Mostrando entradas con la etiqueta peixe/pescado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peixe/pescado. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de julio de 2014

CHOCO GUISADO

  CHOCO GUISADO


    Esta receita é para Ti.  Si, porque é unha das que máis che gusta.  Espero que non estrañes moito os meus guisos, só un pouquiño.




    É un prato deses que admiten ser cociñados en dous tempos.  Explícome:  podo guisalo pola noite e deixar unhas patacas peladas (en auga na neveira).  Ao día seguinte, cando chego de traballar, póñoo a ferver, bótolle as patacas e termino de facelo.


  • 1 kg de choco (aprox.)
  • 3 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
  • 4 ou 5 culleradas de salsa de tomate
  • 50 ml de viño branco
  • Sal
  • 1/2 culleradiña de pemento doce
  • 1 folla de loureiro
  • Aceite de oliva
  • Patacas

    O primeiro é lavar e limpar o choco.  Poden ser chocos pequenos ou ben un choco grande cortado en anacos, como é o meu caso.

    Cubrimos o fondo dunha tarteira con aceite de oliva.  Cando quente botamos os dentes de allo picados, a cebola picada tamén e polvoriñamos cun pouco de sal.  Non fai falta cortala en anacos moi pequenos, xa que despois pasaremos todo polo batedor.

    Cando pasen uns 10 minutos incorporamos o pemento vermello picado tamén.  Pasados outros 10 minutos engadimos a salsa de tomate.  Deixamos cociñar e botamos o viño branco.  Retiramos do lume e batemos.  Se queda moi espesa a salsa engadimos un pouco de auga.

    Deixamos que ferva a salsa para engadir o choco torado, a folla de loureiro e o pemento doce.  Se fai falta rectificamos o sal.

    Cando se poida cravar o choco cun garfo é o momento de retiralo do lume se o guiso é para o día seguinte.  Se é para o momento, incorporamos as patacas chascadas en anacos pequenos.



    Cando poidamos cravar as patacas co garfo é o momento de retirar o guiso do lume, deixalo repousar uns minutos e servilo.

    Se non temos choco, podemos facer este mesmo guiso con luras.

    



    Esta receta es para Ti.  Sí, porque es una de las que más te gusta.  Espero que no eches mucho de menos mis guisos, sólo un poco.



    Es un plato de esos que admiten ser cocinados en dos tiempos.  Me explico:  lo puedo guisar por la noche y dejar unas patatas peladas (en agua en la nevera).  Al día siguiente, cuando llego de trabajar, lo pongo a hervir, le echo las patatas y termino de cocinarlo.
  • 1 kg de choco (aprox.)
  • 3 dientes de ajo
  • 1 cebolla
  • 1/2 pimiento rojo
  • 4 ou 5 cucharadas de salsa de tomate
  • 50 ml de vino blanco
  • Sal
  • 1/2 cucharadita de pimiento dulce
  • 1 hoja de laurel
  • Aceite de oliva
  • Patatas

    Empezamos lavando y limpiando el choco.  Pueden ser chocos pequeños o bien un choco grande cortado en trozos, como es mi caso.
    
    Cubrimos el fondo de una tartera con aceite de oliva.  Cuando caliente echamos los dientes de ajo picados, la cebolla troceada también y espolvoreamos con un poco de sal.  No hace falta cortarla en trozos muy pequeños, ya que después batiremos todo.
    
    Cuando pasen unos 10 minutos incorporamos el pimiento rojo picado también.  Pasados otros 10 minutos añadimos la salsa de tomate.  Dejamos cocinar y echamos el vino blanco.  Retiramos del fuego y barimos.  Si queda muy espesa la salsa añadimos un  poco de agua.

      Dejamos que hierva la salsa para añadir el choco en trozos, la hoja de laurel y el pimiento dulce.  Si hace falta rectificamos la sal.

    Cuando se pueda clavar el choco con el tenedor es el momento de retirarlo del fuego si el guiso es para el día siguiente.  Si es para ese momento, incorporamos las patatas chascadas en trozos pequeños.
    

