domingo, 16 de septiembre de 2018

GALLETAS DE CRISTAL

    GALLETAS DE CRISTAL


    Xa remataron as vacacións e estamos de volta nas clases.  En xuño tocoume despedir aos meus alumnos e pronto comezarán unha nova andaina.  Tócalles crecer e lidar con novas situacións, en novos lugares, novas emocións... Eu tamén terei que lidar con novas situacións e deixar emocións atrás.  Foron dous cursos moi intensos e, ao final, os alumnos tamén deixan unha marca moi importante nos mestres ademais de ensinanzas moi valiosas.  Por iso quero dedicarlles esta receita.  Non son máis que unhas galletas, un pequeno agasallo de fin de curso que expresa un desexo:  que sigan crecendo, que sigan aprendendo, que teñan sorte na nova etapa.  Para David, Hugo, Antón, Ainhoa, Adrián, Juan, Yara, Inés, Irene, David, Ariadna, Bruno, Alex, Gabriel, Joel, Mariam, Javi, Dani e Óscar.  Para eles son as galletas de cristal.


  • 150 g de manteiga ( a temperatura ambiente)
  • Un chisco de sal
  • 1 cullerada e media de aroma de vainilla
  • 70 g de azucre en po
  • 250 g de fariña
  • Caramelos pequenos


Para a glasa:



  • Azucre en po
  • Unha culleradiña de aroma de vainilla
  • Un pouco de auga
  • Colorante alimentario



    Non podemos esquecer sacar a manteiga con tempo suficiente da neveira para que poda amolecer lentamente.  Teremos tamén que peneirar a fariña e o azucre.  E sen máis, mans á obra!!!
    En primeiro lugar batemos co batedor de variñas a manteiga xunto co azucre.  Despois engadimos o sal e o aroma de vainilla para incorporar finalmente a fariña.  Vai quedar unha masa un pouco desligada semellante a unhas migas de pan.  E o momento de meter as mans e amasar ata conseguir unha masa compacta que deixaremos arrefriar na neveira durante unha media hora aproximadamente.





    Para estirar a masa o mellor é axudarse de dous papeis vexetais de forno.  O grosor das miñas galletas está entre 5 e 6 mm.  Cortamos coa forma que nos guste, pero sen esquecer cortar tamén no centro.  Pasamos as galletas á fonte de enfornar e deixamos no medio un dos caramelos.  Metémolas no forno quente a 180 º durante uns 10 minutos ou ata que empecen a coller cor dourada.  Coa calor do forno o caramelo derreterá e parecerá que temos un cristal.  Ao sacar as galletas do forno temos que deixar que arrefríen un pouco antes de despegalas do papel vexetal e pasalas a unha rella para que acaben de perder a calor.




    Unha vez frías podemos decoralas o gardalas para decorar máis adiante.  Nun recipente de lata duran frescas bastante tempo.  Eu esperei un para de días antes de decoralas.  Para elo, co batedor de variñas elaborei a glasa.  Primeiro puxen o azucre e unha culleradiña de aroma de vainilla.  Fun engadindo un pouco de auga e o colorante.  No meu caso fun engadindo gotiñas ata que conseguín a cor que quería.  A glasa non pode quedar moi líquida ou estropeará a decoración.  Tampoco pode estar moi espesa ou será moi difícil de manexar.



    Para rematar podedes facer o mesmo ca min:  metelas en bolsiñas de celofán e adornalas con pegatinas de animaliños.



    E non esquezades poñer un bo cristal na vosa vida, ese que vos permita capturar as alegrías e as boas experiencias.





Fonte:  sugarmur



   Ya acabaron las vacaciones y estamos de regreso en las clases.  En junio me tocó despedir a mis alumnos y pronto comenzarán una nueva etapa.  Les toca crecer y lidiar con nuevas situaciones, en nuevos lugares, nuevas emociones... Yo también tendré que lidiar con nuevas situaciones y dejar emociones atrás.  Fueron dos cursos muy intenso y, al final, los alumnos también dejan una marca muy importante en los profesores además de enseñanzas muy valiosas.  Por eso quiero dedicarles esta receta.  No son más que unas galletas, un pequeño regalo de fin de curso que expresa un deseo:  que sigan creciendo, que sigan aprendiendo, que tengan suerte en la nueva etapa. Para David, Hugo, Antón, Ainhoa, Adrián, Juan, Yara, Inés, Irene, David, Ariadna, Bruno, Alex, Gabriel, Joel, Mariam, Javi, Dani e Óscar.  Para ellos son las galletas de cristal.

  • 150 g de mantequilla ( a temperatura ambiente)
  • Una pizca de sal
  • 1 cucharada y media de aroma de vainilla
  • 70 g de azúcar en polvo
  • 250 g de harina
  • Caramelos pequeños


Para la glasa:

  • Azúcar en polvo
  • Una cucharadita de aroma de vainilla
  • Un poco de agua
  • Colorante alimentario


    No podemos olvidar sacar la mantequilla con tiempo suficiente de la nevera para que pueda ablandar lentamente.  Tenemos también que tamizar la harina y el azúcar.  Y sin más, ¡¡¡manos a la obra!!!
     En primer lugar batimos la batidora de varillas la mantequilla junto con el azúcar.  Después añadimos la sal y el aroma de vainilla para incorporar finalmente la harina.  Va a quedar una masa un poco desligada semejante a unas migas de pan.  Es el momento de meter las manos y amasar hasta conseguir una masa compacta que dejaremos enfriar en la nevera durante una media hora aproximadamente.


    
    Para estira la masa lo mejor es ayudarse de dos papeles de horno.  El grosor de mis galletas está entre 5 y 6 mm.  Cortamos con la forma que nos guste, pero sin olvidar cortar también en el centro.  Pasamos las galletas a la bandeja de horno y ponemos en el medio uno de los caramelos.  Las metemos en el horno caliente a 180º durante unos 10 minutos o hasta que empiecen a coger color dorado.  Con el calor del horno el caramelo se derretirá y parecerá que tenemos un cristal.  Al sacar las galletas del horno tenemos que dejar que enfríen un poco antes de despegarlas del papel vegetal y pasarlas a una rejilla para que acaben de perder el calor.



    Una vez frías podemos decorarlas o guardarlas para decorar más adelante.  En un recipiente de lata duran frescas bastante tiempo.  De hecho, no las decoré hasta que pasaron un para de días.  Para ello, con la batidora de varillas hice la glasa.  Primero puse el azúcar y una cucharadita de aroma de vainilla.  Fui añadiendo un poco de agua y el colorante.  En mi caso añadí gotitas hasta que conseguí el color que quería.  La glasa no puede quedar muy líquida o estropeará la decoración.  Tampoco puede estar muy espesa o será muy difícil de manejar.



    Para acabar podéis hacer lo mismo que yo:  meterlas en bolsitas de celofán y adornarlas con pegatinas de animalitos.



    Y no olvidéis poner un buen cristal en vuestra vida, ese que os permita capturar las alegrías y las buenas experiencias.




Fuente:  sugarmur


viernes, 28 de julio de 2017

QUICHE DE CABACIÑA (sen ovos)

    QUICHE DE CALABACÍN (sin huevos)


    Definitivamente este é o verán da cabaciña.  De seguir así vanme botar da casa e non me permitirán entrar na cociña (ironía, todo ironía).  A verdade é que se me van esgotar as ideas, pero non totalmente:  aínda teño algunha perdida por aí.

  • 1 base de torta (quebrada a que usei eu)
  • 1 cebola
  • 1 cabaciña
  • 1 dente de allo
  • 90 g. de tacos de xamón (a ser posible pequeniños)
  • 1 cullerada de fariña
  • 200 ml de nata líquida para cociñar
  • 50 g de queixo relado (aproximadamente)
  • Noz moscada


    Temos que saltear o dente de allo ben picado, a cebola cortada en rodas, os tacos de xamón e a cabaciña en tiras ( cun pelapatacas).   Polvoriñamos cun pouco de noz moscada.  Non é conveniente engadir sal; coa do xamón e o queixo será suficiente. Cando estea salteado engadimos unha cullerada de fariña e a nata de cociñar.  Incorporamos o queixo relado ou polvoriñamos enriba; como nos guste máis.




    Mentres poñemos a masa nun molde desmoldable, pinchamos a base para que non suba e forneamos a 200º durante 15 minutos.  Sacamos do forno e incorporamos o recheo.  Forneamos outros 15 minutos e estará lista para comer.  A masa estará crocante en contraste co recheo.  Espero que vos guste. 

    


    Definitivamente este es el verano del calabacín.  Si sigo así me van a echar de casa e no me permitirán entrar en la cocina (ironía, todo ironía).  La verdad es que se me van a agotar las ideas, pero no totalmente:  todavía tengo alguna perdida por ahí.

  • 1 base de tarta (quebrada la que usé yo)
  • 1 cebolla
  • 1 calabacín
  • 1 diente de ajo
  • 90 g. de tacos de jamón (a ser posible pequeñitos)
  • 1 cucharada de harina
  • 200 ml de nata líquida para cocinar
  • 50 g de queso rallado (aproximadamente)
  • Nuez moscada


    Tenemos que saltear el diente de ajo bien picado, la cebolla cortada en rodajas, los tacos de jamón y el calabacín en tiras (con un pelapatatas).  Espolvoreamos un poco de nuez moscada.  No es conveniente añadir sal, con la del jamón y el queso será suficiente.  Cuando esté salteado añadimos una cucharada de harina y la nata de cocinar.  Incorporamos el queso rallado o lo espolvoreamos por arriba: como nos guste más.
   

    Mientras ponemos la masa en un molde desmoldable, pinchamos la basa para que no suba y horneamos a 200º durante 15 minutos.  La sacamos del horno e incorporamos el relleno.  Horneamos otros 15 minutos y estará lista para comer.  La masa estará crujiente en contraste con el relleno.  Espero que os guste.




    

domingo, 9 de abril de 2017

PIZZA CON BRÓCOLI

    PIZZA CON BRÓCOLI


    Ultimamente esta pizza ten moito éxito na miña casa, pero debería ter máis:  non nos equivoquemos que algúns son anti-verduras e non hai maneira de convencelos; esperemos que a forza de poñelas na mesa...

    E xa sei que parecen dúas cousas incompatibles:  pizza e brócoli.  Dádelle unha oportunidade:  non é o que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queixo relado
  • 70-80 g de xamón curado
  • Ourego.



Para a masa:

  • 300 g de fariña
  • 8 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de azucre moreno
  • 150 ml auga
  • 30 ml aceite de oliva



    O primeiro é lavar o brócoli, cortalo un pouco e cocelo ao vapor.  Cuns 5-7 minutos chega:  non podemos deixalo demasiado cocido que despois irá ao forno.  Unha vez cocido cortamos os "ramilletes" cunha tesoira e reservamos.  Por outra banda facemos a masa ou "atallamos" e usamos unha comprada.  No meu caso fágoa sempre.  Ben certo é que conto cunha amasadora que me libera de bastante traballo.  Poño na cubeta os líquidos, o sal, azucre moreno, a fariña e o fermento por esa orde e fago un pouco de trampa:  non uso o programa para masa senón o de facer pasta que é moito máis curto e ten suficiente tempo de amasado para o que necesito.  Despois deixo que repouse un pouco a masa e listo.




    Volvemos con brócoli que xa estará frío.  Engadímoslle o queixo relado e o xamón curado.  O meu xamón era en lonchas e desfíxeno un pouco coas mans.  Tamén se lle pode botar en "taquiños" ou substituílo por touciño entrefebrado ou xamón York.  A cuestión é non pasarse co xamón ou a pizza sairá un pouco salgada.  Ao brócoli non lle botamos sal pois con do xamón e o queixo é suficiente.

    Estiramos a masa, estendemos a salsa de tomate e polvoriñamos con ourego.  Incorporamos a mestura de brócoli, xamón e queixo.  Metemos no forno quente a 180º uns 25 a  30 minutos.  A temperatura e o tempo son orientativos; dependen un pouco do noso forno.  Que non vos despiste a aparencia, o sabor é moi bo.  Que aproveite!



 Fonte:  Pimienta rosa

       Ultimamente esta pizza tiene mucho éxito en mi casa, pero ojalá tuviera más:  todavía quedan anti-verduras y es difícil convencerlos; poniéndolas en la mesa y viéndolas...
    
    Sí, ya sé que parecen dos cosas incompatibles:  pizza y brócoli.  Dadle una oportunidad:  no es lo que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queso rallado
  • 70-80 g de jamón serrano
  • Orégano


Para la masa:

  • 300 g de harina
  • 8 g de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de azúcar moreno
  • 150 ml agua
  • 30 ml aceite de oliva


    En primer lugar hay que lavar el brócoli, cortarlo un poco y cocerlo al vapor.  Serán suficientes unos 5-7 minutos:  no podemos dejarlo demasiado cocido que después irá al horno. Cuando pase ese tiempo, lo sacamos y cortamos los ramilletes con una tijera.  Los reservamos.  Mientras, hacemos la masa o cogemos la vía rápida y usamos una comprada.  En mi caso, siempre la hago.  Es cierto que tengo una amasadora que me libera de bastante trabajo.  Pongo en la cubeta los líquidos, la sal, el azúcar moreno, la harina y la levadura en ese orden y hago un poco de trampa:  no uso el programa para masa sino el de hacer pasta que es mucho más corto y tienen suficiente tiempo de amasado para lo que necesito.  Después dejo que repose un poco la masa y listo.
    




    Volvemos con el brócoli que ya estará frío.  Le añadimos el queso rallado y el jamón serrano.  Yo utilicé jamón en lonchas que troceé con las manos.  También se le puede echar en taquitos o sustituirlo por bacon o jamón York.  La cuestión reside en no pasarse con el jamón o la pizza saldrá un poco salada.  Al brócoli no le echamos sal pues con el del jamón y el queso es suficiente.

    Estiramos la masa, extendemos la salsa de tomate y espolvoreamos con orégano.  Incorporamos la mezcla de brócoli, jamón y queso.  La metemos en el horno caliente a 180º entre 25-30 minutos.  La temperatura y el tiempo son orientativos; dependen un poco del horno.  Que no os despiste la apariencia, el sabor es muy bueno.  ¡Buen provecho!




Fuente:  Pimienta rosa


   

domingo, 19 de marzo de 2017

CREMA DE CABACIÑA

    CREMA DE CALABACÍN


    Despois de facer varias clases de pizza e algunha sobremesa coas cabaciñas a produción era tanta que decidimos facer uso do conxelador.  Primeiro pelámolas para despois partilas en anacos e metelas en bolsas.  E así, directas ao conxelador para facer máis adiante cremas ou usalas nos guisos.

    A verdade é que as cremas acabeinas tomando eu todas e xa rematei con todo o que tiña almacenado, pero quero gardar a receita xa que supón un primeiro prato moi recomendable sobre todo para o inverno.  A min gústame tomala moi quente e engadirlle un pouco de pasta xa cocida.  Con pouco máis, xa teño o xantar arranxado.

  • 500 g de cabaciña
  • 1/2 cebola
  • 25 g de manteiga
  • 250 ml de caldo de polo
  • 2 queixos en porcións
  • 1 cullerada de fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa


    Nun pouco de aceite de oliva refogamos a cebola cun pouco de sal.  Cando xa está branda engadimos a cabaciña e deixamos que se vaia desfacendo e soltando auga.  Podemos engadila directamente do conxelador, pero teremos que darlle un pouco máis de tempo.  Engadimos a cullerada de fariña, removemos e incorporamos a manteiga.  Cando xa está derretida é o momento de botar o caldo.  Seguimos removendo e incorporamos os queixos en porcións.  Deixamos que se vaia facendo a crema uns minutos con lume suave e removendo con frecuencia.  Batemos e engadimos a pementa.

    Xa está lista para tomar.  Tamén se pode deixar na neveira para o día seguinte quentando só aquela que vaiamos tomar.  Bo proveito.






    Después de hacer varias clases de pizza y algún postre con los calabacines la producción era tanta que decidimos hacer uso del congelador.  Primero las pelamos para después trocearlas y meterlas en bolsas.  Y así, directas al congelador para hacer más adelante cremas o usarlos en guisos.

