sábado, 22 de febrero de 2014

BISCOITO CON NOCES


    BIZCOCHO CON NUECES


    Cando fago as sobremesas sen ovo intento que ademais de ter bo sabor teñan tamén un bo aspecto cousa que, ás veces, me resulta bastante complicada.  Por sorte conto cuns "catadores" aos que case todo lles parece bo aínda que o biscoito afunda ou quede máis húmido do necesario.


    A receita orixinal deste biscoito levaba un ovo, que eu eliminei, pero o seu aspecto e sabor seguen sendo bos.  Fíxeno varias veces e aí vai a receita.

  • 60 gr de manteiga
  • 220 gr de azucre
  • 220 gr de fariña (con fermento incorporado)
  • 250 ml de leite
  • 80 gr de noces
  • 50 gr de pebidas de chocolate
    Derretemos a manteiga e deixamos arrefriar.  Nun recipiente alto batemos o azucre coa manteiga.  Eu empreguei un batedor de variñas.  Engadín o leite pouco a pouco sen deixar de bater e despois a fariña peneirada.  Pasei as noces e as pebidas  por fariña e mestureinas axudándome dunha culler de madeira.  Esperaba que non foran ao fondo do biscoito, cousa que conseguín en parte.

    Metino no forno xa quente a 170º:  os primeiros 15 minutos con calor só por abaixo e os seguintes 30 xa con calor na resistencia superior ademais da inferior.

Fonte:  La receta de la felicidad


    Cuando hago los postres sin huevo intento que además de tener buen sabor tengan también un buen aspecto cosa que, a veces, me resulta bastante complicada.  Por suerte cuento con unos "catadores" a los que casi todo les parece bueno aunque el bizcocho se hunda o quede más húmedo de los necesario.


    La receta original de este bizcocho llevaba un huevo, que yo eliminé, pero su aspecto y sabor siguen siendo buenos.  Lo hice varias veces y ahí va la receta.
  • 60 gr de mantequilla
  • 220 gr de azúcar
  • 220 gr de harina (con levadura incorporada)
  • 250 ml de leche
  • 80 gr de nueces
  • 50 gr de pepidas de chocolate
    Derretimos la mantequilla y dejamos enfriar.  En un recipiente alto batimos el azúcar con la mantequilla.  Yo usé una batidora de varillas.  Añadí la leche poco a poco sin dejar de batir y después la harina tamizada.  Pasé las nueces y las pepitas por harina y las mezclé ayudándome de una cuchara de madera.  Esperaba que no se fueran al fondo del bizcocho, cosa que conseguí en parte.

    Lo metí en el horno ya caliente a 170º:  los primeros 15 minutos con calor solamente en la resistencia inferior y los siguientes 30 con calor en la resistencia superior además de la inferior.

Fuente:  La receta de la felicidad.

sábado, 8 de febrero de 2014

PAN DE CENTEO CON NOCES E PASAS


    PAN DE CENTENO CON NUECES Y PASAS




    O ano 2014 foi declarado ano da "agricultura familiar".  No meu centro escolar (son mestra) decidimos facer un estudo sobre diferentes cultivos galegos, xa sexan actuais ou teñan importancia ao longo da historia para a alimentación galega.

    No meu curso estamos estudando o centeo.  Temos un pequeno horto no que o sementamos e... xa naceu!  Agora veremos se se conserva; o centeo é propio de terras altas e frías (de feito, o noso centeo chegou dende Neiras) e as nosas están bastante enchoupadas con tanta chuvia.

    Cando falamos de centeo pensamos nun cereal e inmediatamente no pan.  Propúxenme facer pan cos meus alumnos, pero antes probei a facelo na miña casa.  Iso si, cando o faga no cole non lle botarei uvas pasas nin noces, que non lle gustan á maioría dos meus alumnos.

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12 gr de fermento fresco de panadería
  • Unha culleradiña de sal
  • 280 ml de auga, aproximadamente
  • Noces e uvas pasas a gusto


    Mesturamos as fariñas e o sal.  Desfacemos o fermento coas mans e imos engadindo a auga.  Debemos ter preparada un pouco máis de auga por se a precisamos, pois as fariñas son diferentes en canto á absorción.


    Amasamos ata formar unha bóla que deixaremos nun lugar acollido sen correntes de aire e tapada cun pano.  Pasada unha hora terá dobrado o volume.  Estirámola co rolo formando un rectángulo.  Engadimos as noces e as pasas e enrolamos facendo un cilindro.  Deixámolo xa na fonte que vai servir para cocelo e tapámolo outra vez con pano ata que volva dobrar o volume (outra hora).



    Pasado ese tempo (teremos xa o forno quente a 230º) dámoslle uns cortes transversais cunha coitela e pulverizámoslle un pouco de auga (podemos tamén adornalo cunhas noces).  No forno metín unha cunca de barro con auga para crear un pouco de vapor.  Enfornamos e despois de 15 minutos baixamos a 200º e deixamos uns 20 minutos máis.  Sacámolo e esperamos a que arrefríe nunha rella.


    Este pan ten unha cor máis escura debido ao centeo, pero o seu sabor lembran aos pans de aldea que son tan saborosos.



    Espero que aos meus alumnos lles guste a experiencia.



    El año 2014 fue declarado año de la "agricultura familiar".  En mi centro escolar (soy maestra) decidimos hacer un estudio sobre diferentes cultivos gallegos, ya sean actuales o tengan importancia histórica para la alimentación gallega.

    En mi curso estamos estudiando el centeno.  Tenemos un pequeño huerto donde lo sembramos y...¡ ya nació!  Ahora veremos si se conserva; el centeno es propio de tierras altas y frías (el nuestro vino de Neiras) y las nuestras están bastante encharcadas con tanta lluvia.

    Cuando hablamos de centeno pensamos en un cereal e inmediatamente en el pan.  Me propuse hacer pan con mis alumnos, pero antes probé a hacerlo en casa.  Eso si, cuando lo haga en el colegio no le echaré uvas pasas ni nueces, que no le gustan a la mayoría de mis alumnos.

  • 400 gr de harina de trigo
  • 100 gr de harina de centeno
  • 12 gr de levadura fresca de panadería
  • Una cucharadita de sal
  • 280 ml de agua, aproximadamente
  • Nueces y uvas pasas a gusto


    Mezclamos las harina y la sal.  Deshacemos la levadura con las manos y vamos añadiendo agua.  Debemos tener preparada un poco más de agua por si la necesitamos, pues las harinas son diferentes en cuanto a la absorción.
    

    Amasamos hasta formar una bola que dejaremos en un lugar reservado de las corrientes de aire y tapada con un paño.  Pasada una hora habrá doblado el volumen.  La estiramos con el rodillo formando un rectángulo.  Añadimos las nueces y las pasas y enrollamos formando un cilindro.  La colocamos ya en la fuente que va a servir para hornear y la tapamos otra vez con el paño hasta que vuelva a doblar el volumen (otra hora).



    Pasado ese tiempo (el horno estará a 230 º) le damos unos cortes transversales con una cuchilla y le pulverizamos un poco de agua (también podemos adornarlo con nueces).  El el horno metí una taza de barro con agua para crear un poco de vapor.  Metemos al horno y después de 15 minutos bajamos a 200º y dejamos unos 20 minutos más.  Lo sacamos y esperamos a que enfríen en una rejilla.
    

    Este pan tiene un color más oscuro debido al centeno, pero su sabor recuerda a los panes de aldea que son tan sabrosos.


    Espero que a mis alumnos les guste la experiencia.


    Fuentes:  webos fritos     Directo al paladar

jueves, 6 de febrero de 2014

ZORZA

   
    ZORZA


    Esta é unha desas receitas que foi quedando atrás simplemente porque tiña que probala antes de publicala.

    Un dos meus recordos da infancia, da época da matanza, é o da empanada de zorza.  Non é a primeira vez que fago empanada de zorza e téñoa publicada aquí, pero desta vez embarqueime no experimento de facer a zorza na casa.  Os ingredientes son os seguintes:

  • 1 kg de carne de porco
  • 3 culleradiñas de pemento doce
  • 1 culleradiña de pemento picante
  • 125 ml de auga
  • 50 ml de viño branco
  • 4 dentes de allo
  • Ourego
  • Sal


    Cortamos a carne de porco en anacos pequenos e botámolos nun recipiente fondo (ensaladeira, tupper,...).  Picamos tamén o dentes de allo e engadímosllos á carne xunto co resto dos ingredientes.  Removemos e deixamos macerar a carne durante dous días nun lugar fresco (mellor se non é a neveira).  Dámoslle unha volta cada día para que se empape ben na salsa.  Despois xa podemos empregala na empanada ou noutras preparacións.  Tamén podedes conxelala e gardala para outra ocasión, como fixen eu.



    Esta es una de esas recetas que fue quedando atrás simplemente porque tenía que probarla antes de publicarla.

    Uno de mis recuerdos de la infancia, de la época de la matanza, es el de la empanada de zorza.  No es la primera vea que hago empanada de zorza y está publicada aquí, pero esta vez me embarqué en el experimento de hacer la zorza en casa.  Los ingredientes son los siguientes:


  • 1 kg de carne de cerdo
  • 3 cucharaditas de pimiento dulce
  • 1 cucharadita de pimiento picante
  • 125 ml de agua
  • 50 ml de vino blanco
  • 4 dientes de ajo
  • Orégano
  • Sal


    Cortamos la carne de cerdo en trozos pequeños y los ponemos en un recipiente hondo (ensaladera, tupper,...).  Picamos también los dientes de ajo y lo añadimos a la carne junto con el resto de los ingredientes.  Removemos y dejamos macerar la carne durante dos días en un lugar fresco (mejor si no es la nevera).  Removemos cada día para que se empape bien en la salsa.  Después ya podemos emplearla en la empanada o en otras preparaciones.  También podéis congelarla y guardarla  para otra ocasión, como hice yo.

    

viernes, 24 de enero de 2014

ARROZ CALDOSO CON CROQUES

    ARROZ CALDOSO CON BERBERECHOS


    Non sei se os antollos no embarazo teñen unha base científica, non sei se son reais ou simplemente son cousas que nos apetecen como nos podería pasar en calquera outro momento da vida.  Si sei que asocio este prato co meu segundo embarazo porque devecía por comelo.  Será por iso que a miña filla ten unha pequena marca de nacemento?  Sexa como sexa de vez en cando volvo a facelo e aí vai a receita:




  • 1,5 kg de croques
  • 2 cebolas
  • 1 pemento vermello
  • 2 tomates
  • 2 dentes de allo
  • 350 g de arroz
  • 1 l. de caldo
  • Aceite
  • Viño branco
  • Sal 
  • Pemento doce


    Poñemos os croques en auga con sal,durante dúas ou tres horas,  para que vaian soltando as areas.  Escorrémolos e pasámolos a unha tarteira na que temos botado un pouco de viño branco e abrímolos ao vapor.

    Retirámolos, escorrémolos e reservámolos.  O caldo resultante coámolo  para sacarlle os restos de area que aínda quedan e gardámolo para empregalo co arroz.

    Nunha tarteira cun pouco aceite de oliva refogamos o allo, a cebola e o pemento ben picadiños.  Cando a cebola empeza a coller cor engadimos o tomate ben picado tamén.  Esperamos uns 10 minutos e engadimos o arroz.  Removemos para que vaia absorbendo os líquidos e regamos co caldo reservado anteriormente.  Se non chega completamos con auga ata chegar á cantidade de líquido necesaria para cociñar o arroz.  Engadimos tamén os croques e unha culleradiña de pemento doce.

    Despois de 20 minutos retiramos o arroz do lume.  Deixamos repousar 5 minutos e servimos.  Se esperamos moito para servir o arroz absorbe o caldo e quedariamos sen poder mollar o pan que tanto nos gusta.  Bo proveito!




    No sé si los antojos en el embarazo tienen una base científica, no sé si son reales o simplemente son cosas que nos apetecen como nos podría pasar en cualquier otro momento de la vida.  Sí sé que asocio este plato con mi segundo embarazo porque deseaba comerlo.  ¿Será por esto que mi hija tiene una pequeña marca de nacimiento?  De todas formas me gusta la receta y aquí la dejo:

  • 1,5 kg de berberechos
  • 2 cebollas
  • 1 pimiento rojo
  • 2 tomates
  • 2 dientes de ajo
  • 350 g de arroz
  • 1 l. de caldo
  • Aceite
  • Vino blanco
  • Sal 
  • Pimiento dulce


    Ponemos los berberechos en agua con sal, durante dos o tres horas, para que vayan soltando las arenas.  Los escurrimos y pasamos a una tartera en la que hemos echado un poco de vino blanco y los abrimos al vapor.
    
    Los retiramos, escurrimos y reservamos.  Colamos el caldo resultante para sacarle los restos de arena que aún quedan y lo guardamos para emplearlo con el arroz.
    
    En una tartera con un poco de aceite de oliva rehogamos el ajo, la cebolla y el pimiento bien picados.  Cuando la cebolla empieza a coger color añadimos el tomate troceado.  Esperamos unos 10 minutos y añadimos el arroz.  Removemos para que vaya absorbiendo los líquidos y regamos con el caldo reservado anteriormente.  Si no llega completamos con agua hasta llegar a la cantidad de líquido necesaria para cocinar el arroz.  Añadimos también los berberechos y una cucharadita de pimiento dulce.

    Después de 20 minutos retiramos el arroz del fuego.  Lo dejamos reposar 5 minutos y servimos.  Si esperamos mucho para servir el arroz absorbe el caldo y nos quedaríamos sin poder mojar el pan que tanto nos gusta.  ¡Qué aproveche!
   

domingo, 19 de enero de 2014

LAGOSTINOS Á PRANCHA

    LANGOSTINOS A LA PLANCHA


    Esta vez tocoulle a el, porque el tamén ten as súas especialidades na cociña.  Refírome ao meu marido.  Este é un prato que se lle da moi ben e que fai en ocasións escollidas como foi a cea de fin de ano.



  • Lagostinos
  • Sal gordo
  • Limón
  • Viño branco
  • Coñac
  • Aceite

    En primeiro lugar, sexan frescos ou desconxelados, lavamos os lagostinos e barbeámolos, é dicir, recortámoslles un pouco os bigotes.  Secámolos cun pano ou con papel de cociña e salgámolos.

    Preparamos unha tixola ou unha prancha (será mellor a tixola) cun pouco de aceite.  Cando estea quente engadimos os lagostinos coidando que estean ben estendidos e deixamos que vaian dourando polos dous lados.  Sacámolos e reservámolos seguindo cos seguintes e así ata que todos estean cociñados.  




    Nese momento volvemos a poñelos todos na tixola e engadimos a gusto:  zume de limón, viño branco e coñac e removemos.  Despois duns minutos sacámolos e servímolos quentes co seu prebe.  Seguro que acabades chupando os dedos e mollando pan.





    Esta vez le tocó a él, porque él también tiene sus especialidades en la cocina.  Me refiero a mi marido.  Este es un plato que se le da muy bien y que hace en ocasiones escogidas como fue la cena de fin de año.


  • Langostinos
  • Sal gorda
  • Limón
  • Vino blanco
  • Coñac
  • Aceite

    En primer lugar, sean frescos o descongelados, lavamos los langostinos y los barbeamos, es decir, les recortamos un poco los bigotes.  Los secamos con un paño o con un papel de cocina y los salamos.
    
    Preparamos una sartén o una plancha (será mejor la sartén) con un poco de aceite.  Cuando esté caliente añadimos los langostinos cuidando que estén bien extendidos y dejamos que se vayan dorando por los dos lados.  Los sacamos y reservamos y seguimos con los siguientes hasta que todos estén cocinados.



    En ese momento volvemos a ponerlos todos en la sartén y añadimos a gusto:  zumo de limón, vino blanco y coñac y removemos.  Después de unos minutos los sacamos y servimos calientes con su salsa.  Seguro que acabáis chupando los dedos y mojando pan.