martes, 23 de diciembre de 2014

TURRÓN DE CHOCOLATE BRANCO E LIMÓN

    TURRÓN DE CHOCOLATE BLANCO Y LIMÓN


    A verdade é que o Nadal non é Nadal, entre outras cousas, se o turrón non está presente na sobremesa.  Dunha forma ou doutra é algo que non pode faltar.

    Aínda que xa se van atopando algúns turróns libres de ovo, non podo deixar de facer algún e cando vin este na revista "Saber Cocinar" pensei que podería intentalo.  Na casa teño entusiastas do limón:  é máis difícil poñelos de acordo na cor do chocolate.


    A receita está modificada posto que a orixinal levaba un par de xemas de ovo que eu substituín por un pouco máis de nata e un par de follas de xelatina.


  • 300 gr de chocolate branco de cobertura
  • 2 follas de xelatina neutra
  • 30 gr de azucre
  • 30 ml de zume de limón
  • Reladura dun limón
  • 100 ml de nata líquida

    Esta receita require tempo, non pola súa dificultade senón porque hai que realizala en tres fases e esperar un pouco entre cada unha delas.

    En primeiro lugar derretemos a baño maría 100 gr de chocolate.  Con eles cubrimos o molde.  Podemos empregar un molde de silicona ou algún molde similar que nos faga a función; eu teño usado os cartóns do leite abertos á metade lonxitudinalmente e como o seu interior é de aluminio, o turrón despégase con facilidade.  Neste caso empreguei un molde de plástico, tamén reciclado.  Temos que balancear un pouco o molde, para que o chocolate cubra tanto a base como os laterais.  Despois deixamos que arrefríe o chocolate meténdoo na neveira.

   Mentres podemos ir preparando a crema do interior.  Fervemos a nata e incorporamos o azucre e a reladura de limón.  Engadimos outros 100 gr de chocolate derretido e removemos ata que espese.  Engadimos o zume de limón e cando teñamos unha mestura homoxénea, incorporamos as dúas láminas de xelatina previamente hidratadas.  Botamos a crema no molde encima do chocolate que xa estará solidificado.

   Deixamos o molde na neveira outra vez e cando a crema calle, derretemos os últimos 100 gr de chocolate branco que pasarán a ser a tapa do noso turrón.

    Xa só queda esperar a que se poña ben duro, un día na neveira, e poderemos sacalo do molde e dar conta del.



    La verdad es que la Navidad no es Navidad, entre otras cosas, si el turrón no está presente en el postre.  De una forma o de otra es algo que no puede faltar.

    Aunque ya se van encontrando algunos turrones libres de huevo, no puedo dejar de hacer alguno y cuando vi éste en la revista "Saber Cocinar" pensé que podría intentarlo.  En casa tengo forofos del limón:  es más difícil ponerlos de acuerdo en el color del chocolate.


   La receta está modificada puesto que la original llevaba un par de yemas de huevo que yo sustituí por un poco más de nata y un par de hojas de gelatina.

300 gr de chocolate blanco de cobertura
2 hojas de gelatina neutra
30 gr de azúcar
30 ml de zumo de limón
Ralladura de un limón
100 ml de nata líquida

    Esta receta requiere tiempo, no por su dificultad más bien porque hay que realizarla en tres fases y esperar un poco entre cada  una de ellas.

    En primer lugar derretimos a baño maría 100 gr de chocolate.  Con ellos cubrimos el molde.  Podemos emplear un molde de silicona o algún molde similar que nos haga la función; yo ya he usado los cartones de la leche abiertos a la mitad longitudinalmente y como su interior es de aluminio, el turrón se despega con facilidad.  En este caso empleé un molde de plástico, también reciclado.  Tenemos que balancear un poco el molde, para que el chocolate cubra tanto la base como los laterales.  Después dejamos que enfríe el chocolate metiéndolo en la nevera.

