miércoles, 6 de junio de 2012

ESPIRAIS DE MARMELO

    ESPIRALES DE MEMBRILLO

    Pregúntanme a miúdo de onde saco as receitas que fago sen ovo.  A verdade é que as veces non é doado dar cunha receita que teña boa aparencia e que teña tamén bo sabor.   Quizais as receitas máis complicadas para min sexan as dos biscoitos e tardei bastante tempo en facer un que fora medianamente comestible.  Sen embargo, cando se trata de receitas feitas con fermento de panadería resúltame máis doado chegar a un resultado máis ou menos aceptable.

    A receita de hoxe ten como base algunha que vin na rede aínda que non lembro onde.  Fun modificándoa pouco a pouco ata que resultou a sobremesa que vedes nas fotografías.  Precisamos:

Para a masa
  • 25 gr. de fermento fresco de panadería
  • 75 gr. de manteiga
  • 300 ml. de leite
  • 1/2 culleradiña de sal
  • 75 gr. de azucre
  • Fariña que admitan (a partir de 500-600 gr.)
Para o recheo

  • Leite
  • Canela
  • Doce de marmelo
  • Uvas pasas sultanas

    É importante sacar a manteiga con tempo da neveira para que amoleza.  Se non o fixemos así podemos metela no leite e quentar todo un minuto no microondas.  Facemos un volcán coa fariña e no medio imos engadindo o resto dos ingredientes.  Despois de amasar ben deixamos repousar e levedar a masa ata que dobre o volume.  Estiramos a masa e pincelamos con leite mormo, espolvoreamos a canela, untamos co marmelo e engadimos as uvas pasas.  Agora envolvemos a masa como se fixeramos un brazo de xitano e cortamos porcións.  Colocamos as porcións nunha fonte cuberta con papel de forno e pincelamos con leite.  Deixamos que volvan levedar durante unhas dúas horas (dependendo do calor do ambiente) e metemos no forno xa quente a 180º durante 15 ou 20 minutos. 

    Me preguntan con frecuencia de dónde saco las recetas que hago sin huevo.  La verdad es que a veces no es fácil encontrar una receta que tenga buena apariencia y que tenga también buen sabor.  Quizás las receta más complicadas para mi sean las de los bizcochos y tardé bastante tiempo en hacer uno que fuera medianamente comestible.  Sin embargo, cuando se trata de recetas hechas con levadura de panadería me resulta más fácil llegar a un resultado más o menos aceptable.
    La receta de hoy tiene como base alguna que vi en la red aunque no recuerdo dónde.  La fui modificando poco a poco hasta que resultó el postre que veis en las fotografías.  Necesitamos:

Para la masa:
  • 25 gr. de levadura fresca de panadería
  • 75 gr. de mantequilla
  • 300 ml. de leche
  • 1/2 cucharadita de sal
  • 75 gr. de azúcar
  • Harina que admita (a partir de 500-600 gr.)
Para el relleno

  • Leche
  • Canela
  • Dulce de membrillo
  • Uvas pasas sultanas

    Es importante sacar la mantequilla con tiempo de la nevera para que ablande.  Si no lo hicimos así podemos meterla en la leche y calentar todo un minuto en el microondas.  Hacemos un volcán con la harina y en le medio vamos añadiendo el resto de los ingredientes.  Después de amasar bien dejamos reposar y leudar la masa hasta que doble el volumen.  Estiramos la masa y pincelamos con leche templada, espolvoreamos la canela, untamos con el membrillo y añadimos las uvas pasas.  Ahora envolvemos la masa como si hiciéramos un brazo de gitano y cortamos porciones.  Colocamos las porciones en una fuente cubierta con papel de horno y pincelamos con leche.  Dejamos que vuelvan a leudar durante dos horas (dependiendo del calor del ambiente) y metemos en el horno ya caliente a 180º durante 15 o 20 minutos.


   

2 comentarios:

  1. Ola Elena! Xa que estamos en outono e o marmelo está boísimo, voume poñer coas espirais. Xa che contarei. Moitas grazas, especialmente de parte de Guille, que xa sabes que lle encantan.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que sorte vai ter Guille e o resto da familia! Gárdame unha... foto que seguro que tamén alimenta.

      Eliminar