viernes, 28 de julio de 2017

QUICHE DE CABACIÑA (sen ovos)

    QUICHE DE CALABACÍN (sin huevos)


    Definitivamente este é o verán da cabaciña.  De seguir así vanme botar da casa e non me permitirán entrar na cociña (ironía, todo ironía).  A verdade é que se me van esgotar as ideas, pero non totalmente:  aínda teño algunha perdida por aí.

  • 1 base de torta (quebrada a que usei eu)
  • 1 cebola
  • 1 cabaciña
  • 1 dente de allo
  • 90 g. de tacos de xamón (a ser posible pequeniños)
  • 1 cullerada de fariña
  • 200 ml de nata líquida para cociñar
  • 50 g de queixo relado (aproximadamente)
  • Noz moscada


    Temos que saltear o dente de allo ben picado, a cebola cortada en rodas, os tacos de xamón e a cabaciña en tiras ( cun pelapatacas).   Polvoriñamos cun pouco de noz moscada.  Non é conveniente engadir sal; coa do xamón e o queixo será suficiente. Cando estea salteado engadimos unha cullerada de fariña e a nata de cociñar.  Incorporamos o queixo relado ou polvoriñamos enriba; como nos guste máis.




    Mentres poñemos a masa nun molde desmoldable, pinchamos a base para que non suba e forneamos a 200º durante 15 minutos.  Sacamos do forno e incorporamos o recheo.  Forneamos outros 15 minutos e estará lista para comer.  A masa estará crocante en contraste co recheo.  Espero que vos guste. 

    


    Definitivamente este es el verano del calabacín.  Si sigo así me van a echar de casa e no me permitirán entrar en la cocina (ironía, todo ironía).  La verdad es que se me van a agotar las ideas, pero no totalmente:  todavía tengo alguna perdida por ahí.

  • 1 base de tarta (quebrada la que usé yo)
  • 1 cebolla
  • 1 calabacín
  • 1 diente de ajo
  • 90 g. de tacos de jamón (a ser posible pequeñitos)
  • 1 cucharada de harina
  • 200 ml de nata líquida para cocinar
  • 50 g de queso rallado (aproximadamente)
  • Nuez moscada


    Tenemos que saltear el diente de ajo bien picado, la cebolla cortada en rodajas, los tacos de jamón y el calabacín en tiras (con un pelapatatas).  Espolvoreamos un poco de nuez moscada.  No es conveniente añadir sal, con la del jamón y el queso será suficiente.  Cuando esté salteado añadimos una cucharada de harina y la nata de cocinar.  Incorporamos el queso rallado o lo espolvoreamos por arriba: como nos guste más.
   

    Mientras ponemos la masa en un molde desmoldable, pinchamos la basa para que no suba y horneamos a 200º durante 15 minutos.  La sacamos del horno e incorporamos el relleno.  Horneamos otros 15 minutos y estará lista para comer.  La masa estará crujiente en contraste con el relleno.  Espero que os guste.