viernes, 28 de julio de 2017

QUICHE DE CABACIÑA (sen ovos)

    QUICHE DE CALABACÍN (sin huevos)


    Definitivamente este é o verán da cabaciña.  De seguir así vanme botar da casa e non me permitirán entrar na cociña (ironía, todo ironía).  A verdade é que se me van esgotar as ideas, pero non totalmente:  aínda teño algunha perdida por aí.

  • 1 base de torta (quebrada a que usei eu)
  • 1 cebola
  • 1 cabaciña
  • 1 dente de allo
  • 90 g. de tacos de xamón (a ser posible pequeniños)
  • 1 cullerada de fariña
  • 200 ml de nata líquida para cociñar
  • 50 g de queixo relado (aproximadamente)
  • Noz moscada


    Temos que saltear o dente de allo ben picado, a cebola cortada en rodas, os tacos de xamón e a cabaciña en tiras ( cun pelapatacas).   Polvoriñamos cun pouco de noz moscada.  Non é conveniente engadir sal; coa do xamón e o queixo será suficiente. Cando estea salteado engadimos unha cullerada de fariña e a nata de cociñar.  Incorporamos o queixo relado ou polvoriñamos enriba; como nos guste máis.




    Mentres poñemos a masa nun molde desmoldable, pinchamos a base para que non suba e forneamos a 200º durante 15 minutos.  Sacamos do forno e incorporamos o recheo.  Forneamos outros 15 minutos e estará lista para comer.  A masa estará crocante en contraste co recheo.  Espero que vos guste. 

    


    Definitivamente este es el verano del calabacín.  Si sigo así me van a echar de casa e no me permitirán entrar en la cocina (ironía, todo ironía).  La verdad es que se me van a agotar las ideas, pero no totalmente:  todavía tengo alguna perdida por ahí.

  • 1 base de tarta (quebrada la que usé yo)
  • 1 cebolla
  • 1 calabacín
  • 1 diente de ajo
  • 90 g. de tacos de jamón (a ser posible pequeñitos)
  • 1 cucharada de harina
  • 200 ml de nata líquida para cocinar
  • 50 g de queso rallado (aproximadamente)
  • Nuez moscada


    Tenemos que saltear el diente de ajo bien picado, la cebolla cortada en rodajas, los tacos de jamón y el calabacín en tiras (con un pelapatatas).  Espolvoreamos un poco de nuez moscada.  No es conveniente añadir sal, con la del jamón y el queso será suficiente.  Cuando esté salteado añadimos una cucharada de harina y la nata de cocinar.  Incorporamos el queso rallado o lo espolvoreamos por arriba: como nos guste más.
   

    Mientras ponemos la masa en un molde desmoldable, pinchamos la basa para que no suba y horneamos a 200º durante 15 minutos.  La sacamos del horno e incorporamos el relleno.  Horneamos otros 15 minutos y estará lista para comer.  La masa estará crujiente en contraste con el relleno.  Espero que os guste.




    

domingo, 9 de abril de 2017

PIZZA CON BRÓCOLI

    PIZZA CON BRÓCOLI


    Ultimamente esta pizza ten moito éxito na miña casa, pero debería ter máis:  non nos equivoquemos que algúns son anti-verduras e non hai maneira de convencelos; esperemos que a forza de poñelas na mesa...

    E xa sei que parecen dúas cousas incompatibles:  pizza e brócoli.  Dádelle unha oportunidade:  non é o que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queixo relado
  • 70-80 g de xamón curado
  • Ourego.



Para a masa:

  • 300 g de fariña
  • 8 g de fermento de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de azucre moreno
  • 150 ml auga
  • 30 ml aceite de oliva



    O primeiro é lavar o brócoli, cortalo un pouco e cocelo ao vapor.  Cuns 5-7 minutos chega:  non podemos deixalo demasiado cocido que despois irá ao forno.  Unha vez cocido cortamos os "ramilletes" cunha tesoira e reservamos.  Por outra banda facemos a masa ou "atallamos" e usamos unha comprada.  No meu caso fágoa sempre.  Ben certo é que conto cunha amasadora que me libera de bastante traballo.  Poño na cubeta os líquidos, o sal, azucre moreno, a fariña e o fermento por esa orde e fago un pouco de trampa:  non uso o programa para masa senón o de facer pasta que é moito máis curto e ten suficiente tempo de amasado para o que necesito.  Despois deixo que repouse un pouco a masa e listo.




    Volvemos con brócoli que xa estará frío.  Engadímoslle o queixo relado e o xamón curado.  O meu xamón era en lonchas e desfíxeno un pouco coas mans.  Tamén se lle pode botar en "taquiños" ou substituílo por touciño entrefebrado ou xamón York.  A cuestión é non pasarse co xamón ou a pizza sairá un pouco salgada.  Ao brócoli non lle botamos sal pois con do xamón e o queixo é suficiente.

    Estiramos a masa, estendemos a salsa de tomate e polvoriñamos con ourego.  Incorporamos a mestura de brócoli, xamón e queixo.  Metemos no forno quente a 180º uns 25 a  30 minutos.  A temperatura e o tempo son orientativos; dependen un pouco do noso forno.  Que non vos despiste a aparencia, o sabor é moi bo.  Que aproveite!



 Fonte:  Pimienta rosa

       Ultimamente esta pizza tiene mucho éxito en mi casa, pero ojalá tuviera más:  todavía quedan anti-verduras y es difícil convencerlos; poniéndolas en la mesa y viéndolas...
    
    Sí, ya sé que parecen dos cosas incompatibles:  pizza y brócoli.  Dadle una oportunidad:  no es lo que parece.

  • 500  g de brócoli
  • Salsa de tomate
  • 200 g de queso rallado
  • 70-80 g de jamón serrano
  • Orégano


Para la masa:

  • 300 g de harina
  • 8 g de levadura de panadería
  • 1 cucharadita de sal
  • 1/2 cucharadita de azúcar moreno
  • 150 ml agua
  • 30 ml aceite de oliva


    En primer lugar hay que lavar el brócoli, cortarlo un poco y cocerlo al vapor.  Serán suficientes unos 5-7 minutos:  no podemos dejarlo demasiado cocido que después irá al horno. Cuando pase ese tiempo, lo sacamos y cortamos los ramilletes con una tijera.  Los reservamos.  Mientras, hacemos la masa o cogemos la vía rápida y usamos una comprada.  En mi caso, siempre la hago.  Es cierto que tengo una amasadora que me libera de bastante trabajo.  Pongo en la cubeta los líquidos, la sal, el azúcar moreno, la harina y la levadura en ese orden y hago un poco de trampa:  no uso el programa para masa sino el de hacer pasta que es mucho más corto y tienen suficiente tiempo de amasado para lo que necesito.  Después dejo que repose un poco la masa y listo.
    




    Volvemos con el brócoli que ya estará frío.  Le añadimos el queso rallado y el jamón serrano.  Yo utilicé jamón en lonchas que troceé con las manos.  También se le puede echar en taquitos o sustituirlo por bacon o jamón York.  La cuestión reside en no pasarse con el jamón o la pizza saldrá un poco salada.  Al brócoli no le echamos sal pues con el del jamón y el queso es suficiente.

    Estiramos la masa, extendemos la salsa de tomate y espolvoreamos con orégano.  Incorporamos la mezcla de brócoli, jamón y queso.  La metemos en el horno caliente a 180º entre 25-30 minutos.  La temperatura y el tiempo son orientativos; dependen un poco del horno.  Que no os despiste la apariencia, el sabor es muy bueno.  ¡Buen provecho!




Fuente:  Pimienta rosa


   

domingo, 19 de marzo de 2017

CREMA DE CABACIÑA

    CREMA DE CALABACÍN


    Despois de facer varias clases de pizza e algunha sobremesa coas cabaciñas a produción era tanta que decidimos facer uso do conxelador.  Primeiro pelámolas para despois partilas en anacos e metelas en bolsas.  E así, directas ao conxelador para facer máis adiante cremas ou usalas nos guisos.

    A verdade é que as cremas acabeinas tomando eu todas e xa rematei con todo o que tiña almacenado, pero quero gardar a receita xa que supón un primeiro prato moi recomendable sobre todo para o inverno.  A min gústame tomala moi quente e engadirlle un pouco de pasta xa cocida.  Con pouco máis, xa teño o xantar arranxado.

  • 500 g de cabaciña
  • 1/2 cebola
  • 25 g de manteiga
  • 250 ml de caldo de polo
  • 2 queixos en porcións
  • 1 cullerada de fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa


    Nun pouco de aceite de oliva refogamos a cebola cun pouco de sal.  Cando xa está branda engadimos a cabaciña e deixamos que se vaia desfacendo e soltando auga.  Podemos engadila directamente do conxelador, pero teremos que darlle un pouco máis de tempo.  Engadimos a cullerada de fariña, removemos e incorporamos a manteiga.  Cando xa está derretida é o momento de botar o caldo.  Seguimos removendo e incorporamos os queixos en porcións.  Deixamos que se vaia facendo a crema uns minutos con lume suave e removendo con frecuencia.  Batemos e engadimos a pementa.

    Xa está lista para tomar.  Tamén se pode deixar na neveira para o día seguinte quentando só aquela que vaiamos tomar.  Bo proveito.






    Después de hacer varias clases de pizza y algún postre con los calabacines la producción era tanta que decidimos hacer uso del congelador.  Primero las pelamos para después trocearlas y meterlas en bolsas.  Y así, directas al congelador para hacer más adelante cremas o usarlos en guisos.

    La verdad es que las cremas las tomé yo todas y ya acabé con lo que tenía almacenado, pero quiero guardar la receta ya que es un primer plato muy recomendable sobre todo para el invierno.  A mi me gusta tomarla muy caliente y añadirle un poco de pasta cocida anteriormente.  Con poco más, ya tengo la comida arreglada.
   
  • 500 g de calabacín
  • 1/2 cebolla
  • 25 g de mantequilla
  • 250 ml de caldo de pollo
  • 2 "quesitos"
  • 1 cucharada de harina
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pimienta


    En un poco de aceite de oliva rehogamos la cebolla con un poco de sal.  Cuando ya esta blanda añadimos el calabacín y dejamos que se vaya deshaciendo y soltando agua.  Podemos añadirlo directamente del congelador, pero tendremos que darle un poco más de tiempo.  Añadimos la cucharada de harina, removemos e incorporamos la mantequilla.  Cuando ya está derretida es el momento de echar el caldo.  Seguimos removiendo e incorporamos los "quesitos".  Dejamos que se vaya haciendo la crema unos minutos con fuego suave y removiendo con frecuencia.  Batimos y añadimos la pimienta.
    
    Ya está lista para tomar.  También se puede dejar en la nevera y tomarla al día siguiente calentando solamente la que nos vayamos a tomar.  Buen provecho.