jueves, 1 de noviembre de 2012

ÓSOS DE SAN EXPEDITO

    HUESOS DE SAN EXPEDITO

    Non hai mellor momento para facer esta receita que o día de hoxe.  Andaba eu buscando receitas típicas de Todos os Santos que puidera adaptar e cociñar sen ovo, cando me atopei con algunhas receitas das monxas Clarisas e coa súa cociña de conventos.  Sen dúbida gustaríame ter feito os óso de santo, pero deixarei esa experimentación para outro ano e xa vos contarei que é o que sae.  Polo de agora aquí vos deixo os ósos de san Expedito, que tamén era santo como di o seu nome (avogado das causas urxentes).
 
  • 300 gr. de fariña
  • 8 culleradas de aceite de xirasol
  • 16 culleradas de leite
  • 100 gr. de azucre
  • Ralladura dun limón
  • Unha culleradiña de fermento en po
  • Aceite para fritir
  • Azucre en po para espolvorear.
 
    Formamos un volcán coa fariña e engadimos o resto dos ingredientes.  Amasamos e posteriormente facemos boliñas que transformaremos en "churros" como di a miña filla.  Despois faremos un corte lonxitudinal.  É o momento de fritilos sen apurar demasiado o  aceite.  Ao sacalos bañarémolos en azucre en po.  Bo día de Santos.
 
 
 
    No hay mejor momento para hacer esta receta que el día de hoy.  Estaba buscando recetas típicas de Todos los Santos que se pudieran adaptar y cocinar sin huevo, cuando me encontré con algunas recetas de las monjas Clarisas y con su cocina de conventos.  Sin duda me gustaría haber hecho los huesos de santo, pero dejaré esa experimentación para otro año y ya os contaré qué es lo que sale.  Por ahora aquí os dejo los huesos de san Expedito, que también era santo como dice su nombre (abogado de causas urgentes)
  • 300 gr. de fariña
  • 8 cucharadas de aceite de girasol
  • 16 cucharadas de leche
  • 100 gr. de azúcar
  • Ralladura de un limón
  • Una cucharadita de levadura en polvo
  • Aceite para freír
  • Azúcar en polvo para espolvorear.

    Formamos un volcán con la harina y añadimos el resto de los ingredientes.  Amasamos y posteriormente hacemos bolitas que transformaremos en "churros" como dice mi hija.  Después haremos un corte longitudinal.  Es el momento de freírlos sin apurar demasiado el aceite.  Al sacarlos los bañaremos en azúcar en polvo.  Buen día de Santos.
 
 
 
   

2 comentarios: