miércoles, 18 de enero de 2012

GUISO DE MEXILLÓNS

    GUISO DE MEJILLONES


    Agora que xa pasou o Nadal é tempo de desintoxicar e deixar atrás todos eses excesos que non deberiamos ter feito.  Por iso, hoxe atrévome cunha receita lixeira aínda que pode ser moi calórica se decidimos aproveitar a salsa.  Non podemos facer este prato sen ter ao lado pan para mollar pois a tentación é moi grande.

·         1 kg de mexillóns
·         ½ cebola
·         1 dente de allo
·         2 tomates
·         Pan relado
·         Viño branco
·         Aceite de oliva
·         Sal

    Nunha cazola abrir os mexillóns quentándoos cun pouco de viño branco.  Unha vez abertos reservalos e coar o caldo para empregalo despois na salsa.

    Noutra cazola poñer a pochar a cebola picada e o allo.  Despois duns minutos engadir o tomate e deixar que se faga suavemente durante uns 20 minutos.  Engadir o sal e remover.  Poñer nesta salsa os mexillóns, pan relado e o caldo reservado anteriormente.  Deixar que se faga uns 10 minutos máis e servir.



    Ahora que ya acabó la Navidad es tiempo de desintoxicar y dejar atrás todos esos excesos que no deberíamos haber hecho.  Por eso, hoy me atrevo con una receta ligera aunque puede ser muy calórica si decidimos aprovechar la salsa.  No podemos hacer este plato sin  tener al lado  pan para mojar pues la tentación es muy grande.

·         1 kg de mejillones
·         ½ cebolla
·         1 diente de ajo
·         2 tomates
·         Pan rallado
·         Vino blanco
·         Aceite de oliva
·         Sal

    En una cazuela abrir los mejillones calentándolos con un poco de vino blanco.  Una vez abiertos reservarlos y colar el caldo para emplearlo después en la salsa.

    En otra cazuela poner a pochar la cebolla picada y el ajo.  Después de unos minutos añadir el tomate y dejar que se haga suavemente durante unos 20 minutos.  Añadir la sal y remover.   Poner en esta salsa los mejillones, pan rallado y el caldo reservado anteriormente.  Dejar que se haga unos 10 minutos más y servir.


sábado, 7 de enero de 2012

PAN DOCE (1ª parte)

    PAN DULCE (1ª parte)


Aínda que xa podemos dar por rematado o Nadal, non podo deixarvos sen esta receita.  Máis que unha receita é unha tradición familiar que non pode caer no esquecemento.   Nestes tempos de crise o que reciba por Nadal unha destas bolas de pan pode considerarse un dos  máis afortunados.  Eu teño a sorte de recibir dúas todos os anos e o privilexio de contar coa miña nai que é quen as fai.  A partires de agora teño o firme propósito de aprender para que esta tradición non se perda, pero me atopo con algunhas dificultades:  miña nai cociña "a rumbo” sen pesos nin medidas o que mo pon moi difícil.  Xa sabedes que os bos cociñeiros non miden os seus ingredientes e teñen a sorte de que os seus pratos son exquisitos.  Iso mesmo é o que lle pasa as bolas feitas por miña nai:  son exquisitas e case que podedes esquecervos do resto da cea de noiteboa ou ano vello, co pan é máis que suficiente.  Teño que aclararvos dúas cousas máis:  o forno é o tradicional quentado con leña e medindo a temperatura tamén “a ollo” (cando o teito se pon branco o a fariña se queima) e as cantidades dos ingredientes son moi grandes(tede en conta que a miña nai fixo 6 bolas de pan).  E falando de ingredientes, temos as especies para bola das que aínda non fun capaz de descubrir a súa composición.  Véndense nas tendas tradicionais de alimentación e se lle botan tamén ás morcillas.  Dito todo isto poñámonos man á obra e que teñades moita sorte no voso intento.

·         4 kg de fariña de millo, aproximadamente(pola cantidade que lle vin amasar á miña nai)
·         Auga con sal, ben quente ( case fervendo)
·         ½ l. de nata líquida
·         700 g. de margarina (aproximada)
·         300 g. de fermento fresco de panadería (aproximada)
·         Fermento feito o día anterior
·         1 kg. de fariña de centeo
·         Fariña de trigo que admite a masa
·         Uvas pasas e noces en boa cantidade
·         Especies para pan doce
·         Kilo e medio de azucre

En primeiro lugar poñemos a fariña de millo nun recipiente suficientemente grande que nos permita amasar.  Engadimos auga quente e empezamos a embolar a masa cunha culler de madeira.



