viernes, 13 de septiembre de 2013

ENREIXADO DE MORAS

    ENREJADO DE MORAS


    Esta receita case que a podiamos clasificar de 'non receita'  porque en realidade foi unha receita de apuro, de última hora, dun deses momentos que todos temos nos que nos preguntamos:  e para mañá, que fago de sobremesa?  Foi tan sinxelo como poñer a masa nun molde e botar a marmelada.  Xa sabedes; o mínimo esforzo.  E é que de vez en cando non ven nada mal un pouquiño de relax tamén na cociña.  Como ingredientes temos:



    Como xa sabedes que estaba lacazana, a masa compreina feita no super fixándome sempre nos ingredientes para que sexa apta para a miña filla.  Era refrixerada, non conxelada.  Soamente temos que abrir o paquete e desenvolver a masa para poñela no molde.  Aproveitei incluso o papel que traía para poñela no molde.  Pinchei a masa cun garfo, incorporei a marmelada de moras e recortei os bordes sobrantes da masa para facer despois o enreixado da parte superior.

    Verniceina con leite e metina no forno seguindo as instrucións do paquete da masa.  Quecín o forno a 200º e deixeina uns 30 minutos (ou cando xa está dourada).

    Cando a saquei do forno as miñas fillas dixeron que se lles parecía ás tortas dos debuxos animados ou as típicas tortas que saen nas películas inglesas arrefriando nas fiestras.  Pero a cuestión é que é bastante doce.  Bo proveito.


    Esta receta casi que la podíamos clasificar de 'no receta' porque en realidad fue una receta de apuro, de última hora, de uno de esos momentos que todos tenemos en los que nos preguntamos:  y para mañana, ¿que hago de postre?  Fue tan sencillo como poner la masa en un molde y echar la mermelada.  Ya sabéis:  el mínimo esfuerzo.  Y es que de vez en cuando no viene nada mal un poquito de relax también en la cocina.  Como ingredientes tenemos:



    Como ya sabéis que estaba vaga, la masa la compré hecha en el super fijándome siempre en los ingredientes para que sea apta para mi hija.  Era refrigerada, no congelada.  Solamente tenemos que abrir el paquete y desenvolver la masa para ponerla en el molde.  Aproveché incluso el papel que traía para ponerla en el molde.  Pinché la masa con un tenedor, incorporé la mermelada de moras y recorté los bordes sobrantes de la masa para hacer después el enrejado de la parte superior.
   
    La barnicé con leche y la metí en el horno siguiendo las instrucciones del paquete de la masa.  Calenté el horno a 200º y la dejé unos 30 minutos ( o cuando ya está dorada). 

    Cuando la saqué del horno mis hijas dijeron que se les parecía a las tartas de los dibujos animados o a las típicas tartas que salen en las películas inglesa enfriando en las ventanas.  Pero la cuestión es que es bastante dulce.  Buen provecho.




   

sábado, 7 de septiembre de 2013

MARMELADA DE MORAS SILVESTRES

    MERMELADA DE MORAS SILVESTRES

    Desde mediados de agosto saír ao monte ou ao campo e coller moras pode ser moi entretido para os cativos e os non tan cativos.  Despois de facer algunhas tortas de  moras e conxelar unhas poucas para outras ocasións, decidín experimentar coa marmelada.  A verdade é que está ben boa e non pode ser máis económica.




  • 600 gr. de moras
  • 300 gr. de azucre
  • 1/2 limón

    As moras debemos lavalas ben e asegurarnos de que non leven restos de follas ou pauciños.  Despois déixoas no escorredoiro e cando pasa unha hora, máis ou menos, pésoas.  Pásoas pola picadora e póñoas a cocer despois de engadirlle o azucre e o limón tamén picado e sen ningún resto de pel branca que lle daría un sabor amargo.  De non pasalas pola picadora podemos esmagalas cun garfo ou pasarlle o batedor cando a marmelada xa estea practicamente cocida.  Se temos botes e tapas esterilizados, vertémola neles cando está ben quente, cerrámolos e deixámolos boca abaixo de 12 a 24 horas.  Se ao darlles a volta a tapa non se afunde estará feito o baleiro.

    Teño que confesar que para facer as marmeladas teño a axuda dunha panificadora que merquei no Lidl e que ten un programa específico para marmeladas.  Así evito ter que estar pendente do lume aínda que as marmeladas as vaia facendo a pouquiños.





    Desde mediados de agosto salir al monte o al campo y coger moras puede ser muy entretenido para los niños y los no tan niños.  Después de hacer algunas tartas de moras y congelar unas pocas para otras ocasiones, decidí experimentar con la mermelada.  La verdad es que está muy buena y no puede ser más económica.




  • 600 gr. de moras
  • 300 gr. de azúcar
  • 1/2 limón

    Las moras debemos lavarlas bien y asegurarnos de que no lleven restos de hojas o ramitas.  Después las dejo en el escurridor y cuando para una hora, más o menos, las peso.  Las paso por la picadora y las pongo a cocer después de añadirle el azúcar y el limón también picado y sin ningún resto de piel blanca que le daría un sabor amargo.  Si no las picamos podemos aplastarlas con un tenedor o pasar la batidora cuando la mermelada ya esté prácticamente cocida.  Si tenemos botes y tapas esterilizados, la vertemos en ellos cuando está bien caliente, los cerramos y los dejamos boca abajo de 12 a 24 horas.  Si al darles la vuelta la tapa no se hunde estará hecho el vacío.
    
    Tengo que confesar que para hacer las mermeladas tengo la ayuda de una panificadora que compré en el Lidl y que tiene un programa específico para mermeladas.  Así evito tener que estar pendiente de remover la mermelada aunque las mermeladas se vayan haciendo poco a poco.
    

martes, 3 de septiembre de 2013

PERAS EN XAROPE

    PERAS EN ALMÍBAR


    Este ano non foi moi abundante en froita.  Unha primavera excesivamente chuviosa e a calor do verán, que chegou un pouco tarde, tiveron a culpa.  Non fixen moitas marmeladas nin envasei froitas en xarope se exceptuamos as peras.  Ten meu pai unha pereira que, a pesar do tempo, nos deixou uns bos froitos para envasar.



  • Peras
  • 3/4 l. de auga
  • 400 gr. de azucre
  • Un anaco de codia de limón

    Nun cazo poñemos a auga, o azucre e a codia de limón para facer o xarope.  Levamos ao lume e deixamos que ferva uns 10 minutos.  Mentres pelamos e partimos as peras sacándolles o corazón e as pebidas.  Metémolas en frascos de vidro, que xa estarán esterilizados, e botámoslles o xarope quente.  Cerramos os botes (as tapas terémolas tamén esterilizadas) e poñémolos a baño maría. 

 Despois de que empezan a ferver esperamos 40 minutos e apagamos o lume deixando que arrefríen dentro da auga.

  Xa nos queda a sobremesa feita para o inverno. 






    Este año no fue muy abundante en fruta.  Una primavera excesivamente lluviosa y el calor del verano, que llegó un poco tarde, tuvieron la culpa.  No hice muchas mermeladas ni envasé frutas en almíbar a excepción de las peras.  Mi padre tiene un peral que, a pesar del tiempo, nos dejó unos buenos frutos para envasar.
  • Peras
  • 3/4 l. de agua
  • 400 gr. de azúcar
  • Un trozo de corteza de limón

    En un cazo ponemos el agua, el azúcar y la corteza de limón para hacer el almíbar.  Llevamos al fuego y dejamos que hierva unos 10 minutos.  Mientras pelamos y partimos las peras,les sacamos el corazón y las pepitas.  Las metemos en frascos de vidrio, que ya estarán esterilizados, y les echamos el almíbar caliente.  Cerramos los botes (las tapas las tendremos también esterilizadas) y los ponemos a baño maría.

    Después de que empiezan a hervir esperamos 40 minutos y apagamos el fuego dejando que enfríen dentro del agua.  Ya nos queda el postre hecho para el invierno.



jueves, 22 de agosto de 2013

SUIZOS (SEN OVO)


    SUIZOS (SIN HUEVO)


    Xa estou aquí, outra vez, de volta.  Estiven uns días de vacacións en Neiras, esa aldea de Lugo na que está o forno da foto; ese forno que leva cocido tantos roscóns, empanadas, pan,...

    A verdade é que se queredes pasar uns días de descanso en paz e tranquilidade, en contacto coa natureza a miña recomendación é que vaiades a Neiras.  A cuestión é que despois non teredes ganas de volver á rutina diaria tan segura como esgotadora.

    Direivos tamén que non aproveitei o forno de Neiras para esta receita.  As vacacións foron case totais e cociñei o mínimo.  Tamén sería unha pena acender o forno só para estes suízos.  Tería que facer como mínimo cinco veces a cantidade desta receita para aproveitalo.




    Despois de experimentar con varias masas direivos que é máis fácil eliminar os ovos neste tipo de masas que levan fermento de panadería que nas outras do tipo dos biscoitos ás que hai que botarlles fermento químico.  Na receita de hoxe podedes engadir un ou dous ovos e rectificar a cantidade de fariña que será unha pouca máis.  Tamén podedes vernizar con ovo e a cor será moi distinta.


  • 150 ml de leite
  • 100 gr de azucre
  • 50 gr de manteiga
  • 25 gr de fermento fresco de panadería ou 7 gr de fermento seco de panadería
  • 500 gr de fariña (mellor de forza)
  • Un chisco de sal
  • 5 gotas de esencia de anís
  • Azucre para adornar
  • Leite para vernizar

    Como sempre debemos ter a precaución de sacar a manteiga da neveira con antelación para que amoleza a temperatura ambiente.  De non facelo, sempre podemos botala no leite da receita e quentala un chisco no microondas.  Engadimos o azucre, o sal e a esencia de anís e batemos todo.  Incorporamos a fariña e o fermento e amasamos procurando que a masa non quede dura. 

 Deixamos que levede e despois formamos pequenos bolos alargados (12 con esta masa).  Para facelos estiro un pouco a masa e despois a envolvo como se se tratara dun brazo de xitano tal e como expliquei na receita das medias noites.  

    Cun coitelo ben afiado dámoslles un corte lonxitudinal  e deixamos que leveden os boliños ata que dobren ou tripliquen o seu volume.  É o momento de acender o forno a 180 º e de vernizar con leite os suízos ao mesmo tempo que mesturamos azucre cun pouquiño de auga e poñelo no corte.  Metemos no forno e vixiamos pois nus 10 ou 15 minutos poden estar feitos.  O ideal é telos preparados para o almorzo que deste xeito será máis que redondo.

  A opción é deixar os bolos levedando na neveira pola noite e sacalos pola mañá para que temperen e metelos no forno.  E o xa dito:  Bo almorzo!!!!
    



    Ya estoy aquí, otra vez, de vuelta.  Estuve unos días de vacaciones en Neiras, esa aldea de Lugo en la que está el horno de la foto; ese horno que ha cocido tantos roscones, empanadas, pan,...

    La verdad es que si queréis pasar unos días de descanso en paz y tranquilidad, en contacto con la naturaleza mi recomendación es que vayáis a Neiras.  La cuestión es que después no tendréis ganas de volver a  la rutina diaria tan segura como agotadora.

   Os diré también que no aproveché el horno de Neiras para esta receta.  Las vacaciones fueron casi totales y cociné lo mínimo.  También sería una pena encender el horno sólo para estos suizos.  Tendría que hacer como mínimo cinco veces la cantidad de esta receta para aprovecharlo.



      Después de experimentar con varias masas os diré que es más fácil eliminar los huevos en este tipo de masas que llevan levadura de panadería que en las otras del tipo de las de los bizcochos a las que hay que echarles levadura química.  En la receta de hoy podéis añadir uno o dos huevos y rectificar la cantidad de harina que será una poca más.  También podéis barnizar con huevo y el color será distinto.
  • 150 ml de leche
  • 100 gr de azúcar
  • 50 gr de mantequilla
  • 25 gr de levadura de panadería o 7 gr de levadura seca de panadería
  • 500 gr de harina (mejor de fuerza)
  • Una pizca de sal
  • 5 gotas de esencia de anís
  • Azúcar para adornar
  • Leche para barnizar

    Como siempre debemos tener la precaución de sacar la mantequilla de la nevera con antelación para que ablande a temperatura ambiente.  Si no lo hacemos, siempre podemos echarla en la leche de la receta y calentarla un poco en el microondas.  Añadimos el azúcar, la sal y la esencia de anís y batimos todo.  Incorporamos la harina y la levadura y amasamos procurando que la masa no quede dura.

    Dejamos que leude y después formamos pequeños bollos alargados (12 con esta masa).  Para hacerlos estiro un poco la masa y después la envuelvo como si se tratara de un brazo de gitano tal y como expliqué en la receta de las medias noches.
    
    Con un cuchillo bien afilado les damos un corte longitudinal y dejamos que leuden los bollitos hasta que doblen o tripliquen su volumen.  Es el momento de encender el horno a 180º y de barnizar con leche los suizos al mismo tiempo que mezclamos azúcar con un poco de agua y lo ponemos en el corte.  Metemos en el horno y vigilamos pues en unos 10 o 15 minutos pueden estar hechos.  Lo ideal es tenerlos preparados para el desayuno que así será redondo.

    La opción es dejar los bollo leudando en la nevera por la noche y sacarlos por la mañana para que templen y meterlos en el horno.  Y lo dicho:  ¡¡¡Buen desayuno!!!
     

domingo, 11 de agosto de 2013

TORTA DE MORAS E CHOCOLATE (II)

    TARTA DE MORAS Y CHOCOLATE (II)


    Xa fai case un ano que fixen unha torta co mesmo nome que a de hoxe.  A diferenza está nas moras.  Daquela as moras da torta eran silvestres, das que podemos atopar polos camiños cheos de silvas, das que a todos nos gustaba coller cando eramos nenos.  As de hoxe son moras de moreira, da árbore, das que collemos e nos poñemos todos pintados, das que máis nos vale levar luvas sen non queremos quedar "morados" no sentido máis normal da palabra.



    Tiña moitas ganas de facer unha torta con esas moras.  En Neiras, no barrio dos Guntís, hai unha moreira e todos os veráns cando eramos nenos colliámolas e quedabamos coa cara pintada.  Esa moreira, sen ser propiedade dos Neixentos, está bastante ligada á súa historia:  dela caeu un dos meus tíos e esnafrouse quedándolle o nariz chato para o resto da súa vida.

    Agora é o meu pai o que ten unha moreira e aproveitei as súas moras para facer esta torta que non ten máis sentido (nin menos) que celebrar a súa volta a casa despois de dous meses de hospitalización.

    A receita podedes atopala aquí e non tedes máis que cambiar unhas moras por outras.  Espero que vos guste tanto como a nos.




                              

    Ya hace casi un año que hice una tarta con el mismo nombre que la de hoy.  La diferencia está en las moras.  En aquella las moras eran silvestres, de las que podemos encontrar por los caminos llenos de silvas, de las que a todos nos gustaba coger cuando éramos niños.  Las de hoy son moras de morera, del árbol, de las que cogemos y nos ponemos todos pintados, de las que más nos vale llevar guantes si no queremos quedar "morados" en el sentido más normal de la palabra.



    Tenía muchas ganas de hacer una tarta con ese tipo de moras.  En Neiras, en el barrio de Guntís, hay una morera y todos los veranos cuando éramos niños las cogíamos y quedábamos con la cara pintada.  Esa morera, sin ser propiedad de los Neixentos, está bastante ligada a su historia:  de ella se cayó uno de mis tíos y rompió la nariz quedándole chata para el resto de su vida.
    
    Ahora es mi padre el que tiene una morera y aproveché sus moras para hacer esta tarta que no tiene más sentido (ni menos) que celebrar su regreso a casa después de dos meses de hospitalización.
   
    La receta la podéis encontrar aquí.  Simplemente hay que cambiar un tipo de moras por otras.  Espero que os guste tanto como a nosotros.