miércoles, 30 de noviembre de 2011

MAZÁS ASADAS

    MANZANAS ASADAS


    Nótase que teño mazás na horta e hai que aproveitalas.  Aí vai unha forma fácil para cociñalas:

·         Mazás
·         Azucre
·         1 vaso de viño branco
·         1 copa de coñac.

    Nunha fonte de barro(para meter ao forno) poñemos mazás limpas, sen pelar, e facémoslles un burato para sacarlles o rabo e parte do carozo.  Nese oco botamos azucre e bañamos as mazás co viño branco e o coñac.  Metémolas no forno a 180º e esperamos a que asen.

    No caso dos alérxicos ao ovo temos que ter precaución co viño que empregamos.  Unha das sustancias usadas para clarificar o viño e que este teña mellor cor é a clara de ovo e incluso a súa casca.  Debemos asegurarnos de que o viño non contén trazas de ovo.  Neste caso é elaborado na casa e non teño ese problema.




    Se nota que tengo manzanas en la huerta y hay que aprovecharlas.  Ahí va una forma fácil para cocinarlas:
·         Manzanas
·         Azúcar
·         1 vaso de vino blanco  
·         1 copa de coñac 
    En una fuente de barro (para meter al horno) ponemos manzanas limpias, sin pelar, y les hacemos un agujero para sacarles el rabo y parte del carozo.  En ese hueco echamos azúcar y bañamos las manzanas con el vino blanco y el coñac.  Las metemos al horno a 180º y esperamos a que asen.
    En el caso de los alérgicos al huevo tenemos que tener precaución con el vino que utilizamos.  Una de las sustancias empleadas para clarificar el vino y que éste tenga mejor color es la clara de huevo e incluso su cáscara.  Debemos asegurarnos de que el vino no contiene trazas de huevo.  En este caso es elaborado en casa y no tengo ese problema.


martes, 29 de noviembre de 2011

COMPOTA DE MAZÁ

    COMPOTA DE MANZANA


    Esta é unha sobremesa sinxela que podemos ter preparada con antelación para tomala fría ou quente segundo o gusto ou a apetencia.  Precisamos:

·         1/2 kg de mazá pelada e cortada
·         100 g de azucre
·         200 ml de auga 

    Poñer nunha pota a auga, a mazá cortada e o azucre.  Cocer con lume suave ata que a mazá se desfaga e colla unha cor máis escura.  Podemos conservala varios días na neveira.




     Este es un postre sencillo que podemos tener preparado con antelación para tomarlo frío o caliente según el gusto o la apetencia.  Necesitamos:
·         1/ kg de manzana pelada y troceada
·         100 g de azúcar
·         200 ml de agua
    Poner en una tartera el agua, la manzana cortada y el azúcar.  Cocer con fuego suave hasta que la manzana se deshaga y coja un color más oscuro.  Podemos conservarla varios días en la nevera.



lunes, 28 de noviembre de 2011

FILLOAS

    FILLOAS  
 
    Se na vosa casa tedes unha filla que vos canta así:

    ¡Mamá! Por favor, pídocho, suplícocho, faime filloas, por fa, por fa... non vos queda máis remedio que poñer a tixola na cociña e empezar:
·         250 ml de leite
·         300 ml de auga
·         3 culleradas de margarina
·         Un chisco de sal
·         Unha culleradiña de fermento químico
·         250 g de fariña.
    
    En primeiro lugar toca derreter a margarina.  Despois engadimos o resto dos ingredientes e pasamos o batedor.  Deixamos repousar un pouco a masa antes de empezar a facer filloas.

    Unha cousa indispensable para facer ben as filloas (sen enfadarse co mundo) consiste en ter unha boa tixola.  Senón non faremos outra cousa que retirar filloas rotas e estaremos limpando a tixola continuamente.  Seguramente non precisaremos sequera untar a tixola, senón cun pouco de margarina será suficiente.

    Se as filloas levaran sangue de porco, como adoita suceder en Galicia en épocas de matanza, a tixola untarémola cun pouco de touciño.  

    Ben, como a masa xa repousou suficientemente e temos a tixola xa quente, basta con botar unha boa cullerada e esperar a que calle.  Para darlles a volta cada un pode facer como queira; co garfo, botándoas ao aire e tendo puntería ou ben cos dedos como fago eu.

    Os recheos tamén poden ser varios:  nata, marmelada, azucre, mel, crema de cacao, compota de mazá,...

    Bo proveito.





    Si en vuestra casa tenéis una hija que os canta así:   
   
    ¡Mamá!  Por favor, te lo pido, te lo suplico, hazme filloas, por fa, por fa... no os queda más remedio que poner la sartén en la cocina y empezar:

  • 250 ml de leche
  • 300 ml de agua
  • 3 cucharadas de margarina
  • Una pizca de sal
  • Una cucharadita de levadura química
  • 250 g de harina
    En primer lugar toca derretir la margarina.  Después añadimos el resto de los ingredientes y pasamos la batidora.  Dejamos reposar un poco la masa antes de empezar a hacer filloas.

    Una cosa indispensable para hacer bien las filloas (sin enfadarse con el mundo)  consite en tener una buena sartén.  Sino no haremos otra cosa que retirar filloas rotas y estaremos limpiando la sartén continuamente.  Es probable que no necesitemos siquiera untar la sartén, en todo caso un poco de margarina será suficiente.

    Si las filloas llevan sangre de cerdo, como suele suceder en Galicia  en época de matanza, la sartén la untaremos con un poco de tocino.

    Bien, como la masa ya reposó suficientemente y tenemos la sartén ya caliente, basta con echar una buena cucharada y esperar a que cuaje.  Para darles la vuelta cada uno puede hacer como quiera;  con el tenedor, echándolas al aire y teniendo puntería o bien con los dedos como hago yo.

    Los rellenos también pueden ser varios:  nata, mermelada, azúcar, miel, compota de manzana,...

    Buen provecho.




 
  

viernes, 18 de noviembre de 2011

BISCOITO DE CHOCOLATE

    BIZCOCHO DE CHOCOLATE


    Este é un dos biscoitos que antes se acaba na miña casa.  Supoño que o chocolate é irresistible e a todos nos anima comer un anaco.  Creo que coñezo moi poucas persoas ás que non lle guste.

  • 150 g de fariña de trigo ( Gallo repostería)
  • 150 g de fariña fina de millo ( Maizena)
  • 1 sobre de fermento en po 
  • 250 g de azucre
  • 90 gr de cacao ( Valor)
  • 40 ml de aceite de xirasol
  • 300 ml de leite (semidesnatada)

     Mesturar nun “bol”  todos os ingredientes secos.  Engadir despois os líquidos.  Trátase máis ben de revolver, non de bater.  Verter nun molde engraxado e enfariñado e meter no forno xa quente a 180º.  Coloqueino en posición medio-baixa e con ventilador.  Estará feito nuns 30-35 minutos.  Xa sabedes; facemos a proba do escarvadentes, se sae seco estará feito e listo para comer.


    Este es uno de los bizcochos que antes se acaba en mi casa.  Supongo que el chocolate es irresistible y a todos nos anima comer un trozo.  Creo que conozco muy pocas personas a las que no les guste.
  • 150 g de harina de trigo ( Gallo repostería)
  • 150 g de harina fina de maíz ( Maizena)
  • 1 sobre de levadura en polvo 
  • 250 g de azúcar
  • 90 gr de cacao ( Valor)
  • 40 ml de aceite de girasol
  • 300 ml de leche (semidesnatada)
    Mezclar en un bol  todos los ingredientes secos.  Añadir después los líquidos.  Se trata más bien de revolver, no de batir.  Verter en un molde engrasado y enharinado y meter en el horno ya caliente a 180º.  Lo coloqué en posición medio-baja y con ventilador.  Estará hecho en unos 30-35 minutos.  Ya sabéis; hacemos la prueba del palillo, si sale seco estará hecho y listo para comer.

ESPIRAIS DE XAMÓN YORK E QUEIXO

    ESPIRALES DE JAMÓN YORK Y QUESO

    Son ideais para un aperitivo ou unha merenda.  Aos nenos encántanlles e aos que xa non o son tamén.  Podémolas ter tamén conxeladas ( xa feitas e cociñadas) e pasalas uns minutos polo forno ou o microondas.   Quedarán como recén feitas.

    No caso dos alérxicos ao ovo hai que ter moito coidado co queixo posto que case todos conteñen lisozima, un conservante que procede do ovo.  Neste caso empreguei rebandas de queixo fundido.
 
  • 180 ml de leite
  • 70 g de manteiga
  • Un chisco de sal
  • 2 culleradas de azucre
  • 400-500 g de fariña ( aproximadamente)
  • 20 g de fermento fresco de panadería
  • 200 g de queixo
  • 200 g de xamón York.

    Quentar un pouco no microondas ( ½ minuto) o leite coa manteiga ( así abrandará).  Formar un volcán coa fariña, botar o leite coa manteiga, o sal, o azucre e o fermento.  Amasar e deixar levedar ata que dobre o volume ( unha hora ou máis dependendo da temperatura ambiente).



    Dividimos a masa en dúas partes e axudándonos do rolo estendémola.  Cubrímola  con queixo primeiro e xamón York despois e enrolamos. 



