martes, 17 de julio de 2012

GALLETAS DE AVEA

    GALLETAS DE AVENA

    Xa pasaron algunhas semanas desde que unha compañeira nos invitou a tomar galletas de avea (dunha coñecida marca) na hora do café.  Desde entón empecei a darlle voltas á maneira de facelas na casa e sen ovo, por suposto.  Despois de moito buscar atopei esta receita e modifiqueina ata deixala así:

  • 125 gr. de manteiga
  • 200 gr. de azucre
  • 120 gr. de fariña
  • 250 gr. de avea en copos
  • 50 ml. de leite
  • 1/2 culleradiña de fermento en po
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla
  • 1/2 culleradiña de canela
  • 50 gr. de chocolate para fundir.

    En primeiro lugar hai que sacar con tempo a manteiga da neveira para que amoleza un pouco antes de amasar.  Tamén pasei os copos de avea pola picadora, así á hora de comer as galletas non aparecerían tan enteiros.
    Batemos primeiro a manteiga co azucre, o leite e a vainilla e despois engadimos a fariña.  Pouco a pouco incorporamos o resto dos ingredientes e amasamos xa coas mans.  Deixamos para o final o chocolate.  Eu utilicei chocolate para fundir que fun relando cun coitelo.  Unha vez feita a masa collemos porcións coas mans, facemos boliñas que esmagamos coas dúas mans e poñémolas nunha fonte cuberta con papel de forno.
    Metemos no forno xa quente a 180º durante 10-15 minutos.  O resultado salta á vista.


    Ya pasaron algunas semanas desde que una compañera nos invitó a tomar galletas de avena (de una conocida marca) en la hora del café.  Desde entonces empecé a darle vueltas a la manera de hacerlas en casa y sin huevo, por supuesto.  Después de buscar mucho encontré esta receta y la modifiqué hasta dejarla así:

  • 125 gr de mantequilla
  • 200 gr de azúcar
  • 120 gr de harina
  • 250 gr de avena en copos
  • 50 ml de leche
  • 1/2 cucharadita de levadura en polvo
  • 1/2 cucharadita de bicarbonato
  • 1 cucharadita de esencia de vainilla
  • 1/2 cucharadita de canela
  • 50 gr de chocolate para fundir.

    En primer lugar hay que sacar con tiempo la mantequilla de la nevera para que ablande un poco antes de amasar.  También pasé los copos de avena por la picadora, así a la hora de comer las galletas no aparecerían tan enteros.

    Batimos primero la mantequilla con el azúcar, la leche y la vainilla y después añadimos la harina.  Poco a poco incorporamos el resto de los ingredientes y amasamos ya con las manos.  Dejamos para el final el chocolate.  Yo utilicé chocolate para fundir que fui rallando con un cuchillo.  Una vez hecha la masa cogemos porciones con las manos, hacemos bolitas que aplastamos con las dos manos y las ponemos en una fuente cubierta con papel de horno.
    Metemos en el horno ya caliente a 180 º durante 10-15 minutos.  El resultado salta a la vista.











No hay comentarios:

Publicar un comentario