jueves, 23 de febrero de 2012

COELLO EN SALSA BRANCA

    CONEJO EN SALSA BLANCA


   Facer este prato e lembrar a miña infancia ven sendo o mesmo. Co seu aroma recordo á miña nai diante da cociña de leña cociñando aquel polo caseiro tan bo para un día de festa, de moito traballo e de invitados na casa. Hoxe en día non fai falla que sexa día de festa:  facémolo cando apetece.  Ás miñas fillas encántalles mollar as patacas, os macarróns, o arroz ou mesmo o pan na salsa que o acompaña. É un prato moi sinxelo, sen complicacións, con ingredientes que podemos atopar en calquera cociña.
    Podemos variar o ingrediente principal:  coello neste caso, polo ou pavo.  No caso do pavo emprego as coxas grandes cortadas en rebandas.
    Vexamos os ingredientes:
  • 1 coello (1kg aproximadamente)
  • 1 cebola
  • 2 culleradas de adobo
  • fariña
  • auga
  • aceite
    Por suposto, empezamos lavando o coello e torámolo se é que o mercamos enteiro. Secámolo ben e envolvémolo en fariña.  Dourámolo na tixola co aceite quente.  A medida que os anacos están dourados ímolos poñendo nunha tarteira. Ao mesmo tempo cortamos a cebola. Pasamos a cebola na tixola e mentres botamos dúas culleradas do adobo enriba do coello que temos na tarteira.  Botamos despois a cebola tamén enriba.
    Retiramos case todo o aceite da tixola deixando un par de culleradas aproximadamente.  Botamos tres culleradas de fariña e remexemos ata formar unha pasta.  Engadimos tres vasos de auga e revolvemos ata que ferva.  Vertemos a salsa enriba da carne adobada e a cebola e poñémola ao lume deixándoa cocer uns 15-20 minutos.  Bo proveito.


    Hacer este plato y recordar mi infancia son casi lo mismo.  Con su aroma recuerdo a mi madre delante de la cocina de leña cocinando aquel pollo casero tan bueno para un día de fiesta, de trajín y de invitados en casa.  Hoy en día no hace falta que sea un día de fiesta: lo hacemos cuando apetece.  A mis hijas les encanta mojar las      patatas, los macarrones, el arroz e incluso el pan  en la salsa que lo acompaña.  Es un plato muy sencillo, sin complicaciones, con ingredientes que encontramos en cualquier cocina.
    Podemos variar el ingrediente principal:  puede ser conejo como en este caso, pollo o pavo.  En el caso del pavo empleo los muslos grandes cortados en rebanadas.
    Vamos con los ingredientes:
  • 1 conejo(1 kg aproximadamente)
  • 1 cebolla
  • 2 cucharadas de adobo
  • harina
  • agua
  • aceite
    Por supuesto, empezamos lavando el conejo y troceándolo si lo hemos comprado entero.  Lo secamos bien y lo envolvemos en harina.  Lo doramos en la sartén en aceite caliente.  A medida que los trozos están dorados los ponemos en una tartera.  Al mismo tiempo cortamos la cebolla.  Pasamos la cebolla en la sartén y mientras echamos dos cucharadas de adobo encima del conejo que tenemos en la tartera.  Echamos después la cebolla también encima.
    Retiramos casi todo el aceite de la sartén dejando un par de cucharadas aproximadamente.  Añadimos tres cucharadas de harina y revolvemos hasta formar una pasta.  Añadimos tres vasos de agua y seguimos revolviendo hasta que hierva. Vertemos la salsa encima de la carne adobada y la cebolla y ponemos al fuego dejándola cocer
unos 15-20 minutos.  Buen provecho.

domingo, 19 de febrero de 2012

A TORTA DE AMÉNDOA DA MIÑA MADRIÑA

    LA TARTA DE ALMENDRA DE MI MADRINA

    Hoxe fixen unha torta de améndoa moi orixinal.  Estou segura de que non tedes visto ningunha así.  A receita é da miña madriña, pero a súa ten ovos, por suposto.  Eu modifiqueina para que a poidanmos comer todos na nosa casa.  O máis bonito que me dixeron é que non se diferenza no sabor da orixina:  para min iso supón unha satisfacción.  Por se queredes facer a receita orixinal, vouvos poñer os ingredientes, pero teño que aclararvos que estas cantidades dan para tres ou catro tortas como as que fixen eu.  Pois aí vai a receita:


·       1 kg de fariña de trigo de repostería
·       500 g de azucre
·       150 g de manteiga
·       1 culleradiña de esencia de anís
·       50 g de noces
·       400 g de améndoa ( de cuadradillo)
·       6 ou 7 ovos (os que admita a masa)
·       Un chisco de sal



Coas modificacións que fixen(de ingredientes e de cantidades) a miña receita quedou así:

·       350 g de fariña de repostería
·       150 g de azucre
·       5 gotas de esencia de anís
·       125 g de améndoa ( a miña era en po)
·       Un chisco de sal
·       40 g de noces
·       200 ml de nata
·       25 g de manteiga

Formamos un volcán coa fariña e engadimos os demais ingredientes no medio.  Amasamos e, se fai falla, poñemos algunha fariña máis.  Despois temos que facer “churros”, como cando os nenos xogan coa plastilina e imos colocándoos nunha fonte de enfornar cuberta con papel vexetal.  Dámoslle forma de reixa.  Se queremos tamén a podemos facer redonda coma se fóra a roda dunha bicicleta.








Collemos despois dous garfos e presionamos os churros como se quixéramos darlle forma de crista de galo.  Metémola despois no forno xa quente a 200º .  Eu deixeina uns 25-30 minutos.







Cando arrefríe podemos cortala e metela nunha caixa metálica.  Será como comer unhas galletas.  Espero que vos guste.


Hoy hice una tarta de almendra muy original.  Estoy segura de non habéis visto ninguna así.  La receta es de mi madrina, pero la suya tiene huevos, por supuesto.  Yo la modifiqué para que la podamos comer todos en nuestra casa.  Lo más bonito que me dijeron es que no se diferencia en el sabor de la original:  para mí eso supone una satisfacción.  Por si queréis hacer la receta original, os voy a pone los ingredientes, pero tengo que aclararos que estas cantidades dan para tres o cuatro tartas como las que hice yo.  Pues ahí va la receta:

·       1 kg de harina de trigo de repostería
·       500 g de azúcar
·       150 g de mantequilla
·       1 cucharadita de esencia de anís
·       50 g de nueces
·       400 g de almendra ( de cuadradillo)
·       6 o 7 huevos (los que admita la masa)
·       Una pizca de sal

Con las modificaciones que hice(de ingredientes y de cantidades) mi receta quedó así:

·       350 g de harina de repostería
·       150 g de azúcar
·       5 gotas de esencia de anís
·       125 g de almendra ( la mía era en polvo)
·       Una pizca de sal
·       40 g de nueces
·       200 ml de nata
·       25 g de mantequilla.

Formamos un volcán con la harina y añadimos los demás ingredientes en el medio.  Amasamos y, si hace falta, ponemos alguna harina más.  Después tenemos que hacer “churros”, como cuando los niños juegan con la plastilina y vamos colocándolos en una fuente de horno cubierta con papel vegetal.  Les damos forma de reja.  Si queremos también la podemos hacer redonda como si fuera la rueda de una bicicleta.







Cogemos después dos tenedores y presionamos los churros como si quisiéramos darle forma de cresta de gallo.  La metemos después en el horno ya caliente a 200º.  Yo la dejé unos 25-30 minutos.









Cuando enfríe podemos cortarla y meterla en una caja metálica.  Será como comer unas galletas.  Espero que os guste.







domingo, 12 de febrero de 2012

ORELLAS DE ENTROIDO

    OREJAS DE CARNAVAL

Xa está aquí, xa está chegando o Entroido e con el toda unha serie de sobremesas típicas deste tempo.  Aquí, en Galicia, é moi típico facer orellas.  Non sei se noutras partes de España adoitan facer esta sobremesa ou soamente aquí, o que si sei é que non pasaredes por unha confeitería que non as teña no seu escaparate pedindo a berros que as comamos.  Por suposto, na miña casa facémolas sen ovo, pero hai moita variedade e moitas formas de facelas.  Sen embargo hai características comúns entre todas elas:  trátase de facer unha masa que deixaremos repousar e despois estiraremos ata conseguir que quede o máis fina posible, cortarémola en porcións ( se queremos dándolle forma de orella) e despois fritirémolas e botarémoslles azucre en po enriba. Dende logo o mellor é facelas entre dúas persoas:  unha que estire e outra que se encargue da tixola.  ¡A buscar axudante!  Aí van os meus ingredientes:

·       250 ml de leite
·       50 g de manteiga
·       50 ml de anís
·       4 culleradas de azucre
·       Reladura dun limón
·       Un sobre de fermento químico 
·       Unha chisco de sal
·       Fariña que admita ( máis de ½ kg)
·       Aceite para fritir
·       Azucre en po.

Sacar con tempo a manteiga da neveira e deixar que amoleza.  Se nos esquecemos de facelo a tempo, botamos a manteiga no leite e temperamos no microondas durante un minuto.  Engadimos o anís, o azucre, o sal, o fermento, a reladura de limón e a fariña.  Amasamos e imos engadindo fariña segundo precisamos.  Unha vez amasada, deixamos que repouse unha media hora.  Poñemos a tixola no lume.  Estiramos a masa e cortamos en porcións que volveremos a estirar antes de fritir.  Colocalas nun recipiente con papel de cociña para que escorran o aceite.  Para rematar botarlles o azucre en po e comer con moitas ganas.






Ya está aquí, ya está llegando el Carnaval y con el toda una serie de postres típicos de este tiempo.  Aquí, en Galicia, es muy típico hacer orejas.  No sé si en otras partes de España suelen hacer este postre o solamente aquí, lo que sí sé es que no pasaréis por una confitería que no las tenga en su escaparate pidiendo a gritos que las comamos.  Por supuesto, en mi casa las hacemos sin huevo, pero hay mucha variedad y muchas formas de hacerlas.  Sin embargo hay características comunes entre todas ellas:  se trata de hacer una masa que dejaremos reposar y después estiraremos hasta conseguir que quede lo más fina posible, la cortaremos en porciones(si queremos dándole forma de oreja) y después las freiremos y les echaremos azúcar en polvo por encima.  Desde luego lo mejor es hacerlas entre dos personas:  una que estire y otra que se encargue de la sartén.  ¡A buscar ayudante!  Ahí van mis ingredientes:

·       250 ml de leche
·       50 g de mantequilla
·       50 ml de anís
·       4 cucharadas de azúcar
·       Ralladura de un limón
·       Un sobre de levadura química
·       Una pizca de sal
·       Harina que admita (más de ½ kg)
·       Aceite para freír
·       Azúcar en polvo.

    Sacar con tiempo la mantequilla de la nevera y dejar que ablande.  Si nos olvidamos de hacerlo a tiempo, echamos la mantequilla en la leche y templamos en el microondas durante un minuto.  Añadimos el anís, el azúcar, la sal, la levadura, la ralladura de limón y la harina.  Amasamos y vamos añadiendo harina según necesitemos.  Una vez amasada, dejamos que repose una media hora.  Ponemos la sartén al fuego.  Estiramos la masa y cortamos en porciones que volveremos a estirar antes de freír.  Colocarlas en un recipiente con papel de cocina para que escurran el aceite.  Para acabar echarles el azúcar en polvo y comer con muchas ganas.





domingo, 5 de febrero de 2012

GALLETAS DE AMÉNDOA

    GALLETAS DE ALMENDRA

    Cando temos unha persoa alérxica nunha casa podemos atoparnos cun serio problema no momento de cociñar e preparar as comidas.  Moitas veces non sabemos por onde empezar e resulta moi difícil atopar receitas nas que non apareza o ingrediente “estrela”.  Pouco a pouco vamos facendo un pequeno receitario que nos vai sacando dos apuros.  As veces tamén temos boas amigas que nos van pasando receitas que atopan ou que son unha tradición familiar, receitas que funcionan, que están probadas e que nos fan o camiño un pouco máis fácil.

    Aquí vos deixo unha receita de galletas de améndoa que me deu unha boa amiga e compañeira.  Teñen un defecto:  están demasiado boas e duran pouco.

·       250 g de fariña
·       150 g de améndoa (en po)
·       200 g de manteiga
·       175 g de azucre en po.

     Sacamos a manteiga da neveira e deixamos que abrande a temperatura ambiente.  Despois amasamos todos os ingredientes, formamos unha bola e envolvémola en film transparente.  Deixamos que arrefríe na neveira durante un par de horas.



    Despois estiramos a masa e dámoslle forma ás galletas.  Eu usei distintas formas ( estrela, flor, árbore,…) aínda que con facelas redondas ( cun vaso ou copa) sería suficiente pois no forno medran e perden a forma.



    Metémolas a 180º durante uns 10 ou 15 minutos e deixamos arrefriar.  Podemos adornalas cun pouco de chocolate de cobertura como podedes ver na foto.  Bo proveito.



    Cuando tenemos una persona alérgica en casa podemos encontrarnos con un serio problema en el momento de cocinar y preparar las comidas.  Muchas veces no sabemos por dónde empezar y resulta muy difícil encontrar recetas en las que no aparezca el ingrediente “estrella”.  Poco a poco vamos haciendo un pequeño recetario que nos va sacando de los apuros.  A veces también tenemos buenas amigas que nos van pasando recetas que encuentran o que son una tradición familiar, recetas que funcionan, que están probadas y que nos hacen el camino un poco más fácil.

    Aquí os dejo una receta de galletas de almendra que me dio una buena amiga y compañera.  Tienen un defecto:  están demasiado buenas y duran poco.

·       250 g de harina
·       150 g de almendra (en polvo)
·       200 g de mantequilla
·       175 g de azúcar en polvo.

    Sacamos la mantequilla de la nevera y dejamos que ablande a temperatura ambiente.  Después amasamos todos los ingredientes, formamos una bola y la envolvemos en film transparente.  Dejamos que enfríe en la nevera durante un par de horas.



    Después estiramos la masa y les damos forma a las galletas.  Yo utilicé distintas formas (estrella, flor, árbol,…) aunque con hacerlas redondas ( con un vaso o copa) sería suficiente pues en el horno crecen y pierden la forma.



    Las metemos a 180º durante unos 10 o 15 minutos y dejamos enfriar.  Podemos adornarlos con un poco de chocolate de cobertura como podéis ver en la foto.  Buen provecho.