    Mientras podemos ir preparando la crema del interior.  Hervimos la nata e incorporamos el azúcar y la ralladura de limón.  Añadimos otros 100 gr de chocolate derretido y removemos hasta que espese.  Añadimos el zumo de limón y cuando tengamos una mezcla homogénea, incorporamos las dos láminas de gelatina previamente hidratadas. Echamos la crema en el molde encima del chocolate que ya estará solidificado.
   
    Dejamos el molde en la nevera otra vez y cuando la crema cuaje, derretimos los últimos 100 gr de chocolate blanco que pasarán a ser la tapa de nuestro turrón.

   Ya sólo queda esperar a que se ponga bien duro, un día en la nevera, y sacarlo del molde para comerlo.


   

lunes, 22 de diciembre de 2014

PAPÁ NOEL DE ROSCÓN (sen ovo)

    PAPÁ NOEL DE ROSCÓN (sin huevo)

    Cando chegan estas datas de Nadal celebrámolas en tódolos ámbitos da nosa vida.  É moi frecuente que estas celebracións se acompañen de comida, cousa que a veces dificulta as posibilidades das persoas alérxicas.  É moi difícil atopar un lugar no que podan comer sen temer os posibles riscos.


    Tamén é moi frecuente celebralo desta maneira nos colexios.  En case todas as aulas fan unha pequena festa na que cada un aporta algo da súa colleita e ponse en común.

    Uns días antes, grazas a unha compañeira que compartiu a foto no Facebook, empezamos a darlle forma a unha idea que á miña filla lle parecía moi apetecible.

   Aquí tedes unhas fotos atopadas en decopeques que vos darán unha pequena idea de como facelo.


    Eu fixen masa de roscón sen ovo e púxenme mans á obra.  Para vernizar empreguei leite e para darlle color colorantes alimentarios de Vahiné.  O gorro do primeiro quedou un pouco pálido despois de cociñalo, así que no segundo botei un pouquiño máis:  4 gotas de colorante vermello e 2 de colorante amarelo disoltas nun pouco de leite.  E polo demais seguimos o proceso dun roscón normal:  facer a masa, deixar levedar, darlle forma, vernizar, deixar levedar e meter no forno.  Ah! e para os ollos un par de cacahuetes bañados en chocolate negro.  

    Espero que vos sirva de idea para a Noiteboa.  Que teñades unha boa Noite e un feliz Nadal.

  


    Cuando llegan estas fechas de Navidad las celebramos en todos los ámbitos de nuestra vida.  Es muy frecuente que estas celebraciones se acompañen de comida, cosa que a veces dificulta las posibilidades de las personas alérgicas.  Es muy difícil encontrar un lugar en el que puedan comer sin temer posibles riesgos.


    También es muy frecuente celebrarlo de esta manera en los colegios.  En casi todas las aulas hacen una pequeña fiesta en la que cada uno aporta algo de su cosecha y se pone en común.
    
    Unos días antes, gracias a una compañera que compartió la foto en el Facebook, empezamos a darle forma a una idea que a mi hija le parecía muy apetecible.
    
    Aquí tenéis unas fotos encontradas en decopeques que os darán una pequeña idea de cómo hacerlo.
   

    Yo hice masa de roscón sin huevo y me puse manos a la obra.  Para barnizar empleé leche y para darle color colorantes alimentarios de Vahiné.  El gorro del primero quedó un poco pálido después de cocinarlo, así que en el segundo eché un poco más:  4 gotas de colorante rojo y 2 gotas de colorante amarillo disueltas en un poco de leche.  Y, sin más, seguimos el proceso de un roscón normal:  hacer la masa, dejar leudar, dale forma, barnizar, dejar leudar y meter en el horno.  ¡Ah! y para los ojos un par de cacahuetes bañados en chocolate negro.
    
    Espero que os sirva de idea para la Nochebuena.  Que tengáis una buena Noche y una feliz Navidad.


