domingo, 14 de julio de 2013

POLOS DE LIMÓN




    POLOS DE LIMÓN


    Hai épocas na vida nas que non temos ganas de facer as mesmas cousas que faciamos antes.  Ás veces atravesamos por situacións persoais que nos absorben física e mentalmente e nos restan as ansias de facer cousas novas.  Neste momento non me apetece investigar, nin experimentar cousas novas.  É máis cociño por rutina, porque temos que comer, pero o xusto.

    De todos xeitos, fai moita calor.  Ben, xa fixo máis e apetece algo fresquiño.  Dedidín experimentar a ver se me saía algo xeado.  En principio empecei con estes polos de limón que son ben faciliños.

  • 150 gr de azucre
  • 150 ml de auga
  • 120 ml de zume de limón
  • 1 folla de xelatina neutra

    Non hai cousa máis doada.  Poñemos a auga a quentar xunto co azucre.  Ao mesmo tempo hidratamos a folla de xelatina nunha cunca con auga.  Cando a auga co azucre forma un xarope lixeiro e empeza a ferver retiramos do lume e engadimos a folla de xelatina hidratada ata a súa disolución.  Esperamos a que arrefríe e engadimos o zume de limón.  Enchemos os moldes e conxelamos para tomar ben fresquiños.




    Hay épocas en la vida en las que no tenemos ganas de hacer las mismas cosas que hacíamos antes.  A veces atravesamos por situaciones personales que nos absorben física y mentalmente y nos restan las ansias de hacer cosas nuevas.  En este momento no me apetece investigar, ni experimentar cosas nuevas.  Os digo más:  cocino por rutina, porque tenemos que comer, pero lo justo.



    De todas maneras hace mucho calor.  Bueno, ya hizo más y apetece algo fresquito.  Decidí experimentar a ver si me salía algo helado.  En principio empecé con estos polos de limón que son muy fáciles.
    
  • 150 gr de azúcar
  • 150 ml de agua
  • 120 ml de zumo de limón
  • 1 hoja de gelatina neutra

    No hay cosa más fácil.  Ponemos el agua a calentar junto con el azúcar.  Al mismo tiempo hidratamos la hoja de gelatina en una taza con agua.  Cuando el agua con azúcar forma un almíbar ligero y empieza a hervir lo retiramos del fuego y añadimos la hoja de gelatina hidratada hasta su disolución.  Esperamos a que enfríe y añadimos el zumo de limón.  Llenamos los moldes y congelamos para tomarlos bien fresquitos. 


   

No hay comentarios:

Publicar un comentario