera.  Aprovechamos para añadir el chocolate rallado y seguimos removiendo.   

    Por otro lado, batimos los 500 ml de nata y la añadimos en la mezcla anterior con movimientos envolventes de abajo hacia arriba hasta que conseguimos una textura uniforme.  La incorporamos en el molde con la base de galleta y la metemos en la nevera durante unas horas (mejor toda la noche).

    Ahora nos toca hacer la cobertura.  En un cazo ponemos la nata, el agua y el azúcar.  Calentamos y en el momento de hervir añadimos el cacao.  Después de incorporarlo bien, retiramos del fuego y mezclamos las hojas de gelatina previamente hidratadas.  Cuando temple un poco la incorporamos sobre la mousse y volvemos a meter en la nevera.


   
    Un poco más tarde ya podremos decorarla con unas castañas en almíbar, con castañas cocidas o bien podemos meter un poco de crema de castañas en una manga pastelera y decorar la tarta a nuestro gusto.  Buen provecho.