Mostrando entradas con la etiqueta chocolate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chocolate. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de marzo de 2016

ROSCÓN-TRENZA DE CHOCOLATE

    ROSCÓN-TRENZA DE CHOCOLATE




    Chegou a Semana Santa e hai que ir practicando a receita do roscón.  Aquí, en Galicia, é o agasallo típico que fan os padriños aos seus afillados.  Non se sabe moi ben ata cando:  ata que o afillado se case (algúns non deixarían de regalar roscón nunca), ata a maioría de idade, ata os trinta anos... Seguro que ata que os padriños se cansen.

    Eu teño bastante practicado o roscón;  é quizais unha das sobremesas que mellor me sae, pero esta vez intentei facer algo distinto, en parte porque atopei unha receita que me chamou moito a atención.  E de aí saíu este roscón que non leva ovos, nin manteiga, nin nata,... Pero, "algo levará digo eu?"  Si, algo leva, por suposto, pero non estamos acostumados a facelo con aceite, non si?  E tampouco estamos afeitos a que saia de cor marrón...

  • 500 g de fariña (de forza)
  • 15 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de aroma de vainilla
  • 2 culleradas de cacao puro (eu empreguei da marca Valor)
  • 260 ml de leite
  • 100 g de azucre
  • 1 culleradiña de café de sal
  • 70 ml de aceite de oliva (0,4º)


Para decorar

  • Azucre moreno humedecido
  • Lacasitos

    Xa sabedes que para amasar emprego a panificadora.  Para min é unha gran axuda.  Na cubeta poño o leite, o aceite, o sal, aroma de vainilla, azucre, o cacao, a fariña e o fermento nesa orde.  Se non temos panificadora faremos un volcán coa fariña e poremos o resto dos ingredientes no interior tendo coidado de que o sal e o fermento non se toquen.  Amasamos e deixamos levedar.  A masa debe quedar branda e elástica, pero non se debe pegar ás mans.

    Se usamos a panificadora deixamos que acabe o programa.  De non ser o caso, deberemos deixar que a masa levede unha hora e media ou dúas e debe estar tapada cun pano lonxe do frío e das correntes de aire.  Unha boa idea pode ser metela no forno apagado.

    Pasado este tempo dividín a masa en tres pois fixen unha trenza en vez de formar unha rosca.  Trenzamos as tres partes e colocámola na fonte do forno cuberta de papel vexetal.  Deixamos levedar outra vez ( un par de horas aproximadamente ou máis se vemos que o precisa).  Quentamos o forno a 180º e mentres vernizamos a trenza con leite e poñemos o azucre moreno humedecido e os lacasitos.  Sempre decoro con azucre branco, pero creo que esta vez quedaba mellor o moreno.  Cociñamos durante 30 minutos e aguantamos as ganas de comelo mentres arrefría.

    Este roscón, ao igual que os demais, aguante ben a conxelación enteiro ou en anacos.  Polo tanto, podemos facelo con antelación por se non temos tempo de cociñar noutro momento ou sacalo en anacos para acompañar o almorzo.

    Na miña casa tamén o bautizaron como "roscón da amizade" xa que foi a merenda perfecta para un grupo de boas amigas. 

    Sen máis:  FELICES PASCUAS.





    Llegó la Semana Santa y hay que ir practicando la receta del roscón.  Aquí, en Galicia, es el regalo típico que hacen los padrinos a sus ahijados.  No se sabe muy bien hasta cuando:  hasta que el ahijado se case (algunos no dejarían de regalar roscón nunca), hasta la mayoría de edad, hasta los treinta años... Seguro que hasta que los padrinos se cansen. 

    Yo ya he practicado bastante el roscón:  es, quizás, uno de los postres que mejor me sale, pero esta vez intenté hacer algo distinto, en  parte porque encontré una receta que me llamó mucho la atención.  Y de ahí salió este roscón que no lleva huevos, ni mantequilla, ni nata,... Pero, "¿algo levará digo eu?"  Sí, algo lleva, por supuesto, pero no estamos acostumbrados a hacerlo con aceite, ¿verdad?  Y tampoco es muy común su color marrón...


  • 500 g de harina (de fuerza)
  • 15 g de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de aroma de vainilla
  • 2 cucharadas de cacao puro (yo utilicé de la marca Valor)
  • 260 ml de leche
  • 100 g de azúcar
  • 1 cucharadita de café de sal
  • 70 ml de aceite de oliva (0,4º)


Para decorar

  • Azúcar moreno humedecido
  • Lacasitos

    Ya sabéis que para amasar uso la panificadora.  Para mi es una gran ayuda.  En la cubeta pongo la leche, el aceite, la sal, aroma de vainilla, azúcar, cacao, harina y levadura en ese orden.  Si no tenemos panificadora haremos un volcán con la harina y pondremos el resto de los ingredientes en el interior teniendo cuidado de que la sal y la levadura no se toquen.  Amasamos y dejamos leudar.  La masa debe quedar blanda y elástica, pero no se debe pegar a las manos.
    
    Si usamos la panificadora dejamos que acabe el programa.  Si no es el caso, deberemos dejar que la masa leude una hora y media o dos y debe estar tapada con un paño lejos del frío y de las corrientes de aire.  Una buena idea puede ser meterla en el horno apagado.
    
    Pasado este tiempo dividí la masa en tres pues hice una trenza en vez de formar una rosca.  Trenzamos las tres partes y la colocamos en la fuente de horno cubierta de papel vegetal.  Dejamos leudar otra vez (un par de horas aproximadamente o más si vemos que lo necesita).  Calentamos el horno a 180º y mientras barnizamos la trenza con leche y ponemos el azúcar moreno humedecido y los lacasitos.  Siempre decoro con azúcar blanco, pero creo que esta vez quedaba mejor el moreno.  Cocinamos durante 30 minutos y aguantamos las ganas de comerlo mientras enfría.
     
    Este roscón, al igual que los demás, aguanta bien la congelación entero o en trozos.  Por tanto, podemos hacerlo con antelación por si no tenemos tiempo de cocinar en otro momento o sacarlo en trozos para acompañar el desayuno.
    
    En mi casa también lo bautizaron como "roscón de la amistad" ya que fue la merienda perfecta para un grupo de buenas amigas.
   
    Sin más:  FELICES PASCUAS.


domingo, 22 de noviembre de 2015

ÁRBORE DE NADAL

    ÁRBOL DE NAVIDAD



    Si, estamos en novembro pero xa vai sendo hora de pensar no Nadal.  Total, xa o temos asumido.  Cantas tabletas de turrón levades comidas xa?  Unhas cantas.   O alumeado xa está posto e falta pouco para o seu acendido.  E cantos anuncios de xoguetes e colonia temos visto a estas alturas?  Uns cantos.  Así que hai sitio para a miña árbore de Nadal.  Unha árbore con historia desde que o xoves a miña curmá Sara me envía un enlace a un blog italiano e eu acepto o reto.  Ese foi o desencadeante.  Xa sabemos que fai falta pouco para provocarme.  O reto é mutuo:  a ela tócalle sen glute e sen lactosa mentres que o meu será sen ovo. E aquí estou fabricando unha árbore:  non se pode dicir que non me anticipo desta volta.


  • 475 g de fariña de forza
  • 50 ml de aceite de xirasol
  • 250 ml de leite
  • Un chisco de sal
  • 20 g de azucre
  • 15 g de fermento fresco de panadería


  • Nutella
  • 75 gr de abelás


  • Azucre moreno
  • Lacasitos

    Así que puxen en funcionamento a panificadora para amasar todos os ingredientes da masa  Despois do amasado e o levedado, dividín a masa en tres partes e estireina. 

    Puxen a primeira das masas estiradas nun papel vexetal e unteina con Nutella.  Para que resultara máis doado este paso, quentei a nutella medio minuto no microondas.  Despois polvoriñei con avelá moída.  Puxen enriba a segunda masa estirada e repetín o proceso.  Terminei coa terceira masa.  Dinlle forma despois de árbore de Nadal.  Podedes ollar as fotografías ou consultar o video do blog orixinal.  Aprovéitase todo, incluso os recortes servirán para facer os adornos da árbore.


    Adornei a árbore cun pouco de azucre moreno e metino non forno quente a 180º durante 30 minutos.  Cando arrefriou un pouco, incorporei os lacasitos.


    Agora toca esperar polo de Sara.
    Déixovos cos preparativos do Nadal.
    Fonte: makyincucina




    Sí, estamos en noviembre pero ya va siendo hora de pensar en la Navidad.  Total, ya lo tenemos asumido.  ¿Cuántas tabletas de turrón habéis comido ya?  Unas cuantas.  El alumbrado ya está puesto y falta poco para su encendido.  ¿Y cuantos anuncios de juguetes y colonia hemos visto a estas alturas?  Unos cuantos.  Así que hay sitio para mi árbol de Navidad.  Un árbol con historia desde que el jueves mi prima Sara me envía un enlace a un blog italiano y yo acepto el reto.  Ese fue el desencadenante.  Ya saber que hace falta poco para provocarme.  El reto es recíproco:  a ella le toca sin gluten y sin lactosa mientras que el mío será sin huevo.  Y aquí estoy fabricando un árbol:  no se puede decir que no me anticipo,esta vez.

  • 475 g de harina de fuerza
  • 50 ml de aceite de girasol
  • 250 ml de leche
  • Una pizca de sal
  • 20 g de azúcar
  • 15 g de levadura fresca de panadería


  • Nutella
  • 75 gr de avellanas


  • Azúcar moreno
  • Lacasitos

    Así que puse en funcionamiento la panificadora para amasar todos los ingredientes de la masa.  Después del amasado y el leudado, dividí la masa en tres partes y la estiré.
    
    Puse la primera de las masas estiradas en un papel vegetal y la unté con Nutella.  Para que resultar más fácil este paso, calenté la Nutella medio minuto en el microondas.  Después espolvoreé con avellana molida.  Puse encima la segunda masa estirada y repetí el proceso.Y por último, la tercera masa.  Le di forma de árbol de Navidad.  Podéis ver las fotos o consulta el vídeo del blog original.  Se aprovecha todo, incluso los recortes servirán para hacer los adornos del árbol.



     
    Adorné el árbol con un poco de azúcar moreno y lo metí en horno caliente a 180º durante 30 minutos.  Cuando enfrió un poco, incorporé los lacasitos.


    Ahora toca esperar por el de Sara.
    Os dejo con los preparativos de Navidad.

martes, 23 de diciembre de 2014

TURRÓN DE CHOCOLATE BRANCO E LIMÓN

    TURRÓN DE CHOCOLATE BLANCO Y LIMÓN


    A verdade é que o Nadal non é Nadal, entre outras cousas, se o turrón non está presente na sobremesa.  Dunha forma ou doutra é algo que non pode faltar.

    Aínda que xa se van atopando algúns turróns libres de ovo, non podo deixar de facer algún e cando vin este na revista "Saber Cocinar" pensei que podería intentalo.  Na casa teño entusiastas do limón:  é máis difícil poñelos de acordo na cor do chocolate.


    A receita está modificada posto que a orixinal levaba un par de xemas de ovo que eu substituín por un pouco máis de nata e un par de follas de xelatina.


  • 300 gr de chocolate branco de cobertura
  • 2 follas de xelatina neutra
  • 30 gr de azucre
  • 30 ml de zume de limón
  • Reladura dun limón
  • 100 ml de nata líquida

    Esta receita require tempo, non pola súa dificultade senón porque hai que realizala en tres fases e esperar un pouco entre cada unha delas.

    En primeiro lugar derretemos a baño maría 100 gr de chocolate.  Con eles cubrimos o molde.  Podemos empregar un molde de silicona ou algún molde similar que nos faga a función; eu teño usado os cartóns do leite abertos á metade lonxitudinalmente e como o seu interior é de aluminio, o turrón despégase con facilidade.  Neste caso empreguei un molde de plástico, tamén reciclado.  Temos que balancear un pouco o molde, para que o chocolate cubra tanto a base como os laterais.  Despois deixamos que arrefríe o chocolate meténdoo na neveira.

   Mentres podemos ir preparando a crema do interior.  Fervemos a nata e incorporamos o azucre e a reladura de limón.  Engadimos outros 100 gr de chocolate derretido e removemos ata que espese.  Engadimos o zume de limón e cando teñamos unha mestura homoxénea, incorporamos as dúas láminas de xelatina previamente hidratadas.  Botamos a crema no molde encima do chocolate que xa estará solidificado.

   Deixamos o molde na neveira outra vez e cando a crema calle, derretemos os últimos 100 gr de chocolate branco que pasarán a ser a tapa do noso turrón.

    Xa só queda esperar a que se poña ben duro, un día na neveira, e poderemos sacalo do molde e dar conta del.



    La verdad es que la Navidad no es Navidad, entre otras cosas, si el turrón no está presente en el postre.  De una forma o de otra es algo que no puede faltar.

    Aunque ya se van encontrando algunos turrones libres de huevo, no puedo dejar de hacer alguno y cuando vi éste en la revista "Saber Cocinar" pensé que podría intentarlo.  En casa tengo forofos del limón:  es más difícil ponerlos de acuerdo en el color del chocolate.


   La receta está modificada puesto que la original llevaba un par de yemas de huevo que yo sustituí por un poco más de nata y un par de hojas de gelatina.

300 gr de chocolate blanco de cobertura
2 hojas de gelatina neutra
30 gr de azúcar
30 ml de zumo de limón
Ralladura de un limón
100 ml de nata líquida

    Esta receta requiere tiempo, no por su dificultad más bien porque hay que realizarla en tres fases y esperar un poco entre cada  una de ellas.

    En primer lugar derretimos a baño maría 100 gr de chocolate.  Con ellos cubrimos el molde.  Podemos emplear un molde de silicona o algún molde similar que nos haga la función; yo ya he usado los cartones de la leche abiertos a la mitad longitudinalmente y como su interior es de aluminio, el turrón se despega con facilidad.  En este caso empleé un molde de plástico, también reciclado.  Tenemos que balancear un poco el molde, para que el chocolate cubra tanto la base como los laterales.  Después dejamos que enfríe el chocolate metiéndolo en la nevera.

    Mientras podemos ir preparando la crema del interior.  Hervimos la nata e incorporamos el azúcar y la ralladura de limón.  Añadimos otros 100 gr de chocolate derretido y removemos hasta que espese.  Añadimos el zumo de limón y cuando tengamos una mezcla homogénea, incorporamos las dos láminas de gelatina previamente hidratadas. Echamos la crema en el molde encima del chocolate que ya estará solidificado.
   
    Dejamos el molde en la nevera otra vez y cuando la crema cuaje, derretimos los últimos 100 gr de chocolate blanco que pasarán a ser la tapa de nuestro turrón.

   Ya sólo queda esperar a que se ponga bien duro, un día en la nevera, y sacarlo del molde para comerlo.


   

sábado, 25 de octubre de 2014

GALLETAS PARA HALLOWEEN (sen ovo)

    GALLETAS PARA HALLOWEEN (sin huevo)


    Acércase o 31 de outubro:  Samaín e Halloween están á volta da esquina.  Temos que ir preparándonos para esa noite terrorífica.



    Nada mellor para celebralo que estas galletas "esqueléticas" e "momificadas".  Desde que as fixen teño toda a casa ambientada, arrecende tan ben que as visitas á cociña son seguidas.  En previsión de esgotamento de existencias teño as galletas distribuídas en varias caixas a ver se así duran un pouco máis (cousa pouco probable).

    Para esta receita estreamos o molde, típico de Nadal para facer as galletas desa época, pero que ben nos pode servir para estoutras.

Para a masa:

  • 225 gr de manteiga a temperatura ambiente
  • 350 gr de fariña
  • 225 gr de azucre
  • 40 ml de leite
  • 1/2 culleradiña de sal
  • 1 culleradiña de café de esencia de vainilla
  • 50 gr de cacao puro en po (eu cacao Valor)


Para o glaseado:

  • Azucre en po
  • Zume de limón


    Batemos a manteiga co azucre e imos incorporando o leite, o sal e a esencia de vainilla.

    Engadimos despois o cacao e finalmente a fariña, facéndoo pouco a pouco por se tiveramos que rectificar a cantidade.

    Amasamos e separamos en dúas ou tres partes que envolvemos en film transparente e deixamos na neveira como mínimo unha hora.

    Estiramos a masa.  A min foime máis doado facelo empregando o film transparente debaixo.  Así resultoume máis fácil sacar as galletas.


    Enfornamos a 180º uns 15 minutos e deixamos despois que arrefríen nunha rella.  Mentres podemos preparar o glaseado.  O noso fíxeno con azucre en po ao que lle fun engadindo gotas de  zume de limón ata que colleu a consistencia necesaria.

    Para debuxar sobre as galletas empregamos unha xiringa grande que tiñamos na casa.  A encargada dos debuxos foi a miña filla coa súa imaxinación.

    Cando seque o glaseado podemos gardalas nunha caixa metálica para que se conserven mellor.  Ben, mellor mellor están no estómago.  Bo Halloween!!!  Feliz Samaín!!!!




    Se acerca el 31 de octubre:  Samaín y Halloween están a la vuelta de la esquina.  Tenemos que ir preparándonos para esa noche terrorífica.



    Nada mejor para celebrarlo que estas galletas "esqueléticas" y "momificadas".  Desde que las hice tengo toda la casa ambientada, huele tan bien que las visitas a la cocina son continuas.  En previsión de agotamiento de existencias tengo las galletas distribuidas en varias cajas a ver si así duran un poco más (cosa poco probable).

    Para esta receta estrenamos el molde, típico de Navidad para hacer las galletas de esa época, pero que también nos puede servir para estas otras.

Para la masa:

  • 225 gr de mantequilla a temperatura ambiente
  • 350 gr de harina
  • 225 gr de azúcar
  • 40 ml de leche
  • 1/2 cucharadita de sal
  • 1 cucharadita de café de esencia de vainilla
  • 50 gr de cacao puro en polvo (yo cacao Valor)


Para el glaseado:

  • Azúcar en polvo
  • Zumo de limón


    Batimos la mantequilla con el azúcar y vamos incorporando la leche, la sal y la esencia de vainilla.    

    Añadimos después el cacao y finalmente la harina, haciéndolo poco a poco por si tuviéramos que rectificar la cantidad.

    Amasamos y separamos en dos o tres partes que envolvemos en film transparente y dejamos en la nevera como mínimo una hora.

    Estiramos la masa.  Para mí fue más fácil hacerlo empleando el film transparente debajo.  Despegar las galletas resultó menos complicado.


    Horneamos a 180º durante unos 15 minutos y dejamos después que enfríen en una rejilla.  Mientras podemos preparar el glaseado.  El nuestro lo hice con azúcar en polvo al que le fui añadiendo gotas de zumo de limón hasta que cogió la consistencia necesaria.

    Para dibujar sobre las galletas empleamos una jeringuilla grande que teníamos en casa.  La encargada de los dibujos fue mi hija con su imaginación.

    Cuando seque el glaseado podemos guardarlas en una caja metálica para que se conserven mejor.  Bueno, mejor mejor están en el estómago.  Buen Halloween!!!  Feliz Samaín!!!


    

martes, 19 de agosto de 2014

GALLETAS CROCANTES

    GALLETAS CRUJIENTES


    Ás veces teño algún problema co blog.  Non é un problema moi gordo, nin sequera se lle pode chamar así, pero teño dificultades para poñerlle nome ás receitas.  E é que xa levo feito moitos tipos de galletas e a estas chameinas así porque son desa maneira:  crocantes.

    Van dedicadas a todas as "Marías" e a aquelas que, aínda que non se chaman Marías, tamén celebren o seu santo en agosto.


