Mostrando entradas con la etiqueta sen lactosa/sin lactosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sen lactosa/sin lactosa. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de junio de 2015

ROSCÓN DE PASCUA (sen glute, sen lactosa)

    ROSCÓN DE PASCUA (sin gluten, sin lactosa)


    Miña curmá e mais eu tiñamos un plan.  Non pensedes, nada especial.  En Semana Santa iriamos a Neiras e fariamos un novo roscón:  ademais dos habituais e do que non leva ovo, queriamos experimentar con un sen glute e sen lactosa por ser ela intolerante ás dúas cousas.


    Despois de moito buscar e consultar xa nos decidiramos a adaptar a receita do blogue "Las delicias de Pilar" e levabamos os ingredientes preparados.

    Xa sabedes que ás veces as cousas tórcense ou como dirían outros "o destino é caprichoso".  A cuestión foi que a chamaron para ir traballar e eu pasei de ser pinche de cociña a ter a responsabilidade de que saíra algo parecido a un roscón, que ademais tivera sabor a roscón e, por suposto, que fora comestible.

    Pois, aló imos.


  • 280 gr de fariña panificable Proceli
  • 120 gr de fariña Mix B de Schar
  • 2 ovos
  • 150 gr de azucre glas
  • 130 ml de leite sen lactosa
  • 50 gr de manteiga sen lactosa
  • 1 culleradiña de café de esencia de anís
  • 30 gr de fermento fresco de panadería
  • 1/2 culleradiña de sal
  • 4 gr de goma xantana


    Temperei un pouco de leite e desfixen o fermento.
    Temperei o resto do leite xunto coa manteiga.  Incorporei os ovos batidos e o azucre glas.  Engadín a esencia de anís e o leite co fermento.

    Pouco a pouco engadín a fariña xunto co sal e a goma xantana amasando ao mesmo tempo.  É máis fácil se empregamos unha peneira; a fariña queda máis aireada e sen grumos.


    Non vos vou enganar:  foi difícil de amasar.  Pégase moito ás mans, incluso despois de amasar costa sacala e despegala baixo a auga.  Se untamos as mans con aceite será un pouco máis fácil, pero só un pouco.


    E agora ten que medrar.  Iso si que foi unha odisea.  Despois de contemplar o roscón varias veces nun par de horas, decidín poñelo preto da cociña de leña e foi entón cando aumentou de volume.



    Para darlle forma volvín untar as mans cun pouco de aceite e deixei que medre outra vez.


    Vernicei con ovo batido e adornei con cereixas e laranxa confeitadas ademais de azucre humedecido.



    Metino no forno da cociña de leña a uns 180º-190º e vixiando que non se queimara.  De vez en cando abrín a porta pois nesta cociña é difícil controlar a temperatura e podía pasarme de calor.  Tamén metín un tanque con auga para crear vapor e favorecer que saíra máis esponxoso.


    Despois de media hora saqueino, deixeino arrefriar  e sacou este aspecto:



    Mi prima y yo teníamos un plan.  No penséis, nada especial.  En Semana Santa iríamos a Neiras y haríamos un nuevo roscón:  además de los habituales e del que no lleva huevo, queríamos experimentar con uno sin gluten y sin lactosa por ser ella intolerante a las dos cosas.


    Después de mucho buscar y consultar ya nos habíamos decidido a adaptar la receta del blog "Las delicias de Pilar" y llevábamos los ingredientes preparados.

    Ya sabéis que a veces las cosas se tuercen o como dirían otros "el destino es caprichoso".  La cuestión fue que la llamaron para ir a trabajar y yo pasé de ser pinche de cocina a tener la responsabilidad de que saliera algo parecido a un roscón, que además tuviera sabor a roscón y, por supuesto, fuera comestible.

    Pues, allá vamos.



  • 280 gr de harina panificable Proceli
  • 120 gr de harina Mix B de Schar
  • 2 huevos
  • 150 gr de azúcar glas
  • 130 ml de leche sin lactosa
  • 50 gr de mantequilla sin lactosa
  • 1 cucharadita de café de esencia de anís
  • 30 gr de levadura fresca de panadería
  • 1/2 cucharadita de sal
  • 4 gr de goma xantana


    Templé un poco de leche y deshice la levadura.
    Templé el resto de la leche junto con la mantequilla.  Incorporé los huevos batidos y el azúcar glas.  Añadí la esencia de anís y la leche con la levadura.
    

