domingo, 21 de abril de 2013

CROISSANTS

    CROISSANTS
     Despois de facer as rosquillas con masa follada empecei a preguntarme se sería quen de facer a masa na casa para elaborar croissants.  Todo parecía que estaba na miña contra e escoitei moitos comentarios dicindo o difícil e laborioso que podía resultar facer esa masa e a verdade é que eu tamén imaxinaba que podía ser así.  Pero como son moi testán seguín investigando.  Atopei un blog, Las recetas de Sara, onde estaba moi ben explicadiño e fun seguindo os seus pasos.  Modifiquei un pouco a receita e metinme de cabeza.  Non podo dicir que non é laboriosa; si que o é, pero non como para desanimarse e non facela.  É un bo entretemento para esas tardes que pasamos na casa e nas que temos tempo entre outras ocupacións.  Si é importante seguir as instrucións e as posicións da masa para que o resultado sexa o mellor posible.
  • 500 gr de fariña de forza
  • 1 culleradiña de sal
  • 70 gr de azucre
  • 25 gr de fermento de panadería
  • 130 ml de leite
  • 130 ml de auga
  • 250 gr de manteiga
    Cos ingredientes indicados facemos unha masa, a excepción da manteiga que empregaremos despois.  Buscando receitas nalgunhas indicaba que o fermento teriamos que incorporalo á masa despois de ter amasado o resto dos ingredientes.  Eu incorporeina desde o principio coma se dunha masa de pan se tratara.  Unha vez amasada (non demasiado) facémoslle unha cruz cortando ben abaixo, cubrímola con film transparente e deixámola na neveira media hora.
    É importante metela na neveira cando se indica pois unha das bases do éxito na elaboración desta masa é mantela a temperatura fresca para que a manteiga non derreta.  Iso sucederá no momento de meter os croissants no forno e fará que masa quede oca e suave.
    Mentres temos a masa na neveira sacamos o bloque de manteiga, colocámolo no medio de film transparente e co rolo golpeámolo ata estiralo un pouco para despois metelo no medio da masa.
    Sacamos a masa da neveira e co rolo estirámola de forma que queda en forma de cruz cunha parte central na que poñemos a manteiga.  Despois cerramos a masa seguindo a orde indicada nas fotos e volvemos estirar a masa.  É importante non mover a masa, si o rolo pero a masa sempre na mesma posición.




    Agora dividímola mentalmente en tres partes e pechamos como se fora unha carta para meter no seu sobre, pero nos cubrímola co film transparente e metémola na neveira para que a manteiga non derreta. 


    Pasada unha media hora, sacámola e colocamos a masa de forma que a abertura quede cara á esquerda; sempre que saquemos a masa da neveira para volver a estirar imos proceder da mesma forma.  Por tanto, estirámola outra vez, pregamos e volvemos meter na neveira.
    E repetimos o proceso.  Eu fíxemo catro veces.
    Finalmente estiramos a masa e dividimos en tres partes e cada parte en triángulos que darán forma finalmente aos croissants.  Como podedes ver fíxenlle un corte na base para despois enrolar e darlle forma.






    Verniceinos con leite, deixeinos levedar e metinos no forno quente.  O forno púxeno a 200º e ao meter os croissants baixei a temperatura a 180º con calor desde abaixo.  Cando empezaron a tomar color puxen tamén a resistencia superior.
    Unha vez sacados do forno espolvoreeinos con azucre mulido ou glass.  Recén feitos estaban moi bos.  Ao día seguinte tamén seguían bos, pero sen dúbida os primeiros eran os mellores.  Por certo, teño 4 no conxelador sen levedar listos para sacar, deixar fermentar e meter no forno.  Este proceso duraría toda a noite, pero asegúrame un bo almorzo.
    Anímovos a que probedes a facelos aínda que sexa só unha vez.  Estou segura de que vos gustarán como lle gustaron a miña familia.  Sobre todo foi unha satisfacción que os probara a miña filla pequena que de outra forma non os podería tomar.