  • 100 g de pebidas de chocolate
  • 50 g de noces peladas e picadas
  • 125 g de manteiga branda
  • 60 g de azucre glass
  • 60 g de azucre moreno
  • 50 ml de leite
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 160 g de fariña
  • 1 culleradiña de canela en po

    Temos que sacar a manteiga con tempo da neveira para que abrande.  Despois batémola xunto co leite, o azucre glass e o azucre moreno.  Facémolo cun batedor de varas.



    Engadimos despois a fariña peneirada xunto co bicarbonato e a canela.  Volvemos bater e incorporamos despois as noces picadas e as pebidas de chocolate.


    Cunha culler repartimos montes de masa no papel vexetal.  Temos que deixalos ben separados porque despois medran.  Enfornamos durante 15 ou 20 minutos a 180º ata que estean douradas.  Sacámolas e deixámolas arrefriar antes de comelas.






    A veces tengo algún problema con el blog.  No es un problema muy gordo, ni siquiera se le puede llamar así, pero tengo dificultades para ponerle nombre a las recetas.  Y es que ya he hecho muchos tipos de galletas y a estas las llamé así porque son de esa manera:  crujientes.

    Van dedicadas a todas las "Marías" y a aquellas que, aunque non se llamen Marías, también celebren su santo en agosto.


  • 100 g de pepitas de chocolate
  • 50 g de nueces peladas y picadas
  • 125 g de mantequilla blanda
  • 60 g de azúcar glass
  • 60 g de azúcar moreno
  • 50 ml de leche
  • 1/2 cucharadita de bicarbonato
  • 160 g de harina
  • 1 cucharadita de canela en polvo

    Tenemos que sacar la mantequilla con tiempo de la nevera para que ablande.  Después la batimos junto con la leche, el azúcar glass y el azúcar moreno.  Lo hacemos con una batidora de varillas.



    Añadimos después la harina tamizada junto con el bicarbonato y la canela.  Volvemos a batir e incorporamos después las nueces picadas y las pepitas de chocolate.
    

    Con una cuchara repartimos montones de masa en el papel vegetal.  Tenemos que dejarlos bien separados porque después crecen.  Horneamos durante 15 o 20 mintos a 180º hasta que estén doradas.  Las sacamos y dejamos enfriar antes de comerlas.



    

domingo, 13 de julio de 2014

CROISSANTS DE NUTELLA

     CROISSANTS DE NUTELLA


    Esta é outra desas receitas tan sinxelas que case non merecen explicación.  Para eses días nos que case non apetece cociñar e queremos acabar rapidiño, aquí están estes croissants que deixarán un bo sabor e ganas de comer máis.


    Cando fixen a empanada de follado comprei máis masa coa intención de probar esta receita.  Así que esta vez non me liei amasando e facendo dobreces;  atallei polo camiño curto.


  • 1 lámina de follado
  • Nutella

    Non hai máis que sacar a masa da neveira e deixar que tempere un pouco a temperatura ambiente.  Desenvolvémola e marcamos uns triángulos co lado do coitelo que non corta.



    Na parte ancha do triángulo poñemos unha culleradiña de nutella e envolvemos empezando pola parte ancha e terminando na máis estreita.



    Poñémolos no mesmo papel vexetal que trae o follado e pintámolos con leite.  Metémolos no forno quente a 200º e sacámolos cando estean dourados.




Fonte:  Mundorecetas     


    Esta es otra de esas recetas tan sencillas que casi no merecen explicación.  Para esos días en los que casi no apetece cocinar y queremos acabar rapidito, aquí están estos croissants que dejarán un buen sabor y ganas de comer más.
     

    Cuando hice la empanada de hojaldre compré más masa con la intención de probar esta receta.  Así que este vez no me lié amasando y haciendo dobleces;  atajé por el camino corto.
   

  • 1 lámina de hojaldre
  • Nutella

    Simplemente, hay que sacar la masa de la nevera y dejar que temple a temperatura ambiente.  La desenvolvemos y marcamos unos triángulos con el lado del cuchillo que no corta.
    

    En la parte ancha del triángulo ponemos una cucharadita de nutella y enrollamos empezando por la parte ancha y terminando en la más estrecha.
    


    Los ponemos en el mismo papel vegetal que trae el hojaldre y los pintamos con leche.  Los metemos en el horno caliente a 200º y los sacamos cuando estén dorados.




Fuente:  Mundorecetas    

domingo, 29 de junio de 2014

PIRULETAS DE CHOCOLATE

    PIRULETAS DE CHOCOLATE


    Esta é outra desas receitas que fixen pensando na xente máis nova e que acaban por gustar a todos.


    Os ingredientes para as piruletas de chocolate branco son os seguintes:

  • 200 gr de chocolate branco
  • 30 gr de manteiga
  • Un chisco de sal
  • 40 gr de améndoa triturada
  • Unhas gotas de esencia de vainilla
  • Fideos de chocolate ou azucre, boliñas,... para decorar.


    Non hai máis que fundir o chocolate no microondas ou a baño maría xunto coa manteiga e o chisco de sal.  Podemos engadirlle tres ou catro gotas de esencia de vainilla se é do noso gusto.  

    Despois de fundir incorporamos a améndoa (ou outros froitos secos que nos gusten) e removemos.



    Sobre a mesa ou o mesado da cociña poñemos papel de forno e espetos.  Imos botando culleradas de chocolate e dándolle forma coa mesma culler.  Engadimos a decoración que nos guste.

    No caso das piruletas de chocolate negro os ingredientes son os seguintes:

  • 200 gr de chocolate negro
  • Un chisco de sal
  • Fideos de chocolate ou azucre, boliñas,améndoa,... para decorar.


    O proceso foi o mesmo:  fundir o chocolate.  Non engadín a améndoa triturada e quedaron máis delgadas.


    Colocamos o papel de forno cos espetos e imos dándolle forma ás piruletas e adornando a gusto.

    Nos dous casos hai que deixalas bastante tempo para que endurezan e podemos despois metelas na neveira, sobre todo se o tempo é caloroso. 

    Se queremos regalalas podemos envolvelas en papel de celofán.  Aguantan moito tempo na neveira.

Fonte:  La Juani de Ana Sevilla




    Esta es otra de esas recetas que hice pensando en la gente menuda y que acaban por gustar a todos.

    Los ingredientes para las piruletas de chocolate blanco son los siguientes:
   
  • 200 gr de chocolate blanco
  • 30 gr de mantequilla
  • Una pizca de sal
  • 40 gr de almendra triturada
  • Unas gotas de esencia de vainilla
  • Fideos de chocolate o azúcar, bolitas,... para decorar.


    No hace falta más que fundir el chocolate en el microondas o a baño maría junto con la mantequilla y la pizca de sal.  Podemos añadirle tres o cuatro gotas de esencia de vainilla si nos gusta.
   
    Después de fundir incorporamos la almendra ( u otros frutos secos que nos gusten) y removemos.


    Sobre la mesa o el mesado de la cocina ponemos papel de horno y palos de brochetas.  Vamos echando cucharadas de chocolate y dándole forma con la misma cuchara.  Añadimos la decoración que nos guste.

    En el caso de las piruletas de chocolate negro los ingredientes son los siguientes:

  • 200 gr de chocolate negro
  • Una pizca de sal
  • Fideos de chocolate o azúcar, bolitas, almendra,... para decorar.


    El proceso fue el mismo:  fundir el chocolate.  No añadí la almendra triturada y quedaron más delgadas.
   

    Colocamos el papel de horno con los palitos de brochetas y vamos dándole forma a las piruletas y adornando a gusto.

    En los dos casos hay que dejarlas bastante tiempo para que se endurezcan y podemos meterlas después en la nevera, sobre todo si el tiempo es caluroso.

   Si queremos regalarlas podemos envolverlas en papel de celofán.  Aguantan mucho tiempo en la nevera.

Fuente:  La Juani de Ana Sevilla


    

sábado, 15 de marzo de 2014

MUFFINS CON PEBIDAS DE CHOCOLATE

    MUFFINS CON PEPITAS DE CHOCOLATE


    Hai receitas que xorden por casualidade.  Rectifico:  hai receitas que xorden por casualidade con un pouco de axuda.  Fai uns días facendo a compra no súper collín unha bolsa de pebidas de chocolate, como fago moitas veces.  Fixeime na parte de atrás e descubrín unha receita de muffins con pebidas de chocolate (vahiné) que só levaba un ovo.  Empecei a darlle voltas e decidín eliminalo poñendo no seu lugar un pouco máis de leite e probar a ver que saía.


  • 250 gr de fariña (de biscoitos con fermento incorporado)
  • 1/2 sobre de pebidas de chocolate
  • 50 gr de noces 
  • un chisco de sal
  • 150 gr de azucre
  • 1 culleradiña de azucre vainillado
  • 75 cl de leite
  • 125 gr de manteiga

    O primeiro que fixen foi investigar un pouco:  quería saber en que se diferenza un muffin dunha madalena.  Basicamente no muffin empregamos manteiga (o que non é moi habitual nas madalenas), pero a diferenza fundamental está na maneira de facelos e de mesturar os ingredientes o xusto, sen traballar demasiado a masa.


    Así que, mans á obra.  En primeiro lugar mesturei a fariña co sal, as pebidas de chocolate e as noces.  Así tamén evitamos que as noces e as pebidas vaian directamente ao fondo.  Nun recipiente batín co batedor de variñas a manteiga derretida xunto co leite e os dous tipos de azucre.  Despois engadín dito batido á mestura anterior e fun remexendo cunha culler de madeira; o xusto para non atopar pegotes de fariña branca no medio.


    Hai que dicir que queda unha masa bastante espesa.  Despois boteina en moldes de madalenas que coloquei dentro doutros moldes de silicona e metinos no forno quente a 180º durante 20 ou 25 minutos. Fixen a proba do escarvadentes e deixeinos arrefriar nunha rella.  Coas cantidades da receita saen doce muffins como os da foto.



    Hay recetas que surgen por casualidad.  Bueno:  hay recetas que surgen por casualidad, pero con un poco de ayuda.  Hace unos días haciendo la compra en el súper cogí una bolsa de pepitas de chocolate, como hago muchas veces.  Me fijé en la parte posterior y descubrí una receta de muffins con pepitas de chocolate (vahiné) que sólo llevaba un huevo.  Empecé a darle vueltas y decidí eliminarlo poniendo en su lugar un poco más de leche y probar a ver qué salía.


  • 250 gr de harina (de bizcochos con levadura incorporada)
  • 1/2 sobre de pepitas de chocolate
  • 50 gr de nueces 
  • Una pizca de sal
  • 150 gr de azúcar
  • 1 cucharadita de azúcar vainillado
  • 75 cl de leche
  • 125 gr de mantequilla

    Lo primero que hice fue investigar un poco:  quería saber en qué se diferencia un muffin de una magdalena.  Básicamente en el muffin empleamos mantequilla (lo que no es muy habitual en las magdalenas), pero la diferencia fundamental está en la manera de hacerlos y de mezclar los ingredientes lo justo, sin trabajar demasiado la masa.
    

    Así que, manos a la obra.  En primer lugar mezclé la harina con la sal, las pepitas de chocolate y las nueces.  Así también evitamos que las nueces y las pepitas vayan directamente al fondo.  En un recipiente batí con la batidora de varillas la mantequilla derretida junto con la leche y los dos tipos de azúcar.  Después añadí dicho batido a la mezcla anterior y fui revolviendo con una cuchara de madera; lo justo para no encontrar pegotes de harina blanca en el medio.



    Hay que decir que queda una masa bastante espesa.  Después la eché en moldes de magdalenas que coloqué dentro de otros de silicona y los metí en el horno caliente a 180º durante 20 o 25 minutos.  Hice la prueba del palillo y los dejé enfriar en una rejilla.  Con las cantidades de la receta salen doce muffins como los de la foto.