jueves, 7 de marzo de 2013

MARMELADA DE LARANXA


    MERMELADA DE NARANJA

    Xa sabedes:  non sempre temos os mesmos ánimos para cociñar.  Basta que non teñamos humor para que todo saia ao revés.  Incluso hai que darse un tempo para experimentar cousas novas ou repetir aquelas que nos deixaron bo sabor de boca.
    Para bo sabor de boca o que me deixou unha boa marmelada que probei non hai moito tempo.  Unha compañeira trouxo unha marmelada caseira que me gustou moito e me animou a intentalo na miña casa:  será por falta de laranxas!
  • 750 g. de laranxa xa pelada
  • 1/2 limón
  • 400 g. de azucre
    Deume un pouquiño de traballo, pero o resultado é moi bo.  Na miña casa din que será un bo xarope para curar os arrefriados.
    En primeiro lugar seleccionei tres laranxas.  Laveinas, sequeinas e despois, con moito coidado peleinas cun pelapatacas tratando de coller, na medida do posible, a menor cantidade de pel branca.

    Despois pasei esa pel pola picadora ata que quedou case relada.

    Dediqueime despois a pelar laranxas cun coitelo de forma que a pel branca incorporada fora tamén a menor posible.  Tamén pasei a laranxa pola picadora cousa que tamén fixen co medio limón despois de pelalo gallo a gallo.
    Cocemos todo xunto co azucre ata que colle consistencia de marmelada e despois envasamos que así teremos un bo xarope ou unha boa sobremesa.



    Ya sabéis:  no tenemos siempre los mismos ánimos para cocinar.  Basta que no tengamos humor para que todo salga al revés.  Incluso hay que darse un tiempo para experimentar cosas nuevas o repetir aquellas que nos dejaron buen sabor de boca.
 
    Para buen sabor de boca el que me dejó una buena mermelada que probé no hace mucho tiempo.  Una compañera trajo una mermelada casera que me gustó mucho y me animó a intentarlo en mi casa:  ¡será por falta de naranjas!


  • 750 g. de naranja ya pelada
  • 1/2 limón
  • 400 g. de azúcar

    Me dio un poco de trabajo, pero el resultado es muy bueno.  En mi casa dicen que será un buen jarabe para curar los resfriados. 

   
    En primer lugar seleccioné tres naranjas.  Las lavé, sequé y después, con mucho cuidado las pelé con un pelapatatas tratando de coger, en la medida de lo posible, la menor cantidad de piel blanca.



    Después pasé esa piel por la picadora hasta que quedó totalmente rallada.



    Me dediqué después a pelar naranjas con un cuchillo de forma que la piel blanca incorporada fuera también la menor posible.  También pasé la naranja por la picadora como también hice con el medio limón después de pelarlo gajo a gajo.


    Cocemos todo junto con el azúcar hasta que coge consistencia de mermelada y después envasamos que así tendremos un buen jarabe o un buen postre.


   
 

domingo, 17 de febrero de 2013

BACALLAU EN SALSA DE TOMATE

    BACALAO EN SALSA DE TOMATE

    Para os que me din que as miñas receitas son moi complicadas aquí vos deixo unha que case se pode cociñar cos ollos pechados.
    As veces necesitamos deixar a comida feita ou medio feita e este é un deses pratos que admite prepararse con antelación.  Precisamos:
  • Bacallau (un bo anaco para cada comensal)
  • Salsa de tomate
    É verdade que aínda que é unha receita moi sinxela si esixe algo de preparación con antelación.  Por exemplo:  o bacallau ten que estar ben desalgado, polo que hai que deixalo en auga desde 24-48 horas antes.  Polo tanto non é un prato que podamos decidir facer no momento.  Pero todo ten solución; para non atoparnos en apuros podemos desalgar o bacallau cando o merquemos e conxelado despois estando xa preparado para cociñar.
    Outro tanto nos pasa coa salsa de tomate.  Como xa sabedes eu fago salsa na época de maduración dos tomates e despois envásoa ou conxéloa e así téñoa sempre a man.
    Imos xa coa receita.  Cubrimos o fondo dunha tarteira baixa e ancha coa salsa de tomate.  Cando empece a ferver poñemos o bacallau coa pel cara a arriba.  Deixamos que se faga uns 10 minutos a lume suave e retiramos.  Xa temos o prato listo e podemos acompañalo de arroz, pasta ou patacas, segundo os gustos.



    Para los que me dicen que mis recetas son muy complicadas aquí os dejo una que casi se puede cocinar con los ojos cerrados.




    A veces necesitamos dejar la comida hecha o medio hecha y este es uno de esos platos que admite prepararse con antelación.  Necesitamos: 
  • Bacalao (un buen trozo para cada comensal)
  • Salsa de tomate

    Es verdad que aunque es una receta muy sencilla si exige algo de preparación con antelación.  Por ejemplo:  el bacalao tiene que estar bien desalado, por lo que hay que dejarlo en agua desde 24-48 horas antes.  Por tanto no es un plato que podamos decidir hacer en el momento.  Pero todo tiene solución; para no encontrarnos en apuros podemos desalar el bacalao cuando lo compremos y congelarlo después estando ya preparado para cocinar. 
   
    Lo mismo nos pasa con la salsa de tomate.  Como ya sabéis yo hago salsa en la época de maduración de los tomates y después la envaso o la congelo y así la tengo siempre a mano.
    
    Vamos ya con la receta.  Cubrimos el fondo de una tartera baja y ancha con salsa de tomate.  Cuando empiece a hervir ponemos el bacalao con la piel hacia arriba.  Dejamos que se haga unos 10 minutos a fuego suave y retiramos.  Ya tenemos el plato listo y podemos acompañarlo de arroz, pasta o patatas, según los gustos.

   


lunes, 4 de febrero de 2013

GALLETAS DE NOCES E CHOCOLATE


    GALLETAS DE NUECES Y CHOCOLATE

    Cando temos unha persoa alérxica na casa as saídas ao supermercado poden converterse en verdadeiros paseos ou sesións de exploración en busca daqueles produtos axeitados ás nosas necesidades.  O peor de todo son as interminables sesións de lectura que as veces resultan imposibles posto que a letra dos ingredientes resulta demasiado pequena (bótase incluso de menos unha lupa para levar no bolso).

    Nunha desas visitas atopeime cunhas pebidas de chocolate aptas para a nosa alerxia e púxenme a buscar algunha receita de galletas onde puidera incorporalas.  Atopeime aquí cunha que me apetecía, quiteille o ovo e quedou así:
  • 300 gr. de fariña
  • 120 gr. de manteiga
  • 100 gr. de azucre moreno
  • 100 gr. de pebidas de chocolate
  • 70-80 ml. de leite
  • 50 gr. de noces peladas e picadas
  • 1 culleradiña de sal
  • 1 culleradiña de azucre vainillado
  • 1 culleradiña de bicarbonato (pouco chea)
    Mesturamos primeiro o azucre moreno coa fariña, o azucre vainillado, o sal e o bicarbonato.  Engadimos despois o leite e a manteiga un pouco derretida e amasamos.  Cando xa temos unha masa manexable engadimos as noces e as pebidas de chocolate.
    Agora é o momento que máis lle gusta a miña filla.  Trátase de facer bólas coa masa e aplastalas.  Deixámolas nunha fonte cuberta con papel de forno e enfornamos en forno prequecido a 190º durante 10-15 minutos.  Cando as sacamos aínda están brandas, pero ao arrefriar poranse duras.
    Hai que ter coidado co bicarbonato.  Se nos pasamos pode darlle un gusto desagradable.  É mellor quedarse curtos.
    Despois de facelas o mellor foi o aprobado da miña filla:  "esta receita tes que poñela no blog, mamá".

    Cuando tenemos una persona alérgica en casa las salidas al supermercado pueden convertirse en verdaderos paseos o sesiones de exploración en busca de aquellos productos adecuados a nuestras necesidades.  Lo peor de todo son las interminables sesiones de lectura que a veces resultan imposibles puesto que la letra de los ingredientes resulta demasiado pequeña (se echa incluso de menos una lupa para llevar en el bolso).

    En una de esas visitas me encontré con unas pepitas de chocolate aptas para nuestra alergia y me puse a buscar alguna receta de galletas donde pudiera incorporarlas.  Me encontré aquí con una que me apetecía, le quité el huevo y quedó así:
  • 300 gr. de harina
  • 120 gr. de mantequilla
  • 100 gr. de azúcar moreno
  • 100 gr. de pepitas de chocolate
  • 70-80 ml. de leche
  • 50 gr. de nueces peladas y troceadas
  • 1 cucharadita de sal
  • 1 cucharadita de azúcar vainillado
  • 1 cucharadita de bicarbonato (poco llena)

    Mezclamos primero el azúcar moreno con la harina, el azúcar vainillado, la sal y el bicarbonato.  Añadimos después la leche y la mantequilla un poco derretida y amasamos.  Cuando ya tenemos una masa manejable añadimos las nueces y las pepitas de chocolate.

    Ahora es el momento que más le gusta a mi hija.  Se trata de hacer bolas con la masa y aplastarlas.  Las ponemos en una fuente cubierta con papel de horno y horneamos en horno precalentado a 190 º durante 10-15 minutos.  Cuando las sacamos aún están blandas, pero al enfriar enduran.
   
    Hay que tener cuidado con el bicarbonato.  Si nos pasamos puede darle un gusto desagradable.  Es mejor quedarse corto.
    Después de hacerlas lo mejor fue el aprobado de mi hija:  "esta receta tienes que ponerla en el blog, mamá".

   

sábado, 19 de enero de 2013

CHULAS OU "FRITOS" DE CABAZO

    BUÑUELOS O "FRITOS" DE CALABAZA

    Ás veces as vivencias de cando eramos nenos non se esquecen e perduran na nosa memoria durante moito tempo.  Outras veces volven a nos cando xa as criamos perdidas.  O certo é que en calquera momento e sen saber por que botamos de menos cousas tan pequenas como os sabores e os olores da nosa infancia.
    Chegaba o outono e era o tempo de recoller os cabazos, cabazas ou calacús ou tamén as rabaquetas que se gardaban todos eles para alimentar aos animais durante o inverno.  Cando se abría algunha delas miña nai reservaba un anaco para cocer e despois facer uns fritos.  Mesturar o cabazo cocido e escorrido, ovos, fariña, azucre, formar unha pasta e fritir en bastante aceite.
     Pero eu quixen darlle unha volta e por suposto eliminar os ovos aínda que non me contentei só con iso e tamén lle quitei o aceite.  Despois dos cambios quedaron así:
  • 400 gr de cabazo xa cocido e escorrido
  • 200 ml de nata
  • 150 gr de fariña
  • 2 culleradas de azucre
  • Un chisco de sal
  • Pasas sultanas (opcional)

    Non podo dicir canto cabazo empreguei en cru porque o pesei despois de cocido e escorrido.  O proceso xa empezou dous días antes:  pelei e limpei o cabazo, corteino e púxeno a cocer nunha pota con pouca auga, a xusta para cubrir o fondo (uns 100-200 ml).  A medida que vai cocendo solta auga polo que é suficiente.  Despois de cocido paseino a un coador grande ou un escorredoiro e deixei que soltara auga durante dous días, iso si, gardado na neveira.  Pasado ese tempo foi cando o pesei.  Como cocín de máis conxelei o resto en paquetes etiquetando o peso para facer outras quendas de "fritos".

    Coa varilla do batedor mesturei o cabazo, a nata, azucre e sal.  Engadín despois a fariña e volvín bater.



    E aquí vai a outra variante:  non os fritín, púxenos á prancha case como se de filloas se tratase.  Para a primeira quenda quentei a tixola e unteina cun pouco de margarina.  Cando estaba no seu punto botei culleradas da mestura e aplaneinas un pouco coa culler.  Ao estar por un lado, dámoslles a volta para terminar de pasalas.  Nas seguintes xa non engadín margarina.

    Cando xa faltaban poucas incorporei á masa unhas poucas pasas sultanas para probar o sabor das dúas maneiras (e porque teño gustos de tódolos tipos:  pasas si e pasas non).  Para min son recomendables das dúas formas.  E non esquezades espolvorearlles un pouco de azucre ou de canela ou dos dous:  cadaquén co seu gusto.

     Así que xa tedes receita para o próximo Samaín ou para o Entroido que cadra moito máis pronto.



    A veces las vivencias de nuestra infancia no se olvidan y perduran en nuestra memoria durante mucho tiempo.  Otras veces vuelven a nosotros cuando ya creíamos que las habíamos perdido.  Lo cierto es que en cualquier momento y sin saber porqué echamos de menos cosas tan pequeñas como los sabores y los olores de nuestra infancia.

    Cuando llegaba el otoño era tiempo de recoger las calabazas y se guardaban para alimentar a los animales durante el invierno.  Cuando se abría alguna de ellas mi madre reservaba un trozo para cocer y después hacer unos "fritos".  Mezclar la calabaza cocida y escurrida, huevos, harina, azúcar, formar una pasta y freír en abundante aceite.

    Pero yo quise darle una vuelta y por supuesto eliminar los huevos aunque no me contenté solamente con eso y también le quité el aceite.  Después de los cambios quedaron así:
  • 400 gr de calabaza ya cocida y escurrida
  • 200 ml de nata
  • 150 gr de harina
  • 2 cucharadas de azúcar
  • Una pizca de sal
  • Pasas sultanas (opcional)

    No puedo decir cuánta calabaza empleé en crudo porque la pesé después de cocida y escurrida.  El proceso ya empezó dos días antes:  pelé y limpié la calabaza, la corté y la puse a cocer en una tartera con poca agua, la justa para cubrir el fondo (unos 100-200ml).  A medida que va cociendo suelta agua por lo que es suficiente.  Después de cocida la pasé a un colador grande o a un escurridor y dejé que soltara agua durante dos días, eso sí, guardada en la nevera.  Pasado este tiempo fue cuando la pesé.  Como cocí de más congelé el resto en paquetes etiquetando el peso para hacer otras tandas de "fritos".
   
    Con la varilla del batidor mezclé la calabaza, la nata, azúcar y sal.  Añadí después la harina y volvía a batir.



    Y aquí va la otra variante:  no los freí, los puse a la plancha casi como si de filloas se tratase.  Para la primera tanda calenté la sartén y la unté con un poco de margarina.  Cuando estaba en su punto eché cucharadas de mezcla y las aplasté un poco con la cuchara.  Cuando ya están por un lado, les damos la vuelta para terminar de hacerlos.  En las siguientes ya no añadí margarina.

    Cuando ya faltaban pocas por hacer incorporé a la masa unas pocas pasas sultanas para probar el sabor de las dos formas ( y porque tengo gustos de todos los tipos:  pasas sí y pasas no).  Para mí son recomendables de las dos formas.  Y no olvidéis espolvorearles un poco de azúcar o de canela o de los dos:  cada uno con su gusto.

    Así que ya tenéis receta para el próximo Samaín o para el Carnaval que está a la vuelta de la esquina.



    

viernes, 4 de enero de 2013

VIEIRAS

    VIEIRAS

    Non hai festas de Nadal que non teñan vieiras no seu menú.  É case unha tradición; nalgún dos días teñen que aparecer.  Despois podemos esquecernos delas o resto do ano, pero nesas datas sempre as reclamamos.
    Facelas non ten moita ciencia, pero si require certa paciencia e pouca présa.  O importante é ter boa materia prima.  Compralas frescas é difícil e caro, pero tamén dispoñemos de alternativas.  Podemos atopalas conxeladas enteiras (con cuncha e sen limpar), conxeladas xa limpas en media cuncha e tamén temos como alternativa levarnos soamente a carne de vieira que venden tamén conxelada.  Cada un pode escoller a mellor opción.  No meu caso eran conxeladas, xa limpas en media cuncha.  Os ingredientes son os seguintes:

  • 12 vieiras
  • 6 cebolas
  • 1 pemento morrón
  • 3 dentes de allo
  • Unhas pólas de pirixel
  • Sal
  • Pementa
  • Pan relado
  • Aceite de oliva


    En primeiro lugar teremos que limpar as vieiras ou cando menos lavalas.  Tamén pasaremos por auga as cunchas que despois servirán para presentar as vieiras.  Convén asegurarnos de que non quedan areas que son moi frecuentes nestes mariscos.


    Toca agora picar finamente a cebola e os allos e poñelos a sofrixir nun pouco de aceite de oliva.  Salgaremos e seguiremos a lume suave para que a cebola vaia abrandando e despois non trisque nos dentes.  Incorporamos tamén o pemento morrón e seguiremos removendo para evitar que se pegue ou toste.  Engadimos a pementa tendo coidado de non pasarnos.  É mellor quedarse curtos que botar de máis.  No meu caso case non se percibía.  Cando a cebola está case no seu punto engadimos o pirixel moi picadiño e deixamos uns 5 minutos.

    Neste momento incorporei as vieiras e deixeinas uns cinco minutos para que foran deixando o seu sabor.  Apagamos o lume e repartimos as vieiras co seu acompañamento nas doce cunchas.

    Espolvoreamos con pan relado.  Todos sabemos que o pan relado xa o venden envasado.  No meu caso non é apto (pola alerxia ao ovo) e optei por relar coa picadora "mini Biscottes".  Outra opción pode ser a de tostar sobras de pan caseiro e relalo.


    Toca agora meter no forno forte durante uns 15 minutos, sacalas e ter un bo proveito.



    No hay fiestas de Navidad que no tengan vieiras en su menú.  Es casi una tradición; en alguno de los días tienen que aparecer.  Después podemos olvidarnos de ellas el resto del año, pero en estas fechas siempre las reclamamos.

    Hacerlas no tiene mucha ciencia, pero sí requiere cierta paciencia y poca prisa.  Lo importante es tener buena materia prima.  Comprarlas frescas es difícil y caro, pero también disponemos de alternativas.  Podemos encontrarlas congeladas enteras (con concha y sin limpiar), congeladas ya limpias en media concha y también tenemos como alternativa llevarnos solamente la carne de vieira que venden también congelada.  Cada uno puede escoger la mejor opción.  En mi caso eran congeladas, ya limpias en media concha.  Los ingredientes son los siguientes: 

  • 12 vieiras
  • 6 cebollas
  • 1 pimiento morrón
  • 3 dientes de ajo
  • Unas ramas de perejil
  • Sal
  • Pimienta
  • Pan rallado
  • Aceite de oliva

    En primer lugar tendremos que limpiar las vieiras o por lo menos lavarlas.  También pasaremos por agua las conchas que después servirán para presentar las vieiras.  Conviene asegurarnos de que no quedan arenas que son muy frecuentes en estos mariscos.

    Toca ahora picar finamente la cebolla y los ajos y ponerlos a pochar en un poco de aceite de oliva.  Salaremos y seguiremos a fuego suave para que la cebolla vaya ablandando y después no cruja en los dientes.  Incorporamos también el pimiento morrón y seguiremos removiendo para evitar que se pegue o  tueste.  Añadimos la pimienta teniendo cuidado de no pasarnos.  Es mejor quedarse cortos que echar de más.  En mi caso casi no se percibía.  Cuando la cebolla está casi en su punto añadimos el perejil muy picadito y dejamos unos 5 minutos.


    En este momento incorporé las vieiras y las dejé unos cinco minutos para que fueran dejando su sabor.  Apagamos el fuego y repartimos las vieiras con su acompañamiento en las doce conchas.
   
    Espolvoreamos con pan rallado.  Todos sabemos que el pan rallado ya lo venden envasado.  En mi caso no es apto (por la alergia al huevo) y opté por rallar con la picadora "mini Biscottes".  Otra opción puede ser la de tostar sobras de pan casero y rallarlo.
   



    Toca ahora meter al horno fuerte durante unos 15 minutos, sacarlas y tener un buen provecho.