domingo, 12 de julio de 2015

CREMA DE CEREIXAS

    CREMA DE CEREZAS


    E seguimos coas cereixas.  Non hai coma ter para poder experimentar.  A idea saqueina dunha revista que poñía framboesas no lugar de cereixas, pero como tiña moitas cereixas...


  • 400 gr de cereixas (pesadas sen carabuñas)
  • 4 follas de xelatina
  • 120 gr de azucre
  • 200 ml de nata para montar
  • 1 iogur grego natural
  • Chocolate


    Trituramos as cereixas e engadimos o iogur e unha cullerada de azucre.  Removemos.  Mentres poremos en auga as follas de xelatina.  Escorrémolas e disolvémolas en 50 ml de auga quente.  Unha vez disoltas incorporámolas á crema.

    Montamos a nata xunto co resto do azucre.  Incorporámola á crema axudándonos dunha culler de madeira.  Botamos en vasiños e deixamos que arrefríe na neveira.  Antes de servir adornamos con chocolate relado.



    Y seguimos con las cerezas.  Al tener muchas, puedo experimentar.  La idea la saqué de una revista que usaba frambuesas en el lugar de cerezas, pero como tenía muchas cerezas...


  • 400 gr de cerexas (pesadas sin huesos)
  • 4 hojas de gelatina
  • 120 gr de azúcar
  • 200 ml de nata para montar
  • 1 yogur griego natural
  • Chocolate


    Trituramos las cerezas y añadimos el yogur y una cucharada de azúcar.  Removemos.  Mientras ponemos en agua las hojas de gelatina.  Las escurrimos y disolvemos en 50 ml de agua caliente.  Una vez disueltas las incorporamos a la crema.
   
    Montamos la nata junto con el resto de azúcar.  La incorporamos a la crema ayudándonos de una cuchara de madera.  La echamos en vasitos o copas y dejamos que enfríe en la nevera.  Antes de servir adornamos con chocolate rallado.

   

sábado, 11 de julio de 2015

MARMELADA DE CEREIXA

    MERMELADA DE CEREZA


    Por que non fas marmelada?  Esta é a suxestión habitual na miña casa cando hai excedente de froita.  Este ano as cerdeiras do meu sogro deron cereixas en abundancia e atrevinme a preparar unha pouca marmelada.

    O proceso que seguín non ten diferenza coa elaboración das outras marmeladas, pero ten a dificultade de sacar as carabuñas antes de facela.  Pode ser que teñades algún aparato que vos facilite a tarefa; de non ser o caso podedes observar este vídeo que seguro vos vai axudar.


  • 600 gr de cereixas  (sen carabuñas)
  • 300 gr de azucre
  • Zume de 1/2 limón

    Despois de sacar as carabuñas das cereixas, pesámolas e engadimos o azucre máis o zume de limón.

    Deixamos repousar na neveira unhas horas.  Eu deixeina toda a noite.

    Poñémola a cocer e deixámola 1/2 hora desde que empeza a ferver.  Cando ferva baixamos o lume ao xusto para que non deixe de facelo.
  
    Triturámola o deixámola con anacos, como máis nos guste, e envasámola.

    Eu aproveitei que tiña feita unha torta de queixo para probala.



    ¿Por qué no haces mermelada?  Esta es la sugerencia habitual en mi casa cuando hay excedente de fruta.  Este año los cerezos de mi suegro dieron cerezas en abundancia y me atreví a preparar una poca mermelada.

    El proceso que seguí no tiene diferencia con la elaboración de las otras mermeladas, pero tiene la dificultad de sacar los huesos antes de hacerla.  Puede ser que tengáis algún aparato que os facilite la tarea; sino es así podes ver este vídeo que seguro que os va a ayudar.



  • 600 gr de cerezas  (sin hueso)
  • 300 gr de azúcre
  • Zumo de 1/2 limón

    Después de sacar el hueso de las cerezas, las pesamos y añadimos el azúcar además del zumo de limón.    

    Dejamos reposar en la nevera unas horas.  Yo la dejé todas la noche.
   
    La ponemos a cocer y la dejamos 1/2 hora desde que empieza a hervir.  Cuando hierva bajamos el fuego lo justo para que no deje de hacerlo.
   
      La trituramos o la dejamos con trozos, como más nos guste, y la envasamos.
    
    Yo aproveché que había hecho tarta de queso para probarla.




    

viernes, 10 de julio de 2015

SALCHIMOMIAS

    SALCHIMOMIAS

    Alá por Samaín tiven a ocorrencia de facer esta receita despois de buscar en internet, receita, por outro lado, moi coñecida na rede; non estou descubrindo nada novo.  

    Pero as miñas salchimomias teñen historia:  non hai día que coincida coa miña sobriña e que non mas pida.  Sempre estamos a chancear:  quen pon as salchimomias e quen o ketchup?  Xa sabedes a resposta.  Así que aquí están para ela.

  • Salchichas
  • Masa de follado
  • Ketchup



    Non temos máis que cortar a masa de follado en tiras.  Tamén podemos empregar masa de pizza, de empanada,... segundo os gustos.  Envolvemos as salchichas de forma irregular para darlle aparencia de momias.  Poñemos en papel vexetal e metemos no forno a 180º.  Sacamos cando o follado colla cor. Podemos decoralas facéndolles uns ollos con pingas de ketchup. Comémolas acompañadas de ketchup.



    Allá por Samaín se me ocurrió hacer esta receta después de buscar en internet, receta, por otro lado, muy conocida en la red; no estoy descubriendo nada nuevo.

    Pero mis salchimomias tienen historia:  no hay día que coincida con mi sobrina y que no me las pida.  Siempre estamos bromeando:  ¿quién pone las salchimomias y quién el ketchup?  Ya sabéis la respuesta.  Así que aquí están para ella.
  • Salchichas
  • Masa de hojaldre
  • Ketchup



    Sólo tenemos que cortar la masa de hojaldre en tiras.  También podemos emplear masa de pizza, de empanada,... según los gustos.  Envolvemos las salchichas de forma irregular para darle apariencia de momias.  Las ponemos en papel vegetal y las metemos en el horno a 180º.  Las sacamos cuando el hojaldre coja color.  Podemos decorarlas haciéndole unos ojos con gotas de ketchup.  Las comemos acompañadas de ketchup.
    

lunes, 6 de julio de 2015

QUICHE DE CABACIÑA E ALLO PORRO (SEN OVO)

    QUICHE DE CALABACÍN Y PUERRO (SIN HUEVO)


    A culpa é da miña nai.  Si da miña nai e da cantidade e calidade de cabaciñas que ten na horta.  Ademais á miña familia non lle gustan as cremas de verduras e hai que buscar outra maneira de comelas.  Si, tamén podemos facer cabaciñas rebozadas, pero non sempre se pode estar pensando en sobremesas.



  • 1 lámina de masa quebrada ou brisa
  • 1/2 cabaciña grande
  • 2 allos porros
  • Unha cullerada de manteiga
  • 200 ml de nata para cociñar
  • 100 gr de touciño entrefebrado en anacos
  • 50 gr de queixo relado
  • Un chisco de sal e pementa

    Quentamos o forno a 220 º.  Estendemos a masa nun molde redondo, picamos a superficie un garfo e metemos uns 10  minutos no forno.  Podemos cubrir a superficie cun papel vexetal e garavanzos para que a masa non suba.  Eu non o fixen:  o paquete da masa poñía que non subía e decidín probar.  Subiu un chisco, case nada.


    Mentres preparamos o recheo.  Derretemos a manteiga e engadimos o allo porro cortado en anacos pequenos.  Cando empeza a abrandarse incorporamos a cabaciña que teremos pelada e cortada tamén en anacos pequenos.  Deixamos que evapore o líquido que solta.  Ao mesmo tempo nunha tixola tostamos un pouco o touciño e reservamos.  Cando se evapore a auga da calabaciña incorporamos a nata e deixamos que espese un pouco.  Retiramos e engadimos o queixo relado e o touciño ademais do sal e a pementa.

    Incorporamos o recheo á masa e volvemos enfornar.  Deixamos que se cociñe uns 25 minutos máis ou ata que colla cor dourada. 





    La culpa es de mi madre.  Sí de mi madre y de la cantidad y calidad de calabacines que tiene en la huerta.  Además a mi familia no le gustan las cremas de verduras y hay que buscar otra manera de comerlos.  Sí, también podemos hacer calabacín rebozado, pero no se puede estar pensando siempre en postres. 




  • 1 lámina de masa quebrada o brisa
  • 1/2 calabacín grande
  • 2 puerros
  • Una cucharada de mantequilla
  • 200 ml de nata para cocinar
  • 100 gr de bacon
  • 50 gr de queso rallado
  • Una pizca de sal e pimienta

    Calentamos el horno a 220º.  Extendemos la nasa en un molde redondo, pinchamos la superficie con un tenedor y metemos unos 10 minutos en el horno.  Podemos cubrir la superficie con un papel vegetar y garbanzos para que la masa no suba.  Yo no lo hice:  el paquete de masa ponía que no subía y decidí probar.  Subió una pizca, casi nada.



    Mientras preparamos el relleno.  Derretimos la mantequilla y añadimos el puerro cortado en trozos pequeños.  Cuando empieza a ablandarse incorporamos el calabacín que tendremos pelado y cortado también en trozos pequeños.  Dejamos que se evapore el líquido que suelta.  Al mismo tiempo en un sartén doramos un poco el bacon y reservamos.  Cuando se evapore el agua del calabacín incorporamos la nata y dejamos que espese un poco.  Retiramos y añadimos el queso rallado y el bacon además de salpimentar.

   Incorporamos el relleno a la masa y volvemos a hornear.  Dejamos que se cocine unos 25 minutos más o hasta que coja color dorado.



    

sábado, 20 de junio de 2015

CABACIÑA REBOZADA

    CALABACÍN REBOZADO

    Hoxe traio unha receita con ovo, cousa que non fago case nunca;  escapo deste tipo de receitas polo "estrés" que me produce meter ovo na cociña.  Aproveito que teño á miña filla de campamento e podo airear a casa e lavar todo antes de que volva.

    É un prato deses que me traslada á miña infancia.  Non sei de onde saíu a receita, eu aprendina da miña nai.  E non pensedes que é un aperitivo:  trátase dunha sobremesa.

Cabaciña
Fariña
Ovos
Azucre
Aceite de xirasol


    As cantidades irán en función do tamaño da cabaciña.  Podedes precisar máis ou menos ovos e fariña.  Eu precisei dous e parte doutro.


    En primeiro lugar hai que pelar a cabaciña e despois cortala en toros o máis delgados posible.  Poñemos a tixola ó lume, pasamos os toros por fariña e ovo batido e fritímolos.  Deixámolos nun papel de cociña para eliminar o exceso de aceite e polvoriñámolos con azucre.  Bo proveito.



    Hoy traigo una receta con huevo, cosa que no hago casi nunca; escapo de este tipo de recetas por el "estrés" que me produce meter huevo en la cocina.  Aprovecho que tengo a mi hija de campamento y puedo airear la casa y lavar todo antes de que vuelva.

    Es un plato de esos que me traslada a la infancia.  No sé de dónde salió la receta, yo la aprendí de mi madre.  Y no penséis que es un aperitivo:  se trata de un postre.
    
Calabacín
Harina
Huevos
Azúcar
Aceite de girasol


    Las cantidades irán en función del tamaño del calabacín.  Podéis necesitar más o menos huevos y harina.  A mi me hicieron falta dos huevos y parte de otro.
    

    En primer lugar hay que pelar el calabacín y después cortarlo en rodajas lo más delgadas posible.  Ponemos la sartén al fuego, pasamos las rodajas por harina y huevo batido y las freímos.  Las dejamos sobre un papel de cocina para eliminar el exceso de aceite y las espolvoreamos con azúcar.  Buen provecho.