      Poco a poco añadí la harina junto con la sal y la goma xantana amasando al mismo tiempo.  Es más fácil si utilizamos un tamizador; la harina queda más aireada y sin grumos.


    No os voy a engañar:  fue difícil amasar.  Se pega mucho a las manos, incluso después cuesta sacar la masa y despegarla bajo el agua.  Si untamos las manos con aceite será un poco más fácil, pero sólo un poco.


    Y ahora tiene que crecer.  Eso sí que fue una odisea.  Después de contemplar el roscón varias veces en un par de horas, decidí ponerlo cerca de la cocina de leña y fue entonces cuando aumentó de volumen.




   Para darle forma volví a untar las manos con un poco de aceite y dejé que volviera a crecer.
    


     Barnicé con huevo batido y adorné con cerezas y naranja confitadas además de azúcar humedecido.


    Lo metí en el horno de la cocina de leña a unos 180º-190º y vigilando que no se quemara.  De vez en cuando abría la puerta pues en esta cocina es difícil controlar la temperatura y podía pasarme de calor.  También metí un tanque con agua para crear vapor y favorecer que saliera más esponjoso.



    Después de media hora lo saqué, lo dejé enfriar y sacó este aspecto:  



    

viernes, 8 de agosto de 2014

BUDIN DE ZUMO DE MORAS

    BUDIN DE ZUMO DE MORAS


    Facíame falta unha sobremesa especial para unha persoa intolerante ao glute e á lactosa.  Se ademais xuntamos a alerxia ao ovo da miña filla improvisar algo non era precisamente doado.



    E foi algo precisamente "improvisado" que tiven que rectificar sobre a marcha.

    Empreguei a cantidade de xelatina que poño na receita e o budin non callaba ou polo menos era o que me parecía a min.  Ao mellor deixeime levar pola impaciencia e rectifiquei con ágar-ágar.  Pode ser que non o precisara, quen o sabe?  Espero ter máis paciencia a próxima vez.

  • 400 ml de auga
  • 100 ml de zume de moras
  • 50 gr de azucre
  • 1 limón grande
  • 5 follas de xelatina neutra
  • 1 iogur natural sen lactosa
  • 1 sobre de ágar-ágar



    Sacamos un pouco de codia do limón e engadímoslla á auga que poñemos a ferver.  Deixamos que cociñe uns 10 minutos e retirámola do lume.

    Antes teremos a precaución de poñer a amolecer as follas de xelatina nunha cunca con auga  e engadirémoslla, escorrida, á auga que retiramos despois de sacarlle a codia de limón.  Incorporamos tamén o azucre, o zume de limón, e o zume de moras.

    Cando tempere engadimos o iogur natural.  Neste paso axudeime dun batedor para mesturar ben o iogur co líquido.

    Botamos a mestura en flaneras individuais e metémolas na neveira.

    Cando pasaron tres horas e continuaban en estado líquido, volvín a ferver a mestura.  Antes separei un pouco de líquido no que disolvín o sobre de ágar-ágar.  Ao ferver incorporeino e deixei que cocera un par de minutos.  Despois si que callaron, quizais demasiado xa que custou sacalos das flaneras.  Este foi o resultado:





    Me hacía falta un postre especial para una persona intolerante al gluten y  a la lactosa.  Si además juntamos la alergia al huevo de mi hija, improvisar algo no era precisamente fácil.



    Y fue algo precisamente "improvisado" que tuve que rectificar sobre la marcha.
    
    Empleé la cantidad de gelatina que pongo en la receta y el budin no cuajaba o por lo menos era lo que me parecía a mi.  A lo mejor me dejé llevar por la impaciencia y rectifiqué  con ágar-ágar.  Puede ser que non lo necesitara, ¿quién sabe?  Espero tener más paciencia la próxima vez.

