viernes, 14 de agosto de 2015

TENREIRA ASADA

    TERNERA ASADA

    Moitas veces sinto que teño débedas:  débedas coa xente que me coñece, coa que me coida, coa que se preocupa por min; coa que me aprecia e coa que me atura... e así cunha longa lista.

    Ao longo da nosa vida pasamos por algunhas situacións difíciles e complicadas e moitas veces atopamos persoas que nos axudan.  Aínda que estean cumprindo simplemente co seu traballo, a súa dedicación vai máis alá dunha actuación profesional.

    Na sorte que teño de ter atopado persoas así era no que pensaba mestres cociñaba.  Ben certo é que estas débedas non se pagan nunca, pero debemos ser agradecidos cando nos axudan a pasar da cor gris á azul e notamos unha melloría na nosa vida.

    E falamos da receita.  A carne de tenreira non é precisamente a miña favorita.  Teño un recordo de cando era pequena:  a miña nai intentaba que eu comera un bisté e eu facía bólas coa carne na boca.  Ao final era incapaz de comela e devolvía a bóla ó prato co conseguinte cabreo da miña nai.  Agora non fago bólas, pero a miña preferencia vai  para outras carnes, sen deixar de comer tenreira de vez en cando.

  • 1,250 kg de carne de tenreira para asar
  • 1 cebola
  • 1 allo porro
  • 2 cenorias
  • 2 dentes de allo
  • 2 culleradas de adobo
  • 3/4 de vaso de viño branco
  • 1 rama fresca de tomiño
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de pementa


    En primeiro lugar atei a carne para que non perdera a forma.  Despois dourei a carne no aceite.  Podemos facelo nunha tixola ou nunha tarteira baixa.


    Saqueina e adobeina.  Boteille tamén un pouco de pementa, non demasiada porque non soporto nada ben o picante.  No mesmo aceite cociñamos as verduras:  os dentes de allos picados, a cebola en rebandas finas, o allo porro en anaquiños, as cenorias tamén en rebandas e, por último, o tomiño.  Deixamos que se vaian cociñando lentamente e engadimos o viño branco e deixamos que se fagan uns minutos máis.


    Poñemos as verduras nunha fonte preparada para ir ao forno.  Enriba a carne e metemos no forno a 190º.  Cociñeina unha hora e media máis o menos, dándolle unha volta no medio da cocción. 


    Saqueina e, mentres arrefriaba un pouco antes de cortala, pasei as verduras e os líquidos a un vaso de batedor para facer a salsa.


    A miña nai fai tamén esta mesma receita cunha variante:  emprega redondo de tenreira e en vez de pasala ao forno termina de cociñala na mesma tarteira engadindo un vaso de auga.  Das dúas maneiras é un bo prato para os amantes da carne.



    Pagarei algunha débeda?


    Muchas veces me siento en deuda:  deuda con la gente que me conoce, con la que me cuida, con la que se preocupa por mi; con la que me aprecia y con la que me aguanta... y así con una larga lista.

    A lo largo de nuestra vida pasamos por algunas situaciones difíciles y complicadas y muchas veces encontramos personas que nos ayudan.  Aunque estén cumpliendo simplemente con su trabajo, su dedicación va más allá de una actuación profesional.

    Mientras cocinaba pensaba en la suerte que tengo por haber encontrado personas así.  Es cierto que estas deudas no se pagan nunca, pero debemos ser agradecidos cuando nos ayudan a pasar del color gris al azul y notamos mejoría en nuestra vida.
    

    Y hablamos de la receta.  La carne de ternera no es precisamente mi favorita.  Tengo un recuerdo de cuando era pequeña:  mi madre intentaba que comiera un bistec y yo hacía bolas con la carne en la boca.  Al final era incapaz de comerla y devolvía la bola al plato con el consiguiente cabreo de mi madre.  Ahora no hago bolas, pero prefiero otras carnes, sin dejar de comer ternera de vez en cuando.

  • 1,250 kg de carne de ternera para asar
  • 1 cebolla
  • 1 puerro
  • 2 zanahorias
  • 2 dientes de ajo
  • 2 cucharadas de adobo
  • 3/4 de vaso de vino blanco
  • 1 rama fresca de tomillo
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de pimienta


    En primer lugar até la carne para que no perdiera la forma.  Después doré la carne en el aceite.  Podemos hacerlo en una sartén o en una tartera baja.


   La saqué y la adobé.  Le eché también un poco de pimienta, no demasiad porque no soporto nada bien el picante.  En el mismo aceite cocinamos las verduras:  los dientes de ajo picados, la cebolla en rebanadas finas, el puerro en trocitos, las zanahorias también en rebanadas y, por último, el tomillo.  Dejamos que vayan cocinando lentamente y añadimos el vino blanco y dejamos que se hagan unos minutos más.


    Ponemos las verduras en una fuente preparada para ir al horno.  Encima la carne y metemos en el horno a 190º.  La cociné una hora y media más o menos, dándole una vuelta en el medio de la cocción.


   La saqué y, mientras enfriaba un poco antes de cortarla, pasé las verduras a un vaso de batidora para hacer la salsa.