    Después de hacer las rosquillas con la masa de hojaldre empecé a preguntarme si sería capaz de hacer la masa en casa para elaborar croissants.  Todo parecía que estaba en mi contra y escuché muchos comentarios diciendo lo difícil y laborioso que podía resultar hacer esa masa y la verdad es que yo también imaginaba que podía ser así.  Pero como soy muy testaruda seguí investigando.  Encontré un blog, Las recetas de Sara, donde estaba muy bien explicadito y fui siguiendo sus pasos.  Modifiqué un poco la receta y me metí de cabeza.  No puedo decir que no es laboriosa; sí que lo es, pero no como para desanimarse y no hacerla.  Es un buen entretenimiento para esas tarde que pasamos en casa y en las que tenemos tiempo entre otras ocupaciones.  Sí es importante seguir las instrucciones y las posiciones de la masa para que el resultado sea lo mejor posible.   
  • 500 gr de harina de fuerza
  • 1 cucharadita de sal
  • 70 gr de azúcar
  • 25 gr de levadura de panadería
  • 130 ml de leche
  • 130 ml de agua
  • 250 gr de mantequilla
    Con los ingredientes indicados hacemos una masa, a excepción de la mantequilla que emplearemos después.  Buscando recetas en algunas indicaba que la levadura tendríamos que incorporarla a la masa después de haber amasado el resto de los ingredientes.  Yo la incorporé desde el principio como si de una masa de pan se tratara.  Una vez amasada (no demasiado) le hacemos una cruz cortando hasta bien abajo, la cubrimos con film transparente y la dejamos en la nevera media hora.   
    Es importante meterla en la nevera cuando se indica pues una de las bases del éxito en la elaboración de esta masa es mantenerla a temperatura fresca para que la mantequilla no derrita.  Esto sucederá en el momento de meter los croissants en el horno y hará que la masa quede hueca y suave.   
    Mientras tenemos la masa en la nevera sacamos el bloque de mantequilla, lo colocamos en el medio de film transparente y con el rodillo lo golpeamos hasta estirarlo un poco para después meterlo en el medio de la masa.  
    Sacamos la masa de la nevera y con el rodillo la estiramos de forma que queda en forma de cruz con una parte central en la que ponemos la mantequilla.  Después cerramos la masa siguiendo el orden indicado en las fotos y volvemos a estirar la masa.  Es importante no mover la masa, sí el rodillo pero la masa siempre en la misma posición.   




    Ahora la dividimos mentalmente en tres partes y cerramos como si fuera una carta para meter en su sobre, pero nosotros la cubrimos con el film transparente y la metemos en la nevera para que la mantequilla no derrita.   


    Pasada una media hora, la sacamos y colocamos la masa de forma que la abertura quede hacia la izquierda; siempre que saquemos la masa de la nevera para volver a estirar vamos a proceder de la misma forma.  Por tanto, la estiramos otra vez, plegamos y volvemos a meter a la nevera.   
    Y repetimos el proceso.  Yo lo hice cuatro veces.   
    Finalmente estiramos la masa y dividimos en tres partes y cada parte en triángulos que darán forma finalmente a los croissants.  Como podéis ver les hice un corte en la base para después enrollar y darle forma.
   






    Los barnicé con leche, los dejé leudar y los metí en el  horno caliente.  El horno lo puse a 200º y al meter los croissants bajé la temperatura a 180º con calor desde abajo.  Cuando empezaron a tomar color puse también la resistencia superior.   
    Una vez sacados del horno los espolvoreé con azúcar molido o glass.  Recién hechos estaban muy buenos.  Al día siguiente también seguían buenos, pero sin duda los primeros eran los mejores.  Por cierto, tengo 4 en el congelador sin leudar listos para sacar, dejar fermentar y meter en el horno.  Este proceso duraría toda la noche, pero me asegura un buen desayuno.   
    Os animo a que probéis a hacerlos aunque sea sólo una vez.  Estoy segura de que os gustarán como le gustaron a mi familia.  Sobre todo fue una satisfacción que los probara mi hija pequeña que de otra forma no los podría tomar.   






















domingo, 14 de abril de 2013

PEMENTOS DE PIQUILLO RECHEOS


    PIMIENTOS DE PIQUILLO RELLENOS

    Unha compañeira díxome que se pasaría polo meu blog a ver que se coce na miña cociña este fin de semana.  Precisamente cocer o que se di estritamente cocer, non se coceu moito, pero cociñar o que se di cociñar, cociñouse bastante.  Non só cociño por necesidade (hai que comer todos os días), ou por controlar o que come a miña filla (polas alerxias); tamén existe a posibilidade de cociñar por gusto ou por evasión (esquecer os problemas do traballo do resto da semana).  O que si podo asegurar é que a maioría das miñas receitas xa as coñecedes e na miña casa me solicitan aquelas que máis lles gustan, como é natural.




    A de hoxe non é das que máis me solicitan.  Xa sabedes que as veces os nenos e as verduras andan bastante distanciados, pero aos maiores nos gusta bastante.  Tamén nesta vez teño que darlle as grazas a unha compañeira; cando falamos de cociña sempre sacamos algo de proveito.
  • 1 bote de pementos de piquillo
  • Unha lata de atún
  • Queixo de untar
  • Un chisco de ourego
  • Salsa de tomate
  • Nata para cociñar
    Xa vedes que collín o camiño curto; os pementos son de bote, xa están asados e pelados, listos para usar na cociña.  Mesturamos o atún despois de escorrer o aceite co queixo de untar e o ourego.  Con remover cun garfo é suficiente podendo engadir un pouco do líquido dos pementos para que o recheo non quede moi espeso (facémolo só se cremos que é necesario).  Enchemos os pementos e poñémolos nunha fonte enriba dun pouco de salsa de tomate.  Regamos os pementos cun pouco de nata para cociñar e gratinamos no forno uns 10 ou 15 minutos.  Estou segura de que vos gustarán.




    Una compañera me dijo que se pasaría por mi blog a ver qué se cuece en mi cocina este fin de semana.  Precisamente cocer lo que se dice estrictamente cocer, no se coció mucho, pero cocinar lo que se dice cocinar, se cocinó bastante.  No cocino solamente por necesidad (hay que comer todos los días), o por controlar lo que come mi hija (por las alergias); también existe la posibilidad de cocinar por gusto o por evasión (olvidar los problemas del trabajo del resto de la semana).  Lo que sí puedo asegurar es que la mayoría de mis recetas ya las conocéis y en mi casa me solicitan aquellas que más les gustan, como es natural.


  
    La de hoy no es de las que más me solicitan.  Ya sabéis que a veces los niños y las verduras andan bastante distanciados, pero a los mayores nos gusta bastante.  También esta vez tengo que darle las gracias a una compañera; cuando hablamos de cocina siempre sacamos algo de provecho.
  • 1 bote de pimientos de piquillo
  • Una lata de atún
  • Queso de untar
  • Una pizca de orégano
  • Salsa de tomate
  • Nata para cocinar
    Ya veis que tomé el camino corto; los pimientos son de bote, ya están asados y pelados, listos para usar en la cocina.  Mezclamos el atún después de escurrir el aceite con el queso de untar y el orégano.  Con remover con un tenedor es suficiente pudiendo añadir un poco del líquido de los pimientos para que el relleno no quede muy espeso (lo hacemos sólo si es necesario).  Llenamos los pimientos y los ponemos en una fuente con un poco de salsa de tomate en el fondo.  Regamos los pimientos con un poco de nata para cocinar y gratinamos en el horno unos 10 o 15 minutos.  Estoy segura de que os gustarán.   


sábado, 6 de abril de 2013

ARROZ CREMOSO DE BACALLAU


    ARROZ CREMOSO DE BACALAO


    Xa estamos de volta das vacacións e, polo tanto, metidos de cheo na rutina.  O traballo acumúlase en todos os aspectos e tamén están as receitas á cola de ser publicadas pero non lles dou dado saída.  Cando chega o momento de redactar e publicar xa me vence o cansanzo e penso que o día seguinte sairá mellor e así vaise encadeando un día con outro.

    O Bacallau é un peixe con moitos recursos.  Na miña casa aparece na mesa en moitas ocasións e de moitas maneiras, como xa ides vendo.  Hai pouco tempo chegou ás miñas mans un pequeno recetario que ten por protagonista dito peixe.  Houbo unha que me chamou a atención e que decidín intentar.  O resultado foi bo e o mellor é que lles gustou a todos os membros da familia, o que evita ter que facer varios pratos para telos a todos contentos.



  • 500 gr de bacallau
  • Aceite de oliva
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello ou verde
  • 1 tomate
  • 400 gr de arroz
  • 50 ml de viño branco
  • Auga quente
  • 50 gr de manteiga
  • 2 culleradas de pirixel picado
  • Sal


    O bacallau podemos empregalo en migas ou ben picado, pero procuraremos que non leve demasiadas espiñas, mellor sen ningunha.

    Antes de empezar a cociñar o mellor é picar todas as verduras e telas preparadas; cebola, pemento, tomate e pirixel.  Unha vez que teñamos todo preparado a receita vai case soa, pero non permite despistes; temos que estar moi pendentes.

    Empezamos poñendo unha tarteira baixa ao lume co aceite e pasamos a cebola cun chisco de sal.  Pasados uns 10 minutos engadimos o pemento e o tomate.  Deixamos que se vaian facendo durante uns 15 minutos con lume suave.  Engadimos despois o viño branco e o arroz, deixando que se evapore o líquido.

    E o momento de incorporar o bacallau ao mesmo tempo que imos botando auga ben quente, caciño a caciño, sen deixar de remover.  Cando xa está cocido o arroz retiramos do lume e engadimos o pirixel e a manteiga.  Removemos e servimos.  Bo proveito.



    Ya estamos de vuelta de las vacaciones y, por tanto, metidos de lleno en la rutina.  El trabajo se acumula en todos los aspectos y también están las recetas a la cola para ser publicadas pero no soy capaz de darles salida con rapidez.  Cuando llega el momento de redactar y publicar ya me vence el cansancio y pienso que el día siguiente será mejor y así se va encadenando un día con otro.

    El bacalao es un pescado con muchos recursos.  En mi casa aparece en la mesa en muchas ocasiones y de muchas maneras, como ya estáis viendo.  Hace poco tiempo llegó a mis manos un pequeño recetario que tiene por protagonista a dicho pescado.  Había una que me llamó la atención y que decidí intentar.  El resultado fue bueno y lo mejor es que les gustó a todos los miembros de la familia, lo que evita tener que hacer varios platos para tenerlos contentos.
  • 500 gr de bacalao
  • Aceite de oliva
  • 1 cebolla
  • 1 pimiento rojo o verde
  • 1 tomate
  • 400 gr de arroz
  • 50 ml de vino blanco
  • Agua caliente
  • 50 gr de mantequilla
  • 2 cucharadas de perejil picado
  • Sal

    El bacalao podemos emplearlo en migas o bien troceado, pero procuraremos que no lleve demasiadas espinas, mejor sin ninguna.
    Antes de empezar a cocinar lo mejor es picar todas las verduras y tenerlas preparadas; cebolla, pimiento, tomate y perejil. Cuando ya esté todo preparado la receta va casi sola, pero no permite despistes; tenemos que estar muy pendientes.
   
    Empezamos poniendo una cazuela baja al fuego con aceite y pasamos la cebolla con una pizca de sal.  Pasados unos 10 minutos añadimos el pimiento y el tomate.  Dejamos que se vayan haciendo durante unos 15 minutos a fuego lento.  Añadimos después el vino   blanco y el arroz, dejando que se evapore el líquido.

Es el momento de incorporar el bacalao al mismo tiempo que vamos añadiendo agua bien caliente, cacito a cacito, sin dejar de remover. Cuando ya está cocido el arroz lo retiramos del fuego y añadimos el perejil y la mantequilla. Removemos y servimos. Buen provecho.


   

domingo, 24 de marzo de 2013

BOLIÑOS CON PEBIDAS DE CHOCOLATE


    BOLLITOS CON PEPITAS DE CHOCOLATE

    Tarde de sábado e moi chuviosa, así que toca quedar na casa e descansar (fai bastante falta).  O que menos me apetece e facer algún tipo de traballo intelectual:  é o primeiro día das vacacións de Semana Santa e hai que esquecerse un pouco do traballo.  Ademais de facer marmelada de laranxa (aínda me quedaban unhas poucas e tiña que aproveitalas antes de que se estragaran), dispúxenme a experimentar con esta receita.  Hai uns boliños moi coñecidos (doowaps) e os meus se lles parecen, pero xa sabedes que o feito na casa non ten nada que ver cos produtos comerciais.

    Atopei a receita hai uns meses neste blog e, coma sempre, modifiqueina coa esperanza de que saíse algo decente que gustara na miña casa.  Así que mentres fervía a marmelada de laranxa, que non ten nada que ver con esta receita, empecei a amasar.

  • 250 ml de leite morno
  • 25 gr de fermento que disolvemos no leite morno
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
  • 450 gr de fariña de forza
  • 80 gr de azucre
  • 1 culleradiña de sal
  • 100 gr de pebidas de chocolate
  • Leite para vernizar
    En primeiro lugar metemos as pebidas de chocolate no conxelador.  Despois quentamos un pouco o leite e desfacemos nel o fermento.  Imos engadindo os ingredientes na orde que aparecen na receita e amasamos.  Deixamos entón que a masa dobre o seu volume nun recipiente untado con aceite de oliva.


    Cando a masa teña crecido dividímola en porcións nas que engadimos as pebidas de chocolate conxeladas e damos forma aos boliños.  Eu fixen 18 que volveron a dobrar o seu volume esta vez colocados en bandexas con papel de forno.  Para rematar verniceinos con leite antes de metelos no forno quecido a 180º durante uns 15 minutos.  Bo proveito.

    Tarde de sábado y muy lluviosa, así que toca quedar en casa y descansar (hace bastante falta).  Lo que menos me apetece es hacer algún tipo de trabajo intelectual:  es el primer día de vacaciones de Semana Santa y hay que olvidarse un poco del trabajo.  Además de hacer mermelada de naranja (aún me quedaban unas pocas y tenía que aprovecharlas antes de que se estropearan), me dispuse a experimentar con esta receta.  Hay unos bollitos muy conocidos (doowaps) y los míos se les parecen, pero ya sabéis que lo hecho en casa no tiene nada que ver con los productos comerciales.

   
    Encontré la receta hace unos meses en este blog y, como siempre, la modifiqué con la esperanza de que saliera algo decente que gustara en mi casa.  Así que mientras hervía la mermelada de naranja, que no tiene nada que ver con esta receta, empecé a amasar.

  • 250 ml de leche templada
  • 25 gr de levadura que disolvemos en la leche templada
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 1 cucharada de esencia de vainilla
  • 450 gr de harina de fuerza
  • 80 gr de azúcar
  • 1 cucharadita de sal
  • 100 gr de pepitas de chocolate
  • Leche para barnizar

    En primer lugar metemos las pepitas de chocolate en el congelador.  Después calentamos un poco de leche y deshacemos en él la levadura.  Vamos añadiendo los ingredientes en el orden que aparecen en la receta y amasamos.  Dejamos entonces que la masa doble su volumen en un recipiente untado con aceite de oliva.



    Cuando la masa haya crecido la dividimos en porciones en las que añadimos las pepitas de chocolate congeladas y damos forma a los bollitos.  Yo hice 18 que volvieron a doblar su volumen esta vez colocados en bandejas con papel de horno.  Para acabar los barnicé con leche antes de meterlos en el horno calentado a 180º durante unos 15 minutos.  Buen provecho.

   

domingo, 17 de marzo de 2013

ROSQUILLAS DE FOLLADO

    ROSQUILLAS DE HOJALDRE

    Por se lle apetecen, por se vamos de festa e as quere, porque outros nenos as comen e os seus ollos as piden, por se as intentan probar, por se... eu que sei por que.  A verdade é que as nais dos nenos alérxicos estamos sempre alerta e sempre previndo distintas situacións que non sempre chegan a producirse pero que entran dentro do posible.  Así foi como naceu a posibilidade desta receita.  Podía ser que se producira unha visita de tipo didáctico por parte da miña filla a un obradoiro de rosquillas e quería estar preparada.  Empecei a investigar na rede, atopeime con esta receita e decidín poñerme mans á obra.
    Estas rosquillas son moi famosas porque as atopamos en todas as festas.  Desde que eu era pequena lembro ir ás festas e comelas e, coma sempre, sabían a pouco porque o paquete acabábase rapidamente.  Iso mesmo pasou na miña casa, a pesar de cociñar tamén os recortes da masa.  Mesmo pareceu incrible que foran cociñadas na casa e non na pastelería.
  • 2 láminas de follado xa estirado
  • Manteiga
  • Azucre
  • Auga
  • Mel.

    Por suposto, non me compliquei demasiado.  O follado compreino no supermercado.  Limiteime a desempaquetalo e deixalo desconxelar.  Puxen no mesado da cociña unha folla e derretín un pouco de manteiga no microondas e  cun pincel estendina enriba para así poder "pegar" a outra lámina de masa follada.
    Cun vaso fun facendo rosquillas e cun tapón fun sacando a masa para facer o burato do medio.  Coloqueinas nunha fonte con papel de forno e metinas no forno xa quente a 220º ata que creceron e colleron cor dourada.  Fixen o mesmo con todos os recortes que quedaron da masa que xa sabedes que non se pode tirar nada.

    Mentres as rosquillas crecían no forno, nun cazo puxen ao lume a mesma cantidade de auga, azucre e mel para facer o xarope co que bañei as rosquillas cando saíron do forno.  Despois tamén as pasei por azucre e as deixei listas para comer.

    Como todas as entradas do blog esta tamén está dedicada ás miñas fillas, pero teño que dedicarlla especialmente a unha pequena pero "gran" seguidora que seguro que será unha boa cociñeira dentro de pouco tempo.  Seguro que queda asombrada con esta receita, pero teño que aclararlle que o único que fago é buscar e experimentar na miña cociña que pronto vai parecer un laboratorio de química.

    Por si le apetecen, por si vamos de fiesta y las quiere, porque otros niños las comen y sus ojos las piden, por si las intentan probar, por si... yo que sé por qué.  La verdad es que las madres de los niños alérgicos estamos siempre alerta y siempre previendo distintas situaciones que no llegan siempre a producirse pero que entran dentro de lo posible.  Así fue como nació la posibilidad de esta receta.  Podría ser que se produjera una visita de tipo didáctico por parte de mi hija a un obrador de rosquillas y quería estar preparada.  Empecé a investigar en la red, me encontré con esta receta y decidí ponerme manos a la obra.


    Estas rosquillas son muy famosas porque las encontramos en todas las fiestas.  Desde que yo era pequeña recuerdo ir a las fiestas y comerlas y, como siempre, sabían a poco porque el paquete se acaba rápidamente.  Eso mismo pasó en mi casa, a pesar de cocinar también los recortes de la masa.  Incluso parece increíble que hayan sido cocinadas en casa y no en la pastelería.   
  • 2 láminas de hojaldre ya estirado
  • Mantequilla
  • Azúcar
  • Agua
  • Miel
    Por supuesto, no me compliqué demasiado.  El hojaldre lo compré en el supermercado.  Me limité a desempaquetarlo y dejarlo descongelar.  Puse en la encimera de la cocina una hoja y derretí un poco de mantequilla en el microondas y con un pincel la extendí encima para así poder "pegar" la otra lámina de masa de hojaldre.   
    Con un vaso fui haciendo rosquillas y con un tapón fui sacando la masa para hacer el agujero del medio.  Las coloqué en una fuente con papel de horno y las metí en el horno ya caliente a 220º hasta que crecieron y cogieron color dorado.  Hice lo mismo con todos los recortes que quedaron de la masa que ya sabéis que no se puede tirar nada.

   
    Mientras las rosquillas crecían en el horno, en un cazo puse al fuego la misma cantidad de agua, azúcar y miel para hacer el almíbar con el que bañé las rosquillas cuando salieron del horno.  Después también las pasé por azúcar y las dejé listas para comer.

    Como todas las entradas del blog esta también está dedicada a mis hijas, pero tengo que dedicársela especialmente a una pequeña pero "gran" seguidora que seguro que será una buena cocinera dentro de poco tiempo.  Seguro que queda asombrada con esta receta, pero tengo que aclararle que lo único que hago es buscar y experimentar en mi cocina que pronto va a parecer un laboratorio de química.