domingo, 22 de noviembre de 2015

ÁRBORE DE NADAL

    ÁRBOL DE NAVIDAD



    Si, estamos en novembro pero xa vai sendo hora de pensar no Nadal.  Total, xa o temos asumido.  Cantas tabletas de turrón levades comidas xa?  Unhas cantas.   O alumeado xa está posto e falta pouco para o seu acendido.  E cantos anuncios de xoguetes e colonia temos visto a estas alturas?  Uns cantos.  Así que hai sitio para a miña árbore de Nadal.  Unha árbore con historia desde que o xoves a miña curmá Sara me envía un enlace a un blog italiano e eu acepto o reto.  Ese foi o desencadeante.  Xa sabemos que fai falta pouco para provocarme.  O reto é mutuo:  a ela tócalle sen glute e sen lactosa mentres que o meu será sen ovo. E aquí estou fabricando unha árbore:  non se pode dicir que non me anticipo desta volta.


  • 475 g de fariña de forza
  • 50 ml de aceite de xirasol
  • 250 ml de leite
  • Un chisco de sal
  • 20 g de azucre
  • 15 g de fermento fresco de panadería


  • Nutella
  • 75 gr de abelás


  • Azucre moreno
  • Lacasitos

    Así que puxen en funcionamento a panificadora para amasar todos os ingredientes da masa  Despois do amasado e o levedado, dividín a masa en tres partes e estireina. 

    Puxen a primeira das masas estiradas nun papel vexetal e unteina con Nutella.  Para que resultara máis doado este paso, quentei a nutella medio minuto no microondas.  Despois polvoriñei con avelá moída.  Puxen enriba a segunda masa estirada e repetín o proceso.  Terminei coa terceira masa.  Dinlle forma despois de árbore de Nadal.  Podedes ollar as fotografías ou consultar o video do blog orixinal.  Aprovéitase todo, incluso os recortes servirán para facer os adornos da árbore.


    Adornei a árbore cun pouco de azucre moreno e metino non forno quente a 180º durante 30 minutos.  Cando arrefriou un pouco, incorporei os lacasitos.


    Agora toca esperar polo de Sara.
    Déixovos cos preparativos do Nadal.
    Fonte: makyincucina




    Sí, estamos en noviembre pero ya va siendo hora de pensar en la Navidad.  Total, ya lo tenemos asumido.  ¿Cuántas tabletas de turrón habéis comido ya?  Unas cuantas.  El alumbrado ya está puesto y falta poco para su encendido.  ¿Y cuantos anuncios de juguetes y colonia hemos visto a estas alturas?  Unos cuantos.  Así que hay sitio para mi árbol de Navidad.  Un árbol con historia desde que el jueves mi prima Sara me envía un enlace a un blog italiano y yo acepto el reto.  Ese fue el desencadenante.  Ya saber que hace falta poco para provocarme.  El reto es recíproco:  a ella le toca sin gluten y sin lactosa mientras que el mío será sin huevo.  Y aquí estoy fabricando un árbol:  no se puede decir que no me anticipo,esta vez.

  • 475 g de harina de fuerza
  • 50 ml de aceite de girasol
  • 250 ml de leche
  • Una pizca de sal
  • 20 g de azúcar
  • 15 g de levadura fresca de panadería


  • Nutella
  • 75 gr de avellanas


  • Azúcar moreno
  • Lacasitos

    Así que puse en funcionamiento la panificadora para amasar todos los ingredientes de la masa.  Después del amasado y el leudado, dividí la masa en tres partes y la estiré.
    
    Puse la primera de las masas estiradas en un papel vegetal y la unté con Nutella.  Para que resultar más fácil este paso, calenté la Nutella medio minuto en el microondas.  Después espolvoreé con avellana molida.  Puse encima la segunda masa estirada y repetí el proceso.Y por último, la tercera masa.  Le di forma de árbol de Navidad.  Podéis ver las fotos o consulta el vídeo del blog original.  Se aprovecha todo, incluso los recortes servirán para hacer los adornos del árbol.



     
    Adorné el árbol con un poco de azúcar moreno y lo metí en horno caliente a 180º durante 30 minutos.  Cuando enfrió un poco, incorporé los lacasitos.


    Ahora toca esperar por el de Sara.
    Os dejo con los preparativos de Navidad.

domingo, 15 de noviembre de 2015

CABACIÑAS DE SAMAÍN

    CALABAZAS DE SAMAÍN


    "Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo.  Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos.  Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
    Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás animas do outro mundo.
    Pero outras fontes dan unha explicación contraria.  A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencias perigo do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegase ós castros nin ás casas.  Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.
    Disque, nestas mesmas datas, prendíanse lumes sagrados e que con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.  Estas fogueiras tamén podían cumprir o obxectivo de guiar os mortos na escuridade da noite e facilitarlles así que atopasen os seus fogares e os seus parentes.
    Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migraciós a este país no século XIX e comezos do XX.  De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas.  Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular. " Galipedia.

    Agora que xa sabemos de onde ven o Samaín, contareivos que os meus pais recolleron as cabazas e había unha moi madura.  Miña nai coceuna e eu encargueime de buscarlle uso.  Tampouco foi inmediato:  aproveitei para conxelala en porcións mentres atopaba a receita apropiada.

    A busca levoume a dous blogs nos que me inspirei:  un deles serviume como base da receita (Kanela y limón) e o outro para darlle forma ás cabaciñas (entresabores).

    Podo asegurar que entran polos ollos e sen comer non quedan.


  • 200 g. de leite condensado
  • 250 g. de cabaza cocida
  • 40 g. de manteiga branda
  • 1 culleradiña de sal
  • 60 ml. de leite
  • 1 cullerada de mel
  • 25 g. de fermento fresco de panadería
  • 600-625 g. de fariña de forza
  • Anacardos
  • Leite para vernizar
  • Azucre humedecido para decorar
  • Mel con auga para vernizar despois de cocidos

    Con tempo tempos que sacar a manteiga da neveira para que abrande.

    Para amasar empreguei a panificadora, que me aforra moito traballo.  Primeiro triturei a cabaza xunto cos 60 ml de leite e boteinos na cubeta.  A continuación engadín o leite condensado, a manteiga, o sal e a cullerada de mel.  Cubrín coa fariña e, por último, engadín o fermento.  Deixei que a panificadora fixese o seu traballo de amasado e levado.  De non ter, amasamos e deixamos nun recipiente cuberto cun pano ata que dobre o seu volume.


    Unha vez que tivo levedado a masa cortei pequenas porcións (20-22).  Fago unha bóla metendo a masa cara abaixo, como cando metemos as sabas debaixo do colchón ao facer a cama, doulle uns cortes coas tesoiras (5 ou 6) e colócolle una anacardo no medio simulando o rabiño da cabaza.


    Vernízoas con leite e deixo que volvan medrar.  Antes de metelas no forno, púxenlles o azucre humedecido.  O forno quentámolo a 200º e cando metemos os bolos baixamos a 180º.  Eu puxen a resistencia inferior máis a superior e o ventilador.  Tardaron entre 10 e 12 minutos en facerse.


    Ao sacalos deixamos que arrefríen nunha rella.  Despois vernizámolos cunha mestura de mel con auga (unha cullerada de mel cunha de auga).  Isto daralles brillo, pero tamén axudará a que se conserven.  Necesitaredes que se conserven?  Eu creo que non.




    "Los celtas celebraban con el Samaín el paso del año, el fin del tiempo de las cosechas y, con él, del año viejo, y el comienzo del invierno y, con él, del año nuevo.  Igualmente, el Samaín era el momento en el que las ánimas de los muertos retornaban a sus casas para visitar los familiares aún vivos.  En esta visita aprovechaban para buscar alimento y calentarse con el fuego del lar, por lo que era costubre dejar el fuego encendido en esta noche y nunca barrer el lar para no alejar las ánimas; a veces también se dejaba una silla vacía, con su servicio de comida y bebida, para que las ánimas se acercaran a a la mesa familiar.
    Coincidía así, en esta noche de 31 de octubre a 1 de noviembre y también a 2 de noviembre, la fiesta del paso de un año a otro, con el momento de la apertura a las ánimas del otro mundo.
    Pero otras fuentes dan una explicación contraria.  La llegada de las ánimas en esta noche representaba un potencial peligro del que se defendían colocando sobre los muros o en los vados de las paredes las calaveras de sus enemigos, para que las ánimas que pudieran venir no se acercaran a los castros ni a las casas.  Dentro de esas calaveras colocaban una vela de sebo encendida.
    Por lo visto, en estas mismas fechas, se prendían fuegos sagrados y que con esta hoguera inicial se alimentaban los lares de todas las casas.  Estas hogueras también podían cumplir el objetivo de guiar los muertos en la oscuridad de la noche y facilitarles así que encontaran sus hogares y sus parientes.
    Se afirma que por el samaín era costumbre vaciar nabos de gran tamaño para ponerles dentro velas, y esta tradición, conservada en Irlanda, pudo haber sido exportada a los Estados Unidos de América por los irlandeses con las migraciones a este país en el siglo XIX y comienzos del XX.  De ser así, la tradición tendría continuidad en las fiestas de Halloween, del que sería su precedente, en una adaptación del samaín en la cultura estadounidense, semejante a un carnaval, en la que los nabos fueron sustituídos por grandes calabazas.  Con el paso del tiempo, la influencia cultural estadounidense en el resto del mundo consiguió que el Halloween regresara a Europa para convertirse en una festividad cada vez más popular." Traducción de Galipedia.