    Al estar hechas las patatas es el momento de retirar el guiso del fuego, dejarlo reposar unos minutos y servirlo.
    
    Si no tenemos choco, podemos hacer este mismo guiso con calamares.


    

    

domingo, 17 de febrero de 2013

BACALLAU EN SALSA DE TOMATE

    BACALAO EN SALSA DE TOMATE

    Para os que me din que as miñas receitas son moi complicadas aquí vos deixo unha que case se pode cociñar cos ollos pechados.
    As veces necesitamos deixar a comida feita ou medio feita e este é un deses pratos que admite prepararse con antelación.  Precisamos:
  • Bacallau (un bo anaco para cada comensal)
  • Salsa de tomate
    É verdade que aínda que é unha receita moi sinxela si esixe algo de preparación con antelación.  Por exemplo:  o bacallau ten que estar ben desalgado, polo que hai que deixalo en auga desde 24-48 horas antes.  Polo tanto non é un prato que podamos decidir facer no momento.  Pero todo ten solución; para non atoparnos en apuros podemos desalgar o bacallau cando o merquemos e conxelado despois estando xa preparado para cociñar.
    Outro tanto nos pasa coa salsa de tomate.  Como xa sabedes eu fago salsa na época de maduración dos tomates e despois envásoa ou conxéloa e así téñoa sempre a man.
    Imos xa coa receita.  Cubrimos o fondo dunha tarteira baixa e ancha coa salsa de tomate.  Cando empece a ferver poñemos o bacallau coa pel cara a arriba.  Deixamos que se faga uns 10 minutos a lume suave e retiramos.  Xa temos o prato listo e podemos acompañalo de arroz, pasta ou patacas, segundo os gustos.



    Para los que me dicen que mis recetas son muy complicadas aquí os dejo una que casi se puede cocinar con los ojos cerrados.




    A veces necesitamos dejar la comida hecha o medio hecha y este es uno de esos platos que admite prepararse con antelación.  Necesitamos: 
  • Bacalao (un buen trozo para cada comensal)
  • Salsa de tomate

    Es verdad que aunque es una receta muy sencilla si exige algo de preparación con antelación.  Por ejemplo:  el bacalao tiene que estar bien desalado, por lo que hay que dejarlo en agua desde 24-48 horas antes.  Por tanto no es un plato que podamos decidir hacer en el momento.  Pero todo tiene solución; para no encontrarnos en apuros podemos desalar el bacalao cuando lo compremos y congelarlo después estando ya preparado para cocinar. 
   
    Lo mismo nos pasa con la salsa de tomate.  Como ya sabéis yo hago salsa en la época de maduración de los tomates y después la envaso o la congelo y así la tengo siempre a mano.
    
    Vamos ya con la receta.  Cubrimos el fondo de una tartera baja y ancha con salsa de tomate.  Cuando empiece a hervir ponemos el bacalao con la piel hacia arriba.  Dejamos que se haga unos 10 minutos a fuego suave y retiramos.  Ya tenemos el plato listo y podemos acompañarlo de arroz, pasta o patatas, según los gustos.

   


sábado, 5 de mayo de 2012

CHULAS DE BACALLAU

    BUÑUELOS DE BACALAO

    Parece, parece, pero non é.  Ás veces as aparencias enganan e estas chulas non levan ovo aínda que o pareza.  Temos que botarlle inxenio e imaxinación para que as receitas sen ovo saian o máis parecidas posible en sabor e aparencia ás que si o levan.  Precisamos:
  • 150 gr. de bacallau desalgado ( o meu en migas)
  • 1 dente de allo
  • Media cebola pequena
  • Pirixel ( sen quedarnos escasos)
  • Un chisco de sal
  • Un chisco de azafrán
  • 100 cc de leite
  • 100 gr. de fariña
  • 1/4 culleradiña de bicarbonato(ou fermento químico)
  • Aceite para fritir.