   

miércoles, 17 de diciembre de 2014

EMPANADA DE ALLOS PORROS

    EMPANADA DE AJOS PUERROS


    Para min este prato foi todo un descubrimento.  Nunca comera os porros así e ademais resultou ser todo un éxito na miña casa.



    Xa sabedes que teño unha filla alérxica ao ovo, pero ás veces da a impresión de que a alerxia se estende tamén ás verduras:  non hai maneira de que as coma!!!  Con todo esta empanada resultou deliciosa tamén para ela:  tocarame facela cada semana! 

  • 2 láminas de follado
  • 2 porros grandes
  • 1 lata de champiñóns (a miña de 185 gr)
  • Un chisco de manteiga
  • 50 gr de touciño entrefebrado
  • 100 gr de xamón York
  • 200 ml de nata para cociñar
  • Sal
  • 1 cullerada de fariña
  • Leite para vernizar


    Limpamos os porros quedándonos preferentemente coa parte branca que picamos en anacos miúdos.

    Nunha tixola poñemos un pouco de manteiga e cociñamos os porros uns 10 minutos.  Incorporamos os champiñóns tamén picados e deixamos que se pasen 5 minutos máis.

    Engadimos unha cullerada de fariña e sen deixar de remexer incorporamos a nata.  Cando espese a nosa preparación engadimos o touciño entrefebrado en anacos e o xamón York da mesma maneira.  Rectificamos de sal se é preciso e deixamos arrefriar.

    Para a masa empreguei láminas de follado frescas que xa veñen estendidas.  O traballo é pouco:  desenvolver unha lámina de follado deixándoa no papel vexetal que xa trae.  Incorporamos o recheo deixando un par de centímetros libres no borde que humedecemos cun pouco de auga ou de leite antes de poñer a segunda lámina de follado.




    Presionamos os bordes e cerramos a empanada.  Pinchámola cun garfo e vernizámola con leite.  Cociñámola a 200º ata que estea dourada (unha media hora máis ou menos).




    Deixámola arrefriar un pouco e, a comer!!!





    Para mi este plato fue todo un descubrimiento.  No había comido nunca los puerros así y además resultó ser todo un éxito en mi casa.



    Ya sabéis que tengo una hija alérgica al huevo, pero a veces da la impresión de que la alergia se extiende también a las verduras:  ¡¡¡no hay manera de que las coma!!!  Sin embargo esta empanda resultó deliciosa también para ella:  ¡me tocará hacerla cada semana!

  • 2 láminas de hojaldre
  • 2 puerros grandes
  • 1 lata de champiñones (la mía de 185 gr)
  • Un poco de mantequilla
  • 50 gr de bacon
  • 100 gr de jamón York
  • 200 ml de nata para cocinar
  • Sal
  • 1 cucharada de harina
  • Leche para barnizar


    Limpiamos los puerros quedándonos preferentemente con la parte blanca que picamos en trozos pequeños.
    
    En una sartén ponemos un poco de mantequilla y cocinamos los puerros unos 10 minutos.  Incorporamos los champiñones también picados y dejamos que se pasen 5 minutos más.

    Añadimos una cucharada de harina y sin dejar de revolver incorporamos la nata.  Cuando espese nuestra preparación añadimos el bacon en trozos y el jamón York de la misma manera.  Rectificamos de sal si es preciso y dejamos enfriar.

    Para la masa empleé láminas de hojaldre frescas que ya vienen extendidas.  El trabajo es poco:  desenvolver una lámina de hojaldre dejándola en el papel vegetal que ya trae.  Incorporamos el relleno dejando un para de centímetros libres en el borde que humedecmos con un poco de agua o de leche antes de poner la segunda lámina de hojadre.
    

    Presionamos los bordes y cerramos la empanada.  La pinchamos con un tenedor y la barnizamos con leche.  La horneamos a 200º hasta que esté dorada (una media hora más o menos).



