sábado, 26 de mayo de 2012

TORTA DE GALLETA

    TARTA DE GALLETA
   
    Teño unha moi boa amiga que cada semana está esperando a miña nova receita.  Xa lle dixen que non vou ter receitas para tanto, pero espero non decepcionala. 
    Cando empecei a facer este blog de receitas tiña un obxectivo claro:  recoller nalgún sitio todo aquilo que cociño ou que tamén cociña a miña nai para que as miñas fillas teñan esta particular "herdanza" (sobre todo no relativo ás receitas que non levan ovo) e se alguén máis lle saca proveito moito mellor.  Xa vedes que tamén me serve para outras cousas sobre todo mantéñome en contacto con esas amizades que teño un pouco máis lonxe, pero que continúan camiñando ao meu lado.
    E quen non cociñou algunha vez unha torta de galleta?  Baixade, baixade a man que xa vos vexo con ela erguida.  É unha torta moi socorrida e cando temos nenos de aniversario é unha aposta segura.
    Non, non estaba ninguén de aniversario na miña casa, pero facer prácticas non ven mal.  Coma sempre temos que ter moito coidado cos ingredientes:  as galletas, o flan, o chocolate teñen que ser libres de ovo ou trazas.

  • Galletas tostadas cadradas (das do almorzo)
  • Un sobre de preparado para flan
  • 1 litro de leite
  • 6 culleradas de cacao en po (eu usei do de facer á cunca)
  • 2 culleradas de azucre
  • Zume de melocotón (para mollar as galletas)

    Para comezar temos que preparar o flan e o chocolate.  No caso do flan temos que seguir as instrucións que veñen no paquete.  Eu empreguei medio litro de leite, así que fixen medio litro de flan.  Co outro medio litro de leite fixen o chocolate.  Botamos no leite as seis culleradas de cacao en po e dúas culleradas de azucre.  Poñemos ao lume e deixamos que coza sen deixar de remover.  Ao ferver empezará a espesar e retiraremos do lume.  Se non  espesa suficiente podemos deixalo máis tempo ou podemos engadir un par de láminas de xelatina neutra ou ben unha cullerada de maizena disolta nun pouco de leite.  De todas formas temos que ter en conta que a medida que arrefríe porase máis consistente.

    É o momento agora de montar a torta.  Nun prato fondo poñemos un pouco de zume de melocotón e imos mollando as galletas.  Poñemos unha capa de galletas, unha capa de flan, galletas, chocolate, galletas, flan, galletas e rematamos cunha de chocolate.  Metemos na neveira durante tres ou catro horas.  Mellor dun día para outro.

     Querida amiga que me les aí vai a miña torta e ... ¡feliz aniversario!

    Tengo una muy buena amiga que cada semana está esperando mi nueva receta.  Ya le dije que no voy a tener recetas para tanto, pero espero no decepcionarla.
    Cuando empecé a hacer este blog de recetas tenía un objetivo claro:  recoger en algún sitio todo aquello que cocino o que también cocina mi madre para que mis hijas tenga esta particular "herencia" (sobre todo en lo relativo a las recetas que no llevan huevo) y si alguien más le saca provecho mucho mejor.  Ya veis que también me sirve para otras cosas sobre todo me mantengo en contacto con esas amistades que tengo un poco más lejos, pero que continúan caminando a mi lado.
    ¿Y quién no cocinó alguna vez una tarta de galleta?  Bajad, bajad la mano que ya os veo con ella levantada.  Es una tarta muy socorrida y cuando tenemos niños de cumpleaños es una apuesta segura.
    No, no estaba nadie de cumpleaños en mi casa, pero practicar no viene mal.  Como siempre tenemos que tener mucho cuidado con los ingredientes:  las galletas, el flan, el chocolate tienen que ser libres de huevo o trazas.

  • Galletas tostadas cuadradas (de las del desayuno)
  • Un sobre de preparada para flan
  • 1 litro de leche
  • 6 cucharadas de cacao en polvo (yo usé del de hacer a la taza)
  • 2 cucharadas de azúcar
  • Zumo de melocotón (para mojar las galletas)

    Para empezar tenemos que preparar el flan y el chocolate.  En el caso del flan tenemos que seguir las instrucciones que vienen en el paquete.  Yo usé medio litro de leche, así que hice medio litro de flan.  Con el otro medio litro de leche hice el chocolate.  Echamos en la leche las seis cucharadas de cacao en polvo y dos cucharadas de azúcar.  Ponemos al fuego y dejamos que cueza sin dejar de remover.  Al hervir empezará a espesar y retiraremos del fuego.  Si no espesa suficientemente podemos dejarlo más tiempo o podemos añadir un par de láminas de gelatina neutra o bien una cucharada de maizena disuelta en un poco de leche.  De todas formas tenemos que tener en cuenta que a medida que enfríe se pondrá más consistente.
    Es el momento ahora de montar la tarta.  En un plato hondo ponemos un poco de zumo de melocotón y vamos mojando las galletas.  Ponemos una capa de galletas, una capa de flan, galletas, chocolate, galletas, flan, galletas y terminamos con una de chocolate.  Metemos en la nevera durante tres o cuatro horas.  Mejor de un día para otro.
    Querida amiga que me lees ahí va mi tarta y...¡Feliz cumpleaños!

   
   

    


domingo, 20 de mayo de 2012

COCA DE PEMENTOS E TOMATES

    COCA DE PIMIENTOS Y TOMATES

    Este é un prato típico da cociña mediterránea que podemos adaptar perfectamente á nosa cociña galega.  A medida que comece a tempada de pementos e tomates na nosa horta é bo ter a man esta receita.  Esta vez recorrín ao conxelador:  teño moitos pementos conxelados da tempada pasada e hai que ir sacándoos para facerlles sitio aos seguintes.  Como base  puxen masa de pizza, da que tedes aquí a receita, pero non lle chamamos pizza porque non leva queixo que é un dos seus ingredientes básicos. 

Para a masa:

  • 150 ml de auga
  • 30 ml de aceite de oliva
  • 1culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de azucre moreno
  • 8 g de fermento fresco de panadería
  • 300 gr. de fariña


Para o recheo:

  • 3 ou 4 pementos
  • 2 tomates
  • 1 cebola grande ou 2 máis pequenas
  • 2 dentes de allo
  • 75 gr. de "bacon" en tiras ou touciño
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de sal

    Facemos a masa como xa indiquei na receita da pizza.
    Nunha pota ou tarteira botamos un pouco de aceite de oliva, quentamos e engadimos o allo ben picado, a cebola cortada en aros finos, o pemento en tiras e o tomate en rebandas.  Deixamos que se fagan un pouco todas as verduras e engadimos o "bacon".  Engadimos tamén o sal.  Reservamos.

    É o momento de estirar a masa e poñer a quentar o forno a 200º.  Enriba da masa poñemos as verduras escorridas ( sempre soltan un pouco de auga) e metemos no forno.  Precisará uns 40 minutos.




    Este es un plato típico de la cocina mediterránea que podemos adaptar perfectamente a nuestra cocina gallega.  A medida que comience la temporada de pimientos y tomates en nuestra huerta es bueno tener a mano esta receta.  Esta vez recurrí al congelador:  tengo muchos pimientos congelados de la temporada pasada y hay que ir sacándolos para hacerles sitio a los siguientes.  Como base puse la masa de pizza, de la que tenéis aquí la receta, pero no le llamamos pizza porque no lleva queso que es uno de sus ingredientes básicos.

Para la masa:

  • 150 ml de agua
  • 30 ml de aceite de oliva
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de azúcar moreno
  • 8 gr. de levadura fresca de panadería
  • 300 gr. de harina.

Para el relleno:

  • 3 o 4 pimientos
  • 2 tomates
  • 1 cebolla grande o 2 más pequeñas
  • 2 dientes de ajo
  • 75 gr. de bacon en tiras o tocino
  • Aceite de oliva
  • Una pizca de sal
    Hacemos la masa como ya indiqué en la receta de la pizza.
    En una tartera echamos un poco de aceite de oliva, calentamos y añadimos el ajo bien picado, la cebolla cortada en aros finos, el pimiento en tiras y el tomate en rebanada.  Dejamos que se hagan un poco todas las verduras y añadimos el "bacon".  Añadimos también la sal.  Reservamos. 
   
    Es el momento de estirar la masa y poner a calentar el horno a 200º.  Encima de la masa ponemos las verduras escurridas (siempre sueltan un poco de agua) y metemos en el horno.  Necesitará unos 40 minutos.

   

martes, 15 de mayo de 2012

BIZCOCHUPS

    BIZCOCHUPS

    Xa fai moito tempo que atopei esta receita navegando pola rede, de feito podedes consultala aquí.  De repente o sábado lembreime dela.  Estaba facendo unha proba para unha torta (trataba de ver como podería facer a torta para a 1ª comunión da miña filla) e a base consistía en biscoito de chocolate.  Sobrou un pouco de biscoito e fixen esta receita antes de que desapareceran as sobras.  Precisamos:

  • Restos de biscoito ou madalenas
  • Queixo crema (de untar)
  • Chocolate de cobertura
  • Améndoa picada
  • Pinchos de pau

    Os restos de biscoito ou madalenas temos que desfacelos hasta convertelos en migas.  Pesámolos e mesturámolos con queixo de untar.  A proporción é a metade do peso do biscoito en queixo.  Cando está ben mesturado facemos bolas.  Se resultara difícil facer as boliñas, podemos meter a masa na neveira durante un tempo para que resulte máis manexable.

    Derretemos o chocolate e mollamos nel as puntas dos pinchos que despois cravamos nas bolas.  Metémolas na neveira para que o chocolate volva endurecer e os pinchos queden ben agarrados.  Despois bañamos os "bizcochups" no chocolate e botámoslles a améndoa picada.  É conveniente ter un pouco de cortiza, unha espuma ou unhas mazás para cravalos e deixar que endurezan sen deixar chocolate en ningunha superficie.  Espero que vos gusten.


    Ya hace mucho tiempo que encontré esta receta navegando por la red, de hecho podéis consultarla aquí.  De repente el sábado me acordé de ella.  Estaba haciendo una prueba para una tarta (trataba de ver cómo podría hacer la tarta para la 1ª comunión de mi hija) e la base consistía en bizcocho de chocolate.  Sobró un poco de bizcocho e hice esta receta antes de que desaparecieran las sobras.  Necesitamos:

  • Restos de bizcocho o magdalenas
  • Queso crema (de untar)
  • Chocolate de cobertura
  • Almendra picada
  • Pinchos de palo.

    Los restos de bizcocho o magdalenas tenemos que deshacerlos hasta convertirlos en migas.  Los pesamos y los mezclamos con queso de untar.  La proporción es la mitad del peso del bizcocho en queso.  Cuando está bien mezclado hacemos bolas.  Si resultara difícil hacer las bolitas, podemos meter la masa en la nevera durante un tiempo para que resulte más manejable.



    Derretimos el chocolate y mojamos en el las puntas de los pinchos que después clavamos en las bolas.  Las metemos en la nevera para que el chocolate vuelva a endurecer y los pinchos queden bien agarrados.  Después bañamos los "bizcochups" en el chocolate y les echamos la almendra picada.  Es conveniente tener un poco de corcho, una espuma o unas manzanas para clavarlos y dejar que endurezcan sin dejar chocolate en ninguna superficie.  Espero que os gusten.


   
   

sábado, 5 de mayo de 2012

CHULAS DE BACALLAU

    BUÑUELOS DE BACALAO

    Parece, parece, pero non é.  Ás veces as aparencias enganan e estas chulas non levan ovo aínda que o pareza.  Temos que botarlle inxenio e imaxinación para que as receitas sen ovo saian o máis parecidas posible en sabor e aparencia ás que si o levan.  Precisamos:
  • 150 gr. de bacallau desalgado ( o meu en migas)
  • 1 dente de allo
  • Media cebola pequena
  • Pirixel ( sen quedarnos escasos)
  • Un chisco de sal
  • Un chisco de azafrán
  • 100 cc de leite
  • 100 gr. de fariña
  • 1/4 culleradiña de bicarbonato(ou fermento químico)
  • Aceite para fritir.

    Picamos moi miudiño o bacallau, cebola, pirixel e allo e os mesturamos co leite e a fariña.  Remexemos ata que se forme unha pasta frouxa.  Deixamos que repouse unha media hora.
    Despois fritimos en aceite ben quente, botando culleradas de pasta na tixola.  Unha vez retirados da tixola poñerémolos en papel de cociña que lle absorba o aceite sobrante.
    Podemos servir acompañados dunha ensalada.





    Parece, parece, pero no es.  A veces las apariencias engañan y estos buñuelos no llevan huevo aunque lo parezca.  Tenemos que echarle ingenio e imaginación para que las recetas sin huevo salgan lo más parecidas posible en sabor y apariencia a las que sí lo llevan.  Necesitamos:
  • 150 gr. de bacalao desalado ( el mío en migas)
  • 1 diente de ajo
  • Media cebolla pequeña
  • Perejil (sin quedarnos escasos)
  • Una pizca de sal
  • Una pizca de azafrán
  • 100 cc de leche
  • 100 gr. de harina
  • 1/4 cucharadita de bicarbonato ( o levadura química)
  • Aceite para freír.

     Picamos muy menudo el bacalao, cebolla, perejil y ajo y los mezclamos con la leche y la harina.  Revolvemos hasta que se forme una pasta floja.  Dejamos que repose una media hora.
    Después freímos en aceite bien caliente, echando cucharadas de pasta en la sartén.  Una vez retirados de la sartén los pondremos sobre papel de cocina que le absorba el aceite sobrante.
    Podemos servir acompañados de una ensalada.