sábado, 19 de enero de 2013

CHULAS OU "FRITOS" DE CABAZO

    BUÑUELOS O "FRITOS" DE CALABAZA

    Ás veces as vivencias de cando eramos nenos non se esquecen e perduran na nosa memoria durante moito tempo.  Outras veces volven a nos cando xa as criamos perdidas.  O certo é que en calquera momento e sen saber por que botamos de menos cousas tan pequenas como os sabores e os olores da nosa infancia.
    Chegaba o outono e era o tempo de recoller os cabazos, cabazas ou calacús ou tamén as rabaquetas que se gardaban todos eles para alimentar aos animais durante o inverno.  Cando se abría algunha delas miña nai reservaba un anaco para cocer e despois facer uns fritos.  Mesturar o cabazo cocido e escorrido, ovos, fariña, azucre, formar unha pasta e fritir en bastante aceite.
     Pero eu quixen darlle unha volta e por suposto eliminar os ovos aínda que non me contentei só con iso e tamén lle quitei o aceite.  Despois dos cambios quedaron así:
  • 400 gr de cabazo xa cocido e escorrido
  • 200 ml de nata
  • 150 gr de fariña
  • 2 culleradas de azucre
  • Un chisco de sal
  • Pasas sultanas (opcional)

    Non podo dicir canto cabazo empreguei en cru porque o pesei despois de cocido e escorrido.  O proceso xa empezou dous días antes:  pelei e limpei o cabazo, corteino e púxeno a cocer nunha pota con pouca auga, a xusta para cubrir o fondo (uns 100-200 ml).  A medida que vai cocendo solta auga polo que é suficiente.  Despois de cocido paseino a un coador grande ou un escorredoiro e deixei que soltara auga durante dous días, iso si, gardado na neveira.  Pasado ese tempo foi cando o pesei.  Como cocín de máis conxelei o resto en paquetes etiquetando o peso para facer outras quendas de "fritos".

    Coa varilla do batedor mesturei o cabazo, a nata, azucre e sal.  Engadín despois a fariña e volvín bater.



    E aquí vai a outra variante:  non os fritín, púxenos á prancha case como se de filloas se tratase.  Para a primeira quenda quentei a tixola e unteina cun pouco de margarina.  Cando estaba no seu punto botei culleradas da mestura e aplaneinas un pouco coa culler.  Ao estar por un lado, dámoslles a volta para terminar de pasalas.  Nas seguintes xa non engadín margarina.

    Cando xa faltaban poucas incorporei á masa unhas poucas pasas sultanas para probar o sabor das dúas maneiras (e porque teño gustos de tódolos tipos:  pasas si e pasas non).  Para min son recomendables das dúas formas.  E non esquezades espolvorearlles un pouco de azucre ou de canela ou dos dous:  cadaquén co seu gusto.

     Así que xa tedes receita para o próximo Samaín ou para o Entroido que cadra moito máis pronto.



    A veces las vivencias de nuestra infancia no se olvidan y perduran en nuestra memoria durante mucho tiempo.  Otras veces vuelven a nosotros cuando ya creíamos que las habíamos perdido.  Lo cierto es que en cualquier momento y sin saber porqué echamos de menos cosas tan pequeñas como los sabores y los olores de nuestra infancia.

    Cuando llegaba el otoño era tiempo de recoger las calabazas y se guardaban para alimentar a los animales durante el invierno.  Cuando se abría alguna de ellas mi madre reservaba un trozo para cocer y después hacer unos "fritos".  Mezclar la calabaza cocida y escurrida, huevos, harina, azúcar, formar una pasta y freír en abundante aceite.

    Pero yo quise darle una vuelta y por supuesto eliminar los huevos aunque no me contenté solamente con eso y también le quité el aceite.  Después de los cambios quedaron así:
  • 400 gr de calabaza ya cocida y escurrida
  • 200 ml de nata
  • 150 gr de harina
  • 2 cucharadas de azúcar
  • Una pizca de sal
  • Pasas sultanas (opcional)

    No puedo decir cuánta calabaza empleé en crudo porque la pesé después de cocida y escurrida.  El proceso ya empezó dos días antes:  pelé y limpié la calabaza, la corté y la puse a cocer en una tartera con poca agua, la justa para cubrir el fondo (unos 100-200ml).  A medida que va cociendo suelta agua por lo que es suficiente.  Después de cocida la pasé a un colador grande o a un escurridor y dejé que soltara agua durante dos días, eso sí, guardada en la nevera.  Pasado este tiempo fue cuando la pesé.  Como cocí de más congelé el resto en paquetes etiquetando el peso para hacer otras tandas de "fritos".
   
    Con la varilla del batidor mezclé la calabaza, la nata, azúcar y sal.  Añadí después la harina y volvía a batir.



    Y aquí va la otra variante:  no los freí, los puse a la plancha casi como si de filloas se tratase.  Para la primera tanda calenté la sartén y la unté con un poco de margarina.  Cuando estaba en su punto eché cucharadas de mezcla y las aplasté un poco con la cuchara.  Cuando ya están por un lado, les damos la vuelta para terminar de hacerlos.  En las siguientes ya no añadí margarina.

    Cuando ya faltaban pocas por hacer incorporé a la masa unas pocas pasas sultanas para probar el sabor de las dos formas ( y porque tengo gustos de todos los tipos:  pasas sí y pasas no).  Para mí son recomendables de las dos formas.  Y no olvidéis espolvorearles un poco de azúcar o de canela o de los dos:  cada uno con su gusto.

    Así que ya tenéis receta para el próximo Samaín o para el Carnaval que está a la vuelta de la esquina.



    

4 comentarios:

  1. Que boa pinta teñen as chulas! e supoño que a prancha estarán mais lixeiras. Un bo entretemento para unha mañá de ciclón. Como xa pasou terei que agardar ó entroido...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Calquer momento é bo sen ter que agardar ás datas especiais. Xa vexo que nos deixaches unha imaxe, xa era hora!

      Eliminar
  2. parabens pola iniciativa, moi interesante

    ResponderEliminar