Mostrando entradas con la etiqueta masa de follado/masa de hojaldre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta masa de follado/masa de hojaldre. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de noviembre de 2015

TRIPAS DE DEFUNTO

    TRIPAS DE DIFUNTO


    Din que a comida primeiro entra polo ollos, así que coidado con este prato:  pode levantar paixóns ou pode producirnos arrepíos.  O seu nome tampouco anima a devoralo, pero podo asegurar que os ingredientes son moi normais.  E aínda que o Samaín rematou gardamos a receita para outra ocasión.  

  • 1 lámina de masa de follado
  • Xamón york
  • Queixo
  • Leite para vernizar
  • Ketchup para decorar



    O proceso é moi simple:  collemos a masa de follado e cortamos cinco tiras.




    Enriba de cada tira colocamos anacos de queixo e de xamón york.



    Cerramos cada tira como se fora unha empanada, primeiro ao longo e despois tamén as puntas.

    Colocamos as tiras nunha fonte con papel vexetal e dámoslle forma de tripas.  Vernizamos con leite e decoramos cunhas pingas de ketchup para darlle máis realismo.




    Cociñamos unha media hora a 180º ou ata que estea dourada a masa.  Sacamos e podemos volver decorar con kepchup.






    Dicen que la comida primero entra por los ojos, así que cuidado con este plato:  puede levantar pasiones o producirnos escalofríos.  Su nombre tampoco anima a devorarlo, pero puedo asegurar que los ingredientes son muy normales.  Y aunque el Samaín acabó guardamos la receta para otra ocasión.

  • 1 lámina de masa de hojaldre
  • Jamón york
  • Queso
  • Leche para barnizar
  • Ketchup para decorar

    El proceso es muy simple:  cogemos la masa de hojaldre y cortamos cinco tiras.
    


    Encima de cada tira colocamos trozos de queso y de jamón york.



    Cerramos cada tira como si fuera una empanada, primero a lo largo y después también las puntas.
    
    Colocamos las tiras en una fuente con papel vegetal y les damos forma de tripas.  Barnizamos con leche y decoramos con unas gotas de ketchup para darle más realismo.



    
    Cocinamos una media hora a 180º o hasta que esté dorada la masa.  Sacamos y podemos volver a decorar con ketchup.






   
   

viernes, 24 de julio de 2015

ESPIRAL DE NUTELLA

    ESPIRAL DE NUTELLA

    Unha boa sobremesa para os máis lambóns o para aqueles que necesiten un empuxón no ánimo, que nos fai falta de vez en cando; xa sabedes que o chocolate pode ser moi útil neses intres.  Non é nada complicada e rouba pouco tempo e pouco tempo será tamén o que tardemos en acabar con ela.  Ademais precisamos poucos ingredientes.  Que máis podemos pedir?



  • Unha lámina de masa de follado
  • Nutella
  • Leite para vernizar
  • Azucre en po

    Cortamos o follado en catro tiras lonxitudinais e poñemos nutella no medio.  Cerramos as tiras.  Podemos humedecelas con auga ou leite para pegalas formando unha especie de tubo coa nutella no medio.  Unimos as tiras formando unha espiral, vernizamos con leite e metemos no forno quente a 200 º.  Cando estea dourada, sacamos, deixamos arrefriar e polvoriñamos con azucre.  A ver canto dura!




Fonte:  Mundorecetas



    Un buen postre para los más golosos o para aquellos que necesiten un empujón en el ánimo, que nos hace falta de vez en cuando; ya sabéis que el chocolate puede ser muy útil en esos momentos.  No es nada complicada y roba poco tiempo y poco tiempo será también el que tardemos en acabar con ella.  Además necesitamos pocos ingredientes.  ¿ Qué más podemos pedir? 