    La dejamos enfriar una poco y, ¡¡¡a comer!!!





miércoles, 10 de diciembre de 2014

TORTA DE MIRABELES EN XAROPE

    TARTA DE MIRABELES EN ALMÍBAR


    Despois do envasado de mirabeles no verán, cada vez que abro o armario, vánseme os ollos e o pensamento:  creo que quedarían moi ben nunha torta, nunha torta moi especial.

    Ademais, o outro día no supermercado atopei unha masa crebada apta para a alerxia da miña filla.  Así que imos á cociña:



    Desenvolvemos a masa crebada e axustámola ao molde.  A miña era redonda.  Estireina un pouco e púxema nun  "pirex".  Deixei por debaixo da masa o papel vexetal no que viña empaquetada.  Tamén sería apropiado un molde redondo dos que se abren e se lles saca o aro.  Cun garfo pinchei a masa para que non subira e metina no forno a 180º uns 15 minutos.

    Mentres preparei a crema pasteleira como xa indiquei nesta receita.

    Sacamos a masa do forno e engadimos a crema pasteleira despois de temperar un pouco.  Incorporamos os mirabeles despois de escorrelos.  Eu non lles saquei o óso así que hai que ter coidado ao comer a torta.

    Volvín meter a torta no forno uns 15 minutos ou ata que os bordes da torta estean dourados.  

    Reducimos o xarope dos mirabeles e utilizámolo para vernizar a torta ao sacala do forno.



    Después de envasar los mirabeles en el verano, cada vez que abro el armario, se me van los ojos y el pensamiento:  creo que quedarían muy bien en una tarta, en una tarta muy especial.

    Además, el otro día en el supermercado encontré una masa quebrada apta para la alergia de mi hija.  Así que vamos a la cocina:
    
  • 1 lámina de masa quebrada
  • Crema pastelera
  • 1 bote de mirabeles en almíbar


    Desenvolvemos la masa quebrada y la ajustamos al molde.  La mía era redonda.  La estiré un poco y la puse en un "pirex".  Dejé por debajo de la masa el papel vegetal en el que venía empaquetada.  También sería apropiado un molde redondo de los que se abren y se les saca el aro.  Con un tenedor pinché la masa para que no subiera y la metí en el horno a 180º unos 15 minutos.

    Mientras preparé la crema pastelera como ya indiqué en esta receta.

    Sacamos la masa del horno y añadimos la crema pastelera después de templar un poco.  Incorporamos los mirabeles después de escurrirlos.  Yo no les saqué el hueso así que hay que tener cuidado al comer la tarta.

    Volví a meter la tarta en el horno unos 15 minutos o hasta que los bordes de la tarta estén dorados.

    Reducimos el almíbar de los mirabeles y lo utilizamos para barnizar la tarta al sacarla del horno. 


lunes, 8 de diciembre de 2014

CREMA PASTELEIRA (sen ovo)

    CREMA PASTELERA (sin huevo)


    Ando dándolle voltas a unha idea e cando se me mete algo na cabeza non quedo tranquila ata que o experimento.

    Esta receita é soamente o primeiro paso.  Pronto chegaremos ao seguinte.

  • 300 ml de leite
  • 200 ml de nata
  • 75 gr de azucre
  • 50 gr de fariña de millo (maicena)
  • 1 culleradiña de azucre vainillado
  • Peladura de medio limón
  • 6 gotas de colorante alimentario amarelo.

    Cun pelapatacas saquei a pel de medio limón tendo coidado de que non levara parte branca.

    Poñemos a quentar parte do leite xunto coa nata e a peladura de limón.  Mentres, disolvemos a maicena no leite reservado.

    Cando empeza a ferver engadimos as dúas clases de azucre e o leite coa maicena.  Remexemos continuamente ata que espese a nosa mestura.  Incorporamos tamén as gotas de colorante simplemente para que  colla cor:  xa sabemos que ao non levar ovo queda moi branca.

