sábado, 11 de abril de 2015

FILLOAS RECHEAS DE XAMÓN YORK E CHAMPIÑÓNS

    FILLOAS RELLENAS DE JAMÓN YORK Y CHAMPIÑONES

    Os que xa temos unha certa idade (esa que queda no medio de "moita" e "pouca") sabemos que a vida nunca é igual.  As veces atopamos pequenas pedras nas que tropezamos, outras un regato que saltamos e outras un inmenso océano, pero sempre hai unha pequena illa ou un pequeno remanso que nos permite descansar, botar a mirada atrás, coller folgos e volver empezar coa loita.

    E todo isto porque, cando xa estaba cansada e pensaba que era o momento de parar e aparcar un pouco os "hábitos", aparece esa "illa" que me regala uns "hábitos" novos e penso que teño que continuar.

    Fóra da filosofía, estaredes de acordo con que o meu novo uniforme de cociñeira é moi orixinal e é todo un espectáculo verme cociñar con el.  Dese momento non vou poñer foto ou pasaríamos a ter varios ataques de risa.



    Para agradecer este agasallo imos coa receita.  Tiña un pouco de xamón york na neveira que quería aproveitar antes de que se estragara e decidín facer filloas recheas.  Non é moi orixinal; se buscades na rede hai moitas.  Se acaso o que aporta a miña versión é a ausencia de ovo, como sabedes que é habitual na miña cociña.

Para as filloas:

  • 250 ml de leite
  • 300 ml de auga
  • 3 culleradas de margarina
  • Un chisco de sal
  • Unha culleradiña de fermento químico
  • 250 g de fariña


Para o recheo: (10 filloas pequenas)



  • Xamón york (100 g aproximadamente)
  • 1 lata de champiñóns (185 g)
  • 2 culleradas de fariña
  • 1 cullerada de margarina
  • 600 ml de leite
  • Un chisco de noz moscada
  • Un chisco de pementa



    Para facer as filloas podedes consultar aquí a miña receita.

    Para o recheo teremos que facer primeiro unha bechamel.  Nunha tixola derretemos a margarina, engadimos a fariña e mesturámola ben.  Incorporamos pouco a pouco a fariña sen deixar de remover ata que espese.  Polvoriñamos a noz moscada e a pementa.



    É o momento de incorporar o xamón york e os champiñóns ámbolos dous cortados en anacos.  Deixamos arrefriar un pouco e enchemos as filloas poñendo un par de culleradas de recheo en cada unha.  Se as facemos con antelación podemos quentalas un pouco no forno antes de poñelas na mesa.
    Con estas cantidades enchín unhas 10 filloas máis ben pequenas.

    Só me queda dar as grazas á persoa que me fixo este agasallo tan especial.  Foi un pracer compartir un anaco de "camiño" e moitas experiencias...




    Los que ya tenemos cierta edad (esa que queda en el medio de "mucha" y "poca") sabemos que la vida nunca es igual.  A veces encontramos pequeña piedras en las que tropezamos, otras un regato que saltamos y otras un inmenso océano, pero siempre hay una pequeña isla o un pequeño remanso que nos permite descansar, echar la vista atrás, coger fuerzas y volver a empezar con la lucha.

    Y todo esto porque, cuando ya estaba cansada y pensaba que era el momento de parar y aparcar un poco los "hábitos", aparece esa "isla" que me regala unos "hábitos" nuevos y pienso que tengo que continuar.

    Fuera de la filosofía, estaréis de acuerdo con que mi nuevo uniforme de cocinera es muy original y es todo un espectáculo verme cocinar con el.  De ese momento no voy a poner foto o tendríamos varios ataques de risa.



    Para agradecer este regalo vamos con la receta.  Tenía un poco de jamón york en la nevera que quería aprovechar antes de que se estropeara y decidí hacer filloas rellenas.  No es muy original; si buscáis en la red hay muchas.  Si acaso lo que aporta mi versión es la ausencia de huevo, como sabéis que es habitual en mi cocina.

Para las filloas:

  • 250 ml de leche
  • 300 ml de agua
  • 3 cucharadas de margarina
  • Una pizca de sal
  • Una cucharadita de levadura química
  • 250 g de harina


Para el relleno: (10 filloas pequeñas)



  • Jamón york (100 g aproximadamente)
  • 1 lata de champiñones (185 g)
  • 2 cucharadas de harina
  • 1 cucharada de margarina
  • 600 ml de leche
  • Una pizca de nuez moscada
  • Una pizca de pimienta


    Para hacer las filloas podéis consultar aquí mi receta.



    Para el relleno tendremos que hacer primero una bechamel.  En una sartén derretimos la margarina, añadimos la harina y la mezclamos bien.  Incorporamos poco a poco la harina sin de dejar de remover hasta que espese.  Espolvoreamos la nuez moscada y la pimienta.




    Es el momento de incorpora el jamón york y los champiñones, ambos cortados en trocitos.  Dejamos enfriar un poco y rellenamos las filloas poniendo un par de cucharadas de relleno en cada una.  Si las hacemos con antelación podemos calentarlas un poco en el horno antes de servir.

    Con estas cantidades rellené unas 10 filloas más bien pequeñas.

    
    Sólo me quedar dar las gracias a la persona que me hizo este regalo tan especial.  Fue un placer compartir un trozo de "caminoy muchas experiencias...

   


No hay comentarios:

Publicar un comentario