  • 400 ml de agua
  • 100 ml de zumo de moras
  • 50 gr de azúcar
  • 1 limón grande
  • 5 hojas de gelatina neutra
  • 1 yogur natural sin lactosa
  • 1 sobre de ágar-ágar

    Sacamos un poco de corteza del limón y se la añadimos al agua que ponemos a hervir.  Dejamos que cocine unos 10 minutos y la retiramos del fuego.
    
    Antes tendremos la precaución de poner a ablandar las hojas de gelatina en una taza con agua y se la añadiremos, escurrida, al agua que retiramos después de sacarle la corteza de limón.  Incorporamos también el azúcar, el zumo de limón y el zumo de moras.

    Cuando temple añadimos el yogur natural.  En este paso me ayudé de una batidora para mezclar bien el yogur con el líquido.

    Echamos la mezcla en flaneras individuales y las metemos en la nevera.
    
    Cuando habían pasado tres horas y continuaba en estado líquido, volví a hervir la mezcla.  Antes separé un poco de líquido en el que disolví el sobre de ágar-ágar.  Al hervir lo incorporé y dejé que cociera un par de minutos.  Después sí que cuajaron, quizás demasiado ya que costó sacarlos de las flaneras.  Este fue el resultado:




   
    

miércoles, 6 de agosto de 2014

APERITIVOS CON TORTAS DE TRIGO OU MILLO

    APERITIVOS CON TORTITAS DE TRIGO O MAÍZ


    Para abrir boca e enganar un pouco o estómago ata a hora da comida.

    Son moi fáciles de facer, pero temos que preparalas unhas horas antes da comida para que collan consistencia.



  • 1 paquete de tortas de trigo (8)
  • 2 tarrinas de queixo de untar
  • Marmelada de pementos
  • Cebola caramelizada
  • 1 lata de atún (220 gr)

    Unha das tarrinas de queixo mestúrase co atún (escorrido) axudándonos dun garfo.

    Estendemos as tortas sobre film transparente e procedemos ao recheo.

    Sobre 3 tortas estendemos a mestura de atún con queixo de untar.




    Sobre outras tres untadas con queixo puxemos a cebola caramelizada.




    E sobre as últimas dúas untamos marmelada de pementos sobre unha capa de queixo de untar.




    Envolvémolas e cerrámolas co film transparente.  Deixámolas na neveira dúas ou tres horas.




    Pasado ese tempo, sacámolas e corteinas en 5 partes.


    Teño unha curmá intolerante ao glute e á lactosa.  Para ela empreguei tortas de millo e queixo de untar sen lactosa.  As tortas de millo temos que quentalas na tixola e untalas rapidamente pois enseguida deixan de ser flexibles.



    Presentamos os aperitivos cun escarvadentes.  Bo proveito.




Fonte :  Divina cocina




    Para abrir boca y engañar un poco al estómago hasta la hora de la comida.

    Son muy fáciles de hacer, pero tenemos que prepararlos unas horas antes de la comida para que cojan consistencia.



  • 1 paquete de tortitas de trigo (8)
  • 2 tarrinas de queso de untar
  • Mermelada de pimientos
  • Cebolla caramelizada
  • 1 lata de atún (220 gr)

    Una de las tarrinas de queso se mezcla con el atún (escurrido) ayudándonos de un tenedor.
    
    Extendemos las tortitas sobre film transparente y procedemos al relleno.

    Sobre 3 tortitas extendemos la mezcla de atún con queso de untar.



   Sobre otras tres untadas con queso pusimos la cebolla caramelizada.




    Y sobre las dos últimas untamos mermelada de pimientos sobre una capa de queso de untar.




    Las envolvemos y cerramos con film transparente.  Las dejamos en la nevera dos o tres horas.




  Pasado ese tiempo, las sacamos y cortamos en 5 partes.


    Tengo una prima intolerante al gluten y a la lactosa.  Para ella empleé tortitas de maíz y queso de untar sin lactosa.  Las tortitas de maíz tenemos que calentarlas en la sartén y untarlas rapidamente pues enseguida dejan de ser flexibles.