    Ahora que ya sabemos de donde viene el Samaín, os contaré que mis padres recogieron las calabazas y había una muy madura.  Mi madre la coció y yo me encargué de buscarle uso.  Tampoco fue inmediato:  aproveché para congelarla en porciones mientras encontraba la receta apropiada.

    La búsqueda me llevó a dos blogs en los que me inspiré:  uno de ellos me sirvió como base de la receta (Kanela y limón) y el otro para darle forma a las calabazas (entresabores).

    Puedo asegurar que entran por los ojos y no quedan sin comer.


  • 200 g. de leche condensada
  • 250 g. de calabaza cocida
  • 40 g. de mantequilla blanda
  • 1 cucharadita de sal
  • 60 ml. de leche
  • 1 cucharada de miel
  • 25 g. de levadura fresca de panadería
  • 600-625 g. de harina de fuerza
  • Anacardos
  • Leche para barnizar
  • Azúcar humedecido para decorar
  • Miel con agua para barnizar después de cocidos

    Con tiempo tenemos que sacar la mantequilla de la nevera para que ablande.

    Para amasar utilicé la panificadora, que me ahorra mucho trabajo.  Primero trituré la calabaza junto con los 60 ml de leche y los eché en la cubeta.  A continuación añadí la leche condensada, la mantequilla, la sal y la cucharada de miel.  Cubrí con la harina y, por último, añadí la levadura.  Dejé que la panificadora hiciera su trabajo de amasado y levado.  Si no tenemos, amasamos y dejamos en un recipiente cubierto con un paño hasta que doble su volumen.


    Cuando ya había leudado la masa corté pequeñas porciones (20-22).  Hago una bola metiendo la masa hacia abajo, como cuando metemos las sábanas debajo del colchón al hacer la cama, le doy unos cortes con las tijeras (5 o 6) y le coloco un anacardo en el medio simulando el rabito de la calabaza.


    Las barnizo con leche y dejo que vuelvan a crecer.  Antes de meterlas en el horno, les puse el azúcar humedecido.  El horno lo calentamos a 200º y cuando metemos los bollos bajamos a 180º.  Yo puse la resistencia inferior además de la superior y el ventilador.  Tardaron entre 10 y 12 minutos en hacerse.


    Al sacarlos dejamos que enfríen en una rejilla.  Después los barnizamos con una mezcla de miel con agua (una cucharada de miel con una de agua).  Esto les dará brillo, pero también ayudará a que se conserven.  ¿Necesitaréis que se conserven?  Yo creo que no.


martes, 3 de noviembre de 2015

TRIPAS DE DEFUNTO

    TRIPAS DE DIFUNTO


    Din que a comida primeiro entra polo ollos, así que coidado con este prato:  pode levantar paixóns ou pode producirnos arrepíos.  O seu nome tampouco anima a devoralo, pero podo asegurar que os ingredientes son moi normais.  E aínda que o Samaín rematou gardamos a receita para outra ocasión.  

  • 1 lámina de masa de follado
  • Xamón york
  • Queixo
  • Leite para vernizar
  • Ketchup para decorar



    O proceso é moi simple:  collemos a masa de follado e cortamos cinco tiras.




    Enriba de cada tira colocamos anacos de queixo e de xamón york.



    Cerramos cada tira como se fora unha empanada, primeiro ao longo e despois tamén as puntas.

    Colocamos as tiras nunha fonte con papel vexetal e dámoslle forma de tripas.  Vernizamos con leite e decoramos cunhas pingas de ketchup para darlle máis realismo.




    Cociñamos unha media hora a 180º ou ata que estea dourada a masa.  Sacamos e podemos volver decorar con kepchup.






    Dicen que la comida primero entra por los ojos, así que cuidado con este plato:  puede levantar pasiones o producirnos escalofríos.  Su nombre tampoco anima a devorarlo, pero puedo asegurar que los ingredientes son muy normales.  Y aunque el Samaín acabó guardamos la receta para otra ocasión.

  • 1 lámina de masa de hojaldre
  • Jamón york
  • Queso
  • Leche para barnizar
  • Ketchup para decorar

    El proceso es muy simple:  cogemos la masa de hojaldre y cortamos cinco tiras.
    


    Encima de cada tira colocamos trozos de queso y de jamón york.



    Cerramos cada tira como si fuera una empanada, primero a lo largo y después también las puntas.
    
    Colocamos las tiras en una fuente con papel vegetal y les damos forma de tripas.  Barnizamos con leche y decoramos con unas gotas de ketchup para darle más realismo.



    
    Cocinamos una media hora a 180º o hasta que esté dorada la masa.  Sacamos y podemos volver a decorar con ketchup.