domingo, 24 de junio de 2012

BISCOITO CON CEREIXAS

BIZCOCHO CON CEREZAS

    Non, non deixei o blog nin se me acabaron as receitas, pero de cando en vez é bo ter un descanso.  Aínda que o meu descanso é obrigado por ter moito traballo de fin de curso e pouco tempo para redactar as receitas, que se me están acumulando.
    Este biscoito que os deixo hoxe fíxeno por primeira vez na primavera pasada cando os meus sogros tiveron un gran excedente de cereixas e andaba buscando que facer con elas.  Incluso fixen marmelada despois de pasar moito traballo para sacarlles a pebida.  Despois probei a facer este biscoito que non é máis que unha variante do meu biscoito de limón.  Gustou moito na miña casa así que este ano volvín a repetilo e aquí volo deixo para que xulguedes e probedes a pesar de que a tempada de cereixas xa está rematada.

  • 1 iogur natural
  • 2 vasos (de iogur) de azucre
  • 4 vasos de fariña
  • 1 vaso de aceite de xirasol
  • 1/2 vaso de leite
  • Reladura de medio limón
  • Un sobre de fermento
  • 250 gr de cereixas sen óso ao natural
  • 2 culleradas de azucre
  • 1/2 cullerada de manteiga.

    Nun cazo botamos as cereixas xunto coas dúas culleradas de azucre e a manteiga.  Por no lume e remover durante uns 10 minutos.  Sacar do lume e deixar temperar.


    Noutro recipiente bater o iogur natural, o azucre, o aceite, o leite, fermento e a reladura de limón.  Engadir despois a fariña e volver bater.  Engadir agora o líquido que soltaron as cereixas e remover cunha culler de madeira ata que estea ben integrado.  Para rematar colocar enriba as cereixas e meter no forno xa quente a 190º con calor da resistencia inferior e ventilador durante uns 30 minutos.  Despois acender a resistencia superior e deixar uns 5 minutos máis.  Comprobar se está cocido cravando un escarvadentes que terá que saír seco.  As cereixas aparecerán afundidas no biscoito, pero o sabor será igualmente bo. 







    No, no dejé el blog ni se me acabaron las recetas, pero de vez en cuando es bueno tener un descanso.  Aunque mi descanso es obligado por tener mucho trabajo de fin de curso y poco tiempo para redactar las recetas, que se  me están acumulando.

    Este bizcocho que os dejo  hoy lo hice por primera vez en la primavera pasada cuando mis suegros tuvieron un gran excedente de cerezas y estaba buscando qué hacer con ellas.  Incluso hice mermelada después de pasar mucho trabajo para sacarles las pepitas.  Después probé a hacer este bizcocho que no es más que una variante de mi bizcocho de limón.  Gustó mucho en mi casa así que este año volví a repetirlo y aquí os lo dejo para que juzguéis y probéis a pesar de que la temporada de cerezas ya está acabada.


  • 1 yogur natural
  • 2 vasos (de yogur) de azúcar
  • 4 vasos de harina
  • 1 vaso de aceite de girasol
  • 1/2 vaso de leche
  • Ralladura de medio limón
  • Un sobre de levadura
  • 250 gr de cerezas sin hueso al natural
  • 2 cucharadas de azúcar
  • 1/2 cucharada de mantequilla

    En un cazo echamos las cerezas junto con dos cucharadas de azúcar e la mantequilla.  Poner al fuego y remover durante unos 10 minutos.  Sacar del fuego y dejar templar.

    En otro recipiente batir el yogur natural, el azúcar, la leche, el aceite, la levadura y la ralladura de limón.  Añadir después la harina y volver a batir.  Añadir ahora el líquido que soltaron las cerezas y remover con una cuchara de madera hasta que esté bien integrado.  Para acabar colocar encima las cerezas y meter en el horno ya caliente a 190º con calor de la resistencia inferior y ventilador durante unos 30 minutos.  Después encender la resistencia superior y dejar unos 5 minutos más.  Comprobar si está cocido clavando un palillo que tendrá que salir seco.  Las cerezas aparecerán hundidas en el bizcocho, pero el sabor será igualmente bueno.


   
   




viernes, 8 de junio de 2012

TORTA DE 1ª COMUÑÓN

    TARTA DE 1ª COMUNIÓN
    Facer esta torta foi todo un reto.  Celebrabamos a 1ª comuñón da miña filla pequena (non lle digades que lle chamo "pequena" porque non lle gusta nada).  Decidimos facer a comida na casa e a torta tiña que ser apropiada para ela.

    O primeiro que fixen foi desempoar a estrutura na que colocamos as tortas.  É unha obra de arte que teño que agradecer a meu pai e que xa ten uns 23 anos de antigüidade porque foi feita para a 1ª comuñón dunha curmá miña a quen lle dou as grazas por conservala tanto tempo.  Fíxenlle un lavado de cara e púxenme mans á obra.

     Os dous primeiros pisos levan unha base de biscoito de chocolate acompañada de mousse de fresa.  A derradeira torta está feita con gominolas que fixeron a ledicia dos máis pequenos.


    Por último levaba unha boneca vestida con roupa ganchillada polas mans da miña madriña.  Ela foi tamén a artista que fixo os guantes da miña nena con encaixe de palillos.




    Hacer esta tarta fue todo un reto.  Celebrábamos la 1ª comunión de mi hija pequeña (no le digáis que le llamo "pequeña" porque no le gusta nada).  Decidimos hacer la comida en casa y la tarta tenía que ser apropiada para ella. 

    Lo primero que hice fue desempolvar la estructura en la que colocamos las tartas.  Es una obra de arte que tengo que agradecer a mi padre y que ya tiene unos 23 años de antigüedad porque fue hecha para la 1ª comunión de una prima mía a quien le doy las gracias por conservarla tanto tiempo.  Le hice un lavado de cara y me puse manos a la obra.
  
    Los dos primeros pisos llevan una base de bizcocho de chocolate acompañada de mouse de fresa.  La última tarta está hecha con gominolas que hicieron la delicia de los más pequeños.

   Por último llevaba una muñeca vestida con ropa ganchillada por las manos de mi madrina.  Ella fue también la artista que hizo los guantes de mi niña con encaje de bolillos.






miércoles, 6 de junio de 2012

ESPIRAIS DE MARMELO

    ESPIRALES DE MEMBRILLO

    Pregúntanme a miúdo de onde saco as receitas que fago sen ovo.  A verdade é que as veces non é doado dar cunha receita que teña boa aparencia e que teña tamén bo sabor.   Quizais as receitas máis complicadas para min sexan as dos biscoitos e tardei bastante tempo en facer un que fora medianamente comestible.  Sen embargo, cando se trata de receitas feitas con fermento de panadería resúltame máis doado chegar a un resultado máis ou menos aceptable.

    A receita de hoxe ten como base algunha que vin na rede aínda que non lembro onde.  Fun modificándoa pouco a pouco ata que resultou a sobremesa que vedes nas fotografías.  Precisamos:

Para a masa
  • 25 gr. de fermento fresco de panadería
  • 75 gr. de manteiga
  • 300 ml. de leite
  • 1/2 culleradiña de sal
  • 75 gr. de azucre
  • Fariña que admitan (a partir de 500-600 gr.)
Para o recheo

  • Leite
  • Canela
  • Doce de marmelo
  • Uvas pasas sultanas

    É importante sacar a manteiga con tempo da neveira para que amoleza.  Se non o fixemos así podemos metela no leite e quentar todo un minuto no microondas.  Facemos un volcán coa fariña e no medio imos engadindo o resto dos ingredientes.  Despois de amasar ben deixamos repousar e levedar a masa ata que dobre o volume.  Estiramos a masa e pincelamos con leite mormo, espolvoreamos a canela, untamos co marmelo e engadimos as uvas pasas.  Agora envolvemos a masa como se fixeramos un brazo de xitano e cortamos porcións.  Colocamos as porcións nunha fonte cuberta con papel de forno e pincelamos con leite.  Deixamos que volvan levedar durante unhas dúas horas (dependendo do calor do ambiente) e metemos no forno xa quente a 180º durante 15 ou 20 minutos. 

    Me preguntan con frecuencia de dónde saco las recetas que hago sin huevo.  La verdad es que a veces no es fácil encontrar una receta que tenga buena apariencia y que tenga también buen sabor.  Quizás las receta más complicadas para mi sean las de los bizcochos y tardé bastante tiempo en hacer uno que fuera medianamente comestible.  Sin embargo, cuando se trata de recetas hechas con levadura de panadería me resulta más fácil llegar a un resultado más o menos aceptable.
    La receta de hoy tiene como base alguna que vi en la red aunque no recuerdo dónde.  La fui modificando poco a poco hasta que resultó el postre que veis en las fotografías.  Necesitamos:

Para la masa:
  • 25 gr. de levadura fresca de panadería
  • 75 gr. de mantequilla
  • 300 ml. de leche
  • 1/2 cucharadita de sal
  • 75 gr. de azúcar
  • Harina que admita (a partir de 500-600 gr.)
Para el relleno

  • Leche
  • Canela
  • Dulce de membrillo
  • Uvas pasas sultanas

    Es importante sacar la mantequilla con tiempo de la nevera para que ablande.  Si no lo hicimos así podemos meterla en la leche y calentar todo un minuto en el microondas.  Hacemos un volcán con la harina y en le medio vamos añadiendo el resto de los ingredientes.  Después de amasar bien dejamos reposar y leudar la masa hasta que doble el volumen.  Estiramos la masa y pincelamos con leche templada, espolvoreamos la canela, untamos con el membrillo y añadimos las uvas pasas.  Ahora envolvemos la masa como si hiciéramos un brazo de gitano y cortamos porciones.  Colocamos las porciones en una fuente cubierta con papel de horno y pincelamos con leche.  Dejamos que vuelvan a leudar durante dos horas (dependiendo del calor del ambiente) y metemos en el horno ya caliente a 180º durante 15 o 20 minutos.