domingo, 14 de abril de 2013

PEMENTOS DE PIQUILLO RECHEOS


    PIMIENTOS DE PIQUILLO RELLENOS

    Unha compañeira díxome que se pasaría polo meu blog a ver que se coce na miña cociña este fin de semana.  Precisamente cocer o que se di estritamente cocer, non se coceu moito, pero cociñar o que se di cociñar, cociñouse bastante.  Non só cociño por necesidade (hai que comer todos os días), ou por controlar o que come a miña filla (polas alerxias); tamén existe a posibilidade de cociñar por gusto ou por evasión (esquecer os problemas do traballo do resto da semana).  O que si podo asegurar é que a maioría das miñas receitas xa as coñecedes e na miña casa me solicitan aquelas que máis lles gustan, como é natural.




    A de hoxe non é das que máis me solicitan.  Xa sabedes que as veces os nenos e as verduras andan bastante distanciados, pero aos maiores nos gusta bastante.  Tamén nesta vez teño que darlle as grazas a unha compañeira; cando falamos de cociña sempre sacamos algo de proveito.
  • 1 bote de pementos de piquillo
  • Unha lata de atún
  • Queixo de untar
  • Un chisco de ourego
  • Salsa de tomate
  • Nata para cociñar
    Xa vedes que collín o camiño curto; os pementos son de bote, xa están asados e pelados, listos para usar na cociña.  Mesturamos o atún despois de escorrer o aceite co queixo de untar e o ourego.  Con remover cun garfo é suficiente podendo engadir un pouco do líquido dos pementos para que o recheo non quede moi espeso (facémolo só se cremos que é necesario).  Enchemos os pementos e poñémolos nunha fonte enriba dun pouco de salsa de tomate.  Regamos os pementos cun pouco de nata para cociñar e gratinamos no forno uns 10 ou 15 minutos.  Estou segura de que vos gustarán.




    Una compañera me dijo que se pasaría por mi blog a ver qué se cuece en mi cocina este fin de semana.  Precisamente cocer lo que se dice estrictamente cocer, no se coció mucho, pero cocinar lo que se dice cocinar, se cocinó bastante.  No cocino solamente por necesidad (hay que comer todos los días), o por controlar lo que come mi hija (por las alergias); también existe la posibilidad de cocinar por gusto o por evasión (olvidar los problemas del trabajo del resto de la semana).  Lo que sí puedo asegurar es que la mayoría de mis recetas ya las conocéis y en mi casa me solicitan aquellas que más les gustan, como es natural.


  
    La de hoy no es de las que más me solicitan.  Ya sabéis que a veces los niños y las verduras andan bastante distanciados, pero a los mayores nos gusta bastante.  También esta vez tengo que darle las gracias a una compañera; cuando hablamos de cocina siempre sacamos algo de provecho.
  • 1 bote de pimientos de piquillo
  • Una lata de atún
  • Queso de untar
  • Una pizca de orégano
  • Salsa de tomate
  • Nata para cocinar
    Ya veis que tomé el camino corto; los pimientos son de bote, ya están asados y pelados, listos para usar en la cocina.  Mezclamos el atún después de escurrir el aceite con el queso de untar y el orégano.  Con remover con un tenedor es suficiente pudiendo añadir un poco del líquido de los pimientos para que el relleno no quede muy espeso (lo hacemos sólo si es necesario).  Llenamos los pimientos y los ponemos en una fuente con un poco de salsa de tomate en el fondo.  Regamos los pimientos con un poco de nata para cocinar y gratinamos en el horno unos 10 o 15 minutos.  Estoy segura de que os gustarán.   


2 comentarios:

  1. Dixen que ia pasar e aquí estou. Alégrome de que a cociña che sirva para desconectar. É unha terapia estupenda. Con respecto ós pementos, a min pásame igual...as verduras teñen pouco éxito e mellor queren comelas como tódoloa días e que non me poña con experimentos. Eu pola miña parte vou experimentar e probar a facer a receita con pementos verdes que me gustan máis. Supoño que estará rico igualmente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa me contarás como che sae o experimento, mentres seguiremos desconectando. Grazas pola visita.

      Eliminar