domingo, 9 de abril de 2017

PIZZA CON BRÓCOLI

    PIZZA CON BRÓCOLI


    Ultimamente esta pizza ten moito éxito na miña casa, pero debería ter máis:  non nos equivoquemos que algúns son anti-verduras e non hai maneira de convencelos; esperemos que a forza de poñelas na mesa...

    E xa sei que parecen dúas cousas incompatibles:  pizza e brócoli.  Dádelle unha oportunidade:  non é o que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queixo relado
  • 70-80 g de xamón curado
  • Ourego.



Para a masa:

  • 300 g de fariña
  • 8 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de azucre moreno
  • 150 ml auga
  • 30 ml aceite de oliva



    O primeiro é lavar o brócoli, cortalo un pouco e cocelo ao vapor.  Cuns 5-7 minutos chega:  non podemos deixalo demasiado cocido que despois irá ao forno.  Unha vez cocido cortamos os "ramilletes" cunha tesoira e reservamos.  Por outra banda facemos a masa ou "atallamos" e usamos unha comprada.  No meu caso fágoa sempre.  Ben certo é que conto cunha amasadora que me libera de bastante traballo.  Poño na cubeta os líquidos, o sal, azucre moreno, a fariña e o fermento por esa orde e fago un pouco de trampa:  non uso o programa para masa senón o de facer pasta que é moito máis curto e ten suficiente tempo de amasado para o que necesito.  Despois deixo que repouse un pouco a masa e listo.




    Volvemos con brócoli que xa estará frío.  Engadímoslle o queixo relado e o xamón curado.  O meu xamón era en lonchas e desfíxeno un pouco coas mans.  Tamén se lle pode botar en "taquiños" ou substituílo por touciño entrefebrado ou xamón York.  A cuestión é non pasarse co xamón ou a pizza sairá un pouco salgada.  Ao brócoli non lle botamos sal pois con do xamón e o queixo é suficiente.

    Estiramos a masa, estendemos a salsa de tomate e polvoriñamos con ourego.  Incorporamos a mestura de brócoli, xamón e queixo.  Metemos no forno quente a 180º uns 25 a  30 minutos.  A temperatura e o tempo son orientativos; dependen un pouco do noso forno.  Que non vos despiste a aparencia, o sabor é moi bo.  Que aproveite!



 Fonte:  Pimienta rosa

       Ultimamente esta pizza tiene mucho éxito en mi casa, pero ojalá tuviera más:  todavía quedan anti-verduras y es difícil convencerlos; poniéndolas en la mesa y viéndolas...
    
    Sí, ya sé que parecen dos cosas incompatibles:  pizza y brócoli.  Dadle una oportunidad:  no es lo que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queso rallado
  • 70-80 g de jamón serrano
  • Orégano


Para la masa:

  • 300 g de harina
  • 8 g de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de azúcar moreno
  • 150 ml agua
  • 30 ml aceite de oliva


    En primer lugar hay que lavar el brócoli, cortarlo un poco y cocerlo al vapor.  Serán suficientes unos 5-7 minutos:  no podemos dejarlo demasiado cocido que después irá al horno. Cuando pase ese tiempo, lo sacamos y cortamos los ramilletes con una tijera.  Los reservamos.  Mientras, hacemos la masa o cogemos la vía rápida y usamos una comprada.  En mi caso, siempre la hago.  Es cierto que tengo una amasadora que me libera de bastante trabajo.  Pongo en la cubeta los líquidos, la sal, el azúcar moreno, la harina y la levadura en ese orden y hago un poco de trampa:  no uso el programa para masa sino el de hacer pasta que es mucho más corto y tienen suficiente tiempo de amasado para lo que necesito.  Después dejo que repose un poco la masa y listo.
    




    Volvemos con el brócoli que ya estará frío.  Le añadimos el queso rallado y el jamón serrano.  Yo utilicé jamón en lonchas que troceé con las manos.  También se le puede echar en taquitos o sustituirlo por bacon o jamón York.  La cuestión reside en no pasarse con el jamón o la pizza saldrá un poco salada.  Al brócoli no le echamos sal pues con el del jamón y el queso es suficiente.

    Estiramos la masa, extendemos la salsa de tomate y espolvoreamos con orégano.  Incorporamos la mezcla de brócoli, jamón y queso.  La metemos en el horno caliente a 180º entre 25-30 minutos.  La temperatura y el tiempo son orientativos; dependen un poco del horno.  Que no os despiste la apariencia, el sabor es muy bueno.  ¡Buen provecho!




Fuente:  Pimienta rosa