martes, 9 de agosto de 2016

ARROZ CON CHAMPIÑÓNS

    ARROZ CON CHAMPIÑONES


    A verdade é que empezou sendo un risotto o, cando menos, intentando parecerse a el, pero imos deixalo en arroz con champiñóns despois dunha pequena evolución.  Chamarlle risotto quizais sexan palabras maiores que lles deixaremos aos italianos.

    Empecei cun pouco de receo, esa sensación que teño cada vez que trato de facer cousas novas na cociña;  os meus comensais son moi tradicionais en canto a gustos culinarios e non estaba segura de acertar.  Equivoqueime:  a miña filla máis nova non deixou de insistir en que puxera a receita no blog para conservala.  Será quen de cociñala algún día?

  • 1 litro de caldo (o meu de polo)
  • 300 g de champiñóns 
  • 300 g de arroz (arborio)
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Sal
  • Cúrcuma
  • Perexil
  • 25 g de manteiga ou 2 culleradas de queixo relado
  • Aceite de oliva


    Nun par de culleradas de aceite de oliva salteamos o allo e a cebola.  Despois duns minutos engadimos os champiñóns que teremos lavados e cortados en láminas.  Salgamos.  Cando os champiñóns van collendo unha cor máis escura engadimos o arroz e dámoslle voltas para que vaia collendo os sabores e absorbendo os líquidos.

    Cando empecei a facer esta receita atopei blogs e páxinas que aconsellaban usar arroz tipo "bomba" ou "arborio".  Eu probei este último e gustoume moito o resultado.  Para min é moi recomendable.

    Toca agora engadir o viño branco e deixar que o arroz o absorba.  Imos incorporando agora o caldo quente cullerada a cullerada, deixando que se vaia cociñando lentamente.  

    Case ao final da cocción polvoriñamos con cúrcuma.  Retiramos do lume e incorporamos a manteiga cortada en anacos pequenos ou o queixo relado se o preferimos.  Tamén é o momento de botarlle o perexil picado se é do noso agrado.

    Servimos quente.  Bo proveito.



    La verdad es que empezó siendo un risotto o, por lo menos, intentando parecerse a él, pero vamos a dejarlo en arroz con champiñones después de una pequeña evolución.  Llamarle risotto quizás sean palabras mayores que les dejaremos a los italianos.


    Empecé con un poco de recelo, esa sensación que tengo cada vez que trato de hacer cosas nuevas en la cocina; mis comensales son muy tradicionales en cuanto a gustos culinarios y no estaba sabía si acertaría.  Me equivoqué:  mi hija más joven no dejó de insistir en que pusiera la receta en el blog para conservarla.  ¿La cociñará algún día?
   
  • 1 litro de caldo (el mío de pollo)
  • 300 g de champiñones 
  • 300 g de arroz (arborio)
  • 1 cebolla
  • 2 dientes de ajo
  • 1/2 vaso de viño blanco
  • Sal
  • Cúrcuma
  • Perejil
  • 25 g de mantequilla ou 2 cucharadas de queso rallado
  • Aceite de oliva


    En un par de cucharadas de aceite de oliva salteamos el ajo y la cebolla.  Después de unos minutos añadimos los champiñones que tendremos lavados y cortados en láminas.  Salamos.  Cuando los champiñones van oscureciendo añadimos el arroz y le damos vueltas para que vaya cogiendo los sabores y absorbiendo los líquidos.
    
    Cuando empecé a hacer esta receta encontré blogs y páginas que aconsejaban usar arroz tipo "bomba" o "arborio".  Probé este último y me gustó el resultado.  Para mí es muy recomendable.
    
    Toca ahora añadir el vino blanco y dejar que el arroz lo absorba.  Vamos incorporando ahora el caldo caliente cucharada a cucharada dejando que se vaya cocinando lentamente.  
    
    Casi al final de la cocción espolvoreamos un poco de cúrcuma.  Retiramos del fuego e incorporamos la mantequilla cortada en trozos pequeños o el queso rallado si lo preferimos.  También es el momento de añadir el perejil picado si es de nuestro agrado.
   
    Servimos caliente.  Buen provecho.


No hay comentarios:

Publicar un comentario