sábado, 21 de febrero de 2015

ESTRELA DE NUTELLA

    ESTRELLA DE NUTELLA


    "Meu dito meu feito".  Xa vos dixen algunha vez que non fai falta que me desafíen, nas leas acabo meténdome soíña.

    Unha amiga envioume este vídeo e comecei a darlle voltas á cabeza ata que fixen a receita.

  • 180 ml de leite
  • 70 gr de manteiga
  • Un chisco de sal
  • 2 culleradas de azucre
  • 450-500 gr de fariña
  • 20 gr de fermento fresco de panadería
  • Nutella


    Quentamos no microondas o leite xunto coa manteiga.  Non é preciso que derreta, bastará con que abrande.

    Facemos un volcán coa fariña e engadimos o leite coa manteiga, o sal, azucre e o fermento.  Amasamos e deixamos levedar (unha hora aproximadamente).  Tamén podemos facer a masa nunha panificadora.

    Cortamos a masa en catro partes.  Estiramos cada parte e cortamos un círculo axudándonos dun prato.  Poñemos un círculo, untámolo con nutella; outro círculo enriba, nutella; outro círculo, nutella e o último.

    No centro poñemos un vaso e cortamos 16 partes iguais como se foran raios unidos ó centro.  Cada dúas retorcémolas dúas veces cara a fóra e unímoslles as puntas.  Para entendelo moito mellor, convén ver o vídeo.


    Vernizamos con leite e deixamos que levede un pouco.  Despois duns 45 minutos enfornamos a 180º (eu fíxeno con ventilador).  En 15 ou 20 minutos estará listo para sacar, deixar arrefriar e papar.  Non durará moito.




    "Dicho y hecho".  Ya os dije alguna vez que no hace falta que me desafíen, en los líos acabo metiéndome solita.

    Una amiga me envió este vídeo y comencé a darle vueltas a la cabeza hasta que hice la receta.
    
  • 180 ml de leche
  • 70 gr de mantequilla
  • Una pizca de sal
  • 2 cucharadas de azúcar
  • 450-500 gr de harina
  • 20 gr de levadura fresca de panadería
  • Nutella


    Calentamos en el microondas la leche junto con la mantequilla.  No es necesario que derrita, bastará con que ablande.
    
    Hacemos un volcán con la harina y añadimos la leche con la mantequilla, la sal, azúcar y la levadura.  Amasamos y dejamos leudar (una hora aproximadamente).  También podemos hacer la masa en una panificadora.
    
    Cortamos la masa en cuatro partes.  Estiramos cada parte y cortamos un círculo ayudándonos de un plato.  Ponemos un círculo, lo untamos con nutella; otro círculo encima, nutella; otro círculo, nutella y el último.

    En el centro ponemos un vaso y cortamos 16 partes iguales como si fueran rayos unidos al centro.  Cada dos las retorcemos dos veces hacia fuera y les unimos las puntas.  Para entenderlo mucho mejor, conviene ver el vídeo.


    Barnizamos con leche y dejamos que leude un poco.  Después de unos 45 minutos horneamos a 180º ( yo lo hice con ventilador).  En 15 o 20 minutos estará listo para sacar, dejar enfriar y papar.  No durará mucho.


   

lunes, 16 de febrero de 2015

FLORES DE ENTROIDO (SEN OVO)

    FLORES DE CARNAVAL (SIN HUEVO)


    Non sei se titulala tamén:  receita da paciencia ou receita da desesperación.

    Cóntovos:  as flores son típicas do Entroido en Galicia xunto coas filloas, as orellas ou as rosquillas.  Polo que lin na rede tamén son típicas noutras partes de España e tómanse en Semana Santa.  Son propias ademais para celebracións de primeira comuñón.  Eu non fixera nunca esta sobremesa; recordo, iso si, a miña nai facéndoas algunha vez e desesperando tamén co molde, a tixola e as flores.  Pero... había que intentalo.

    Por se isto fora pouco, teño unha amiga que ten unha tenda de ferraxes e de cando en vez oferta algunha tentación:  pota para o cocido do Entroido, a tixola para as filloas e , como non? o molde para as flores.  A verdade é que a min tampouco fai falta que me tenten demasiado, ideas teño de sobra.

    Púxenme a buscar receitas.  Xa non vos digo a cantidade de ovo que levan.  Iso si, se as queredes intentar é mellor que collades unha que leva ovo; creo que quedarán mellor.

    Despois de moita busca e contraste, adaptei a que don Álvaro Cunqueiro recolleu no seu libro "Cocina Gallega" e aí vai:

  • 150 gr de fariña
  • 175 ml de leite
  • 20 gr de margarina 
  • 1 cullerada de azucre
  • 2 culleradas de anís
  • Un chisco de sal
  • 1 sobre de gasificante (5 gr)


    Derretemos a margarina.  Engadimos o resto dos ingredientes e batemos.  Deixamos que repouse a masa.

    Mentres poñemos a quentan o aceite co molde dentro.  Cando estea ben quente mollámolo na masa (sen chegar arriba) e pasámolo á tixola.  Aquí ven a parte difícil:  despegar a flor do molde.  Supostamente a flor debería saír soa, pero no meu caso iso non sucedeu.  As primeiras pegáronse tanto que tiven que parar e limpalo cun papel de cociña xa que non se debe mollar.  Pouco a pouco fun facendo flores:  ás seguintes axudeinas eu empuxando coa parte de atrás dun garfo e pouco a pouco foi máis doado.  Despois de varios intentos algo fixen, pero non vos conto as ganas de darlle a alguén co molde, de renderme, ou de levalo de volta á tenda de ferraxes (aínda que non creo que o recolleran).

    Iso si, quedaron crocantes  e consérvanse ben varios días.  Á hora de tomalas polvoriñádeas con azucre e, se vos gusta, tamén se lle pode engadir canela.

    Aquí tedes a mostra.  Que pasedes un bo Entroido.



    No sé si titularla también:  receta de la paciencia o receta de la deseperación.

    Os cuento:  las flores son típicas del Carnaval en Galicia junto con las filloas, las orejas o las rosquillas.  Por lo que leí en la red también son típicas en otras partes de España y se toman en Semana Santa.  Son propias además para celebraciones de primera comunión.  Yo no había hecho nunca este postre; recuerdo, eso sí, a mi madre haciéndolas alguna vez y desesperando también con el molde, la sartén y las flores.  Pero... había que intentarlo.

    Por si esto fuera poco, tengo una amiga que tiene una ferretería y de vez en cuando oferta alguna tentación:  olla para el cocido de Carnaval, la sartén para las filloas y, ¿cómo no? el molde para las flores.  La verdad es que a mi tampoco hace falta que me tienten demasiado, ideas tengo de sobra.

    Me puse a buscar recetas.  Ya no os digo la cantidad de huevo que llevan.  Eso sí, si queréis intentar hacerlas lo mejor es coger una receta que lleve huevo; creo que quedarán mejor.

    Después de mucha búsqueda y contraste, adapté la que don Álvaro Cunqueiro recogió en su libro "Cocina Gallega" y ahí va:
   

  • 150 gr de harina
  • 175 ml de leche
  • 20 gr de margarina 
  • 1 cucharada de azúcar
  • 2 cucharadas de anís
  • Una pizca de sal
  • 1 sobre de gasificante (5 gr)


    Derretimos la margarina.  Añadimos el resto de los ingredientes y batimos.  Dejamos que repose la masa.
    
    Mientras ponemos a calentar el aceite con el molde dentro.  Cuando esté bien caliente lo mojamos en la masa (sin llegar arriba)y lo pasamos a la sartén.  Aquí viene la parte difícil:  despegar la flor del molde.  Supuestamente la flor debería salir sola, pero en mi caso eso no sucedió.  Las primeras se pegaron tanto que tuve que parar y limpiarlo con un papel de cocina ya que no se debe mojar.  Poco a poco fui haciendo las flores:  a las siguientes le ayudé empujando con la parte de atrás de un tenedor y poco a poco fue más fácil.  Después de varios intentos hice algo, pero no os cuento las ganas de darle a alguien con el molde, de rendirme o de llevarlo de vuelta a la ferretería ( aunque creo que no me lo recogerían)
    
    Eso sí, quedaron crujientes y se conservan bien varios días.  A la hora de tomarlas espolvoreadlas con azúcar y, si os gusta, también se le puede añadir canela.

   Aquí tenéis la muestra.  Que paséis un buen Carnaval.

   



jueves, 29 de enero de 2015

MUFFINS DE CHOCOLATE

    MUFFINS DE CHOCOLATE


    Seguro que todos empezastes o ano con bos propósitos.  Aínda estaban soando as badaladas e xa estabamos a pensar en cociñar menos para comer menos tamén e poñer en orde a nosa dieta.  Pero, para min só fixo falta que chegara o día de Reis e que a meu irmán se lle ocorrera traerme un libro con receitas de muffins para acabar cas miñas aspiracións:  creo que ese foi o principio da fin das boas intencións.

    A verdade, non tiña moitas ganas de experimentar e sacar algo novo e as receitas do libro viñan cargadas do noso ingrediente prohibido:  o ovo.  Pero teño unha filla insistente:  mamá, seguro que che sae! e xa podedes imaxinar que empecei unha busca intentado atopar a maneira de facer uns muffins decentes sen empregar ovos.  Si, xa sei, non fixo falta demasiado para convencerme, pero esta vez busquei un atallo:  atopei un blog de cociña dunha nai, cun fillo alérxico tamén, cunha receita fantástica.  Chámase sweetthings.  A receita quedou así:

  • 310 gr de fariña
  • 280 gr de azucre
  • 80 gr de cacao puro en po, (Valor)
  • 1 sobre dobre de gasifícante (4,875 gr) ou unha culleradiña de fermento químico
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 270 ml de auga
  • 180 ml de aceite de xirasol
  • Unhas gotas de esencia de vainilla
  • 50 gr de pebitas de chocolate
    A diferenza das madalenas, os muffins son máis densos e a súa masa é menos aireada.  Basicamente temos que mesturar os ingredientes sólidos por un lado e os líquidos por outro para rematar uníndoos para obter o resultado final.

    Nun recipiente fondo poñemos a fariña, o azucre, o cacao en po, o fermento, o bicarbonato e o sal.  Dámoslle unhas voltas cunha culler.  Despois incorporamos os líquidos:  auga, aceite e esencia de
vainilla, sen bater.  Para este último paso axudeime dun batedor cos ganchos para amasar.  Non convén bater, só temos que mesturar os ingredientes o suficiente para formar a masa.  Incorporamos a metade das pebidas de chocolate.  Botamos a mestura nas cápsulas de papel, adornamos co resto das pebidas e enfornamos a 180º con resistencia superior e inferior ademais do ventilador.  Bastarán 20 minutos e estarán listos para sacalos e  poñelos a arrefriar nunha rella.

    A min, como non os fixen demasiado grandes, saíronme 24.




    Seguro que todos empezasteis el año con buenos propósitos.  Aún estaban sonando las campanadas y ya estábamos pensando en cocinar menos para comer menos también y poner en orden nuestra dieta.  Pero, para mi sólo hizo falta que llegara el día de Reyes y que a mi hermano se le ocurriera traerme un libro con recetas de muffins para acabar con mis aspiraciones:  creo que ese fue el principio del fin de las buenas intenciones.

    La verdad, no tenía muchas ganas de experimentar y sacar algo nuevo y las recetas del libro venían cargadas de nuestro ingrediente prohibido:  el huevo.  Pero tengo una hija insistente:  mamá, ¡seguro que te sale! y ya podéis imaginar que empecé una búsqueda intentando encontrar la manera de hacer unos muffins decentes sin usar huevos.  Sí, ya sé, no hizo falta demasiado para convencerme, pero esta vez busqué un atajo:  encontré un blog de cocina de una madre, con un hijo alérgico también, con una receta fantástica.  Se llama sweetthings.  La receta quedó así:

  • 310 gr de harina
  • 280 gr de azúcar
  • 80 gr de cacao puro en polvo, (Valor)
  • 1 sobre doble de gasifícante (4,875 gr) o una cucharadita de levadura química
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de bicarbonato
  • 270 ml de agua
  • 180 ml de aceite de girasol
  • Unas gotas de esencia de vainilla
  • 50 gr de pepitas de chocolate

    A direncia de las madalenas, los muffins son más densos y su masa menos aireada.  Básicamente tenemos que mezclar los ingredientes sólidos por un lado y los líquidos por otro para acabar uniéndolos para obtener el resultado final.
    
    En un recipiente hondo ponemos la harina, el azúcar, el cacao en polvo, la levadura, el bicarbonato y la sal.  Le damos unas vueltas con una cuchara.  Después incorporamos los líquidos: agua, aceite y esencia de vainilla sin batir.  Para este último paso me ayudé de una batidora con los ganchos de amasar.  No conviene batir, sólo tenemos que mezclar lo suficiente los ingredientes para formar la masa.  Incorporamos la mitad de las pepitas de chocolate.  Echamos la mezcla en las cápsulas de papel, adornamos con el resto de las pepitasn y horneamos a 180ºcon resistencia superior e inferior además del ventilador.  Bastarán 20 minutos y estarán listos para sacarlos  y ponerlos a enfriar en una rejilla.

    A mi, como no los hice demasiado grandes, me salieron 24.



    

domingo, 4 de enero de 2015

CANELÓNS DE POLO ASADO

    CANELONES DE POLLO ASADO


    Cociñamos, cociñamos e non damos comido todo o cociñado.  Se hai algo que non me gusta son as sobras das comidas, pero aínda me gusta menos ter que tirar con elas:  os desperdicios non van comigo.  Como en fin de ano tocou cear polo asado, en ano novo tocou facer canelóns cos restos do polo.




  • 250 gr de polo asado sen ósos nin pel
  • 1 cebola
  • 100 gr de champiñóns
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de sal
  • Un chisco de cúrcuma (opcional)
  • 16 placas de canelóns
  • 50 gr de manteiga
  • 50 gr de fariña
  • 3/4 l de leite
  • Un chisco de noz moscada moída (opcional)
  • Salsa de tomate
  • Queixo relado

    Picamos a cebola en anacos o máis pequenos posibles e pochámola nun pouco aceite de oliva.  Engadimos o sal para que súe o non se queime.  Cando estea transparente engadimos o polo ben picado (eu empreguei a picadora) e despois dun par de minutos incorporamos os champiñóns picados e un chisco de cúrcuma.  Deixamos que se cociñe uns cinco minutos e retiramos do lume.

    Mentres podemos cociñar os canelóns seguindo as instrucións que aparecen no envase.  Se temos que cocelos deixarémolos despois enriba dun pano seco.

    Facemos a bechamel para cubrir os canelóns.  Derretemos a manteiga e engadimos a fariña.  Despois duns minutos engadimos o leite sen deixar de remexer ata que espese.  É o momento de botarlle un chisco de noz moscada.  Unha vez teñamos a bechamel feita volvemos poñer o recheo de polo ao lume e engadimos 4 ou 5 culleradas da bechamel para que quede ben ligado.

    Imos poñendo culleradas de recheo enriba dos canelóns e envolvémolos.  Colocarémolos nunha fonte co fondo cuberto de salsa de tomate.  Bañámolos coa salsa bechamel e polvoriñamos co queixo relado.  Enfornamos a 220 º e retiramos cando o queixo estea gratinado e dourado.  Bo proveito.



    Cocinamos, cocinamos y no damos comido todo lo cocinado.  Si hay algo que no me gusta son las sobras de las comidas, pero aún me gusta menos tener que tirar con ellas:  los desperdicios no van conmigo.  Como en fin de año tocó cenar pollo asado, en año nuevo tocó hacer canelones con los restos del pollo.




  • 250 gr de pollo asado sin huesos ni piel
  • 1 cebolla
  • 100 gr de champiñones
  • Aceite de oliva
  • Una pizca de sal
  • Una pizca de cúrcuma (opcional)
  • 16 placas de canelones
  • 50 gr de mantequilla
  • 50 gr de harina
  • 3/4 l de leche
  • Una pizca de nuez moscada molida (opcional)
  • Salsa de tomate
  • Queso rallado

    Picamos la cebolla en trozos pequeños y la pochamos en un poco de aceite de oliva.  Añadimos la sal para que sude y no se queme.  Cuando esté transparente añadimos el pollo bien picado (yo lo hice con la picadora) y después de un par de minutos incorporamos los champiñones picados y una pizca de cúrcuma.  Dejamos que se cocine unos cinco minutos y retiramos del fuego.
    
    Mientras podemos cocinar los canelones siguiendo las instrucciones que aparecen en el envase.  Si tenemos que cocerlos los dejaremos después encima de un paño seco.
  
    Hacemos la bechamel para cubrir los canelones.  Derretimos la mantequilla y añadimos la harina.  Después de unos minutos añadimos la leche sin dejar de remover hasta que espese.  Es el momento de echarle una pizca de nuez moscada.  Una vez tengamos la bechamel hecha volvemos a poner el relleno de pollo al fuego y añadimos 4 o 5 cucharadas de bechamel para que quede bien ligado.

    Vamos poniendo cucharadas de relleno encima de los canelones y los envolvemos.  Los colocamos en una fuente con el fondo cubierto de salsa de tomate.  Los bañamos con la salsa  bechamel y espolvoreamos con el queso rallado.  Horneamos a 220 º y retiramos cuando el queso esté gratinado y dorado.  Buen provecho.

    




sábado, 3 de enero de 2015

GALLETAS DE FOLLADO E MARMELADA

    GALLETAS DE HOJALDRE Y MERMELADA


    Para empezar o ano o mellor é facer algo sinxelo, que xa estamos saturados de cociña e comida.  

    É unha receita que non nos complica a vida e que desaparecerá nun intre.


  • 2 láminas de follado
  • Marmelada (de framboesa no meu caso)
  • Leite para vernizar
  • Azucre para polvoriñar


    Empezamos estendendo as láminas de follado.  Se son refrixeradas non fará falta pois xa veñen estendidas.

    Despois untados unha das láminas con marmelada.  Non botamos demasiada para que non saia ao cortar as galletas.  Procuramos non chegar ao borde deixando un par de centímetros de marxe.  

    Eses centímetros que deixamos pincelámolos con leite e poñemos a outra lámina de follado enriba premendo ao redor para que non se mova.  Collemos unha forma de galletas e imos cortando o follado.  Eu escollín o corazón porque me permitía aproveitar mellor a masa.

    Con coidado colocámolas enriba dunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal ou co mesmo papel que trae o follado.  Pincelamos as galletas con leite e polvoriñamos con azucre.

    Metémolas a forno quente a 220 º ata que estean douradas.

    Tamén podemos facelas con outros recheos:  crema de cacao, pasta de améndoas,...



    Para empezar el año lo mejor es hacer algo sencillo, que ya estamos saturados de cocina y comida.

    Es una receta que no nos complica la vida y que desaparecerá en un momento.


  • 2 láminas de hojaldre
  • Mermelada (de frambuesa en mi caso)
  • Leche para barnizar
  • Azúcar para espolvorear

    Empezamos extendiendo las láminas de hojaldre.  Si son refrigeradas no hará falta pues ya vienen extendidas.
    
    Después untamos una de las láminas con mermelada.  No echamos demasiada para que no salga al cortar las galletas.  Procuramos no llegar al borde dejando un par de centímetros de margen

     Estos centímetros que dejamos los pincelamos con leche y ponemos la otra lámina de hojaldre encima presionando alrededor para que no se mueva.  Cogemos una forma de galletas y vamos cortando el hojaldre.  Yo escogí el corazón porque me permitía aprovechar mejor la masa.

     Con cuidado las colocamos encima de una bandeja de horno cubierta con papel vegetal o con el mismo papel que trae el hojaldre.  Pincelamos las galletas con leche y espolovoreamos con azúcar.

    Las metemos al horno caliente a 220 º hasta que estén doradas.

    También podemos hacerlas con otros rellenos:  crema de cacao, pasta de almendras,...