martes, 4 de diciembre de 2012

BRIOCHE PORTUGUÉS (SEN OVO)

    BRIOCHE PORTUGUÉS (SIN HUEVO)

    Agora que chega o tempo frío e chuvioso apetécenos pasar algunha tarde na casa ben quentiños e tomando un chocolate ou unha infusión recén feita.  Pola miña cabeza pasa un deses pequenos praceres:  pasar a tarde no sofá tapada cunha manta e tomar un chocolate ben quente no que molle un bo bolo ou biscoito.

    O sofá, a manta e o chocolate déixoos da vosa conta.  Pola miña traio esta receita dun brioche ben tenro que se deixa empapar no chocolate.

    Se escribides "brioche portugués" nun buscador aparecerán moitas receitas practicamente iguais, pero xa sabedes que o meu reto consiste en facelo sen ovo.
  • 400 gr de fariña (aprox.)
  • 1 culleradiña de sal
  • 70 gr de azucre en po
  • 90 gr de manteiga
  • 120 ml de leite
  • 20 gr de fermento fresco de panadería
  • 40 gr de manteiga fundida
  • Améndoa picada

    Primeiro mesturamos o leite co azucre en po  e o sal e batemos.  Engadimos a fariña e o fermento e amasamos.  Pouco a pouco incorporamos a manteiga abrandada a temperatura ambiente.  Deixamos que levede ata dobrar o seu volume.
    Amasamos un pouco e dividimos a masa en oito partes pequenas e unha máis grande.  Untámolas coa manteiga fundida e poñémolas no molde.  Deixamos que dobre o volume e espolvoreamos con améndoa picada.  Metemos no forno a 180º.  Ao sacalo cubrímolo con azucre en po.

    Ahora que llega el tiempo frío y lluvioso nos apetece pasar alguna tarde en casa bien calentitos y tomando un chocolate o una infusión recién hecha.  Por mi cabeza pasa uno de esos pequeños placeres:  pasar la tarde en el sofá tapada con una manta y tomar un chocolate bien caliente en el que moje un buen bollo o bizcocho.
    El sofá, la manta y el chocolate os lo dejo a vosotros.  Por mi parte os traigo esta receta de un brioche muy tierno que se deja empapar en el chocolate.
    Si escribís "brioche portugués" en un buscador aparecerán muchas recetas prácticamente iguales, pero ya sabéis que mi reto consiste en hacerlo sin huevo.
  • 400 gr de harina (aprox.)
  • 1 cucharadita de sal
  • 70 gr de azúcar en polvo
  • 90 gr de mantequilla
  • 120 ml de leche
  • 20 gr de levadura fresca de panadería
  • 40 gr de mantequilla fundida
  • Almendra picada
    Primero mezclamos la leche con el azúcar en polvo y la sal y batimos.  Añadimos la harina y la levadura y amasamos.  Poco a poco incorporamos la mantequilla ablandada a temperatura ambiente.  Dejamos que leude hasta doblar su volumen.
    Amasamos un poco y dividimos la masa en ocho partes pequeñas y una más grande.  Las untamos con la mantequilla fundida y las ponemos en el molde.  Dejamos que doble el volumen y espolvoreamos con almendra picada.  Metemos en el horno a 180º.  Al sacarlo lo cubrimos con azúcar en polvo.
   

2 comentarios: