sábado, 3 de agosto de 2013

XEADO DE CHOCOLATE



    HELADO DE CHOCOLATE


    Hoxe traio un preparado de xeado máis cremoso que os anteriores e adecuado para servir en copas ou vasos e non para facer polos.
    Estiven investigando moito:  se botarlles nata ou iogur, se montar a nata ou non, se engadir azucre invertido ou normal, como conxelar, que recipiente utilizar,  xeadeira, si ou non?...  A verdade é que hai moitas maneiras e eu experimentei facendo un pouco unha mestura delas.  De feito o resultado pareceume satisfactorio e na miña casa gustou, aínda que as veces teño dúbidas sobre o que non gusta na miña se falamos de sobremesas.
    Recoméndovos ler a páxina de Sara sobre xeados.  Ela fainos con xeadeira, pero os seus consellos son moi interesantes.  A receita deste xeado está máis o menos sacada da súa páxina.  Xa sabedes que cada cociñeiro vai adaptando a receita ás súas necesidades.

  • 150 gr de chocolate ( eu empreguei chocolate con leite)
  • 1 cullerada de cacao en po
  • 15 gr de manteiga
  • 1 cullerada de azucre
  • 200 ml de nata para montar
  • 100 ml de leite semidesnatado


    En primeiro lugar derretemos a manteiga (mellor a baño maría) e engadimos as pastillas de chocolate para derreter tamén.  Cando estea preparado retiramos do lume e engadimos o resto dos ingredientes e  batemos.  Todo este proceso fíxeno nunha ola de aceiro, das que todos temos para  cociñar.  Parece ser que nun recipiente metálico os xeados conxelan mellor. 

    Metín este preparado na neveira durante 2 horas e despois leveino ao conxelador.  Pasada unha hora dinlle unhas voltas coa culler de madeira e repartino en copas ou vasiños.

    Cando o vaiamos tomar é importante deixalo uns minutos fóra do conxelador e recuperará a textura cremosa.

    Esta receita vai dedicada aos neixentos que hoxe están celebrando a festa de Neiras e, por extensión, a todos os habitantes da aldea que hoxe serán moitos máis que calquera día do ano.  Sobre todo, que non chova!!!



    Hoy traigo un preparado de helado más cremoso que los anteriores y adecuado para servir en copas o vasos y no para hacer polos.

   Estuve investigando mucho:  si echarles nata o yogur, si montar la nata o no, si añadir azúcar invertido o normal, cómo congelar, qué recipiente utilizar,  heladeras ¿si o no?...  La verdad es que hay muchas maneras y yo experimenté haciendo un poco una mezcla de  ellas.  De hecho el resultado me pareció satisfactorio y en mi casa gustó, aunque a veces tengo dudas sobre lo que no gusta en la mía si hablamos de postres.
   
    Os recomiendo leer la página de Sara sobre helados.  Ella los hace con heladera, pero sus consejos son muy interesantes.  La receta de este helado está más o menos sacada de su página.  Ya sabéis que cada cocinero va adaptando la receta a sus necesidades.
    
150 gr de chocolate (yo usé chocolate con leche)
1 cucharada de cacao en polvo
15 gr de mantequilla
1 cucharada de azúcar
200 ml de nata para montar
100 ml de leche semidesnatada

    En primer lugar derretimos la mantequilla (mejor a baño maría) y añadimos las pastillas de chocolate para derretir también.  Cuando esté preparado retiramos del fuego y añadimos el resto de los ingredientes y batimos.  Todo este proceso lo hice en una tartera de acero, de las que todos tenemos para cocinar.  Parece ser que en un recipiente metálico los helados congelan mejor.
      
    Metí este preparado en la nevera durante 2 horas y después lo llevé al congelador.  Pasada una hora le di unas vueltas con la cuchara de madera y lo repartí en copas o vasitos.
    
    Cuando lo vayamos a tomar es importante dejarlo unos minutos fuera del congelador y recuperará la textura cremosa.

    Esta receta va dedicada a los neixentos que hoy están celebrando la fiesta de Neiras y, por extensión, a todos los habitantes de la aldea que hoy serán muchos más que cualquier día del año.  Sobre todo,¡¡¡ que no llueva!!!


     

2 comentarios:

  1. A,por certo gustame o detalle de que o fagas en castelán e ta en en gallego.Boa elección.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo moito o teu comentario e a túa apreciación. Un saúdo.

      Eliminar