    Picamos moi miudiño o bacallau, cebola, pirixel e allo e os mesturamos co leite e a fariña.  Remexemos ata que se forme unha pasta frouxa.  Deixamos que repouse unha media hora.
    Despois fritimos en aceite ben quente, botando culleradas de pasta na tixola.  Unha vez retirados da tixola poñerémolos en papel de cociña que lle absorba o aceite sobrante.
    Podemos servir acompañados dunha ensalada.





    Parece, parece, pero no es.  A veces las apariencias engañan y estos buñuelos no llevan huevo aunque lo parezca.  Tenemos que echarle ingenio e imaginación para que las recetas sin huevo salgan lo más parecidas posible en sabor y apariencia a las que sí lo llevan.  Necesitamos:
  • 150 gr. de bacalao desalado ( el mío en migas)
  • 1 diente de ajo
  • Media cebolla pequeña
  • Perejil (sin quedarnos escasos)
  • Una pizca de sal
  • Una pizca de azafrán
  • 100 cc de leche
  • 100 gr. de harina
  • 1/4 cucharadita de bicarbonato ( o levadura química)
  • Aceite para freír.

     Picamos muy menudo el bacalao, cebolla, perejil y ajo y los mezclamos con la leche y la harina.  Revolvemos hasta que se forme una pasta floja.  Dejamos que repose una media hora.
    Después freímos en aceite bien caliente, echando cucharadas de pasta en la sartén.  Una vez retirados de la sartén los pondremos sobre papel de cocina que le absorba el aceite sobrante.
    Podemos servir acompañados de una ensalada.




   
   

jueves, 12 de abril de 2012

PATÉ MARIÑEIRO

    PATÉ MARINERO

    Esta é unha desas receitas que poden servir para montar pratos moi diversos.  Está moi rico se simplemente o untamos en tostadiñas de pan e nos pode salvar unha cea.  Tanto pode ser base de canapés como o ingrediente dos bocadillos para a merenda dos máis cativos.  Aguanta bastante tempo e temos que conservalo na neveira, pero estou segura de que non chegará a caducar:  comerédelo antes!


  • 250 gr. de paíños de cangrexo
  • 1 lata de bonito de 220 gr.
  • 1 lata de mexillón en salsa de vieira de 115 gr.
  • 8 queixiños en porcións.
  • 1 cullerada de maionesa.

    Cortamos os paíños e engadimos os demais ingredientes.  No caso das conservas engadimos as salsas e os aceites.  Todo isto temos que botalo nun recipiente no que poidamos bater sen salpicar.  Aplicamos o batedor ata ter unha crema.  Botámolo nun recipiente con tapa para gardalo na neveira.



    Aínda que non o pareza, esta receita non é apropiada para os alérxicos ao ovo.  O paíño de cangrexo ten clara de ovo como ingrediente.



    Esta es una de esas recetas que pueden servir para montar platos muy diversos.  Está muy rico si simplemente lo untamos en tostaditas de pan y nos puede salvar una cena.  Tanto puede ser base de canapés como ingrediente de los bocadillos para la merienda de los más pequeños.  Aguanta bastante tiempo y tenemos que conservarlo en la nevera, pero estoy segura de que no llegará a caducar:  ¡ lo comeréis antes!


  • 250 gr. de palitos de cangrejo
  • 1 lata de bonito de 220 gr.
  • 1 lata de mejillón en salsa de vieira de 115 gr.
  • 8 quesitos en porciones.
  • 1 cucharada de mayonesa

    Cortamos los palitos y añadimos los demás ingredientes.  En el caso de las conservas añadimos las salsas y los aceites.  Todo esto tenemos que echarlo en un recipiente en el que podamos batir sin salpicar.  Aplicamos la batidora hasta tener una crema.  Lo echamos  en un recipiente con tapa para guardarlo en la nevera.



    Aunque no lo parezca, esta receta no es apropiada para los alérgicos al huevo.  El palito de cangrejo tiene clara de huevo como ingrediente.

martes, 6 de diciembre de 2011

EMPANADA DE PESCADA ROSADA

    EMPANADA DE MERLUZA ROSADA


    Case todos temos a primeira experiencia na cociña da man da nosa nai.  Grazas a ela empezamos a dar os primeiros pasos culinarios e tamén nos consola cando os nosos experimentos saen mal e acaban queimados.  Cando xa nos facemos maiores as boas amigas comparten as súas receitas con nós e así vamos variando o noso receitario.   Iso foi o que me pasou a min con esta receita:  unha boa compañeira e amiga compartiuna comigo e aquí está.  Seguro que non é exactamente igual que a súa (que herdou da súa nai), pero sempre que a fago lémbrome dela.

    Precisamos para a masa:
·         250 ml de auga
·         100 ml de aceite
·         1 culleradiña de sal
·         25 g de fermento fresco de panadería
·         Fariña  ( 600-700 g aprox.)

    Para o recheo:
·         2 cebolas ben grandes
·         75 g de bacon
·         1 kg de pescada rosada
·         Un chisco de azafrán e de sal

    Coa fariña facemos un volcán e poñemos no medio a auga un pouco temperada, o aceite e o sal, botamos un pouco de fariña e poñemos o fermento.  Amasamos ata que a masa quede ligada e non se pegue ás mans, pero que non estea dura.  Deixamos levedar.
    Aparte facemos un refrito coa cebola, botámoslle un chisco de sal e un chisco de azafrán.
    Por outra banda, limpamos a pescada e picámola evitando na medida do posible as espiñas .
    Preparamos unha fonte que cubrimos con papel de forno e prendemos o forno a 200º.  Estiramos a metade da masa e poñémola na fonte.



    Cubrimos coa cebola, a pescada e o “bacon”.  Estiramos a outra parte da masa e cubrimos.  Adornamos ao noso gusto e vernizamos con aceite de oliva. 


    Metemos ao forno ata que está dourada. 







    Casi  todos tenemos la primera experiencia en la cocina de la mano de nuestra madre.  Gracias a ella empezamos a dar los primeros pasos culinarios e también nos consuela cuando nuestros experimentos salen mal y acaban quemados.  Cuando ya nos hacemos mayores las buenas amigas comparten sus recetas con nosotros y así vamos ampliando nuestro recetario.  Eso fue lo que me pasó a mí con esta receta: una buena compañera y amiga la compartió conmigo y aquí está.  Seguro que no es exactamente igual que la suya (que heredó de su madre), pero siempre que la hago me acuerdo de ella.
    Necesitamos para la masa:
·         250 ml de agua
·         100 ml de aceite
·         1 cucharadita de sal
·         25 g de levadura fresca de panadería.
·         Harina (600-700 g aprox.)
    Para el relleno:
·         2 cebollas bien grandes
·         75 g de bacon
·         1 kg de merluza rosada
·         Una pizca de azafrán y de sal
    Con la harina hacemos un volcán y ponemos en el medio el agua un poco templada, el aceite y el sal, echamos un poco de harina y ponemos la levadura.  Amasamos hasta que la masa quede ligada y no se pegue a las manos, pero que no esté dura.  Dejamos leudar.
    Aparte hacemos un sofrito con la cebolla, le echamos una pizca de sal y una pizca de azafrán.
    Por otro lado, limpiamos la merluza y la troceamos evitando en la medida de lo posible las espinas.
    Preparamos una fuente que cubrimos con papel de horno y encendemos el horno a 200º.  Estiramos la mitad de la masa y la ponemos en la fuente.

    Cubrimos con la cebolla, la merluza y el bacon.  Estiramos la otra parte de la masa y cubrimos.  Adornamos a nuestro gusto y barnizamos con aceite de oliva.


    Metemos al horno hasta que está dorada.


domingo, 23 de octubre de 2011

EMPANADILLAS DE BONITO

    EMPANADILLAS DE BONITO

   





    Aínda que procuro cociñar sen ovo, a veces teño que ceder e facer algunha receita que o leve xa que non todos somos alérxicos.  Usar ovo na cociña ponme moi nerviosa;  hai que ter moito coidado cos utensilios empregados e a limpeza ten que ser moi escrupulosa.  Por suposto que o mellor é cociñar sempre a comida da persoa alérxica por separado para evitar confusións e contaminación debido ás posibles equivocacións.

    Hoxe tocou facer empanadillas de atún con ovo cocido.  Como a maioría das miñas receitas é unha receita adaptada.  En concreto a masa destas empanadillas está baseada na receita de “masa al momento” do libro “Cocina gallega” de Álvaro Cunqueiro.

    Ingredientes para a masa:
  • 150 ml. de viño branco
  • 150 ml. de aceite de oliva
  • 150 ml de leite
  • 1 culleradiña de sal
  • Fariña que admita ( 700 g. aproximadamente)

    Ingredientes para o recheo:
  • 2 cebolas grandes.
  • 2 pementos verdes ( tipo Arnoia)
  • 5 ovos cocidos
  • 1 lata de atún en aceite ( 400 g.)
  • Aceite para o rustrido.

    Para facer a masa quentamos primeiro os líquidos ata o momento de ferver.  É entón cando os retiramos do lume e deixamos que arrefríen.  Botamos o sal e a fariña e amasamos ata conseguir unha masa manexable.  Non é necesario deixala repousar posto que non leva fermento.    
    Para o recheo temos que facer un rustrido coa cebola e o pemento.  Despois escorremos e engadimos os ovos picados e o bonito escorrido.  Remexemos e xa temos listo o recheo.  Para facer as empanadillas podemos empregar un molde apropiado para darlles forma ou simplemente unha cunca para dar forma á masa, botamos o recheo e pechamos co garfo.  Eu fíxenas das dúas maneiras e unhas saíron un pouco máis grandes cas outras.  
    Case me esquece dicir que eu non as fritín senón que as vernicei cun pouco de aceite de oliva e metinas no forno a 180º ata que estiveron douradas.






    Aunque procuro cocinar sin huevo, a veces tengo que ceder y hacer alguna receta que lo lleve ya que no todos somos alérgicos.  Usar huevo en la cocina me pone muy nerviosa; hay que tener mucho cuidado con los utensilio empleados y la limpieza tiene que ser muy escrupulosa.  Por supuesto que lo mejor es cocinar siempre la comida de la persona alérgica por separado para evitar confusiones y contaminación debido a las posibles equivocaciones.

    Hoy me tocó hacer empanadillas de atún con huevo cocido.  Como la mayoría de mis recetas es una receta adaptada.  En concreto la masa de estas empanadillas está basada en la receta de "masa al momento" del libroo "Cocina gallega" de Álvaro Cunqueiro.

     Ingredientes para la masa:

  • 150 ml. de vino blanco
  • 150 ml. de aceite de oliva
  • 150 ml. de leche.
  • 1 cucharadita de sal
  • Harina que admita ( 700 g. aproximadamente)

    Ingredientes para el relleno:
  • 2 cebollas grandes.
  • 2 pimientos verdes ( tipo Arnoia)
  • 5 huevos cocidos
  • 1 lata de atún en aceite ( de 400 g.)

    Para hacer la masa calentamos primero los líquidos hasta el momento de hervir.  Es entonces cuando los retiramos y dejamos que enfríen.  Echamos la sal y la harina y amasamos hasta conseguir una masa manejable.  No es necesario dejarla reposar puesto que no lleva levadura.
    Para el relleno tenemos que hacer un sofrito con la cebolla y el pimiento.  Después escurrimos y añadimos los huevos picado y el bonito escurrido.  Mezclamos y ya tenemos listo el relleno.  Para hacer las empanadillas podemos emplear un molde apropiado para darles forma o simplemente una taza para dar forma a la masa, echamos el relleno y cerramos con un tenedor.  Yo las hice de las dos manera y unas salieron un poco más grandes que las otras.
    Casi se me olvida decir que yo no las freí sino que las barnicé con un poco de aceite y las metí en el horno a 180º hasta que estuvieron doradas.