jueves, 25 de agosto de 2016

PIZZA DE CABACIÑA

    PIZZA DE CALABACÍN


    Aínda que soe a tópico, este verán non é nada típico.  En Galicia non estamos afeitos a pasar tanta calor.  Tamén é certo que non chove tanto como din:  ese tamén é un tópico.  E contra o que cabía esperar non foi un bo verán para as froitas e as hortalizas; non se recolleron moitas froitas e as hortalizas tardan en madurar.  Seguro que non é por falta de sol!


    Pero si que hai unha boa produción de cabaciñas, que se van acumulando na neveira á espera de que lles toque o seu momento.  Unha delas xa estaba reservada (se tiveran un tamaño normal farían falta dúas ou tres).  Tiña unha receita en espera, desas que atopo por internet e que despois modifico, calabapizza, pero que para min tiña un inconveniente:  o microondas.  Confeso que na miña casa só ten uso para quentar a comida ou o leite do almorzo, o de cociñar con el para min son palabras maiores; nin me atrevo, nin me gusta.  Así que se usades o microondas para cociñar debedes visitar o enlace da receita orixinal; eu farei unha versión un pouco máis "tradicional" se é que hai algo de tradicional neste prato.  O que si aseguro é que o seu sabor ten pouco que envexar á pizza tradicional e, por suposto, é máis lixeira.


  • Cabaciñas ( a cantidade dependerá do seu tamaño)
  • Salsa de tomate
  • Ourego
  • Xamón York
  • Queixo relado



    A preparación é moi sinxela:  podemos pelar ou non a cabaciña e cortala en rodas.  Se o preferimos podemos cortala lonxitudinalmente e así non quedarán ocos por cubrir.  Poñemos as rodas ou as tiras nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal.  Dúas capas son suficientes.  Seguidamente precisaremos un pouco de salsa de tomate, a suficiente para "pintar" un pouco a cabaciña.  Polvoriñamos con ourego ao noso gusto e engadimos xamón York cortado en anacos.  Rematamos cubrindo con queixo relado (eu empreguei mozzarela) e metemos no forno a 200º.  Precisará uns 30 minutos ou ata que o queixo estea fundido.



    Hai que ter en conta que a cabaciña vai soltar auga ao cociñar polo que a pizza será un pouco húmida.  Tamén será preciso comela nun prato ou nos caerá das mans.  Estou segura de que vos gustará e será unha boa elección para a cea ou como primeiro prato.  Bo proveito!




    Aunque suene a tópico, este verano no es nada típico.  En Galicia no estamos acostumbrados a pasar tanto calor.  Lo cierto es que tampoco llueve tanto como dicen:  ese también es un tópico.  Y en contra de lo que cabría esperar no fue un buen verano para las frutas y las hortalizas; no se recogieron muchas frutas y las hortalizas tardan en madurar.  ¡Seguro que no es por falta de sol!


    Pero sí que hay una buena producción de calabacines, que se van acumulando en la nevera a la espera de que les toque su momento.  Una de ellas ya estaba reservada (si tuvieran un tamaño normal harían falta dos o tres).  Tenía una receta en espera, de esas que encuentro por internet y que después modifico, calabapizza, pero que para mi tenía un inconveniente:  el microondas.  Confieso que en mi casa sólo tiene uso para calentar la comida o la leche del desayuno, lo que cocinar con él para mí son palabras mayores; ni me atrevo, ni me gusta.  Así que si usáis el microondas para cocinar debéis visitar el enlace de la receta original; yo haré una versión un poco más "tradiciona" si es que hay algo de tradicional en este plato.  Lo que sí aseguro es que su sabor tiene poco que envidiar a la pizza tradicional y, por supuesto, es más ligera.
   

  • Calabacines ( la cantidad dependerá de su tamaño)
  • Salsa de tomate
  • Orégano
  • Jamón York
  • Queso rallado



    La preparación es muy sencilla:  podemos pelar o no el calabacín y cortarlo en rodajas.  Si lo preferimos podemos cortarlo longitudinalmente y así no quedarán huecos por cubrir.  Ponemos las rodajas o las tiras en una bandeja de horno cubierta con papel vegetal.  Dos capas son suficiente.  Seguidamente necesitaremos un poco de salsa de tomate, la suficiente para "pintar" un poco el calabacín.  Espolvoreamos con orégano a nuestro gusto y añadimos jamón York cortado en trozos.  Para finalizar cubrimos con queso rallado (yo utilicé mozzarela) y metemos en el horno a 200º.  Necesitará unos 30 minutos o hasta que el queso esté fundido.
   


