domingo, 7 de febrero de 2016

DOCE DE CIDRA

    CABELLO DE ÁNGEL


    A culpa foi de quen me regalou as primeiras cabazas.  É verdade que eu quería facer doce de cidra, pero metinme nun fregado....




    O ano pasado fixen un pouco coas cabazas regaladas e ao meu marido gustoulle moito (sobre todo na torta de mazá), así que decidiu sementar as pebidas.  Nunca tal fixera!  Sementar, sementounas; e tamén naceron.  As plantas debían estar ben na nosa horta xa que botaron cabazas, dúas veces! e agora teño para facer doce os doce meses do ano e non remato.  Se engado que meu pai tamén sementou e tamén ten cabazas... non vos conto máis; toca cociñar!

    En primeiro lugar, son cabazas que non se estragan así como así.  Poden durar tranquilamente un ano; é máis, é mellor que pasen uns meses despois da recollida e antes de facer o doce; así tamén da tempo a afacerse a idea do traballo que nos espera.




    Bromas aparte, o primeiro que hai que facer é lavar as cabazas para partilas despois.  E iso si que é duro.  Se non tedes forza suficiente e o marido non vos axuda sempre queda o recurso de tirala no chan.  Aínda que pareza unha barbaridade, é a mellor forma para rompela.  Podedes ter a precaución de envolvela nunha toalla para non manchar e non perder os anacos.

    Metemos os pedazos nunha pota con auga e poñémola a cocer.  Dende que empeza a ferver, no meu caso, chegou con 30 minutos.  O mellor é pinchala cun garfo:  cando vexamos que está branda sacámola e deixamos que arrefríe e que escorra.




    Pasamos despois a sacarlle as pebidas ( se queredes sementalas hai que sacarllas antes de cocer, por suposto) e a desprender a "carne" da cabaza.  Axudeime dunha culler.  Xa vedes que non é máis que un conxunto de "cabelos".  Deixei a "carne" no escorredor toda a noite e foi perdendo a auga que colleu na cocción.




    Chegou o momento de pesala.  Moitas das receitas que consultei poñían que había que empregar o mesmo peso de azucre que de cabaza.  Eu non quixen facelo tan doce e puxen 600 g de azucre para 1kg de cabaza.  Engadín os gallos de medio limón despois de sacarlle as "telillas" brancas.

  • 1kg de cabaza
  • 600 g de azucre
  • 1/2 limón




    Deixei que repousara unha media hora e despois púxeno no lume.  Primeiro a temperatura suave e despois máis forte e removendo con frecuencia.  Dende que empezou a ferver uns 45 minutos.  Pasado este tempo, retireino e metino en botes que despois conxelei.  Queda preparado para empregar noutras receitas.  Continuarei...



    La culpa fue de quien me regaló las primeras calabazas.  Es verdad que me apetecía hacer cabello de ángel, pero me metí en un fregado...



    El año pasado hice un poco con las calabazas que me regalaron y a mi marido le gustó mucho (sobre todo en la tarta de manzana), así que decidió sembrar las pepitas.  ¡Menuda ocurrencia!  Las sembró y nacieron.  Las plantas se encontraban a gusto en nuestra huerta y dieron calabazas...¡dos veces! y ahora tengo para hacer cabello de ángel los doce meses del año y no acabo.  Si añado que mi padre también las sembró y tiene calabazas en abundancia... no os cuento más;  ¡toca cocinar!

    En primer lugar, son calabazas que no se estropean fácilmente.  Pueden durar tranquilamente un año; además es mejor que pasen unos meses después de recogerlas y antes de hacer el cabello; así también nos da más tiempo para hacernos a la idea del trabajo que nos espera.



    Bromas aparte, lo primero que hay que hacer es lavar las calabazas para trocearlas después.  Y eso sí que es duro.  Si no tenéis fuerza suficiente y vuestro marido no os puede ayudar siempre queda el recurso de tirarla al suelo.  Aunque parezca una barbaridad, es la mejor forma de romperla.  Podéis tener la precaución de envolverla en una toalla para no manchar y no perder los trozos.

    Metemos los trozos en una tartera con agua y la cocemos.  Desde que empieza a hervir, en mi caso, llegó con 30 minutos.  Lo mejor es pincharla con un tenedor:  cuando veamos que está blanda la sacamos y dejamos que enfríe y escurra.




   Pasamos después a sacarle las pepitas (si queréis sembrarlas hay que sacarlas antes de cocer, por supuesto) y a desprender la "carne" de la calabaza.  Lo hice con una cuchara.  Ya veréis que no es más que un conjuntos de "cabellos".  Dejé la "carne" en el escurridor toda la noche y fue perdiendo el agua que absorbió en la cocción.




    Llegó el momento de pesarla.  Muchas de las recetas que consulté ponía que había que emplear el mismo peso de azúcar que de calabaza.  Yo no quise hacerlo tan dulce y puse 600 g de azúcar para 1 kg de calabaza.  Añadí los gajos de medio limón después de sacarle las "telillas" blancas.
  • 1kg de calabaza
  • 600 g de azúcar
  • 1/2 limón


    Dejé que reposara una media hora y después la puse al fuego.  Primero a temperatura suave y después más fuerte y removiendo con frecuencia.  Desde que empezó a hervir unos 45 minutos.  Pasado ese tiempo, lo retiré y lo metí en botes que después congelé.  Queda preparado para emplear en otras recetas.  
    Continuaré...



    

No hay comentarios:

Publicar un comentario