    

    Presentamos los aperitivos con un palillo.  Buen provecho.
    

Fuente:  Divina cocina

martes, 5 de agosto de 2014

CABACIÑAS RECHEAS

    CALABACINES RELLENOS


    Mes de agosto e festa de Neiras.  Isto significa moito para os Neixentos, pero non vos equivoquedes; tamén toca organizar, comprar e cociñar, cociñar e cociñar.  E é que os Neixentos somos de bo dente.


    O primeiro reto:  facer algo con estas supercabaciñas que ten a miña madriña na horta.  Con semellante tamaño unha é suficiente para 4 persoas.

  • 3 cabaciñas
  • 1 cebola grande ou 2 normais
  • 2 cenorias
  • 1 pemento verde
  • 2 dentes de allo
  • 2 tomates
  • 1 rama de pirixel
  • 150 gr. de gambas
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva


    Lavamos e secamos as cabaciñas que despois escaldamos (enteiras) en auga fervendo durante 1 minuto.


    Retirámolos e sacámoslles as puntas.  Despois abrímolos á metade ao longo e ao ancho quedando divididos en catro partes.  Cunha culler sacámoslles parte da polpa interior tendo coidado de que quede un oco pechado que podamos encher e que non permita verter o recheo.  A polpa de cabaciña que sacamos reservámola e cortámola en anacos pequenos para engadila ao recheo.  Eu non puiden aproveitar moita polpa xa que as cabaciñas estaban cumpridos e formando as pebidas.


    Nunha tixola poñemos un pouco de aceite de oliva e engadimos a cebola picada moi fina xunto cun pouco de sal.  Cando empeza a estar branda e transparente incorporamos as cenorias, o pemento, o allo, o pirixel e a polpa de cabaciña ben picados.  Despois duns dez minutos botamos o tomate ben picado tamén.  Por último incorporamos as gambas, salpimentamos e retiramos.


    Enchemos as cabaciñas e quentamos o forno.  Como estamos en Neiras aproveitamos o forno da cociña de ferro.  Marcaba 200º.  Metémolos uns 20 minutos.  E despois comémolos.


Fonte:  "Cocina fácil"


    Mes de agosto y fiesta de Neiras.  Esto significa mucho para los Neixentos, pero no os equivoquéis; también toca organizar, comprar y cocinar, cocinar y cocinar.  Y es que los Neixentos tenemos un buen apetito.


    El primer reto:  hacer algo con estos supercalabacines que tiene mi madrina en la huerta.  Con semejante tamaño uno es suficiente para 4 personas.

    
  • 3 calabacines
  • 1 cebolla grande o 2 normales
  • 2 zanahorias
  • 1 pimiento verde
  • 2 dientes de ajo
  • 2 tomates
  • 1 rama de peregil
  • 150 gr. de gambas
  • Sal
  • Pimienta
  • Aceite de oliva


    Lavamos y secamos los calabacines que después escaldamos (enteros) en agua hirviendo durante 1 minuto.
    

    Los retiramos y les sacamos las puntas.  Después los abrimos a la mitad a lo largo y a lo ancho quedando divididos en cuatro partes.  Con una cuchara les sacamos parte de la pulpa interior teniendo cuidado de que quede un hueco cerrado para poder llenarlo y que no permita verter el relleno.  La pulpa de calabacín que sacamos la reservamos y cortamos en trozos pequeños para añadirla al relleno.  Yo no pude aprovechar mucha pulpa ya que los calabacines estaban formando las pepitas.


    En una sartén ponemos un poco de aceite de oliva y añadimos la cebolla picada muy fina y un poco de sal.  Cuando empieza a estar blanda y transparente incorporamos las zanahorias, el pimiento, el ajo, el perejil y la pulpa de calabacín bien picados.  Después de unos diez minutos echamos el tomate bien picado también.  Por último incorporamos las gambas, salpimentamos y retiramos.


    Llenamos los calabacines y calentamos el horno.  Como estamos en Neiras aprovechamos el horno de la cocina de hierro.  Marcaba 200º.  Los metimos unos 20 minutos.  Y después los comimos.


Fuente:  "Cocina fácil"