jueves, 20 de septiembre de 2012

MARMELADA DE PEXEGOS


    MERMELADA DE "PEXEGOS"

    Aquí estou con outra receita de marmelada e seguro que non será a última.  Na miña casa xa están a punto de facerme elixir se entro eu ou a marmelada e as miñas fillas están pensando que o futuro será a venta de conservas.  Pero non podo deixar que a froita se estrague:  A facer marmeladas!
    Desta vez tocoulle ao pexego.  O pexego é unha froita semellante ao melocotón pero máis pequena.  Ten unha pel peluda e a súa carne pode ser branca, amarela, laranxa ou colorada.  Ten un óso que se separa facilmente da carne.
    Eu fixen marmelada de dúas variedades distintas como xa podedes ver nas fotos:  unha saíu cunha cor parecida a do melocotón e outra máis vermella case como a cor da fresa.

    As cantidades foron as seguintes:
  • 600 gr. de pexego (xa limpo e picado)
  • 300 gr. de azucre
  • unha mazá vermella
  • medio limón
    Pelamos os pexegos e sacámoslles o óso.  Despois cortámolos en anaquiños pequenos.  Botámoslles o azucre e deixamos que repouse un pouco.  Mentres pelamos o medio limón (gallo a gallo) sacándolle todas as peles e pebidas.  Lavamos e secamos a mazá e sacámoslle as pebidas (non a pelamos).  A mazá xunto co limón paseinos pola picadora e boteinos na mestura anterior.  Cociñamos deixando que se vaia facendo (45 minutos aproximadamente despois de ferver) e despois envasamos.  A min gústame atopar anaquiños da froita.  De non ser así é mellor pasala polo batedor e poñela un par de minutos ao lume antes de envasar.  A gozala!



    Aquí estoy con otra receta de mermelada y seguro que no será la última.  En mi casa están a punto de hacerme elegir si entro yo o la mermelada y mis hijas están pensando que el futuro será la venta de conservas.  Pero no puedo dejar que la fruta se estropee:  ¡A hacer mermeladas!

    Esta vez le tocó al "pexego".  El "pexego" es una fruta semejante al melocotón pero más pequeña.  Tiene una piel peluda y su carne puede ser blanca, amarilla, naranja o colorada.  Tiene un hueso que se separa fácilmente de la carne.

    Yo hice mermelada de dos variedades distintas como ya podéis ver en las fotos:  una salió con color parecido a la de melocotón y otra más roja casi como el color de la fresa.   

    Las cantidades fueron las siguientes:
  • 600 gr. de "pexego" (ya limpio y troceado)
  • 300 gr. de azúcar
  • una manzana roja
  • medio limón
    Pelamos los "pexegos" y les sacamos el hueso.  Después los cortamos en trozos pequeños.  Les echamos el azúcar y dejamos que repose un poco.  Mientras pelamos el medio limón (gajo a gajo) sacándole todas las pieles y pepitas.  Lavamos y secamos la manzana y le sacamos las pepitas (no la pelamos).  La manzana junto con el limón los pasé por la picadora y los añadí a la mezcla anterior.  Cocinamos dejando que se vaya haciendo (45 minutos aproximadamente después de hervir) y después envasamos.  A mí me gusta encontrar trocitos de fruta.  De no ser así es mejor pasarle la batidora y ponerla un par de minutos al fuego antes de envasar.  ¡A disfrutarla!

   

2 comentarios:

  1. Xa pasou un ano e volven os pexegos con toda a súa forza. Aínda que este ano (2013) non foi bo ano de pexegos por estas latitudes (Louredo, Mos, Rías Baixas) estou recollendo máis dos que agardaba. Aí é cando o teu blogue éncheme de ledicia e grazas a túa receita vai encher de ledicia aos meus tamén. Moitas moitas grazas por compartilo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tamén me enche de ledicia que podas aproveitar a miña receita. Por aquí, Vigo, este ano non os podemos aproveitar nin para marmelada. Se tes uns poucos bos tamén podes poñelos en xarope que non teñen desperdicio.

      Eliminar