    Xa teño a crema pasteleira!  A continuar coa miña idea.



    Le estoy dando vueltas a una idea y cuando se me mete algo en la cabeza no quedo tranquila hasta que lo experimento.

    Esta receta es solamente el primer paso.  Pronto llegaremos al siguiente.

  • 300 ml de leche
  • 200 ml de nata
  • 75 gr de azúcar
  • 50 gr de harina de maíz (maicena)
  • 1 cucharadita de azúcar vainillado
  • Piel de medio limón
  • 6 gotas de colorante alimentario amarillo.

    Con un pelapatatas saqué la piel de medio limón teniendo cuidado de que no llevara parte blanca.
   
    Ponemos a calentar parte de la leche además de la nata y la piel de limón.  Mientras, disolvemos la maicena en la leche reservada.
     
    Cuando empieza a hervir añadimos las dos clases de azúcar y la leche con la maicena.  Revolvemos continuamente hasta que espese nuestra mezcla.  Incorporamos también las gotas de colorante simplemente para que coja color:  ya sabemos que al no llevar huevo queda muy blanca.
    
    ¡Ya tengo la crema pastelera!  A continuar con mi idea.






   

jueves, 4 de diciembre de 2014

MARMELADA DE AMEIXA VERMELLA E MAZÁ

    MERMELADA DE CIRUELA ROJA Y MANZANA
    
    Sempre resulta proveitoso trasladar actividades da vida cotiá á escola.  O ano pasado aprendemos a facer pan e agora imos engadirlle a marmelada para que resulte máis saboroso.


    Despois de falar sobre os distintos métodos de conservación dos alimentos e das conservas en particular; despois de aclarar as súas vantaxes, os inconvenientes e os riscos, puxémonos mans á obra.



  • 1 kg de ameixas vermellas
  • 2 mazás
  • 750 gr de azucre
  • Zume de medio limón



En primeiro lugar lavamos toda a froita e secámola.  Sacámoslle as pebidas ás ameixas e os rabos e as pebidas ás mazás.  Picamos as ameixas e pesámolas.  Poñémolas na tarteira na que imos facer a marmelada.  Picamos as mazás e engadímosllas tamén.  Non pelamos ningunha das froitas.  Incorporamos o azucre e deixamos repousar todo na neveira durante a noite.  Este paso fíxeno na casa.

    Ao día seguinte engadimos o zume de medio limón e cociñamos.  Pasados uns 25 minutos despois de empezar a ferver batemos e metemos nos botes.

    Non nos esquecemos de esterilizar os botes primeiro e de facer o baleiro a baño maría despois.

    Foi unha boa experiencia e unha merenda... 



    Siempre resulta provechoso trasladar actividades de la vida diaria a la escuela.  El año pasado aprendimos a hacer pan y ahora vamos a añadirle la mermelada para que resulte más sabroso.


    Después de hablar sobre los distintos métodos de conservación de los alimentos y de las conservas en particular; después de aclarar sus ventajas, los inconvenientes y los riesgos, nos pusimos manos a la obra.
   
  • 1 kg de ciruelas rojas
  • 2 manzanas
  • 750 gr de azúcar
  • Zumo de medio limón

    En primer lugar lavamos toda la fruta y la secamos.  Sacamos las pepitas de las ciruelas y los rabos y las pepitas de las manzana.  Picamos las ciruelas y las pesamos.  Las ponemos en la tartera en la vamos a hacer la mermelada.  Troceamos las manzanas y las añadimos también.  No pelamos ninguna de las frutas.  Incorporamos el azúcar y dejamos reposar todo en la nevera durante la noche.  Este paso lo hice en casa.

    Al día siguiente añadimos el zumo de medio limón y cocinamos.  Pasados unos 25 minutos depués de empezar a hervir batimos y metemos en los botes.

    No nos olvidamos de esterilizar los botes primero y de hacer el vacío a baño maría después.

    Fue una buena experiencia y una merienda...