  • Unha lámina de masa de hojaldre
  • Nutella
  • Leche para barnizar
  • Azúcar en polvo


    Cortamos el hojaldre en cuatro tiras longitudinales y ponemos nutella en el medio.  Cerramos las tiras.  Podemos humedecerlas con agua o leche para pegarlas formando una especie de tubo con la nutella en el medio.  Unimos las tiras formando una espiral, barnizamos con leche y metemos en el horno caliente a 200º.  Cuando esté dorada, la sacamos, dejamos enfriar y espolvoreamos con azúcar.  ¡  A ver cuánto dura!
   


Fuente:  Mundorecetas

viernes, 10 de julio de 2015

SALCHIMOMIAS

    SALCHIMOMIAS

    Alá por Samaín tiven a ocorrencia de facer esta receita despois de buscar en internet, receita, por outro lado, moi coñecida na rede; non estou descubrindo nada novo.  

    Pero as miñas salchimomias teñen historia:  non hai día que coincida coa miña sobriña e que non mas pida.  Sempre estamos a chancear:  quen pon as salchimomias e quen o ketchup?  Xa sabedes a resposta.  Así que aquí están para ela.

  • Salchichas
  • Masa de follado
  • Ketchup



    Non temos máis que cortar a masa de follado en tiras.  Tamén podemos empregar masa de pizza, de empanada,... segundo os gustos.  Envolvemos as salchichas de forma irregular para darlle aparencia de momias.  Poñemos en papel vexetal e metemos no forno a 180º.  Sacamos cando o follado colla cor. Podemos decoralas facéndolles uns ollos con pingas de ketchup. Comémolas acompañadas de ketchup.



    Allá por Samaín se me ocurrió hacer esta receta después de buscar en internet, receta, por otro lado, muy conocida en la red; no estoy descubriendo nada nuevo.

    Pero mis salchimomias tienen historia:  no hay día que coincida con mi sobrina y que no me las pida.  Siempre estamos bromeando:  ¿quién pone las salchimomias y quién el ketchup?  Ya sabéis la respuesta.  Así que aquí están para ella.
  • Salchichas
  • Masa de hojaldre
  • Ketchup



    Sólo tenemos que cortar la masa de hojaldre en tiras.  También podemos emplear masa de pizza, de empanada,... según los gustos.  Envolvemos las salchichas de forma irregular para darle apariencia de momias.  Las ponemos en papel vegetal y las metemos en el horno a 180º.  Las sacamos cuando el hojaldre coja color.  Podemos decorarlas haciéndole unos ojos con gotas de ketchup.  Las comemos acompañadas de ketchup.
    

domingo, 15 de marzo de 2015

FLORES CON DOCE DE CIDRA

    FLORES CON CABELLO DE ÁNGEL

    Como todas as receitas, esta tamén ten a súa historia.
    Todo empezou cando me regalaron 3 cidras ou cabazas coas que se pode facer doce.  Son de cor verde con manchas brancas e de pel bastante dura.


    Así que me puxen a facer o doce que despois conxelei en botes.  Claro que, despois de facelo, tamén hai que empregalo nalgunha receita.  Navegando pola rede atopei estas flores que me chamaron moito a atención.  Polo tanto, mans á obra!

  • Unha lámina de masa de follado
  • Doce de cidra (300 gr aproximadamente)
  • Un pouco de leite
  • Un pouco de marmelada (de pexego ou melocotón)
  • Lacasitos para adornar


    Comprei masa de follado fresca, que xa ven estirada.  Corteina en 12 partes (cadrados de 8 x 8 aproximadamente) e despois uns cortes como se ve na foto.




    Poñemos un pouco de doce de cidra no centro e pregamos as puntas para facer a flor.  No medio cravei un escarvadentes para que non se abrira moito no forno.  Coa man dinlle forma ós pétalos e metín doce de cidra.






    Vernicei con leite e metín no forno a 200º.  Cando estaban douradas saqueinas, quiteilles o escarvadentes e púxenlles os lacasitos.  Dinlles brillo cun pouco de marmelada de pexego.



    E así esperamos que chegue a primavera.


    Fonte:  El toque de Belén


    Como todas las recetas, ésta también tiene su historia.
    Todo empezó cuando me regalaron 3 cidras o calabazas con las que se puede hacer cabello de ángel.  Son de color verde con manchas blancas y de piel bastante dura.


    Así que me puse a hacer el dulce que después congelé en botes.  Claro que, después de hacerlo, también hay que emplearlo en alguna receta.  Navegando por la red encontré estas flores que me llamaron mucho la atención.  Por tanto, ¡manos a la obra!


  • Una lámina de masa de hojaldre
  • Cabello de ángel (300 gr aproximadamente)
  • Un poco de leche
  • Un poco de mermelada (de pexego o melocotón)
  • Lacasitos para adornar


    Compré la masa de hojaldre fresca, que ya viene estirada.  La corté en 12 partes (cuadrados de 8 x 8 aproximadamente) y después unos cortes como se ve en la foto.
    


    Ponemos un poco de cabello de ángel en el centro y plegamos las puntas para hacer una flor.  En el medio clavé un palillo para que no se abriera en el horno.  Con la mano le di forma a los pétalos y metí cabello de ángel en ellos.






    Barnicé con leche y las metí en el horno a 200º.  Cuando estaban doradas las saqué, les quité el palillo y les puse los lacasitos.  Les di brillo con un poco de mermelada de pexego.


    Y así esperamos que llegue la primavera.


    Fuente:  El toque de Belén

   





sábado, 3 de enero de 2015

GALLETAS DE FOLLADO E MARMELADA

    GALLETAS DE HOJALDRE Y MERMELADA


    Para empezar o ano o mellor é facer algo sinxelo, que xa estamos saturados de cociña e comida.  

    É unha receita que non nos complica a vida e que desaparecerá nun intre.


  • 2 láminas de follado
  • Marmelada (de framboesa no meu caso)
  • Leite para vernizar
  • Azucre para polvoriñar


    Empezamos estendendo as láminas de follado.  Se son refrixeradas non fará falta pois xa veñen estendidas.

    Despois untados unha das láminas con marmelada.  Non botamos demasiada para que non saia ao cortar as galletas.  Procuramos non chegar ao borde deixando un par de centímetros de marxe.  

    Eses centímetros que deixamos pincelámolos con leite e poñemos a outra lámina de follado enriba premendo ao redor para que non se mova.  Collemos unha forma de galletas e imos cortando o follado.  Eu escollín o corazón porque me permitía aproveitar mellor a masa.

    Con coidado colocámolas enriba dunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal ou co mesmo papel que trae o follado.  Pincelamos as galletas con leite e polvoriñamos con azucre.

    Metémolas a forno quente a 220 º ata que estean douradas.

    Tamén podemos facelas con outros recheos:  crema de cacao, pasta de améndoas,...



    Para empezar el año lo mejor es hacer algo sencillo, que ya estamos saturados de cocina y comida.

    Es una receta que no nos complica la vida y que desaparecerá en un momento.


  • 2 láminas de hojaldre
  • Mermelada (de frambuesa en mi caso)
  • Leche para barnizar
  • Azúcar para espolvorear

    Empezamos extendiendo las láminas de hojaldre.  Si son refrigeradas no hará falta pues ya vienen extendidas.
    
    Después untamos una de las láminas con mermelada.  No echamos demasiada para que no salga al cortar las galletas.  Procuramos no llegar al borde dejando un par de centímetros de margen

     Estos centímetros que dejamos los pincelamos con leche y ponemos la otra lámina de hojaldre encima presionando alrededor para que no se mueva.  Cogemos una forma de galletas y vamos cortando el hojaldre.  Yo escogí el corazón porque me permitía aprovechar mejor la masa.

     Con cuidado las colocamos encima de una bandeja de horno cubierta con papel vegetal o con el mismo papel que trae el hojaldre.  Pincelamos las galletas con leche y espolovoreamos con azúcar.

    Las metemos al horno caliente a 220 º hasta que estén doradas.

    También podemos hacerlas con otros rellenos:  crema de cacao, pasta de almendras,...


    

miércoles, 17 de diciembre de 2014

EMPANADA DE ALLOS PORROS

    EMPANADA DE AJOS PUERROS


    Para min este prato foi todo un descubrimento.  Nunca comera os porros así e ademais resultou ser todo un éxito na miña casa.



    Xa sabedes que teño unha filla alérxica ao ovo, pero ás veces da a impresión de que a alerxia se estende tamén ás verduras:  non hai maneira de que as coma!!!  Con todo esta empanada resultou deliciosa tamén para ela:  tocarame facela cada semana! 

  • 2 láminas de follado
  • 2 porros grandes
  • 1 lata de champiñóns (a miña de 185 gr)
  • Un chisco de manteiga
  • 50 gr de touciño entrefebrado
  • 100 gr de xamón York
  • 200 ml de nata para cociñar
  • Sal
  • 1 cullerada de fariña
  • Leite para vernizar


    Limpamos os porros quedándonos preferentemente coa parte branca que picamos en anacos miúdos.

    Nunha tixola poñemos un pouco de manteiga e cociñamos os porros uns 10 minutos.  Incorporamos os champiñóns tamén picados e deixamos que se pasen 5 minutos máis.

    Engadimos unha cullerada de fariña e sen deixar de remexer incorporamos a nata.  Cando espese a nosa preparación engadimos o touciño entrefebrado en anacos e o xamón York da mesma maneira.  Rectificamos de sal se é preciso e deixamos arrefriar.

    Para a masa empreguei láminas de follado frescas que xa veñen estendidas.  O traballo é pouco:  desenvolver unha lámina de follado deixándoa no papel vexetal que xa trae.  Incorporamos o recheo deixando un par de centímetros libres no borde que humedecemos cun pouco de auga ou de leite antes de poñer a segunda lámina de follado.




    Presionamos os bordes e cerramos a empanada.  Pinchámola cun garfo e vernizámola con leite.  Cociñámola a 200º ata que estea dourada (unha media hora máis ou menos).




    Deixámola arrefriar un pouco e, a comer!!!





    Para mi este plato fue todo un descubrimiento.  No había comido nunca los puerros así y además resultó ser todo un éxito en mi casa.



    Ya sabéis que tengo una hija alérgica al huevo, pero a veces da la impresión de que la alergia se extiende también a las verduras:  ¡¡¡no hay manera de que las coma!!!  Sin embargo esta empanda resultó deliciosa también para ella:  ¡me tocará hacerla cada semana!

  • 2 láminas de hojaldre
  • 2 puerros grandes
  • 1 lata de champiñones (la mía de 185 gr)
  • Un poco de mantequilla
  • 50 gr de bacon
  • 100 gr de jamón York
  • 200 ml de nata para cocinar
  • Sal
  • 1 cucharada de harina
  • Leche para barnizar


    Limpiamos los puerros quedándonos preferentemente con la parte blanca que picamos en trozos pequeños.
    
    En una sartén ponemos un poco de mantequilla y cocinamos los puerros unos 10 minutos.  Incorporamos los champiñones también picados y dejamos que se pasen 5 minutos más.

    Añadimos una cucharada de harina y sin dejar de revolver incorporamos la nata.  Cuando espese nuestra preparación añadimos el bacon en trozos y el jamón York de la misma manera.  Rectificamos de sal si es preciso y dejamos enfriar.

    Para la masa empleé láminas de hojaldre frescas que ya vienen extendidas.  El trabajo es poco:  desenvolver una lámina de hojaldre dejándola en el papel vegetal que ya trae.  Incorporamos el relleno dejando un para de centímetros libres en el borde que humedecmos con un poco de agua o de leche antes de poner la segunda lámina de hojadre.
    

    Presionamos los bordes y cerramos la empanada.  La pinchamos con un tenedor y la barnizamos con leche.  La horneamos a 200º hasta que esté dorada (una media hora más o menos).



    La dejamos enfriar una poco y, ¡¡¡a comer!!!