sábado, 8 de febrero de 2014

PAN DE CENTEO CON NOCES E PASAS


    PAN DE CENTENO CON NUECES Y PASAS




    O ano 2014 foi declarado ano da "agricultura familiar".  No meu centro escolar (son mestra) decidimos facer un estudo sobre diferentes cultivos galegos, xa sexan actuais ou teñan importancia ao longo da historia para a alimentación galega.

    No meu curso estamos estudando o centeo.  Temos un pequeno horto no que o sementamos e... xa naceu!  Agora veremos se se conserva; o centeo é propio de terras altas e frías (de feito, o noso centeo chegou dende Neiras) e as nosas están bastante enchoupadas con tanta chuvia.

    Cando falamos de centeo pensamos nun cereal e inmediatamente no pan.  Propúxenme facer pan cos meus alumnos, pero antes probei a facelo na miña casa.  Iso si, cando o faga no cole non lle botarei uvas pasas nin noces, que non lle gustan á maioría dos meus alumnos.

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12 gr de fermento fresco de panadería
  • Unha culleradiña de sal
  • 280 ml de auga, aproximadamente
  • Noces e uvas pasas a gusto


    Mesturamos as fariñas e o sal.  Desfacemos o fermento coas mans e imos engadindo a auga.  Debemos ter preparada un pouco máis de auga por se a precisamos, pois as fariñas son diferentes en canto á absorción.


    Amasamos ata formar unha bóla que deixaremos nun lugar acollido sen correntes de aire e tapada cun pano.  Pasada unha hora terá dobrado o volume.  Estirámola co rolo formando un rectángulo.  Engadimos as noces e as pasas e enrolamos facendo un cilindro.  Deixámolo xa na fonte que vai servir para cocelo e tapámolo outra vez con pano ata que volva dobrar o volume (outra hora).



    Pasado ese tempo (teremos xa o forno quente a 230º) dámoslle uns cortes transversais cunha coitela e pulverizámoslle un pouco de auga (podemos tamén adornalo cunhas noces).  No forno metín unha cunca de barro con auga para crear un pouco de vapor.  Enfornamos e despois de 15 minutos baixamos a 200º e deixamos uns 20 minutos máis.  Sacámolo e esperamos a que arrefríe nunha rella.


    Este pan ten unha cor máis escura debido ao centeo, pero o seu sabor lembran aos pans de aldea que son tan saborosos.



    Espero que aos meus alumnos lles guste a experiencia.



    El año 2014 fue declarado año de la "agricultura familiar".  En mi centro escolar (soy maestra) decidimos hacer un estudio sobre diferentes cultivos gallegos, ya sean actuales o tengan importancia histórica para la alimentación gallega.

    En mi curso estamos estudiando el centeno.  Tenemos un pequeño huerto donde lo sembramos y...¡ ya nació!  Ahora veremos si se conserva; el centeno es propio de tierras altas y frías (el nuestro vino de Neiras) y las nuestras están bastante encharcadas con tanta lluvia.

    Cuando hablamos de centeno pensamos en un cereal e inmediatamente en el pan.  Me propuse hacer pan con mis alumnos, pero antes probé a hacerlo en casa.  Eso si, cuando lo haga en el colegio no le echaré uvas pasas ni nueces, que no le gustan a la mayoría de mis alumnos.

  • 400 gr de harina de trigo
  • 100 gr de harina de centeno
  • 12 gr de levadura fresca de panadería
  • Una cucharadita de sal
  • 280 ml de agua, aproximadamente
  • Nueces y uvas pasas a gusto


    Mezclamos las harina y la sal.  Deshacemos la levadura con las manos y vamos añadiendo agua.  Debemos tener preparada un poco más de agua por si la necesitamos, pues las harinas son diferentes en cuanto a la absorción.
    

    Amasamos hasta formar una bola que dejaremos en un lugar reservado de las corrientes de aire y tapada con un paño.  Pasada una hora habrá doblado el volumen.  La estiramos con el rodillo formando un rectángulo.  Añadimos las nueces y las pasas y enrollamos formando un cilindro.  La colocamos ya en la fuente que va a servir para hornear y la tapamos otra vez con el paño hasta que vuelva a doblar el volumen (otra hora).



    Pasado ese tiempo (el horno estará a 230 º) le damos unos cortes transversales con una cuchilla y le pulverizamos un poco de agua (también podemos adornarlo con nueces).  El el horno metí una taza de barro con agua para crear un poco de vapor.  Metemos al horno y después de 15 minutos bajamos a 200º y dejamos unos 20 minutos más.  Lo sacamos y esperamos a que enfríen en una rejilla.
    

    Este pan tiene un color más oscuro debido al centeno, pero su sabor recuerda a los panes de aldea que son tan sabrosos.


    Espero que a mis alumnos les guste la experiencia.


    Fuentes:  webos fritos     Directo al paladar

No hay comentarios:

Publicar un comentario