viernes, 25 de diciembre de 2015

TURRÓN BRANCO DE LACASITOS

    TURRÓN BLANCO DE LACASITOS
  
    O Nadal non é Nadal, entre outras cousas, se non comemos un pedaciño de turrón.  Polo menos en España é unha tradición moi antiga.

    Se o imos mercar atopamos moita variedade e cada vez é máis doado que algún se adapte ás nosas necesidades, pero se o fai mamá...  mellor!!!

  • 200 gr de chocolate branco
  • 100 gr de lacasitos
  • 30 gr de manteiga de porco (de cacao ou normal)


    O procedemento é moi sinxelo.  Derretemos a manteiga a baño maría e despois engadimos o chocolate.  Remexemos e, cando xa está derretido, retiramos do lume.  Deixamos que arrefríe un pouquiño e engadimos os lacasitos.   Botamos a mestura nun molde, táper ou mesmo no brick recortado do leite e deixamos que arrefríe primeiro a temperatura ambiente e despois na neveira e xa o teremos listo para comer.  Iso si, antes de cortado é mellor deixalo un tempo fóra da neveira ou corremos o risco de romper o coitelo.






    La Navidad no es Navidad, entre otras cosas, si no comemos un pedacito de turrón.  Por lo menos en España es una tradición muy antigua.

    Si lo vamos a comprar nos encontramos con mucha variedad y cada vez es más fácil que alguno se adapte a nuestras necesidades, pero si lo hace mamá... mejor!!!

  • 200 gr de chocolate blanco
  • 100 gr de lacasitos
  • 30 gr de manteca de cerdo (de cacao o normal)


    El procedimiento es muy sencillo.  Derretimos la manteca a baño maría y después añadimos el chocolate.  Revolvemos y, cuando ya está derretido, retiramos del fuego.  Dejamos que enfríe un poco y añadimos los lacasitos.  Echamos la mezcla en un molde, táper o en un brick recortados de leche y dejamos que  enfríe primero a temperatura ambiente y después en la nevera y ya lo tendremos listo para comer.  Eso sí, antes de cortarlo es mejor dejarlo un tiempo fuera de la nevera o corremos el riesgo de romper el cuchillo.
    

Fuente:  "Un toque de CaNela"

sábado, 19 de diciembre de 2015

UN AGASALLO DE NADAL

    UN REGALO DE NAVIDAD


    É tempo de Nadal e para moitos é tempo de agasallos, de romperse a cabeza pensando que imos mercar e canto imos gastar.

    Pero non fai falta chegar a eses extremos:  un pequeno detalle feito con agarimo pode ser o mellor dos agasallos.  Máis aínda se o facemos coas nosas propias mans e o empaquetamos con cariño:  unha boa presentación anima e ás veces é bo poñer máis dun sentido en xogo.

    A todo isto, teño unha manía:  bote que pillo, bote que gardo.  Bueno, neste caso non foi manía, foi unha boa oportunidade para reutilizar.


    Gústanme moito estes botes de vidro.  Son de café e teñen unha tapa tamén de vidro que encaixa perfectamente a presión.  Teño moitos coas herbas aromáticas que recollemos na horta:  ourego, tomiño, nébeda, fiúncho, loureiro,... pero desta volta cheos de galletas (bote e tapa), un lazo e unha galleta máis no exterior forma o detalle especial para persoas especiais.





    A receita das galletas é a seguinte:

  • 100 gr de azucre moreno
  • 75 gr de mel
  • 200 gr de manteiga
  • 30 ml de leite
  • 400-450 gr de fariña
  • 3 culleradiñas de café ben cheas de especies de Nadal.



    Para a glasa:

  • Azucre en po
  • Unhas gotas de aroma de vainilla
  • Un pouco de auga



    Para adornar:

  • Azucre dourado



    A receita é como a das galletas de xenxibre, pero cambiando algúns ingredientes.

    As especies de Nadal son as que usa miña nai para facer o pan de Nadal.  Son unha mestura de varias.  Xa comentei algunha vez que eu mércoas nunha tenda de comestibles tradicional onde as venden ó peso.  En realidade son as especies que se empregan para facer as morcillas na época de matanza e, segundo a vendedora, tamén hai que llas bota ás filloas de sangue.

    Volvendo á receita, batemos co batedor de montar a tona a manteiga (que xa levará un tempo fóra de neveira) xunto co azucre, mel, leite e especies.  Engadimos a fariña e imos amasando.  Deixamos que arrefríe a masa unha media hora na neveira, estirámola (podemos axudarnos de film ou papel vexetal) e cortamos coas formas que nos gusten.  Metémolas no forno a 180º durante 15 minutos.  Cando as saquemos do forno deixamos que arrefríen nunha rella e podemos decoralas.   Eu fíxenas un día, gardeinas de decoreinas ao día seguinte.





    Para decorar, co accesorio de montar a tona, batín o azucre en po coas gotas de aroma de vainilla (sen pasarnos ou darémoslle demasiado aroma) e un pouco de auga.  A auga é mellor botarlla pouco a pouco e ir comprobando o espesor.  Moi espesa é difícil de manexar e moi líquida escórrese e non queda ben.  Hai que atopar o punto intermedio.

    A medida que decoramos polvoriñamos co azucre dourado.  Deixamos que sequen un par de horas polo menos e gardámolas.

   "Neixentas na cociña" deséxavos:



    Es tiempo de Navidad y para muchos es tiempo de regalos, de romperse la cabeza pensando qué vamos a comprar y cuánto vamos a gastar.

    Pero no hace falta llegar a esos extremos:  un pequeño detalle hecho con cariño puede ser el mejor de los regalos.  Y más aún si lo hacemos con nuestras propias manos y lo empaquetamos con cariño:  una buena presentación anima y, a veces, es bueno poner más de un sentido en juego.

   Además, tengo una manía:  bote que pillo, bote que guardo.  Bueno en este caso no fue una manía, fue una buena oportunidad para reutilizar.



    Me gustan mucho estos botes de vidrio.  Son de café y tienen una tapa también de vidrio que encaja perfectamente a presión.  Tengo muchos con las hierbas aromáticas que recogemos en la huerta:  orégano, tomillo, nébeda, hinojo, laurel,... pero esta vez llenos de galletas (bote y tapa), un lazo y una galleta más en el exterior forma el detalle especial para personas especiales.



   La receta de las galletas es la siguiente:

  • 100 gr de azúcar moreno
  • 75 gr de miel
  • 200 gr de mantequilla
  • 30 ml de leche
  • 400-450 gr de harina
  • 3 cucharaditas de café bien llenas de especies de Navidad.



    Para la glasa:

  • Azúcar en polvo
  • Unas gotas de aroma de vainilla
  • Un poco de agua



    Para adornar:

  • Azúcar dorado



    La receta es como la de las galletas de jengibre, pero cambiando algunos ingredientes. 
    
    Las especies de Navidad son las que usa mi madre para hacer el pan de Navidad.  Son una mezcla de varias.  Ya comenté alguna vez que yo las compro en una tienda de comestibles tradicional donde las venden al peso.  En realidad son las especies que se usan para hacer las morcillas en la época de matanza y, según la vendedora, también hay quien se las echa a las filloas de sangre.

    Volviendo a la receta, batimos con la batidora de montar la nata la mantequilla (que ya llevará un tiempo fuera de la nevera) junto con el azúcar, miel, leche y especies.  Añadimos la harina y vamos amasando.  Dejamos que enfríe la masa una media hora en la nevera, la estiramos (nos podemos ayudar de film o papel vegetal) y la cortamos con las formas que nos gusten.  Las metemos en el horno a 180º durante 15 minutos.  Cuando las saquemos del horno dejamos que enfríen en una rejilla y podemos decorarlas.  Yo las hice un día, las guardé y las decoré al día siguiente.



    Para decorar, con el accesorio de montar la nata, batí el azúcar en polvo con las gotas de aroma de vainilla (sin pasarnos o le daremos demasiado aroma) y un poco de agua.  El agua es mejor echarla poco a poco, gota a gota, e ir comprobando el espesor.  Muy espesa es difícil de manejar y muy líquida se escurre y no queda bien.  Hay que encontrar el punto intermedio.

    A medida que decoramos espolvoreamos con el azúcar dorado.  Dejamos que se sequen un par de horas por lo menos y las guardamos.

   "Neixentas na cociña" os desea:





lunes, 14 de diciembre de 2015

LOMBO DE PORCO AO FORNO CON VERDURAS

    LOMO DE CERDO AL HORNO CON VERDURAS


    Achégase o Nadal e hai que facer prácticas na cociña para ir preparando os menús.  A min resúltame moi cómodo facer xamón asado:  dá pouco traballo e permite facer outras cousas ao mesmo tempo.  Pero non podo estar repetindo sempre o mesmo prato ou os meus invitados acabarán aborrecidos e sen ganas de volver comer na miña casa.



    Unha alternativa pode ser este lombo con verduras que non ten ciencia ningunha.

  • 1 kg de lombo de porco
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 cenoria
  • 1 tomate
  • 2 ou 3 culleradas de adobo
  • 1 folla de loureiro
  • Ourego
  • Tomiño
  • Aceite de oliva
  • 1/2 vaso de viño branco


    Un par de horas antes de meter o lombo de porco ao forno adobámolo e polvoriñámolo con ourego e tomiño.

    Antes de enfornar preparamos a base de verduras.  Pelamos os allos e esmagámolos.  Picamos a cebola, a cenoria, o pemento e o tomate.  Esmigallamos a folla de loureiro e poñemos enriba de todas as verduras o lombo xa adobado.  Asperxémolo cun pouco de aceite de oliva e viño branco.


    Asámolo a 180º media hora por cada lado como mínimo.  E despois uns minutos a 200º.

    Sacámolo e fileteámolo.  As verduras podemos pasalas polo batedor xunto cun pouco de caldo e así teremos unha boa salsa para acompañar os filetes.


    Unhas patacas fritidas ou un arroz branco e teremos un prato sinxelo, pero apetitoso.



    Se acerca la Navidad y hay que hacer prácticas en la cocina para ir preparando los menús.  A mi me resulta muy cómodo hacer jamón asado:  da poco trabajo y permite hacer otras cosas al mismo tiempo.  Pero no se puede estar repitiendo siempre el mismo plato o mis invitados acabarán hartos y sin ganas de volver a comer en mi casa.


    Una alternativa puede ser este lomo con verduras que no tiene ciencia ninguna.

  • 1 kg de lomo de cerdo
  • 2 dientes de ajo
  • 1 cebolla
  • 1/2 pimiento rojo
  • 1 zanahoria
  • 1 tomate
  • 2 o 3 cucharadas de adobo
  • 1 hoja de laurel
  • Orégano
  • Tomillo
  • Aceite de oliva
  • 1/2 vaso de vino blanco


    Un par de horas antes de meter el lomo de cerdo en el horno lo adobamos y lo espolvoreamos con orégano y tomillo.
    
    Antes de horneas preparamos la base de verduras.  Pelamos los ajos y los aplastamos.  Picamos la cebolla, la zanahoria, el pimiento y el tomate.  Deshacemos la hoja de laurel y ponemos encima de todas las verduras el lomo ya adobado.  Lo rociamos con un poco de aceite de oliva y el vino blanco.


   Lo asamos a 180º media hora por cada lado como mínimo.  Y después unos minutos a 200º.