  Engadimos o fermento que xa fixemos o día anterior e deixamos que arrefríe a masa.  Cando baixa a temperatura engadimos as especies para pan e amasamos un pouco (facemos isto cada vez que engadimos un ingrediente).  A continuación poñemos a nata, seguimos coa margarina


e rematamos co azucre. 



 Volvemos amasar e engadimos o fermento fresco e a fariña de centeo.




Neste momento deixamos a culler de madeira e empezamos a meter as mans na masa.  Agora é cando miña nai valeira a masa nunha artesa que é onde se amasan grandes cantidades de pan.  É o momento de engadir a fariña de trigo segundo admita a masa.



  Deixamos para o final as uvas pasas e as noces( a algúns lles gusta engadir piñóns, figos pasos picados,…). 





 Espallamos un pouco de fariña no recipiente que tiñamos ao principio, poñemos a masa e tapamos cun pano fino.

Temos que deixar que a masa levede durante unhas 6 horas.  Pasado este tempo, formamos as bolas de pan e volvemos a deixar subir durante unhas 2 horas.

Metemos en forno ben quente.  Precisa unha hora e media de cocción, aproximadamente.


Asegúrovos que teredes un bo proveito.




Aunque la Navidad ya está acabada, no puede dejar de poner esta receta.  Más que una receta es una tradición familiar que no puede caer en el olvido.  En estos tiempos de crisis el que reciba por Navidad una de estas bollas de pan se puede considerar una persona de las más afortunadas.  Yo tengo la suerte de recibir dos todos los años y el privilegio de contar con mi madre que es quien las hace.  A partir de ahora tengo el firme propósito de aprender para que esta tradición no se pierda, pero me encuentro con algunas dificultades:  mi madre cocina “a rumbo” sin pesos ni medidas y esto me lo pone muy difícil.  Ya sabéis que los buenos cocineros no miden sus ingredientes y tienen suerte pues sus platos son exquisitos.  Eso mismo es lo que le pasa a las bollas hechas por mi madre:  son exquisitas y casi podéis olvidaros del resto de la cena de noche buena o año viejo, con el pan es más que suficiente.  Tengo que aclararos dos cosas más:  el horno es el tradicional calentado con leña y midiendo la temperatura también “a ojo”( cuando el techo se pone blando o la harina se quema) y las cantidades de ingredientes son muy grandes (tened en cuenta que mi madre hizo 6 bollas de pan).  Y hablando de ingredientes, tenemos las especies para bolla de las que aún no fui capaz de descubrir su composición.  Se venden en las tiendas tradicionales de alimentación y se le echan también a las morcillas.  Dicho todo esto pongámonos mano a la obra y que tengáis mucha suerte en vuestro intento.
·         4 kg de harina de maíz, aproximadamente (según la cantidad que le vi amasar a mi madre)
·         Agua con sal, bien caliente (casi hirviendo)
·         ½ l. de nata líquida
·         700 g de margarina (aproximada)
·         300 g de levadura fresca de panadería (aproximada)
·         Masa madre hecha el día anterior
·         1 kg de harina de centeno
·         Harina de trigo que admita la masa
·         Uvas pasas y nueces en buena cantidad
·         Especies para pan dulce
·         Kilo y medio de azúcar
En primer lugar ponemos la harina de maíz en un recipiente suficientemente grande que nos permita amasar.  Añadimos agua caliente y empezamos a embolar la masa con una cuchara de madera. 


Añadimos la masa madre que ya hicimos el día anterior y dejamos que enfríe la masa.  Cuando baja la temperatura añadimos las especies para pan y amasamos un poco (hacemos esto cada vez que añadimos un ingrediente).  A continuación ponemos la nata, seguimos con la margarina



 y acabamos con el azúcar. 


Volvemos a amasar y añadimos la levadura de panadería y la harina de centeno.


En este momento dejamos la cuchara de madera y empezamos a meter las manos en la masa.  Ahora es cuando mi madre vacía la masa en una artesa que es donde se amasan grandes cantidades de pan.  Es el momento de añadir la harina de trigo a medida que admita la masa. 


Dejamos para el final las uvas pasas y las nueces (a algunos les gusta añadir piñones, higos pasos picados,…). 




Espolvoreamos un poco de harina en el recipiente que teníamos al principio, ponemos la masa y tapamos con un paño fino.

Tenemos que dejar que la masa leude durante unas 6 horas.  Pasado este tiempo, formamos las bollas de pan y volvemos a dejar subir durante unas 2 horas.
Metemos en horno bien caliente.  Necesitan una hora y media de cocción, aproximadamente.

Os aseguro que tendréis  buen provecho.















  







lunes, 2 de enero de 2012

PIZZA

    PIZZA


    En todas as familias existen preferencias á hora da comida.  Algunhas desas preferencias co paso do tempo terminan sendo tradicións:  cando hai festa tomamos una asado determinado, a sobremesa ese día é tamén unha que nos gusta especialmente ou que lle sae moi saborosa á cociñeira,…

    Sen chegar a ser tan especiais, na nosa familia tamén temos unha tradición aínda que non ten moitos anos de vida:  os sábado toca cear pizza.  Xa vedes non é un prato especialmente laborioso ou saboroso, pero é o que me piden na casa.

    Como este último sábado foi día de fin de ano non me dediquei a facer pizza (tocoume cociñar outro tipo de pratos), pero decidín poñer a nosa receita e as fotos da última que fixemos para non esquecernos dela.

Ingredientes para a masa:

·         150 ml de auga
·         30 ml de aceite de oliva
·         1 culleradiña de sal
·         ½ culleradiña de azucre moreno
·         8 g de fermento fresco de panadería
·         300 g de fariña

Ingredientes para o recheo:

·         Salsa de tomate
·         Ourego
·         200 g de queixo relado mozzarella
·         1 paquete de salchichas
·         200 g de York


    En primeiro lugar temos que facer a masa.  Formamos un volcán coa masa e no medio poñemos os líquidos, engadimos o azucre e a un lado o sal e no extremo oposto o fermento.  Amasamos e deixamos repousar.  Esta masa pódese conservar na neveira envolta en film ou pódese conxelar para utilizar outro día.  A masa resultante é suficiente para cubrir unha fonte de forno.

    Como xa temos feita a masa podémonos dedicar a picar as salchichas e o xamón de York.  A nos gústannos as salchichas en anaquiños pequenos e o York algún en toros e o resto en anaquiños tamén.
  
   Estiramos a masa e colocámola na fonte que estará cuberta de papel vexetal. Untamos cunha pouca salsa de tomate ( 3 ou 4 culleradas), espallamos o queixo relado e poñemos despois a salchicha co xamón de York.


    Metemos no forno quente a 210 º, en posición baixa con resistencia inferior e superior. Sacamos cando estea ao noso gusto. Comémola e non deixamos nin as migallas.




  E aproveito con esta receita para desexarvos o mellor para o ano 2012. ¡FELIZ ANINOVO!



    En todas las familias existen preferencias a la hora de la comida.  Algunas de esas preferencias con el paso del tiempo terminan siendo tradiciones:  cuando celebramos una fiesta tomamos un asado determinado, el postre ese día es también uno que nos gusta especialmente o que le sale muy sabroso a la cocinera,…
    Sin llegar a ser tan especiales, en nuestra familia también tenemos una tradición aunque no tiene muchos años de vida: los sábados toca cenar pizza.  Ya veis que no es un plato especialmente laborioso o sabroso, pero es lo que me piden en casa.
    Como este último sábado fue día de fin de año no me dediqué a hacer pizza (me tocó cocinar otro tipo de platos), pero decidí poner nuestra receta y las fotos de la última que hicimos para no olvidarnos de ella.
Ingredientes para la masa:
·         150 ml de agua
·         30 ml de aceite de oliva
·         1 cucharadita de sal
·         ½ cucharadita de azúcar moreno
·         8 g de levadura fresca de panadería
·         300 g de harina
Ingredientes para el relleno:
·         Salsa de tomate
·         Orégano
·         200 g de queso rallado mozzarella
·         1 paquete de salchichas
·         200 g de York

    En primer lugar tenemos que hacer la masa.  Formamos un volcán con la masa y en el medio ponemos los líquidos, añadimos el azúcar y a un lado la sal y en el extremo opuesto la levadura.  Amasamos y dejamos reposar.  Esta masa se puede conservar en la nevera envuelta en film o se puede congelar para utilizar otro día.  La masa resultante es suficiente para cubrir una fuente de horno.
    Como ya tenemos hecha la masa nos podemos dedicar a picar las salchichas y el jamón de York.  A nosotros nos gustan las salchichas en trozos pequeños y el York alguno en rodajas y el resto en trocitos también.
    Estiramos la masa y la colocamos en la fuente que estará cubierta con papel vegetal.  Untamos con un poco de salsa de tomate (3 o 4 cucharadas), extendemos el queso rallado y ponemos después la salchicha con el jamón York.
    Metemos en el horno caliente a 210 º, en posición baja con resistencia inferior y superior.  Sacamos cuando esté a nuestro gusto.  La comemos y no dejamos ni las migas.

    Y aprovecho con esta receta para desearos lo mejor para el año 2012.  ¡FELIZ AÑO NUEVO!