    Hay que tener en cuenta que el calabacín va a soltar agua al cocinar por lo que la pizza será un poco húmeda.  También será necesario comerla en un plato o nos caerá de las manos.  Estoy segura de que os gustará y que será una buena elección para la cena o como primer plato.  ¡Buen provecho!


martes, 9 de agosto de 2016

ARROZ CON CHAMPIÑÓNS

    ARROZ CON CHAMPIÑONES


    A verdade é que empezou sendo un risotto o, cando menos, intentando parecerse a el, pero imos deixalo en arroz con champiñóns despois dunha pequena evolución.  Chamarlle risotto quizais sexan palabras maiores que lles deixaremos aos italianos.

    Empecei cun pouco de receo, esa sensación que teño cada vez que trato de facer cousas novas na cociña;  os meus comensais son moi tradicionais en canto a gustos culinarios e non estaba segura de acertar.  Equivoqueime:  a miña filla máis nova non deixou de insistir en que puxera a receita no blog para conservala.  Será quen de cociñala algún día?

  • 1 litro de caldo (o meu de polo)
  • 300 g de champiñóns 
  • 300 g de arroz (arborio)
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Sal
  • Cúrcuma
  • Perexil
  • 25 g de manteiga ou 2 culleradas de queixo relado
  • Aceite de oliva


    Nun par de culleradas de aceite de oliva salteamos o allo e a cebola.  Despois duns minutos engadimos os champiñóns que teremos lavados e cortados en láminas.  Salgamos.  Cando os champiñóns van collendo unha cor máis escura engadimos o arroz e dámoslle voltas para que vaia collendo os sabores e absorbendo os líquidos.

    Cando empecei a facer esta receita atopei blogs e páxinas que aconsellaban usar arroz tipo "bomba" ou "arborio".  Eu probei este último e gustoume moito o resultado.  Para min é moi recomendable.

    Toca agora engadir o viño branco e deixar que o arroz o absorba.  Imos incorporando agora o caldo quente cullerada a cullerada, deixando que se vaia cociñando lentamente.  

    Case ao final da cocción polvoriñamos con cúrcuma.  Retiramos do lume e incorporamos a manteiga cortada en anacos pequenos ou o queixo relado se o preferimos.  Tamén é o momento de botarlle o perexil picado se é do noso agrado.

    Servimos quente.  Bo proveito.



    La verdad es que empezó siendo un risotto o, por lo menos, intentando parecerse a él, pero vamos a dejarlo en arroz con champiñones después de una pequeña evolución.  Llamarle risotto quizás sean palabras mayores que les dejaremos a los italianos.


    Empecé con un poco de recelo, esa sensación que tengo cada vez que trato de hacer cosas nuevas en la cocina; mis comensales son muy tradicionales en cuanto a gustos culinarios y no estaba sabía si acertaría.  Me equivoqué:  mi hija más joven no dejó de insistir en que pusiera la receta en el blog para conservarla.  ¿La cociñará algún día?
   
  • 1 litro de caldo (el mío de pollo)
  • 300 g de champiñones 
  • 300 g de arroz (arborio)
  • 1 cebolla
  • 2 dientes de ajo
  • 1/2 vaso de viño blanco
  • Sal
  • Cúrcuma
  • Perejil
  • 25 g de mantequilla ou 2 cucharadas de queso rallado
  • Aceite de oliva


    En un par de cucharadas de aceite de oliva salteamos el ajo y la cebolla.  Después de unos minutos añadimos los champiñones que tendremos lavados y cortados en láminas.  Salamos.  Cuando los champiñones van oscureciendo añadimos el arroz y le damos vueltas para que vaya cogiendo los sabores y absorbiendo los líquidos.
    
    Cuando empecé a hacer esta receta encontré blogs y páginas que aconsejaban usar arroz tipo "bomba" o "arborio".  Probé este último y me gustó el resultado.  Para mí es muy recomendable.
    
    Toca ahora añadir el vino blanco y dejar que el arroz lo absorba.  Vamos incorporando ahora el caldo caliente cucharada a cucharada dejando que se vaya cocinando lentamente.  
    
    Casi al final de la cocción espolvoreamos un poco de cúrcuma.  Retiramos del fuego e incorporamos la mantequilla cortada en trozos pequeños o el queso rallado si lo preferimos.  También es el momento de añadir el perejil picado si es de nuestro agrado.
   
    Servimos caliente.  Buen provecho.