martes, 30 de agosto de 2011

ADOBO PARA CASE TODO

  ADOBO PARA CASI TODO

  Todos temos feito este adobo; a diferenza está na cantidade e no modo de facelo.  Eu fago unha cantidade bastante grande e o conservo nun bote na neveira.  Aguanta durante varias semanas.

Unha manchea de pirixel.
Unha cabeza de allos.
120 ml. de aceite de oliva.
Dúas culleradas de sal gordo.

  Poñer na picadora o pirixel, os dentes de allo pelados e a metade do aceite de oliva.  Picar ata formar unha especie de papilla.  Engadir o resto do aceite e o sal.  Meter nun bote e conservar na neveira.  Pódese empregar coa carne, asados, peixe, patacas asadas,...





  Todos hemos hecho este adobo;  la direfencia está en la cantidad y en el modo de hacerlo.  Yo hago una cantidad bastante grande y lo conservo en la nevera.  Aguanta durante varias semanas.

Un manojo de perejil.
Una cabeza de ajos.
120 ml. de aceite de oliva.
Dos cucharadas de sal gorda.


  Poner en la picadora el perejil, los dientes de ajo pelados y la mitad del aceite de oliva.  Picar hasta formar una especie de papilla.  Añadir el resto del aceite y la sal.  Meter en un bote y conservar en la nevera.  Se puede utilizar con la carne, asados, pescado, patatas asadas,...




martes, 23 de agosto de 2011

PEXEGOS EN XAROPE

  PEXEGOS EN ALMÍBAR

 Este ano hai moitos pexegos e pensamos que sería unha boa idea metelos en xarope.  E dito e feito.  O meu marido adicouse a pelalos e sacarlles o óso.  Eu estiven preparando o xarope.  Embotamos e esterilizamos a "baño maría".  E ahí están esperando e dicindo:  cómeme!


3 kilos de pexegos
Un litro de auga
500 gramos de azucre
Zume dun limón.


  Poñemos nun cazo a auga xunto co azucre.  Poñemos no lume e imos remexendo ata que empece a ferver.  Nese momento engadimos o zume de limón e deixamos que ferva un par de minutos.  Ao mesmo tempo xa están pelados e cortados os pexegos.  Metémolos nos botes o máis apretados posible (aínda así ao esterilizar quedarán ocos como podedes ver na foto) e botamos o xarope.  Tapamos os botes e esterilizamos a "baño maría".  É recomendable poñer un pano no fondo da pota e tamén envolver en panos os botes para que non rompan ao chocar entre eles cando fervan.  Deixar que fervan uns 40 minutos e esperar a que arrefíen na pota antes de sacalos.
  Antes de encher os botes de froita hai que estirilizar tamén os botes.  Eu laveinos no lavalouzas e despois metinos ( cando aínda estaban mollados) 2 minutos no microondas.  É preciso ferver as tapas 4 ou 5 minutos.



  Este año hay muchos pexegos y pensamos que sería una buena idea meterlos en almíbar.   Y dicho y hecho.  Mi marido se dedicó a pelarlos y a sacarles el hueso.  Yo preparé el almíbar.  Embotamos y esterilizamos a "baño maría".  Y ahí están esperando y diciendo:  ¡cómeme!

3 kilos de pexegos
Un litro de agua.
500 gramos de azúcar.
Zumo de un limón.

Ponemos en un cazo el agua y el azúcar. Ponemos en el fuego y vamos revolviendo hasta que empiece a hervir. En ese momento añadimos el zumo de limón y dejamos hervir un par de minutos. Al mismo tiempo ya están pelados y cortados los pexegos. Los metemos en los botes lo mas apretados posible (aún así al esterilizar quedarán huecos como podéis ver en la foto) y echamos el almíbar. Tapamos los botes y esterilizamos a "baño maría". Es recomendable poner un paño en el fondo da olla e también envolver en paños los botes para que non rompan al chocar entre ellos cuando hiervan. Dejar hervir unos 40 minutos y esperar a que enfríen en la olla antes de sacarlos.

Antes de llenar los botes de fruta hay que esterilizar también los botes. Yo los lavé en el lavavajillas y después los metí (cuando aún estaban mojados) 2 minutos en el microondas. Es necesario hervir las tapas 4 o 5 minutos.