jueves, 25 de julio de 2013

POLOS DE ALBARICOQUE

    POLOS DE ALBARICOQUE


    Xa vedes que sigo experimentando cos xeados e, aínda que os resultados son moi apetecibles, parece que canto máis o intento máis se escapa o sol e menos temperatura temos.  Despois de esa ola de calor de hai dúas semanas o fresco instalouse na ría de Vigo e non nos quere abandonar.  Diríase que temos unha primavera ou un outono, pero o verán aínda non chegou.


    Os xeados son unha bo xeito de tomar froita no caso destes que traio hoxe.  Os moldes empregados podedes atopalos en calquera establecemento de comercio asiático (eses que visitamos con frecuencia).  Eu recoméndovos estes de forma de paraugas pois son máis doados de sacar:  poñémolos debaixo da billa, deixamos correr a auga sobre el, despois xirámolos e saen sen problemas.  Tenteino tamén con outros que teñen a forma dos polos tradicionais, pero non fun quen de sacalos enteiros: quedóuseme o xeado dentro do molde e o pau do medio fóra.  Tamén podedes encher pequenos vasiños como os de iogur deses que son de cristal e tomar o xeado con culler.  Xa vedes que hai múltiples opcións.  Para todas elas déixovos aquí a receita.


  • 250 gr. de albaricoque limpo e picado
  • 110 gr. de azucre
  • 3 iogures naturais gregos.

    Para chegar a ter 250 gr. de albaricoque imos precisar pouco menos de 1/2 kg deles.  Pelámolos, sacámoslles o óso e picámolos.  Poñemos os anacos nun cazo e engadimos o azucre.  Eu deixei que esta mestura repousara unha hora máis ou menos e despois cocina uns 10 minutos antes de pasala polo batedor.  Deixeina arrefriar e engadinlle os iogures remexendo cunha culler de madeira.  No mesmo cazo foi o preparado ao conxelador.  Pasada unha hora dinlle unha volta e enchín os moldes dos polos.  Necesitaredes 9 moldes para estas cantidades.

    Só me queda desexar que suba un pouquiño a temperatura para saborealos cun pouco máis de ansia.





    Ya veis que sigo experimentando con los helados y, aunque los resultados son muy apetecibles, parece que cuanto más lo intento más se escapa el sol y menos temperatura tenemos.  Después de esa ola de calor de hace dos semanas el fresco se instaló en la ría de Vigo y no nos quiere abandonar.  Se diría que tenemos una primavera o un otoño, pero el verano aún no llegó.



    Los helados son una buena manera de tomar fruta en el caso  de estos que traigo hoy.  Los moldes empleados los podéis encontrar en cualquier establecimiento de comercio asiático (esos que visitamos con frecuencia).  Yo os recomiendo estos en forma de paraguas pues son más fáciles de sacar:  los ponemos debajo del grifo, dejamos correr el agua sobre él, después los giramos y salen sin problemas.  Lo intenté también con otros que tienen la forma de los polos tradicionales, pero no fui capaz de sacarlos enteros:  se me quedó el helado dentro del molde y el palo del medio fuera.  También podéis llenar pequeños vasitos como los de yogur de esos que son de cristal y tomar el helado con cuchara.  Ya veis que hay múltiples opciones.  Para todas ellas os dejo aquí la receta.
  • 250 gr. de albaricoque limpio y troceado
  • 110 gr. de azúcar
  • 3 yogures naturales griegos.

    Para llegar a tener 250 gr de albaricoque vamos a necesitar poco menos de 1/2 kg de ellos.  Los pelamos, les sacamos el hueso y los troceamos.  Ponemos los trozos en un cazo y añadimos el azúcar.  Yo dejé que esta mezcla reposar una hora más o menos y después la cocí unos 10 minutos antes de pasarla por la batidora.  La dejé enfriar y le añadí los yogures ayudándome de una cuchara de madera.  En el mismo cazo metí el preparado en el congelador.  Pasada una hora, lo removí y llené los moldes de los polos.  Necesitaréis 9 moldes para estas cantidades.

    Ya sólo me queda desear que suba un poco la temperatura para saborearlos con más de ganas.   




    

domingo, 14 de julio de 2013

POLOS DE LIMÓN




    POLOS DE LIMÓN


    Hai épocas na vida nas que non temos ganas de facer as mesmas cousas que faciamos antes.  Ás veces atravesamos por situacións persoais que nos absorben física e mentalmente e nos restan as ansias de facer cousas novas.  Neste momento non me apetece investigar, nin experimentar cousas novas.  É máis cociño por rutina, porque temos que comer, pero o xusto.

    De todos xeitos, fai moita calor.  Ben, xa fixo máis e apetece algo fresquiño.  Dedidín experimentar a ver se me saía algo xeado.  En principio empecei con estes polos de limón que son ben faciliños.

  • 150 gr de azucre
  • 150 ml de auga
  • 120 ml de zume de limón
  • 1 folla de xelatina neutra

    Non hai cousa máis doada.  Poñemos a auga a quentar xunto co azucre.  Ao mesmo tempo hidratamos a folla de xelatina nunha cunca con auga.  Cando a auga co azucre forma un xarope lixeiro e empeza a ferver retiramos do lume e engadimos a folla de xelatina hidratada ata a súa disolución.  Esperamos a que arrefríe e engadimos o zume de limón.  Enchemos os moldes e conxelamos para tomar ben fresquiños.




    Hay épocas en la vida en las que no tenemos ganas de hacer las mismas cosas que hacíamos antes.  A veces atravesamos por situaciones personales que nos absorben física y mentalmente y nos restan las ansias de hacer cosas nuevas.  En este momento no me apetece investigar, ni experimentar cosas nuevas.  Os digo más:  cocino por rutina, porque tenemos que comer, pero lo justo.



    De todas maneras hace mucho calor.  Bueno, ya hizo más y apetece algo fresquito.  Decidí experimentar a ver si me salía algo helado.  En principio empecé con estos polos de limón que son muy fáciles.
    
  • 150 gr de azúcar
  • 150 ml de agua
  • 120 ml de zumo de limón
  • 1 hoja de gelatina neutra

    No hay cosa más fácil.  Ponemos el agua a calentar junto con el azúcar.  Al mismo tiempo hidratamos la hoja de gelatina en una taza con agua.  Cuando el agua con azúcar forma un almíbar ligero y empieza a hervir lo retiramos del fuego y añadimos la hoja de gelatina hidratada hasta su disolución.  Esperamos a que enfríe y añadimos el zumo de limón.  Llenamos los moldes y congelamos para tomarlos bien fresquitos.