sábado, 18 de mayo de 2013

EMPANADA DE MEXILLÓNS

    EMPANADA DE MEJILLONES


    Aquí estou outra vez, pero hoxe non traio unha receita doce.  Con tantos croissants e filloas imos engordar demasiado.  É mellor unha empanada que seguro que non engorda nadiña de nada.  Creo que as veces nos preocupamos demasiado:  engorda?  Non engorda? e nos esquecemos do importante que é comer con gusto e satisfacción e atoparnos nunha boa compañía, verdade?




 
    Deixando as filosofías aparte, xa hai un tempo que estaban estes mexillóns durmindo no meu conxelador.  Compraramos uns dez quilos que despois limpamos, abrimos ao vapor e conxelamos.  A nós gústannos moito guisados coa receita que xa puxen aquí, pero esta vez decidín intentar unha empanada.  Ás miñas fillas os mexillóns non lles gustan, pero o meu marido case que non deixou nin as fungallas.

    A moita xente gústalle a empanada de mexillóns con masa de fariña milla mesturada con trigo.  Eu intenteina unha vez, pero non nos gustou así que foi con fariña de trigo.  Se queredes podedes engadir un ovo ou dous á masa, cousa que eu non podo facer, e lle daredes mellor cor á empanada.


  • 450-500 gr de fariña de trigo
  • 250 ml de leite
  • 1 culleradiña de sal
  • 50 gr de manteiga
  • 20 gr de fermento de panadería
  • 3 cebolas
  • 1 pemento vermello
  • 2 kg de mexillóns aproximadamente
  • Aceite de oliva

    Eu xa tiña os mexillóns preparados, pero se son frescos teremos que abrilos.  Despois de lavalos ben, poñémolos nunha tarteira na que temos botado un pouco de viño branco.  Deixamos que se abran ao vapor, retirámolos e sacámolos das cunchas.  Reservamos.

    Mentres podemos ir preparando a masa.  Nunha cunca botamos o leite xunto coa manteiga e quentámolo un pouco no microondas.  Facemos un volcán coa fariña e no medio engadimos o preparado da cunca xunto coa sal.  Cubrimos cun pouco de fariña e engadimos o fermento.  No caso de engadir ovos baterémolos e engadirémolos xunto co leite e a manteiga.  Neste caso é posible que teñamos que engadir un pouco máis de fariña.  

    Deixamos que a masa repouse e dobre o seu volume, mentres preparamos o recheo.  Para elo fritimos suavemente no aceite de oliva a cebola e o pemento.  Cando xa estea engadimos os mexillóns e apagamos o lume.



    Dividimos a masa en dúas partes e estendemos unha delas que servirá de base para a empanada.  Procuraremos que sexa o máis fina posible.  Sobre ela poñemos o recheo e tapamos coa outra porción de masa ben estirada.  Se nos sobra masa podemos adornala un pouco.  Para vernizala podemos empregar un pouco de aceite de oliva.




    Metemos no forno xa quente a 190º e deixamos que colla cor.  Se ao golpeala ten un son oco, xa está feita.  Bo proveito.


    Aquí estoy otra vez, pero hoy no traigo una receta dulce.  Con tantos croissants y filloas vamos a engordar demasiado.  Es mejor una empanada que seguro que no engorda nada de nada.  Creo que a veces nos preocupamos demasiado:  engorda?  No engorda?  y nos olvidamos de lo importante que es comer con gusto y satisfación y encontrarnos en buena compañía, verdad?

  
    Dejando las filosofías aparte, ya hace algún tiempo que estaban estos mejillones durmiendo en mi congelador.  Habíamos comprado unos diez kilos que después limpiamos, abrimos al vapor y congelamos.  A nosotros no gustan mucho guisados con la receta que ya puse aquí, pero esta vez decidí intentar una empanada.  A mis hijas los mejillones no les gustan, pero mi marido no dejó ni las migas.

    A mucha gente le gusta la empanada de mejillones con masa de harina de maíz mezclada con harina de trigo.  Yo lo intenté una vez, pero no nos gustó así que la hice con harina de trigo.  Si queréis podéis añadir un huevo o dos a la masa, cosa que yo no puedo hacer, y le daréis mejor color a  la empanada.    

  • 450-500 gr de harina de trigo
  • 250 ml de leche
  • 1 cucharadita de sal
  • 50 gr de mantequilla
  • 20 gr de levadura de panadería
  • 3 cebollas
  • 1 pimiento rojo
  • 2 kg de mejillones aproximadamente
  • Aceite de oliva

    Yo ya tenía los mejillones preparados, pero si son frescos tendremos que abrirlos.  Después de lavarlos bien, los ponemos en una tartera en la que habremos echado un poco de vino blanco.  Dejamos que se abran al vapor, los retiramos y los sacamos de las conchas.  Reservamos.
    
    Mientras podemos ir preparando la masa.  En una taza echamos la leche además de la mantequilla e la calentamos un poco en el microondas.  Hacemos un volcán con la harina y en el medio añadimos el preparado de la taza junto con la sal.  Cubrimos con un poco de harina y añadimos la levadura.  En el caso de añadir huevos los batiremos y añadiremos junto con la leche y la mantequilla.  En este caso es posible que tengamos que añadir un poco más de harina.
     
    Dejaremos que la masa repose y doble su volumen, mientras preparamos el relleno.  Para ello sofreímos suavemente en el aceite de oliva la cebolla y el pimiento. Cuando ya esté añadimos los mejillones y apagamos el fuego.
    
    Dividimos la masa en dos partes y extendemos una de ellas que servirá de base a la empanada.  Procuraremos que sea lo más fina posible.  Sobre ella pondremos el relleno y tapamos con la otra porción de masa bien estirada.  Si nos sobra masa podemos adornarla un poco.  Para barnizarla podemos usar un poco de aceite de oliva.
    
    Metemos en el horno ya caliente a 190º y dejamos que coja color.  Si al golpearla tiene un sonido hueco, ya está hecha.  Buen provecho.
   

1 comentario: