Mostrando entradas con la etiqueta sen leite/sin leche. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sen leite/sin leche. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de septiembre de 2015

LEITE "EMPAQUETADO"

    LECHE "EMPAQUETADA"


    Remataron as vacacións, o verán case nos deixou e xa estamos de volta no cole.  Eu repito alumnos e teño unha nova incorporación.  Chegou un neno novo á miña aula que xa leva un ano vivindo en Galicia, pero que procede do leste de España.  Toca romper o xeo e procurar que se integre na aula, que se sinta cómodo e que nos conte cousas para empezar a coñecelo mellor.  Entre outras cousas pregúntolle a cerca da diferenza de vida entre unha comunidade e outra, se hai algo que lle sorprenda da nosa o algo que bote de menos da anterior o simplemente se hai cousas diferentes:  

    -Sí, profe, aquí hay un postre típico que no comía antes:  la leche frita.

    A verdade é que me deixa sorprendida pola súa resposta, por terse fixado precisamente na gastronomía.  O que eu non tiña tan claro é que o leite frito fora precisamente unha sobremesa típica de Galicia, pero para iso teño a wikipedia, para resolver as miñas dúbidas.  Resulta que é unha sobremesa con orixe en Palencia moi estendida pola zona norte de España.

    Canto tempo fai que non tomo esa sobremesa!  Recordo que fritila non era precisamente a miña mellor habilidade na cociña e agora teño o problema do rebozado.  Ben certo é que existen no mercado produtos substitutivos ou fariñas que facilitan este proceso, pero segue sen convencerme o resultado.

    Así que me lancei a facer o leite frito alternativo, nin frito nin rebozado, que denominei leite "empaquetado" por acaerlle mellor ese nome.


  • 1 litro de leite
  • 5 culleradas de azucre
  • 6 boas culleradas de maicena
  • Peladura de limón
  • Pasta Brick
  • Canela
  • Manteiga

    Dun litro de leite retiramos unha cunca e poñémolo ó lume xunto coa peladura do limón.  Cando pelemos o limón procuraremos que non vaia parte branca e que a peladura saia o máis enteira posible para poder retirala despois.



    Mentres quece o leite, disolvemos na cunca o azucre e a maicena.  Cando empece a ferver retiramos a peladura de limón, engadimos o leite reservado na cunca e removemos cunha culler de madeira.  Enseguida empezará a espesar.  Pasados dous ou tres minutos, retirámolo do lume e vertémolo nunha fonte plana onde o deixaremos arrefriar.  Despois metémolo na neveira.  Eu fágoo un día pola noite e déixoo ata o día seguinte na neveira.


    No día seguinte cortei cadrados de masa para empaquetar en pasta brick.  A pasta que eu comprei viña en láminas redondas, así que cortei cada lámina en catro cuartos.  Pincelei cun chisco de manteiga derretida, coloquei un cadrado de pasta de leite, polvoriñei con canela e preguei a masa ata formar un paquetiño que pux en cos pregues cara abaixo nunha fonte.  Enfornei a 180º entre 10 e 15 minutos.  Deixamos arrefriar e xa podemos papar.







    Se acabaron las vacaciones, el verano ya casi nos abandonó y ya estamos de vuelta en el cole.  Yo repito alumnos y tengo una nueva incorporación.  Llegó un alumno nuevo a  mi aula que lleva ya un año viviendo en Galicia, pero que procede del este de España.  Toca romper el hielo y procurar que se integre en el aula, que se sienta cómodo y que nos cuente cosas para empezar a conocerlo mejor.  Entre otras cosas le pregunto a cerca de la diferencia de vida entre una comunidad y otra, si hay algo que le sorprenda de la nuestra o algo que eche de menos de la anterior o simplemente si hay cosas diferentes:


    -Sí, profe, aquí hay un postre típico que no comía antes:  la leche frita.

    La verdad es que me deja sorprendida por su respuesta, por haberse fijado precisamente en la gastronomía.  Lo que yo no tenía tan claro es que la leche frita fuera precisamente un postre típico de Galicia, pero para eso tengo la wikipedia, para resolver mis dudas.  Resulta que es un postre con origen en Palencia muy extendido por la zona norte de España.
  
    ¡Cuánto tiempo hace no no como ese postre!  Recuerdo que freírla no era precisamente mi mejor habilidad en la cocina y ahora tengo el problema del rebozado.  Es cierto que existen en el mercado productos substitutivos o harinas que facilitan ese proceso, pero sigue sin convencerme el resultado.

   Así que me lancé a hacer la leche frita alternativa, nin frita ni rebozada, que denominé leche "empaquetada" porque creo que le queda mejor ese nombre.


  • 1 litro de leche
  • 5 cucharadas de azúcar
  • 6 buenas cucharadas de maicena
  • Piel de limón
  • Pasta Brick
  • Canela
  • Mantequilla

    De un litro de leche retiramos un tazón y lo ponemos al fuego junto con la piel de limón.  Cuando pelemos el limón procuraremos que non vaya la parte blanca y que la piel nos salga lo más entera posible para poder retirarla después.
    
    Mientras calienta la leche, disolvemos en el tazón el azúcar y la maicena.  Cuando empiece a hervir retiramos la piel de limón, añadimos la leche reservada en el tazón y removemos con una cuchara de madera.  Enseguida empezará a espesar.  Pasados dos o tres minutos, la retiramos del fuego y la vertemos en una fuente plana donde la dejaremos enfriar.  Después la metemos en la nevera.  Yo la hago un día por la noche y la dejo hasta el día siguiente en la nevera.
    

   Al día siguiente corté cuadrados de masa para empaquetar en pasta brick.  La pasta que compré venía en láminas redondas, así que corté cada lámina en cuatro cuartos.  La pincelé con una pizca de mantequilla derretida, coloqué un cuadrado de pasta de leche, espolvoreé con canela y plegué la masa hasta formar un paquetito que puse con los pliegues hacia abajo en una fuente.  Horneé a 180º entre 10 y 15 minutos.  Dejamos enfriar y ya podemos papar.



   

jueves, 29 de enero de 2015

MUFFINS DE CHOCOLATE

    MUFFINS DE CHOCOLATE


    Seguro que todos empezastes o ano con bos propósitos.  Aínda estaban soando as badaladas e xa estabamos a pensar en cociñar menos para comer menos tamén e poñer en orde a nosa dieta.  Pero, para min só fixo falta que chegara o día de Reis e que a meu irmán se lle ocorrera traerme un libro con receitas de muffins para acabar cas miñas aspiracións:  creo que ese foi o principio da fin das boas intencións.

    A verdade, non tiña moitas ganas de experimentar e sacar algo novo e as receitas do libro viñan cargadas do noso ingrediente prohibido:  o ovo.  Pero teño unha filla insistente:  mamá, seguro que che sae! e xa podedes imaxinar que empecei unha busca intentado atopar a maneira de facer uns muffins decentes sen empregar ovos.  Si, xa sei, non fixo falta demasiado para convencerme, pero esta vez busquei un atallo:  atopei un blog de cociña dunha nai, cun fillo alérxico tamén, cunha receita fantástica.  Chámase sweetthings.  A receita quedou así:

  • 310 gr de fariña
  • 280 gr de azucre
  • 80 gr de cacao puro en po, (Valor)
  • 1 sobre dobre de gasifícante (4,875 gr) ou unha culleradiña de fermento químico
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 270 ml de auga
  • 180 ml de aceite de xirasol
  • Unhas gotas de esencia de vainilla
  • 50 gr de pebitas de chocolate
    A diferenza das madalenas, os muffins son máis densos e a súa masa é menos aireada.  Basicamente temos que mesturar os ingredientes sólidos por un lado e os líquidos por outro para rematar uníndoos para obter o resultado final.

    Nun recipiente fondo poñemos a fariña, o azucre, o cacao en po, o fermento, o bicarbonato e o sal.  Dámoslle unhas voltas cunha culler.  Despois incorporamos os líquidos:  auga, aceite e esencia de
vainilla, sen bater.  Para este último paso axudeime dun batedor cos ganchos para amasar.  Non convén bater, só temos que mesturar os ingredientes o suficiente para formar a masa.  Incorporamos a metade das pebidas de chocolate.  Botamos a mestura nas cápsulas de papel, adornamos co resto das pebidas e enfornamos a 180º con resistencia superior e inferior ademais do ventilador.  Bastarán 20 minutos e estarán listos para sacalos e  poñelos a arrefriar nunha rella.

    A min, como non os fixen demasiado grandes, saíronme 24.




    Seguro que todos empezasteis el año con buenos propósitos.  Aún estaban sonando las campanadas y ya estábamos pensando en cocinar menos para comer menos también y poner en orden nuestra dieta.  Pero, para mi sólo hizo falta que llegara el día de Reyes y que a mi hermano se le ocurriera traerme un libro con recetas de muffins para acabar con mis aspiraciones:  creo que ese fue el principio del fin de las buenas intenciones.

    La verdad, no tenía muchas ganas de experimentar y sacar algo nuevo y las recetas del libro venían cargadas de nuestro ingrediente prohibido:  el huevo.  Pero tengo una hija insistente:  mamá, ¡seguro que te sale! y ya podéis imaginar que empecé una búsqueda intentando encontrar la manera de hacer unos muffins decentes sin usar huevos.  Sí, ya sé, no hizo falta demasiado para convencerme, pero esta vez busqué un atajo:  encontré un blog de cocina de una madre, con un hijo alérgico también, con una receta fantástica.  Se llama sweetthings.  La receta quedó así:

  • 310 gr de harina
  • 280 gr de azúcar
  • 80 gr de cacao puro en polvo, (Valor)
  • 1 sobre doble de gasifícante (4,875 gr) o una cucharadita de levadura química
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de bicarbonato
  • 270 ml de agua
  • 180 ml de aceite de girasol
  • Unas gotas de esencia de vainilla
  • 50 gr de pepitas de chocolate

    A direncia de las madalenas, los muffins son más densos y su masa menos aireada.  Básicamente tenemos que mezclar los ingredientes sólidos por un lado y los líquidos por otro para acabar uniéndolos para obtener el resultado final.
    
    En un recipiente hondo ponemos la harina, el azúcar, el cacao en polvo, la levadura, el bicarbonato y la sal.  Le damos unas vueltas con una cuchara.  Después incorporamos los líquidos: agua, aceite y esencia de vainilla sin batir.  Para este último paso me ayudé de una batidora con los ganchos de amasar.  No conviene batir, sólo tenemos que mezclar lo suficiente los ingredientes para formar la masa.  Incorporamos la mitad de las pepitas de chocolate.  Echamos la mezcla en las cápsulas de papel, adornamos con el resto de las pepitasn y horneamos a 180ºcon resistencia superior e inferior además del ventilador.  Bastarán 20 minutos y estarán listos para sacarlos  y ponerlos a enfriar en una rejilla.

    A mi, como no los hice demasiado grandes, me salieron 24.



    

sábado, 28 de diciembre de 2013

BISCOITO DE CABAZA E NOCES (sen ovos, sen leite)

   BIZCOCHO DE CALABAZA Y NUECES (sin huevos, sin leche)


    Non creades que as receitas que publico saen así como así como por arte de maxia.  Nin sequera me considero unha boa cociñeira.  Supoño que ás veces se cumpre iso de que "a necesidade agudiza o enxeño".  É por iso que cada receita sae cunha historia e cada unha necesita o seu número preciso de intentos coas súas modificacións correspondentes.


    O primeiro biscoito de cabaza que fixen parecía máis ben un pan.  O que sucede é que teño unha familia moi agradecida; gústalles todo e todo está bo, pero non me serven como críticos gastronómicos.  A máis esixente son eu e, por suposto, non me servía.

    Despois de seguir intentándoo saíume o de hoxe.  Coma sempre tiven que buscar e investigar, pero desta volta non foi tan difícil xa que atopei unha receita sen ovo.  Os ingredientes son os seguintes:

  • 200 gr de cabaza cocida feita puré
  • 300 gr de fariña peneirada
  • 150 gr de azucre moreno
  • 125 ml de aceite de xirasol
  • 100 ml de auga de cocer a cabaza
  • 1 cullerada de zume de laranxa
  • Reladura de laranxa
  • 1 sobre de fermento químico
  • 1 culleradiña de bicarbonato
  • 1 culleradiña de canela
  • 50 gr de noces peladas e picadas


    En primeiro lugar cocemos a cabaza cun chisco de auga.  Despois escorrémola e triturámola.  Gardamos a auga de cocción.
   
    Mesturamos os ingredientes secos:  fariña, azucre, fermento e bicarbonato.  Engadimos o aceite, a auga de cocer a cabaza, o zume de laranxa, a reladura e, por último, a cabaza.  Procuramos que quede unha masa homoxénea.

    Por último, engadimos as noces con movementos envolventes.

    Metémolo no forno quente a 180º e deixámolo uns 45 minutos.  Saberemos se está cocido se ao cravarlle un escarvadentes este sae seco.



Fonte: AlmuDelicias.


    No creáis que las recetas que publico salen así como así como por arte de magia.  Ni siquiera me considero una buena cocinera.  Supongo que a veces se cumple eso de que "la necesidad agudiza el ingenio".  Es por eso que cada receta sale con una historia y cada una necesita su número preciso de intentos con sus modificaciones correspondientes.



    El primer bizcocho de calabaza que hice parecía más bien un pan.  Lo que sucede es que tengo una familia muy agradecida; les gusta todo y todo está bueno, pero no me sirven como críticos gastronómicos.  La más exigente soy yo y, por supuesto, no me servía.

    Después de seguir intentándolo me salió el de hoy.  Como siempre tuve que buscar e investigar, pero esta vez no fue tan difícil ya que encontré una receta sin huevo.  Los  ingredientes son los siguientes:    

  • 200 gr de calabaza cocida hecha puré
  • 300 gr de harina tamizada
  • 150 gr de azúcar moreno
  • 125 ml de aceite de girasol
  • 100 ml de agua de cocer la calabaza
  • 1 cucharada de zumo de naranja
  • Ralladura de naranja
  • 1 sobre de levadura química
  • 1 cucharadita de bicarbonato
  • 1 cucharadita de canela
  • 50 gr de nueces peladas y picadas

    En primer lugar cocemos la calabaza con un poco de agua.  Después la escurrimos y la trituramos.  Guardamos el agua de cocción.
     
    Mezclamos los ingredientes secos:  harina, azúcar, levadura y bicarbonato.  Añadimos el aceite, el agua de cocer la calabaza, el zumo de naranja, la ralladura y, por último, la calabaza.  Procuramos que quede una masa homogénea.
   
    Por último, añadimos las nueces con movimientos envolventes.

    Lo metemos en el horno caliente a 180º y lo horneamos unos 45 minutos.  Estará cocido si al clavarle un palillo éste sale seco.



Fuente: AlmuDelicias.