sábado, 26 de mayo de 2012

TORTA DE GALLETA

    TARTA DE GALLETA
   
    Teño unha moi boa amiga que cada semana está esperando a miña nova receita.  Xa lle dixen que non vou ter receitas para tanto, pero espero non decepcionala. 
    Cando empecei a facer este blog de receitas tiña un obxectivo claro:  recoller nalgún sitio todo aquilo que cociño ou que tamén cociña a miña nai para que as miñas fillas teñan esta particular "herdanza" (sobre todo no relativo ás receitas que non levan ovo) e se alguén máis lle saca proveito moito mellor.  Xa vedes que tamén me serve para outras cousas sobre todo mantéñome en contacto con esas amizades que teño un pouco máis lonxe, pero que continúan camiñando ao meu lado.
    E quen non cociñou algunha vez unha torta de galleta?  Baixade, baixade a man que xa vos vexo con ela erguida.  É unha torta moi socorrida e cando temos nenos de aniversario é unha aposta segura.
    Non, non estaba ninguén de aniversario na miña casa, pero facer prácticas non ven mal.  Coma sempre temos que ter moito coidado cos ingredientes:  as galletas, o flan, o chocolate teñen que ser libres de ovo ou trazas.

  • Galletas tostadas cadradas (das do almorzo)
  • Un sobre de preparado para flan
  • 1 litro de leite
  • 6 culleradas de cacao en po (eu usei do de facer á cunca)
  • 2 culleradas de azucre
  • Zume de melocotón (para mollar as galletas)

    Para comezar temos que preparar o flan e o chocolate.  No caso do flan temos que seguir as instrucións que veñen no paquete.  Eu empreguei medio litro de leite, así que fixen medio litro de flan.  Co outro medio litro de leite fixen o chocolate.  Botamos no leite as seis culleradas de cacao en po e dúas culleradas de azucre.  Poñemos ao lume e deixamos que coza sen deixar de remover.  Ao ferver empezará a espesar e retiraremos do lume.  Se non  espesa suficiente podemos deixalo máis tempo ou podemos engadir un par de láminas de xelatina neutra ou ben unha cullerada de maizena disolta nun pouco de leite.  De todas formas temos que ter en conta que a medida que arrefríe porase máis consistente.

    É o momento agora de montar a torta.  Nun prato fondo poñemos un pouco de zume de melocotón e imos mollando as galletas.  Poñemos unha capa de galletas, unha capa de flan, galletas, chocolate, galletas, flan, galletas e rematamos cunha de chocolate.  Metemos na neveira durante tres ou catro horas.  Mellor dun día para outro.

     Querida amiga que me les aí vai a miña torta e ... ¡feliz aniversario!

    Tengo una muy buena amiga que cada semana está esperando mi nueva receta.  Ya le dije que no voy a tener recetas para tanto, pero espero no decepcionarla.
    Cuando empecé a hacer este blog de recetas tenía un objetivo claro:  recoger en algún sitio todo aquello que cocino o que también cocina mi madre para que mis hijas tenga esta particular "herencia" (sobre todo en lo relativo a las recetas que no llevan huevo) y si alguien más le saca provecho mucho mejor.  Ya veis que también me sirve para otras cosas sobre todo me mantengo en contacto con esas amistades que tengo un poco más lejos, pero que continúan caminando a mi lado.
    ¿Y quién no cocinó alguna vez una tarta de galleta?  Bajad, bajad la mano que ya os veo con ella levantada.  Es una tarta muy socorrida y cuando tenemos niños de cumpleaños es una apuesta segura.
    No, no estaba nadie de cumpleaños en mi casa, pero practicar no viene mal.  Como siempre tenemos que tener mucho cuidado con los ingredientes:  las galletas, el flan, el chocolate tienen que ser libres de huevo o trazas.

  • Galletas tostadas cuadradas (de las del desayuno)
  • Un sobre de preparada para flan
  • 1 litro de leche
  • 6 cucharadas de cacao en polvo (yo usé del de hacer a la taza)
  • 2 cucharadas de azúcar
  • Zumo de melocotón (para mojar las galletas)

    Para empezar tenemos que preparar el flan y el chocolate.  En el caso del flan tenemos que seguir las instrucciones que vienen en el paquete.  Yo usé medio litro de leche, así que hice medio litro de flan.  Con el otro medio litro de leche hice el chocolate.  Echamos en la leche las seis cucharadas de cacao en polvo y dos cucharadas de azúcar.  Ponemos al fuego y dejamos que cueza sin dejar de remover.  Al hervir empezará a espesar y retiraremos del fuego.  Si no espesa suficientemente podemos dejarlo más tiempo o podemos añadir un par de láminas de gelatina neutra o bien una cucharada de maizena disuelta en un poco de leche.  De todas formas tenemos que tener en cuenta que a medida que enfríe se pondrá más consistente.
    Es el momento ahora de montar la tarta.  En un plato hondo ponemos un poco de zumo de melocotón y vamos mojando las galletas.  Ponemos una capa de galletas, una capa de flan, galletas, chocolate, galletas, flan, galletas y terminamos con una de chocolate.  Metemos en la nevera durante tres o cuatro horas.  Mejor de un día para otro.
    Querida amiga que me lees ahí va mi tarta y...¡Feliz cumpleaños!

   
   

    


No hay comentarios:

Publicar un comentario