    Cortamos despois porcións de 2 cm. máis ou menos e as colocamos nunha fonte ( para enfornar) con papel de forno.  Facemos o mesmo coa outra parte da masa.  Vernizamos con leite e deixamos levedar outra vez. 

   

Metemos no forno xa quecido a 180º.  Retirámolas cando están douradas.






    Son ideales para un aperitivo o una merienda.  A los niños les encantan y a los que ya no lo son también.  Las podemos tener también congeladas (ya hechas y cocinadas) y pasarlas unos minutos por el horno o por el microondas.   Quedarán como recién hechas.
    En el caso de los alérgicos al huevo hay que tener mucho cuidado con el queso puesto que casi todos contienen lisozima, un conservante que procede del huevo.  En este caso empleé lonchas de queso fundido. 
  • 180 ml de leche
  • 70 g de mantequilla
  • Una pizca de sal
  • 2 cucharadas de azúcar
  • 400-500 g de harina (aproximadamente)
  • 20 g de levadura fresca de panadería
  • 200 g de queso
  • 200 g de jamón York.

    Calentar un poco en el microondas (½ minuto) la leche con la mantequilla (así ablandará).  Formar un volcán con la harina, echar la leche con la mantequilla, la sal, el azúcar y la levadura.  Amasar y dejar leudar hasta que doble el volumen (una hora o más dependiendo de la temperatura ambiente).
    Dividimos la masa en dos partes e ayudándonos del rodillo la extendemos.  La cubrimos  con queso primero y jamón York después y enrollamos. 

    Cortamos  porciones de 2 cm. más o menos e las colocamos en una fuente (para hornear) con papel de horno.  Hacemos lo mismo con la otra parte de la masa.  Barnizamos con leche y dejamos leudar otra vez. 


    Metemos en el horno ya calentado a 180º. Las retiramos cuando están doradas.



lunes, 7 de noviembre de 2011

XAMÓN ASADO

    JAMÓN ASADO


    Este é un prato que gusta moito na nosa casa e ademais é doado de facer.  Esta vez aproveitei para anotar as cantidades dos ingredientes porque sempre o fago a “ollo”.
  • 1300 g de xamón de porco nunha peza
  • 2 culleradas de adobo
  • ½ culleradiña de tomiño
  • ½ culleradiña de ourego
  • 40 ml de aceite de oliva
  • 150 ml de viño branco


    Mesturar o adobo co tomiño e o ourego e untar a peza de xamón.  Mellor se facemos isto 3 ou 4 horas antes de asalo.  Bañalo co aceite de oliva.  Para facer todo isto podemos ter o xamón colocado na fonte na que o imos asar.
    A min gústame asalo nunha fonte de barro.  Tarda máis en quentar e por tanto en asar o xamón, pero o sabor é mellor; o asado é máis lento e consérvanse mellor as salsas durante o asado.

    Meter no forno a 190º, en posición baixa, e ir dándolle voltas de vez en cando.  A metade da cocción bañalo co viño branco e deixar que siga asando.  Podémolo ter unhas 3 horas.  Sacalo e filetealo.  Meter os filetes na fonte coa salsa e servir.  Se esperamos a que arrefríe será máis fácil cortalo e os filetes poderán ser máis finos.  Bo proveito.





    Este es un plato que gusta mucho en nuestra casa y además es fácil de hacer.  Esta vez aproveché para anotar las cantidades de los ingredientes porque siempre lo hago a “ojo”.
  • 1300 g de jamón de cerdo en una pieza 
  • 2 cucharadas de adobo 
  • ½ cucharadita de tomillo 
  • ½ cucharadita de orégano 
  • 40 ml de aceite de oliva 
  • 150 ml de vino blanco


    Mezclar el adobo con el  tomillo y el orégano y untar la pieza de jamón.  Mejor si hacemos esto 3 o 4 horas antes de asarlo.  Bañarlo con el aceite de oliva.  Para hacer todo esto podemos tener el jamón colocado en la fuente en la que lo vamos a asar.
    A mí me gusta asarlo en una fuente de barro.  Tarda más en calentar y por tanto en asar el jamón, pero el sabor es mejor; el asado es más lento y se conservan mejor las salsas durante el asado.

    Meter en el horno a 190º, en posición baja, e ir dándole vueltas de vez en cuando.  A mitad de la cocción bañarlo con el vino blanco y dejar que siga asando.  Lo podemos tener unas 3 horas.  Sacarlo y filetearlo.  Meter los filetes en la fuente con la salsa y servir.  Si esperamos a que enfríe será más fácil cortarlo y los filetes podrán ser más finos.  Buen provecho.