    La verdad es que las cremas las tomé yo todas y ya acabé con lo que tenía almacenado, pero quiero guardar la receta ya que es un primer plato muy recomendable sobre todo para el invierno.  A mi me gusta tomarla muy caliente y añadirle un poco de pasta cocida anteriormente.  Con poco más, ya tengo la comida arreglada.
   
  • 500 g de calabacín
  • 1/2 cebolla
  • 25 g de mantequilla
  • 250 ml de caldo de pollo
  • 2 "quesitos"
  • 1 cucharada de harina
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pimienta


    En un poco de aceite de oliva rehogamos la cebolla con un poco de sal.  Cuando ya esta blanda añadimos el calabacín y dejamos que se vaya deshaciendo y soltando agua.  Podemos añadirlo directamente del congelador, pero tendremos que darle un poco más de tiempo.  Añadimos la cucharada de harina, removemos e incorporamos la mantequilla.  Cuando ya está derretida es el momento de echar el caldo.  Seguimos removiendo e incorporamos los "quesitos".  Dejamos que se vaya haciendo la crema unos minutos con fuego suave y removiendo con frecuencia.  Batimos y añadimos la pimienta.
    
    Ya está lista para tomar.  También se puede dejar en la nevera y tomarla al día siguiente calentando solamente la que nos vayamos a tomar.  Buen provecho.

    

domingo, 30 de octubre de 2016

"CAÑITAS" DE CREMA PASTELEIRA

    "CAÑITAS" DE CREMA PASTELERA


    Sen dúbida era o lugar máis acolledor da casa e aínda o segue sendo.  Alí estaba a cociña de leña que se encargaba de quentar a casa no inverno ademais de ser onde se cociñaba habitualmente.  Tamén había un fogón de butano, pero non se usaba moito.  E é que a cociña tamén servía para ter auga quente na casa e por iso era raro o día que non se acendía.  E enriba estaban os mobles de cociña feitos de ladrillo e cubertos de azulexo con dúas portas.  Na porta da esquerda estaba o depósito de auga quente (calderín) e o caderno coas receitas de miña nai; moitas delas aprendidas naquel servizo social que lle tocara facer cando estaba solteira.  E tamén estaban os moldes para as "cañitas", aqueles que cortara meu pai pouco despois de casar, aqueles feitos con canas; sen dúbida os mellores, aos que polo menos non lles entra o óxido.

    E como moitas receitas, a das cañitas aparece ligada a un recordo o a varios.  Era a sobremesa das festas, das grandes ocasións ou das celebracións familiares, recheas de "Flanín"...  Tamén son as das queimaduras do meu irmán, cando se empeñou en fritilas con tres ou catro anos, no día do seu santo.  O de fritir consistiu en tirar a distancia, salpicar a cara de aceite quente e saír disparados para urxencias.  Vaia santo!  A verdade é que era un pouco "traste" (menos mal que non me escoita).

    Agora fun eu a que lle pedín a meu pai eses moldes para facer "cañitas" e aquí está o resultado.  Collín ademais a receita de miña nai, pero, como sempre, tiven que adaptala.

  • 350 gr de fariña
  • 100 ml de aceite de oliva
  • 125 ml de auga morna
  • Un chisco de sal
  • Reladura de 1/2 limón
  • 50 ml de augardente de herbas
  • Aceite para fritir



    Mesturamos e amasamos todos os ingredientes engadindo a fariña ao final e pouco a pouco.  Despois deixamos a masa na neveira, a miña estivo polo menos dúas horas.





    Cun rolo estiramos a masa e cortamos tiras.  Con esas tiras imos forrando os moldes das cañitas.  Os que cortou meu pai saíron longos e anchos.  Co ancho non teño nada que facer, pero non cubro todo o molde para que non saian demasiado altas ou non haberá crema que chegue para enchelas!  E seguindo o exemplo da miña nai, tapeille o "cu".  Collemos entón unha tira, cubrimos un extremo e despois seguimos ao longo do molde, sen chegar ao final.  





    Mentres temos a tixola no lume para empezar a fritir.  Puxen unha tixola pequena; pensade que temos que cubrir a cana, fritir, deixar que arrefríe un pouco, sacala e volver a empezar.  O ideal sería ter moitos moldes, pero eu tiña cinco.  Unha vez fritidas e frías podemos gardalas nunha lata e consérvanse varios días.  No meu caso, enchinas o día seguinte e estaban perfectas.  Unha vez recheas si que temos que comelas;  pero non vos preocupedes que ese non vai ser o problema.  Para enchelas fixen crema pasteleira.  A receita podedes atopala aquí.  Tede en conta que necesitaredes o dobre da cantidade indicada na receita.  E non esquezades polvoriñalas con azucre en po.  Bo proveito!!!







    Sin duda era el lugar más acogedor de la casa y sigue siéndolo.  Allí estaba la cocina de leña que se encargaba de calentar la casa en invierno además de ser donde se cocinaba habitualmente.  También había un fogón de butano, pero no se usaba mucho.  Y es que la cocina también servía para tener agua caliente en casa y por eso era difícil que no se encendiera todos los días.  Y encima estaban los muebles de cocina hechos con ladrillo y cubiertos de azulejo con dos puertas.  En la puerta de la izquierda estaba el depósito de agua caliente y el cuaderno con las recetas de mi madre;  muchas de ellas aprendidas en aquel servicio social que había tenido que hacer cuando estaba soltera.  Y también estaban los moldes para las "cañitas", aquellos que había cortado mi padre poco después de casarse, aquellos hechos con cañas; sin duda los mejores, a los que por lo menos no les entra el óxido.

    Y como muchas recetas, la de las cañitas aparece ligada a un recuerdo o a varios.  Era el postre de las fiestas, de las grandes ocasiones o de las celebraciones familiares, rellenas de "Flanín"...  También son las de las quemaduras de mi hermano, cuando se empreñó en freírlas con tres o cuatro años, en el día de su santo.  Lo de freír consistió en tirar a distancia, salpicar la cara de aceite caliente y salir disparados para urgencias.  ¡Menudo santo!  La verdad es que era un poco "traste" (menos mal que no me escucha).


    Ahora fui yo la que le pedí a mi padre esos moldes para hacer cañitas y aquí está el resultado.  Cogí además la receta de mi madre, pero, como siempre, tuve que adaptarla.

  • 350 gr de harina
  • 100 ml de aceite de oliva
  • 125 ml de agua templada
  • Una pizca de sal
  • Ralladura de 1/2 limón
  • 50 ml de aguardiente de hierbas
  • Aceite para freír.



    Mezclamos y amasamos todos los ingredientes añadiendo la harina al final y poco a poco.  Después dejamos la masa en la nevera, la mía estuvo por lo menos dos horas.


    

    Con un rodillo estiramos la masa y cortamos tiras.  Con esas tiras vamos forrando los moldes de las cañitas.  Los que cortó mi padre salieron largos y anchos.  Con el ancho no tengo nada que hacer, pero no cubro todo el molde para que no salgan demasiado altas o ¡no habrá crema que llegue para llenarlas!  Y siguiendo el ejemplo de mi madre, les tapé el "culo".  Cogemos entonces una tira, cubrimos un extremo y después seguimos a lo largo del molde, sin llegar al final.



    Mientras ya tenemos la sartén el fuego para empezar a freír.  Puse una sartén pequeña; pensad que tenemos que cubrir la caña, freír, dejar que enfríe un poco, sacarla y volver a empezar.  Lo ideal sería tener muchos moldes, pero yo tenía cinco.  Una vez fritas y frías podemos guardarlas en una lata y se conservan varios días.  En mi caso, las rellené al día siguiente y estaban perfectas.  Una vez rellenas sí que tenemos que comerlas; pero no os preocupéis que e ese no va a ser el problema.  Para rellenarlas hice crema pastelera.  La receta la podéis encontrar aquí.  Tened en cuenta que hará falta el doble de la cantidad indicada en la receta.  Y no olvidéis espolvorearlas con azúcar en polvo.  ¡¡¡Buen provecho!!!