   Lo sacamos y lo fileteamos.  Las verduras las podemos pasar por la batidora junto con un poco del caldo y así tendremos una buena salsa para acompañar los filetes.


   Unas patatas fritas o un arroz blanco y tendremos un plato sencillo, pero apetitoso.

    


domingo, 6 de diciembre de 2015

LUMACOMI RECHEOS CON ESPINACAS E BACALLAU

    LUMACOMI RELLENOS CON ESPINACAS Y BACALAO

    Entre doce e sobremesa, entre sobremesa e doce, aínda queda un pequeno buraco para outro tipo de pratos.


    A pasta é un prato que, nas súas diferentes versións, agrada a case todo o mundo.  A combinación coas espinacas, non tanto.  E, por se fora pouco, engadimos o bacallau.  Imos ver que pasa, a ver se se van convencendo os máis reticentes.

  • 16 lumacomi
  • 150 gr de espinacas
  • 1/2 cebola
  • 100 gr de bacallau ( mellor desmigado)
  • 1 vaso de leite
  • 1 cullerada de fariña refinada de millo (Maizena)
  • Un chisco de sal
  • Noz moscada
  • Pementa negra
  • Salsa de tomate
  • Queixo relado
  • Aceite de oliva

    En primeiro lugar, cocemos os macarróns o tempo indicado no paquete, escorrémolos e arrefriámolos con auga debaixo da billa.

    Nun pouco de aceite douramos a cebola.  Engadimos o bacallau en migas e un chisco despois as espinacas.  Deixamos que se cociñen uns tres ou catro minutos e retiramos todo.

    Poñemos a quentar a metade do leite xunto con dúas culleradas de queixo relado, o sal (non moito que igual leva o bacallau de máis), a pementa e a noz moscada.

    No resto do leite disolvemos a Maizena.  Cando ferva o primeiro engadimos o segundo coa fariña disolta.  Removemos e, cando espese, engadimos o preparado anterior coas espinacas e o bacallau.


     Retirámolo do lume e deixamos que arrefríe un pouco e axudándonos cunha culler enchemos os macarróns.  Poñémolos nunha fonte con salsa de tomate e polvoriñamos con queixo relado.


    Gratinamos e servimos.



    Entre dulce y postre, entre postre y dulce, aún queda un pequeño hueco para otro tipo de platos.


    La pasta es un plato que, en sus diferentes versiones, agrada a casi todo el mundo.  Su combinación con las espinacas, no tanto.  Y, por si fuera poco, añadimos el bacalao.  Vamos a ver qué pasa, a ver si se van convenciendo los más reticentes.


  • 16 lumacomi
  • 150 gr de espinacas
  • 1/2 cebolla
  • 100 gr de bacalao ( mejor desmigado)
  • 1 vaso de leche
  • 1 cucharada de harina refinada de maíz (Maizena)
  • Un chisco de sal
  • Nuez moscada
  • Pimienta negra
  • Salsa de tomate
  • Queso rallado
  • Aceite de oliva
  
    En primer lugar, cocemos los macarrones el tiempo indicado en el paquete, los escurrimos y enfriamos con agua debajo del grifo.
   
    En un poco de aceite doramos la cebolla.  Añadimos el bacalao en migas y un poco después las espinacas.  Dejamos que se cocinen unos tres o cuatro minutos y retiramos todo.
   
    Ponemos a calentar la mitad de la leche junto con dos cucharadas de queso rallado, la sal (no muchas que igual lleva el bacalao de más), la pimienta y la nuez moscada.

    En el resto de la leche disolvemos la Maizena.  Cuando hierva el primero añadimos el segundo con la harina disuelta.  Removemos y, cuando espese, añadimos el preparado anterior con las espinacas y el bacalao.


    Lo retiramos del fuego y dejamos que enfríe un poco y ayudándonos de una cuchara rellenamos los macarrones.  Los ponemos en una fuente con salsa de tomate y espolvoreamos con queso rallado.



    Gratinamos y servimos.