    Mi madre también hace esta receta con una variante:  emplea redondo de ternera y en vez de pasarla al horno termina de cocinarla en la misma tartera añadiendo un vaso de agua.  De las dos maneras es un buen plato para los amantes de la carne.


    ¿Pagaré alguna deuda?


    


    

lunes, 3 de agosto de 2015

PIZZA DE VERDURAS E ATÚN

    PIZZA DE VERDURAS Y ATÚN


    - Poderías levar uns poucos pementos.
    - Non queres tomates?  Temos moitos na horta...
    - Xa non sei que facer coas cabaciñas...
    - Non che farán falta cebolas?

    E así cada vez que vou a casa dos meus pais.   A verdade, parece que vou facer a compra en vez de visitalos.  Meu pai plantou e plantou e agora madura todo xunto.  Sen contar coa cantidade de froita da temporada.  Teño moita sorte.

    E despois xa sabedes o difícil que é facer que se coma a suficiente cantidade de verdura na casa:  hai que darlle voltas á cabeza.  Niso estaba cando atopei esta receita.  A verdade é que non a seguín exactamente, pero o resultado foi bo.  Aínda así conseguir que todos coman verduras...

    Pareceume interesante o feito de incorporar queixo relado na masa da pizza.  Estaba intrigada co resultado.  A masa resultante quedou bastante suave e lixeira, non rompía ao estirala e despois de enfornear non quedou nada graxa.

  • 250 gr de fariña
  • 100 ml de auga
  • 80 ml de aceite
  • 1 culleradiña de ourego
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de azucre moreno
  • 15 gr de fermento fresco de panadería
  • 150 gr de queixo relado mozzarela
  • 1 cebola
  • 2 ou 3 tomates
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 cabaciña
  • 100 gr de atún
  • 2 ou 3 follas de alfábega



    Coa fariña, o sal, o azucre, o ourego, auga, aceite, 50 gr de queixo relado e o fermento facemos unha masa que deixamos repousar unha hora aproximadamente.

    Mentres cortamos a cebola en láminas finas, o pemento en tiras e a cabaciña en tiras anchas.  Para cortar a cabaciña axudeime dun pelador despois de pelala, pero podedes pasar sen sacarlle a pel.  Nun pouquiño de aceite pasamos as verduras ata que amolezan.  Reservámolas.



    Escorremos o atún e lavamos e picamos moi finas as follas de alfábega.  Tamén cortamos os tomates en rodas.



    Estiramos a masa e cubrímola coas rodas de tomates.  Despois polvoriñamos co resto do queixo relado ou poñemos rodas de mozzarela (así era a receita orixinal).  Enriba as verduras e ao forno a 200º unha media hora.



    Cando a saquemos será o momento de engadir o atún e a alfábega picada.

Fonte:  Cocina Fácil 211



    - Podrías llevar unos pocos pimientos.
    - ¿No quieres tomates?  Tenemos muchos en la huerta...
    - Ya no sé qué hacer con los calabacines...
    - ¿No te harán falta cebollas?

    Y así cada vez que voy a casa de mis padres.  La verdad, parece que voy a hacer la compra en vez de visitarlos.  Mi padre plantó y plantó y ahora madura todo junto.  Sin contar con la cantidad de fruta de temporada.  Tengo mucha suerte.

   Y después ya sabéis lo difícil que es hacer que se coma la suficiente cantidad de verdura en casa:  hay que darle vueltas a la cabeza.  En eso estaba cuando encontré esta receta.  La verdad es que no la seguí exactamente, pero el resultado fue bueno.  Pero conseguir que todos coman verdura...

   Me pareció interesante el hecho de incorporar queso rallado en la masa de la pizza.  Estaba intrigada con el resultado.  La masa resultante quedó bastante suave y ligera, no rompió al estirarla y después de hornear no quedó nada grasa.

  • 250 gr de harina
  • 100 ml de agua
  • 80 ml de aceite
  • 1 cucharadita de orégano
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de azúcar moreno
  • 15 gr de levadura fresca de panadería
  • 150 gr de queso rallado mozzarela
  • 1 cebolla
  • 2 ou 3 tomates
  • 1/2 pimiento rojo
  • 1 calabacín
  • 100 gr de atún
  • 2 ou 3 hojas de albahaca



    Con la harina, sal, azúcar, orégano, agua, aceite, 50 gr de queso rallado y la levadura hacemos una masa que dejamos reposar una hora aproximadamente.
    
    Mientras cortamos la cebolla en láminas finas, el pimiento en tiras y el calabacín en tiras anchas.  Para cortar el calabacín me ayudé de un pelador después de pelarla, pero podéis pasar sin sacarle la piel.  En un poco de aceite pasamos las verduras hasta que ablanden.  Las reservamos.



    Escurrimos el atún y lavamos y picamos muy finas las hojas de albahaca.  También cortamos los tomates en rodajas.



    Estiramos la masa y la cubrimos con las rodajas de tomates.  Después espolvoreamos el resto del queso rallado o ponemos rodajas de mozzarela (así era la receta original).  Encima las verduras y al horno a 200º una media hora. 



    Cuando la saquemos será el momento de añadir el atún y la albahaca picada.

Fuente:  Cocina Fácil 211