viernes, 14 de septiembre de 2012

MARMELADA DE PEMENTOS


    MERMELADA DE PIMIENTOS

    Andaba eu navegando pola rede e investigando sobre as marmeladas cando me atopei coa posibilidade de facer marmelada de pementos.  Nunca se me pasara pola cabeza tal cousa (mesturar verduras e azucre non parecía ter moito sentido), pero acabei picada pola curiosidade e intentando facela intrigada por descubrir o seu sabor.  Había varias receitas, pero fun adaptándoas a miña cociña e finalmente, despois de varias modificacións, deixeina así:
  • 400 gr. de pementos vermellos
  • 200 gr. de azucre
  • 50 ml de vinagre de Módena.

    En primeiro lugar lavamos os pementos, secámolos e limpámolos sacándolles as pebidas e os nervios brancos.  Picámolos deixándoos no recipiente no que vaiamos a facer a marmelada despois.  Engadimos o azucre e o vinagre de Módena e deixamos que repouse unhas cantas horas (eu deixeinos na neveira dun día para outro).  Cocémolos durante unha media hora (despois de ferver) e batemos.  Metémola en botes para conservala.  É mellor empregar botes pequenos por se tardamos en consumila unha vez aberta.

    Por suposto, non é unha marmelada que tomemos no almorzo aínda que tamén poderiamos facelo.  É máis apropiada para tomar nunhas tostadiñas cun pouco de queixo como aperitivo.  Neste caso o elixido foi queixo de untar, pero pode ser calquera outro tipo de queixo que nos guste ou nos apeteza.
    Aproveito para deixarvos o adhesivo que fixo a miña filla maior empeñada en promocionar as miñas marmeladas.  Un biquiño para ti.
    Estaba yo navegando por la red e investigando sobre las mermeladas cuando me encontré con la posibilidad de hacer mermelada de pimiento.  Nunca se me había pasado por la cabeza esta posibilidad (mezclar verduras y azúcar no parecía tener mucho sentido), pero acabé picada por la curiosidad e intentando hacerla intrigada por descubrir su sabor.  Había varias recetas, pero fui adaptándolas a mi cocina y finalmente, después de varias modificaciones, la dejé así:
  • 400 gr. de pimentos rojos
  • 200 gr. de azúcar
  • 50 ml de vinagre de Módena.
    En primer lugar lavamos los pimientos, los secamos y limpiamos sacándoles las pepitas y los nervios blancos.  Los picamos dejándolos en el recipiente en el que vamos a hacer la mermelada.  Añadimos el azúcar y el vinagre de Módena y dejamos que repose unas cuantas horas (yo los dejé en la nevera de un día para otro).  Los cocemos durante una media hora (después de herver) y batimos.  La metemos en botes para conservarla.  Es mejor usar botes pequeños por si tardamos en consumirla una vez abierta.
    Por supuesto, no es una mermelada que tomemos en el desayuno aunque también podríamos hacerlo.  Es más apropiada para tomar en unas tostaditas con un poco de queso como aperitivo.  En este caso el elegido fue queso de untar, pero puede ser cualquier otro tipo de queso que nos guste o nos apetezca.
    Aprovecho para dejaros la pegatina que hizo mi hija mayor empeñada en promocionar mis mermeladas.  Un besito para ti.

   

2 comentarios: