viernes, 20 de abril de 2012

ENSALADA DE PASTA

    ENSALADA DE PASTA

    Un bo primeiro prato ou tamén un bo prato único.  A medida que chega o bo tempo apetece unha comida fresquiña e lixeira como esta.  Por suposto, esta receita non é apropiada para os alérxicos ao ovo por varias razóns.  A primeira porque contén ovo cocido, a segunda por o paíño de cangrexo e en terceiro lugar temos que ter coidado co vinagre que empregamos pois pode saír de viño clarificado con ovo. 

    Non poño cantidades exactas de ingredientes pois cada un botará segundo o seu gusto ou segundo o número de comensais.

  • Leituga
  • Cebola
  • Cenoria relada
  • Macarróns vexetais
  • Ovos
  • Bonito
  • Paíño de cangrexo
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Sal

    Cocemos os ovos e reservamos.  Cocemos tamén a pasta e arrefriamos debaixo da billa.  Picamos o paíño de cangrexo, os ovos, a leituga en xuliana, a cebola, relamos a cenoria (ou comprámola relada), escorremos o bonito.

    Botamos todo nun bol e aderezamos con sal, vinagre e aceite ao noso gusto.  Servimos.  Bo proveito.





    Un buen primer plato o también un buen plato único.  A medida que llega el buen tiempo apetece una comida fresquita y ligera como esta.  Por supuesto, esta receta no es apropiada para los alérgicos al huevo por varias razones.  La primera porque contiene huevo cocido, la segunda por el palito de cangrejo y en tercer lugar tenemos que tener cuidado con el vinagre que empleamos pues puede salir de vino clarificado con huevo.

    No pongo cantidades exactas de ingredientes pues cada uno echará según su gusto o según el número de comensales.

  • Lechuga
  • Cebolla
  • Zanahoria rallada
  • Macarrones vegetales
  • Huevos
  • Bonito
  • Palito de cangrejo
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Sal

    Cocemos los huevos y reservamos.   Cocemos también la pasta y enfriamos debajo del grifo.  Picamos el palito de cangrejo, los huevos, la lechuga en juliana, la cebolla, rallamos la zanahoria (o la compramos rallada), escurrimos el bonito.

    Echamos todo en un bol y aderezamos con sal, vinagre y aceite a nuestro gusto.  Servimos.  Buen provecho.




jueves, 12 de abril de 2012

PATÉ MARIÑEIRO

    PATÉ MARINERO

    Esta é unha desas receitas que poden servir para montar pratos moi diversos.  Está moi rico se simplemente o untamos en tostadiñas de pan e nos pode salvar unha cea.  Tanto pode ser base de canapés como o ingrediente dos bocadillos para a merenda dos máis cativos.  Aguanta bastante tempo e temos que conservalo na neveira, pero estou segura de que non chegará a caducar:  comerédelo antes!


  • 250 gr. de paíños de cangrexo
  • 1 lata de bonito de 220 gr.
  • 1 lata de mexillón en salsa de vieira de 115 gr.
  • 8 queixiños en porcións.
  • 1 cullerada de maionesa.

    Cortamos os paíños e engadimos os demais ingredientes.  No caso das conservas engadimos as salsas e os aceites.  Todo isto temos que botalo nun recipiente no que poidamos bater sen salpicar.  Aplicamos o batedor ata ter unha crema.  Botámolo nun recipiente con tapa para gardalo na neveira.



    Aínda que non o pareza, esta receita non é apropiada para os alérxicos ao ovo.  O paíño de cangrexo ten clara de ovo como ingrediente.



    Esta es una de esas recetas que pueden servir para montar platos muy diversos.  Está muy rico si simplemente lo untamos en tostaditas de pan y nos puede salvar una cena.  Tanto puede ser base de canapés como ingrediente de los bocadillos para la merienda de los más pequeños.  Aguanta bastante tiempo y tenemos que conservarlo en la nevera, pero estoy segura de que no llegará a caducar:  ¡ lo comeréis antes!


  • 250 gr. de palitos de cangrejo
  • 1 lata de bonito de 220 gr.
  • 1 lata de mejillón en salsa de vieira de 115 gr.
  • 8 quesitos en porciones.
  • 1 cucharada de mayonesa

    Cortamos los palitos y añadimos los demás ingredientes.  En el caso de las conservas añadimos las salsas y los aceites.  Todo esto tenemos que echarlo en un recipiente en el que podamos batir sin salpicar.  Aplicamos la batidora hasta tener una crema.  Lo echamos  en un recipiente con tapa para guardarlo en la nevera.



    Aunque no lo parezca, esta receta no es apropiada para los alérgicos al huevo.  El palito de cangrejo tiene clara de huevo como ingrediente.

lunes, 9 de abril de 2012

ROSCÓN DE PASCUA

    ROSCÓN DE PASCUA

    A Semana Santa xa rematou e con ela tamén o día de Pascua coa elaboración dunha sobremesa moi típica:  a rosca ou roscón que moitos padriños regalan por estas datas aos seus afillados.



    A miña nai adoita facer a gran "rosconada", como a chamo eu, no seu pobo, ese pobo que dalgunha maneira lle da nome a este blogue.  Xa me preguntou moita xente de onde ven o nome de "neixentas" e creo que este é un bo momento para explicalo.  A familia da miña nai ten como alcume "os neixentos" e naceron nunha aldea de Sober (Lugo) chamada Santo Salvador de Neiras.


    Así que alí as mulleres amasamos e meu pai quentou o forno que, como vedes, non é precisamente pequeno.  Os roscóns que facemos aquí sempre son os que teñen mellor cor e mellor sabor:  onde haxa un forno de leña esquecemos o eléctrico.



    Do roscón sen ovo xa puxen aquí a receita así que hoxe tócalles aos da miña nai.  Os ingredientes son para dous roscóns.  Eu sempre recomendo facer a metade dos ingredientes para empezar, pois os nosos fornos non son como os da aldea.  Miña nai, como sempre cociña "ao grande", fixo aproximadamente tres veces e media as cantidades que poño deseguido:

  • 8 ovos
  • 1 kg de fariña
  • 250 g de azucre
  • 100 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 1 culleradiña de esencia de anís
  • 100 g de manteiga
  • 200 ml de nata
Para vernizar e adornar:
  • Ovo batido
  • Cereixas confeitadas
  • Azucre humedecido cunhas pingas de auga
    Nun recipiente no que poidamos mesturar todos os ingredientes poñemos case toda a fariña, os ovos,o sal, o fermento, o azucre, a manteiga, a esencia de anís e a nata.




   Amasamos primeiro no recipiente e unha vez que ligaron os ingredientes facémolo nunha mesa ou no mesado da cociña.  Seguramente teremos que ir engadindo fariña ata que a masa non se pegue ás mans, pero que non quede dura tampouco.  Espolvoreamos un pouco de fariña no recipiente inicial e botamos alí toda a masa.  Tapamos cun pano e despois con papeis de xornal.  Podemos axudar á masa a levedar poñendo debaixo unha tarteira con auga quente.  Os que fixo a miña nai precisaron así unhas 3 horas de levedado.  Senón necesitarían máis.  




    Facemos despois as roscas ou as trenzas e as poñemos enriba de papel de forno ou papel vexetal.  Tapamos cun pano e deixamos que volvan levedar.






    Xusto antes de metelas ao forno as vernizamos con ovo batido e poñémoslles o azucre humedecido e as cereixas.


    Non precisa moito tempo de forno.  Se os facemos en forno eléctrico quentarémolo a 190 º e vixiaremos pois, dependendo do forno, poden tardar 20 minutos ou algo máis.




    Para saber se están cocidos basta con cravarlles un escarvadentes e ver se sae seco.  Meu pai, como é moi orixinal, cravoulles unha rama de oliveira.




    La Semana Santa ya acabó y con ella también el día de Pascua con la elaboración de un postre muy típico:  la rosca o roscón que muchos padrinos regalan por estas fechas a sus ahijados.


    Mi madre suele hacer la gran "rosconada", como la llamo yo, en su pueblo, ese pueblo que de alguna manera le da nombre a este blog.  Ya me preguntó mucha gente de donde viene el nombre de "neixentas" y creo que este es un buen momento para explicarlo.  La familia de mi madre tiene como apodo "los neixentos" y nacieron en una aldea de Sober (Lugo)  llamada San Salvador de Neiras. 



    Así que allí las mujeres amasamos y mi padre calentó el horno que, como veis, no es precisamente pequeño.  Los roscones que hacemos aquí siempre son los que tienen mejor color y mejor sabor:  donde haya un horno de leña nos olvidamos del eléctrico.


    Del roscón sin huevo ya puse aquí la receta así que hoy les toca a los de mi madre.  Los ingredientes son para dos roscones.  Yo siempre  recomiendo hacer la mitad de los ingredientes para empezar, pues nuestros hornos no son como los de la aldea.  Mi madre, como siempre cocina "a lo grande", hizo aproximadamente tres veces y media las cantidades que pongo a continuación:

  • 8 huevos
  • 1 kg de harina
  • 250 gr. de azúcar
  • 100 gr. de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de sal
  • 1 cucharadita de esencia de anís
  • 100 gr. de mantequilla
  • 200 ml de nata

Para barnizar y adornar




  • Huevo batido
  • Cerezas confitas
  • Azúcar humedecido con unas gotas de agua
    En un recipiente en el que podamos mezclar todos los ingredientes ponemos casi toda la harina, los huevos, la sal, la levadura, el azúcar, la mantequilla, la esencia de anís y la nata.


    Amasamos primero en el recipiente y una vez que ligaron los ingredientes lo hacemos en una mesa o en el mesado de la cocina.  Seguramente tendremos que ir añadiendo harina hasta que la masa no se pegue a las manos, pero que no quede dura tampoco.  Espolvoreamos con un poco de harina en el recipiente inicial y echamos allí toda la masa.  Tapamos con un paño y después con papeles de periódico.  Podemos ayudar a la masa a leudar poniendo debajo una tartera con agua caliente.  Los que hizo mi madre necesitaron así unas 3 horas de levado.  Si no necesitarían más.


    Hacemos después las roscas o las trenzas e las ponemos encima de papel de horno o papel vegetal.  Tapamos con un paño y dejamos que vuelvan a leudar.






    Justo antes de meterlas al horno las barnizamos con huevo batido y les ponemos el azúcar humedecido y las cerezas.


    No necesita mucho tiempo de horno.  Si los hacemos en horno eléctrico lo calentaremos a 190º y vigilaremos pues, dependiendo del horno, pueden tardar 20 minutos o algo más.


    Para saber si están cocidos basta con clavarles un palillo y ver si sale seco.  Mi padre, como es muy original, les clavó una rama de olivo.




lunes, 2 de abril de 2012

LASAÑA

    LASAÑA

    Unha das maiores dificultades para un alérxico ao ovo é a de atopar pasta que non o leve, pero que tampouco teña "trazas de ovo".  Tamén nos pode pasar que despois de consumir durante bastante tempo unha marca determinada un bo día nos atopamos con que xa aparecen na etiqueta as "trazas de..." e temos que deixar de consumila ou refacer a receita con outros ingredientes que non conteñan ovo.  Realmente as sesións de compra se converten en sesións de lectura de letra miúda para non acabar levando a casa aquilo que temos prohibido.
    Todo isto para contarvos que para esta receita emprego as placas de lasaña precocida "El pavo".  Polo demais é unha lasaña normal e corrente como a que seguramente facedes vos na vosa casa.

  • 16 placas de lasaña
  • 1/2 kg de carne picada
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento morrón
  • 4 ou 5 culleradas de salsa de tomate
  • 2 culleradas de adobo
  • Ourego
  • Tomiño
  • Aceite de oliva
  • Queixo relado
    Para a bechamel:
  • 50 g de manteiga
  • 3 culleradas de fariña
  • 1 litro de leite
    Para empezar podemos poñer en auga quente as placas de lasaña para que amolezan.  Non temos máis que seguir as instrucións do paquete.  Cando pase o tempo necesario deixarémolas nun pano ben estiradas sen que se superpoñan pois poderían pegarse e se romperían ao separalas.

    Nunha tarteira botamos aceite.  Cando estea quente engadimos a cebola e o pemento.  Despois duns minutos engadimos a carne adobada, o ourego, o tomiño e a salsa de tomate.  Deixamos que se guisen durante uns 15 minutos e reservamos.

    Tócanos agora facer a bechamel.  Derretemos nunha tarteira a manteiga.  Engadimos a fariña e despois o leite pouco a pouco.  Sen deixar de remover ( mellor cunha culler de madeira) esperamos a que espese.  Unha pouca desta bechamel engadímola na carne e removemos.

    Pasamos agora a montala lasaña.  Poñermos un pouco de bechamel na fonte engadindo despois catro das placas de pasta.  Botamos agora un pouco do recheo de carne, outras catro placas de pasta e así ata que poñemos as últimas catro.  Engadimos o resto da bechamel e espolvoreamos con queixo relado.

    Soamente queda poñer a lasaña a gratinar e estará lista para comer.




    Una de las mayores dificultades para un alérgico al huevo es la de encontrar pasta que no lo lleve, pero que tampoco tenga "trazas de huevo".  También nos puede pasar que después de consumir durante bastante tiempo una marca determinada un buen día nos encontramos con que ya aparecen en la etiqueta las "trazas de ..." y tenemos que dejar de consumirla o rehacer la receta con otros ingredientes que no contengan huevo.  Realmente las sesiones de compra se convierten en sesiones de lectura de letra pequeña para no acabar llevando a casa aquello que tenemos prohibido.
    Todo esto para contaros que para esta receta empleo las placas de lasaña precocida "El pavo".  Por lo demás es una lasaña normal y corriente como la que seguramente hacéis vosotros en vuestra casa.




  • 16 placas de lasaña
  • 1/2 kg de carne picada
  • 1 cebolla
  • 1/2 pimiento morrón
  • 4 o 5 cucharadas de salsa de tomate
  • 2 cucharadas de adobo
  • Orégano
  • Tomillo
  • Aceite de oliva
  • Queso rallado
Para a bechamel:
  • 50 gr de mantequilla
  • 3 cucharadas de harina
  • 1 litro de leche
    Para empezar podemos poner en agua caliente las placas de lasaña para que ablanden.  Solamente tenemos que seguir las instrucciones del paquete.  Cuando pase el tiempo necesario las dejaremos en un paño bien estiradas sin que se superpongan pues podrían pegarse y se romperían al separarlas.

    En una tartera echamos aceite.  Cuando esté caliente añadimos la cebolla y el pimiento.  Después de unos minutos añadimos la carne adobada, el orégano, el tomillo y la salsa de tomate.  Dejaremos que se guisen durante unos 15 minutos y reservamos.
   
    Nos toca ahora hacer la bechamel.  Derretimos en una tartera la mantequilla.  Añadimos la harina y después la leche poco a poco.  Sin deja de remover (mejor con una cuchara de madera)esperamos a que espese.  Una poca de esta bechamel la añadimos en la carne y removemos.

    Pasamos ahora a montar la lasaña.  Ponemos un poco de bechamel en la fuente añadiendo después cuatro de las placas de pasta.  Echamos ahora un poco del relleno de carne, otras cuatro placas de pasta y así hasta que ponemos las últimas cuatro.  Añadimos el resto de la bechamel y espolvoreamos con queso rallado.

    Solamente queda poner la lasaña a gratinar y estará lista para comer.

   

jueves, 22 de marzo de 2012

CARNE GUISADA

    CARNE GUISADA

Esta receita  dedícolla á miña filla maior.  É un prato que lle gusta moito e estou segura de que será unha das primeiras cousas que cociñará cando se independice.  De feito foi ela a que me insistiu para que incluíra esta receita no meu blogue.  Non deixa de ser un prato moi sinxelo que todos cociñamos dándolle o noso toque especial.

·        ½ kg de agulla de tenreira
·        1 cebola
·        1 tomate
·        1 cullerada ben chea de adobo
·        ½ pemento morrón vermello
·        100 g de cenorias
·        100 g de chícharos
·        Aceite de oliva

O primeiro que temos que facer é picar a carne en anacos pequenos e adobalos.  Podemos deixar a carne adobada unha media hora antes de cociñala para que colla sabor.  Poñemos despois unha tarteira no lume e cubrimos o fondo cun bo chorro de aceite de oliva.  Cando o aceite estea ben quente douramos a carne.  Unha vez dourada baixamos un pouco o lume e botamos, a medida que remexemos cunha culler de madeira, a cebola, o pemento, o tomate e a cenoria ben picados.  Engadimos tamén os chícharos e deixamos cocer durante unha hora.

    Podemos acompañala con pasta, arroz ou patacas fritas.  Calquera destas cousas nos gustará, pero no esquezades o pan se vos gusta sopear. 

    A nós gústanos moito con pasta, pero non con pasta cociñada aparte e incorporada á carne.  Preferimos engadir caldo ou auga ó guiso e, cando estea fervendo, a pasta.  A carne quedará moi tenra e a pasta collerá o sabor do guiso.  Podemos darlle un pouco de cor con azafrán.







Esta receta se la dedico a mi hija mayor.  Es un plato que le gusta mucho y estoy segura de que será una de las primeras cosas que cocinará cuando se independice.  De hecho fue ella la que me insistió para que incluyera esta receta en mi blog.  No deja de ser un plato muy sencillo que todos cocinamos dándole nuestro toque especial.

·        ½ kg de aguja de ternera
·        1 cebolla
·        1 tomate
·        1 cucharada bien llena de adobo
·        ½ pimiento morrón rojo
·        100 g de zanahorias
·        100 g de guisantes
·        Aceite de oliva

Primero tenemos que picar la carne en trozos pequeños y adobarlos.  Podemos dejar la carne adobada una media hora antes de cocinarla para que coja sabor.  Ponemos después una tartera en el fuego y cubrimos el fondo con un buen chorro de aceite de oliva.  Cuando el aceite esté bien caliente doramos la carne.  Una vez dorado bajamos un poco el fuego y echamos, a medida que revolvemos con una cuchara de madera, la cebolla, el pimiento, el tomate y la zanahoria bien picados.  Añadimos también los guisantes y dejamos cocer durante una hora.

Podemos acompañarla con pasta, arroz o patatas fritas.  Cualquiera de estas cosas nos gustará, pero no olvidéis el pan si os gusta sopear. 

A nosotros nos gusta mucho con pasta, pero no con pasta cocinada aparte e incorporada a la carne.  Preferimos añadir caldo o agua al guiso y, cuando está hirviendo, la pasta.  A carne quedará muy tierna y la pasta cogerá el sabor del guiso.  Podemos darle un poco de color con azafrán